Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Crítica Arquitectónica Código 630519004
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Agrasar Quiroga, Fernando
Paz Agras, Luz
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
fernando.agrasar@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://http://etsa.udc.es/web/
Descrición xeral A materia de CRÍTICA ARQUITECTÓNICA ten como obxectivo dotar ao alumno da capacidade de argumentación e discusión de xuizo, como mecanismo esencial para a reflexión sobre as súas propias propostas arquitectónicas e a aprendizaxe sobre as alleas.
Como parte do Mestrado Universitario en Arquitectura, esta materia ofrece conceptos básicos cos que realizar unha análise crítica de obras arquitectónicas. O trabajo práctico será esencial no desenvolvemente da materia, que utilizará un blog como ferramenta de difusión das argumentacións críticas xeradas na aula.


Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Análise crítico do proxecto arquitéctónico a través de exemplos e metodoloxías representativos. AM10
AM12
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
CM1
Análise crítico do proxecto arquitéctónico a través de exemplos e metodoloxías representativos. BM1
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1 Conceptos básicos: A crítica como mecanismo de aprendizaxe; o ensaio crítico; os obxectivos da crítica; as orixes da crítica; o papel contemporáneo da crítica; as ferramentas da crítica de arquitectura.
2 As aportacións de Alöis Riegl: a crítica formalista.
3 As aportacións de Benedetto Croce: a artisticidade e a espiritualidade da arquitectura.
4 As aportacións de Bruno Zevi: a caracterización do espazo e a defensa da heterodoxia.
5 As aportacións de Reyner Banham: os valores tecnolóxicos.
6 As aportacións de Erwin Panofsky: a xénese das formas artísticas.
7 As aportacións de Rudolf Wittkower: a relación entre as formas artísticas e a cultura.
8 As aportacións de Ernesto Nathan Rogers: tradición, historia e monumento.
9 As aportacións de Christian Norberg-Schulz: o carácter existencial do espazo.
10 As aportacións de Walter Benjamín: a crítica marxista á modernidade.
11 As aportacións de Gaston Bachelard: a crítica fenomenolóxica.
12 As aportacións de Manfredo Tafuri: crítica e ideoloxía.
13 As aportacións de Collin Rowe: a análise da forma.
14 As aportacións de Rem Koolhaas: a reflexión dende a creación.
15 Conclusións: a aprendizaxe arquitectónica a través da crítica.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A10 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C1 C3 C4 14 25 39
Presentación oral A10 A12 2 15 17
Eventos científicos e/ou divulgativos C1 C4 C5 C6 0 3 3
Sesión maxistral B1 B6 C5 C6 C7 C8 13 0 13
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Presentación razoada dos traballos críticos preparados no obradoiro, aberta ás observacións dos demais alumnos e do profesorado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a eventos divulgativos (congresos, xornadas, conferencias, etc), organizados pola ETSAC, DPAUC, etc, indicados polo profesorado da materia, como parte dos contidos docentes do curso, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuáis referentes á asignatura.
Preparación de material síntese do traballo realizado na materia para a súa exposición conxunta a finais de curso, no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso DPAUC" (Paneis, maquetas, debuxos, videos, textos, performances, ...)
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
No obradoiro propoñeranse exercicios de argumentación crítica utilizando o fío conductor dos idearios de diferentes autores. Os resultados dos ensaios críticos debatidos serán divulgados en una sesión pública con invitadas-os expertas-os, no que se poderán analizar as aportacións.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A10 A12 O restante 40% será o resultado da valoración da presentación oral dos ensaios críticos realizados. 40
Obradoiro A10 B2 B3 B4 B5 B7 B8 C1 C3 C4 O resultado do traballo do obradoiro da asignatura, cos seus resultados materializados en traballos, representará o 60% da avaliación. A entrega será obrigatoria. 60
 
Observacións avaliación
É condición necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das horas de sesiones presenciais programadas.

A entrega do traballos é unha condición necesaria para superar a materia.

Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da materia. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade.

Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Medidas para o estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Non se contemplan.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC: "A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobado, implicará directamente a calificación de suspenso (0) na materia da convotatoria correspondente, invalidando así calquera calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica HAYS, K. Michael (Ed) (). Architectture Theory since 1968. Cambridge (Mass) - Londres: The MIT Press - Columbia Books
MONTANER, Josep Maria (2007). Arquitectura y Crítica. Barcelona:GG
SONTAG, Susan (1996). Contra la interpretación. Madrid: Alfaguara
BARTHES, Roland (2005). Crítica y verdad. Madrid: Siglo XXI
VENTURI, Lionello (1979). Historia de la crítica de arte. Barcelona: GG
FUSCO, Renato de (1976). La idea de arquitectura. Historia de la crítica desde Viollet-le-Duc a Persico. Barcelona: GG
FUSCO, Renato de; LENZA, Cettina (1991). La nuova idea di architettura. Sotoria della critica da Rogers a Jenks. Milan: Etaslibri

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría da Intervención Contemporánea/630G02061

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías