Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A34 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T) |
A37 |
Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T) |
A38 |
Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T) |
A39 |
Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T) |
A40 |
Capacidade para exercer a crítica arquitectónica. |
A46 |
Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas. |
A51 |
Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda. |
A52 |
Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais. |
A53 |
Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
A55 |
Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto. |
A56 |
Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula. |
A57 |
Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas. |
A58 |
Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana. |
A63 |
Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta |
B9 |
Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes |
B10 |
Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible |
B12 |
Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ao superar este asignatura, o alumno deberá estar en condicións de:
- Saber manexar ferramentas materiais de certa complexidade, e reforzar os seus argumentos culturais e intelectuais para poder acometer a ideación e desenvolvemento dun proxecto arquitectónico de mediana escala e complexidade.
- Saber relacionar as diferentes escalas de análise e concreción do proxecto, dende a urbanística ata a escala de detalle, incluíndo elementos de definición constructiva, tales como os acabados e os cerramentos, e de deseño e definición estrutural.
- Ser capaz de elaborar unha documentación técnica adecuada para un proxecto de mediana complexidade e escala, indicando con precisión a súa configuración formal, os seus aspectos materiais, constructivos, estruturais e de instalacións, tendo en conta aspectos de normativa técnica e urbanística.
- Aplicar sistemas de acondicionamento tendo en conta as normativas técnicas e os criterios relacionados coa sustentabilidade, as respostas enerxéticas pasivas e a optimización dos recursos enerxéticos. |
A34 A37 A38 A39 A40 A46 A51 A52 A53 A55 A56 A57 A58 A63
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B12
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1 - METODOLOXÍA DO PROXECTO II |
- Ferramentas organizativas. Programa, uso e función.
- Ferramentas culturais. Tradición, historia e cultura do lugar.
- Edificio e ambiente: enerxía e comportamento pasivo.
- O uso colectivo. Espazos comúns, de relación e de reunión.
- Tratamento de espazos interiores. Material, cor, iluminación.
- Tratamento de espazos exteriores. Pavimentos, axardinamento, patios. |
TEMA II - ARQUITECTURA E CIDADE |
- Arquitectura pública e institucional.
- Arquitectura e patrimonio. A cidade histórica. A cidade herdada
- Arquitectura e paisaxe. Medio físico e cultural
- Linguaxe arquitectónica. Materialidade e estrutura
|
TEMA III - INTRODUCCIÓN Á NORMATIVA DE PROXECTO II |
- Acondicionamento dos espazos. Iluminación, ventilación, sistemas.
- Instalacións dos edificios.
- Condicións de seguridade contra incendios e evacuación.
- Patrimonio, restauración e intervención arquitectónica. |
EXERCICIO 1 - PROXECTO BÁSICO |
- Análise urbana.
- Proxecto de equipamiento ou edificio con certa relevancia estructural nunha contorna non consolidada.
- Desenvolvemento da materialidade da proposta: construción e estrutura. |
EXERCICIO 2 - PROXECTO EXECUTIVO |
- Análise de contexto.
- Proxecto de edificio público ou de servizos inserido nun entorno de interese ambiental e/ou patrimonial consolidado.
- Desenvolvemento da materialidade da proposta: construción, estrutura e instalacións |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A58 B5 B6 C6 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A37 A40 B1 B3 |
0 |
8 |
8 |
Aprendizaxe colaborativa |
B4 C1 C3 |
4 |
8 |
12 |
Discusión dirixida |
B1 B4 C1 C3 C4 |
5 |
0 |
5 |
Esquemas |
A34 A37 A58 B3 B4 |
0 |
8 |
8 |
Obradoiro |
A34 A37 A38 A39 A46 A51 A52 A53 A63 |
15 |
18 |
33 |
Sesión maxistral |
A56 A57 B9 B10 B12 C8 |
15 |
0 |
15 |
Traballos tutelados |
A34 A38 A46 A52 A55 B9 C6 |
14 |
20 |
34 |
Proba obxectiva |
A53 A55 A57 B6 C3 |
1 |
0 |
1 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A34 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 |
8 |
0 |
8 |
Portafolios do alumno |
A34 A37 A38 A39 A46 A51 A52 A55 A56 A58 A63 B2 B4 B5 B9 B10 B12 C3 C4 C5 C7 C8 |
0 |
20 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Nas primeiras clases do curso formúlase ao alumno unha proba gráfica que permita coñecer o nivel previo co que parte o alumno. A devandita proba realízase na aula. |
Análise de fontes documentais |
Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais. |
Aprendizaxe colaborativa |
A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise da parcela, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo. |
Discusión dirixida |
Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea. |
Esquemas |
Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. |
Obradoiro |
Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre baixo o apoio e supervisión do profesorado. |
Sesión maxistral |
Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos. |
Traballos tutelados |
Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación. |
Proba obxectiva |
Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
- Asistencia a eventos culturais: Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), indicadas polo profesorado como parte do contido docente, co obxectivo de profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia.
- Participación en exposicións e/ou publicacións: Preparación de materiais síntese dos traballos realizados na materia para a súa publicación e/ou exposición pública.
|
Portafolios do alumno |
Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculuim persoal do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Discusión dirixida |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.
O portafolios do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.
Condicións específicas relativas á mobilidade para alumnos saíntes e entrantes:
- A asignatura contempla exclusivamente a avaliación continua para todos os alumnos, ata para aqueles en programas de mobilidade, saínte ou entrante, para os que rexerán as mesmas condicións de avaliación e asistencia que para o resto, e sen prexuízo de que se poida prestar atención específica ao alumnado entrante por causa lingüística ou diferenzas manifestas entre as Escolas de orixe e destino.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A34 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 |
A asistencia a eventos culturais e a participación en exposicións e/ou publicacións indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, poderán pasar a formar parte dos contidos da docencia expositiva, e conformar así unha parte da avaliación do alumnado. |
5 |
Proba obxectiva |
A53 A55 A57 B6 C3 |
Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. |
10 |
Portafolios do alumno |
A34 A37 A38 A39 A46 A51 A52 A55 A56 A58 A63 B2 B4 B5 B9 B10 B12 C3 C4 C5 C7 C8 |
O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da plataforma docente Moodle.
Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final. |
85 |
|
Observacións avaliación |
Para poder superar a materia será necesario cumprir Cos seguintes requisitos: 1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na materia. 2º Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80% Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: 1º Non cumpra a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 3º Non asista á proba obxectiva. NOTA: PARA PODER SUPERAR A MATERIA, ESIXIRASE AS SEGUINTES CUALIFICACIÓNS MÍNIMAS: 3
PUNTOS NA PROBA OBXECTIVA E 4 PUNTOS EN CADA UN DOS TRABALLOS QUE
COMPUTAN NA AVALIACIÓN, - De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, convocarase unha Xunta de Avaliación do Taller, que analizará os resultados globais do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre casos puntuais de avaliación do alumnado. - De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, os alumnos que non superen nas dúas oportunidades de cada convocatoria a materia de Proxectos deberán asistir ao Taller do ano seguinte. As probas das diferentes oportunidades permitirán aos alumnos completar e modificar total ou parcialmente os traballos presentados no Taller, para poder así superar a asignatura. TEMPO PARCIAL. Medidas de adicación para o alumnado a tempo
parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o
obradoiro é a metodoloxía fundamental. Dispensa académica de exención de asistencia. Non se contempla,
por ser unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.
PLAXIO. A detección de plaxio, así como a realización
fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
NEUFERT, Ernst (2007). Arte de Proyectar en Arquitectura. Barcelona, G.G.
DAZA CAICEDO, Ricardo (2008). Buscando a Mies. Barcelona: ACTAR
VVAA (2010). Código Técnico de la Edificación. http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/
DEPLACES, Andrea (2010). Construir la arquitectura: del material en bruto al edificio. Barcelona: Gustavo Gili
TANIZAKI, Junichiro (1933). El elogio de la sombra. Siruela
PEDRÓS FERNÁNDEZ, Óscar (2020). El Motor de los Sueños. Diez momentos en la génesis del proyecto arqutiectónico. A Coruña: Labirinto de Paixóns
VVAA (2009). Escuela de música y albergue en St. Klara, Regensburg. A Coruña, UDC
PROYECTOS III (Plan Antiguo) (). IACOBUS: Rehabilitación del Patrimonio Europeo. http://blogiacobus.wordpress.com/
VVAA (2007). La plaza de Pontevedra y el frente marítimo del Orzán. A Coruña, UDC
AUGÉ, Marc (). Los no lugares. Gedisa
VVAA (2007). Normas do hábitat galego. http://igvs.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/normashabi
ZUMTHOR, Peter (). Thinking architecture. Birkhäuser
VVAA (2008). Un complejo hotelero en Randan. A Coruña, UDC
ASCHNER ROSELLI, Juan Pablo (2009). ¿Cómo concebir un proyecto arquitectónico?. deArq (Revista digital) num. 05 |
|
Bibliografía complementaria
|
DAZA, Ricardo (2000). Buscando a Mies. Barcelona, Actar Publishers
MONTEYS, X., FUERTES, P. (2001). Casa Collage. Barcelona, G.G.
KOOLHAAS, Rem (2007). Conversaciones con estudiantes. Barcelona, G.G.
BAÑA HEIM, José (1980). COSTA DE LA MUERTE. Historia y anecdotario de sus naufragios. A Coruña: Gráficas Venus
SLOTERDIJK, Peter (1998-2004). Esferas . Siruela
BACHELARD, Gaston (). LA POETICA DE LA ENSOÑACION . Madrid: Fondo de Cultura Económica de España
TORRES TUR, Elías (2005). Luz cenital. Barcelona, Collegi d´Arquitectes de Catalunya
DELEUZE, Gille, GUATTARI, Félix (1994). Mil Mesetas. Capitalismo y esquizofrenia. Pre-textos
BANHAM, Reyner (1965). TEORIA Y DISEÑO ARQUITECTONICO EN LA ERA DE LA MAQUINA . Buenos Aires: Nueva Visión |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Construción 3/630G01022 | Urbanística 2/630G01024 | Proxectos 4/630G02016 | Estruturas 2/630G02023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Construción 4/630G01027 | Urbanística 3/630G01029 | Estruturas 3/630G02028 |
|
Materias que continúan o temario |
Proxectos 7/630G01031 | Proxectos 6/630G02026 |
|
|