Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Inspección dos Sistemas Construtivos Código 630548009d
Titulación
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Garitaonaindia De Vera, Jose R
Correo electrónico
j.garitaonaindia@udc.es
Profesorado
Garitaonaindia De Vera, Jose R
Correo electrónico
j.garitaonaindia@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese dotar ao alumno da necesidade de establecer correctamente a vinculación entre a técnica -e os seus sistemas construtivos- e a finalidade que a soporta, é dicir o concepto de intervención como principio motor no ámbito da actuación. Nese senso o obxectivo radica en analizar aqueles casos singulares dende o punto de vista tipolóxico que sean representativos, tales como parlamentos, de corte institucioneal e de Réxime, así como alumear ao alumno a estrutura de intervención e finalidade que as motivou e, por extensión, como foron resoltas técnicamente.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A3 E03. Aptitude ou capacidade para elaborar o material gráfico asociado ao levantamento, a análise, a interpretación e a intervención do patrimonio arquitectónico.
A5 E05. Aptitude ou capacidade para a conservación da obra pesada, mediante a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a estimación da seguridade das estruturas de edificación, incluídas as súas posibles cimentacións, podendo igualmente afrontar a redacción de proxectos de reparación e reforzo, e a dirección da execución asociada.
A6 E06. Aptitude ou capacidade para inspeccionar, analizar, controlar a calidade e definir as condicións de mantemento, e intervir nas instalacións de edificación.
A7 E07. Aptitude ou capacidade para a conservación da obra grosa e acabada, cuestión que comporta a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a intervención nos sistemas construtivos de edificación, incluídos os elementos de compartimentación interior, as carpintarías e as solucións de envolvente.
A8 E08. Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría.
B3 CB08. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB09. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
C1 T01. Capacidade de análise e síntese
C5 T05. Capacidade para a xestión da información
C6 T06. Resolución de problemas
C9 T09. Creatividade
C11 T11. Visión espacial
C13 T13. Intuición mecánica

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecemento dos factores físicos que producen movementos e tensións que desencadean procesos patolóxicos nos edificios AP3
AP5
AP6
AP7
AP8
BP3
BP4
CP1
CP5
CP9
CP13
Capacidade para comprender os procesos de causa-efecdto nas lesións da edificación e dende ese coñecemento inferir dende as lesións observadas cales teñen sido as causas e concausas que as orixinaron. AP3
AP5
BP3
CP1
CP5
CP6
CP9
CP11
CP13
Capacidade de deseño integrador para conquerir a coexistencia compatible de todos e cadaún dos sistemas construtivos. AP3
AP6
AP8
BP3
BP4
CP1
CP5
CP6
CP9
CP11
CP13

Contidos
Temas Subtemas
1.-Análise proxectos de rehabilitación de parlamentos e de corte institucional . 1.0.-Resumo histórico nacional e internacional
1.1.-Reforma do Parlamento de Galicia. Proxecto
1.2.-Verificación
2.-Análise proxectos de rehabilitación de edificacións de Réxime. 2.0.-Resumo histórico nacional e internacional
2.1.-Reforma Audiencia de Lugo
2.2.-Verificación
2.3.-Teatro Colon da Coruña
2.4.-Verificación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A5 A6 A7 A8 B3 B4 C1 C5 C6 C9 C11 C13 18 18 36
Traballos tutelados A3 A5 A7 A8 3 15 18
Solución de problemas A3 A5 A7 A8 0 20 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na aula do Máster exporanse os conceptos fundamentais da materia, con apoio de imaxes, esquemas e fichas. Esta información completarase coa lectura dunha bibliografía recomendada. (enlace para acceso a visionado)
Traballos tutelados Elaboración por parte do alumno dun traballo a nivel profesional ou de investigación.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor, en esceraios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitue unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo súa propia aprendizaxe por parte do profesor-tutor.
O traballo tutelado versará sobre os contidos directos da meateria ou que resulten afíns a xuicio do profesor. O traballo poderá plantexarse como traballo único e independente ou, preferiblemente, poderá formar parte do Traballo Fin de Mestrado, como ocorre no resto das materias da Área de Construción.
Solución de problemas Utilizarase o método inductivo, polo que a partir do estudo de casos concretos lograrase establecer pautas de diagnóstico mais acertadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Procurarase implicar a cada estudante nas explicacións teóricas, fomentando a participación a través de titorías.
O exercicio práctico será tutelado dende o inicio, con correcións periódicas previamente establecidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A5 A7 A8 O traballo práctico, permitirá verificar os resultados de aprendizaxe acadados por cada alumno, así como a súa capacidade de traballar sectorialmente en grupo sen perder o obxectivo holítico perseguido.
O reparto de cometidos e tarefas, no suposto de traballo grupal, será establecido polo profesor.
100
 
Observacións avaliación

Valórase especialmente a capacidade do alumno de indicar aspotencialidades orixinais do edificio a rehabilitar, asi como os elementos engadidos e sen valor arquitectónico, que poidan ser eliminados, así como valorarcríticamente se o novo uso, os nuevos sistemas construtivos e assolucións singulares son axeitadas ao "espírito" del edificio orixinal.

A esixencia xeral de asistencia non terá efecto có alumnado que teña recoñecida unha adicación a tempo parcial segundo a Norma que regula o réxime de adicaciónao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na UDC. O seguemento do curso e a autoría de traballos verificarase có cumprimento de titorías obrigatorias.


Fontes de información
Bibliografía básica

Eichler; Friedrich (1973). Patología de la Construcción. Barcelona, Blume

Monjo Carrió; Juan (1991). Patología de Cerramientos y Acabados arquitectónicos. Madrid; Munillalería

Díaz, C; Casado, Natividad (2003). Inspección y Diagnóstico - Pautas para la intervención en edificios de viviendas. Colegio de Arquitectos de Cataluña- "Papers Sert"

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías