Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Proxectos 6 Código 630G02026
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Barge Ferreiros, Santiago
Correo electrónico
s.barge@udc.es
Profesorado
Barge Ferreiros, Santiago
Fernández-Albalat Ruiz, Andrés
Martinez Raído, Jose Luis
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
s.barge@udc.es
andres.fernandez-albalat@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
jorge.meijide@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral As intencións básicas que sustenta o desenvolvemento da materia son as de profundar no proxecto de arquitectura a nivel medio-alto, utilizando as experiencias e coñecementos adquiridos tamén noutras disciplinas. Así mesmo trátase de promover o entendemento de que o proxecto forma parte dun proceso complexo que o alumno ha de analizar e desenvolver, sintetizando etapas anteriores de aprendizaxe unida a un proceso persoal de investigación continuo.

O curso estuda os problemas que expón a intervención na cidade, tanto nas súas áreas consolidadas como periféricas, con proxectos coherentes e libres, penetrando na auténtica lección que nos proporciona o coñecemento do pasado e as necesidades do presente-futuro, para revitalizar a estrutura urbana, entendendo o espazo construído urbano como o lugar onde se desenvolven as relacións sociais, de convivencia e o habitar humano.

O curso ten unha entidade unitaria que se centra no estudo do lugar, co obxectivo básico de elaborar e desenvolver o tema da vivenda colectiva, razón de ser da construción da cidade. Para iso contémplase a análise e a resolución de espazos urbanos significativos, a vivenda colectiva en se, en todas as súas variantes e o edificio público ou equipamento como complemento de ambos en concreto e da cidade en xeral.

Competencias do título
Código Competencias do título
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A37 Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T)
A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
A39 Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T)
A41 Aptitude para resolver o acondicionamento ambiental pasivo, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural. (T)
A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
A43 Capacidade para realizar proxectos de seguridade, evacuación e protección en inmobles. (T)
A44 Capacidade para redactar proxectos de obra civil. (T)
A45 Capacidade para deseñar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización, xardinería e paisaxe. (T)
A46 Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
A60 Coñecemento da regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria relativa ao desempeño profesional.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B8 Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de: -Elaborar proxectos de complexidade media, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico. -Integrar dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica a aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media. -Utilizar o contido do bloque docente VIVENDA 1. Normativa, estándares. O barrio e o espacio urbano, resolvendo proxectos de ordenación de vivendas que permitan unha visión global das circunstancias que conforman as relacións complexas que se dan nun LUGAR. O cambio de escala respecto a cuatrimestres anteriores e a amplitude dos traballos a realizar obliga a utilizar experiencias e coñecementos adquiridos noutras disciplinas, así como na vida diaria de alumnas e alumnos. Tamén, aparecen outros elementos de coñecemento como o traballo de campo e entrevistas cos veciños que impulsan propostas de investigación adaptándose ás necesidades dos seus habitantes. O traballo do taller está situado en espazos urbanos de transición ou vilas. Se proxectan diferentes tipos de vivendas que dan resposta a distintos grupos sociais, organizacións familiares ou formas alternativas de vivir. Os proxectos desenvolvense a nivel de proxecto básico e avanzase cara ao proxecto de execución, dende as ideas iniciais ata a elaboración máis detallada, incluíndo a definición dos seus materiais e a súa construcción e a incorporación, deseño e dimensionado de elementos estruturais. Trabállase coas normas sobre a habitabilidade, eliminación de barreiras, os criterios de evacuación, código técnico e normativa urbanística. A34
A35
A37
A38
A39
A41
A42
A43
A44
A45
A46
A51
A52
A53
A57
A58
A60
A63
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
VIVENDA I - Arquitecturas do espontáneo e o intuitivo.
- Vivenda e ordenación.
- O espazo público e colectivo.
- Borde e permeabilidade.
- Arquitectura e escala.
- Soleamento, ventos e relacións visuais.
- Os accesos, as relacións coa paisaxe e as conexións internas.
- Circulacións. Tráfico e peóns. Aparcadoiros.
- Vexetación, pavimentación, iluminación e mobiliario urbano.
- Vivenda e familia
- Os grupos sociais e as organizacións familiares alternativas.
EQUIPAMENTOS I - Equipamentos culturais, educativos, deportivos, sociais ou cívicos.
- Tipoloxías dotacionais
- Espazos sociais e comunitarios
- Tratamento integral de áreas
NORMATIVA I - Normativa local, estatal e autonómica
- Normativa urbanística
- Normativa de supresión de barreiras
- Normativa de promoción pública e protección oficial en vivenda colectiva.
- O Código Técnico da Edificación.
EXERCICIOS - Vivenda colectiva
- Ordenación del espacio público
- Equipamento dotacional urbano e edificios públicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A34 A35 A37 A38 A39 30 51 81
Proba obxectiva A43 A63 B4 B5 C1 4 6 10
Saídas de campo A58 A42 2 0 2
Actividades iniciais A41 A51 B11 B10 C6 C7 C8 2 2 4
Discusión dirixida A39 A44 A45 A46 4 4 8
Esquemas B3 B8 B9 1 4 5
Lecturas A53 A57 A60 1 4 5
Sesión maxistral A52 B12 C5 15 15 30
Portafolios do alumno B2 C3 C4 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado.
Proba obxectiva Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. Pódese pedir tamén un exercicio práctico.
Saídas de campo Actividades deserroladas nun contexto externo ao entorno académico relacionadas co ámbito do estudio. Estas actividades céntranse no desenvolvemento das capacidades relacionadas ca observación directa e recollida de información, toma de datos, etc.
Actividades iniciais Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula. Proporase tamén un exercicio de aproximación ó traballo do cuatrimestre.
Discusión dirixida Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea.
Esquemas Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. Iníciase a síntese
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que constituen una fonte de profundización nos contidos traballados.
Sesión maxistral Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos. Nestas sesións apórtase parte do contido teórico da asignatura, que formarán parte da proba obxectiva.
Portafolios do alumno Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Descrición
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.

O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A35 A37 A38 A39 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
Proba obxectiva A43 A63 B4 B5 C1 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. 20
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos: 1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados nas materias implicadas no Taller. 2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%. 3º Facer a proba obxectiva

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: 1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.
3º Non asista á proba obxectiva.

De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado.

Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 6 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 6, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior.

Aqueles alumnos que, superada a materia, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.


Fontes de información
Bibliografía básica

Código Técnico de la Edificación

Normativa de Habitabilidade galega

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 5/630G01021
Construción 4/630G01027
Estruturas 3/630G01028
Urbanística 3/630G01029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Urbanística 4/630G01032
Construción 5/630G01033
Estruturas 4/630G01034

Materias que continúan o temario
Proxectos 7/630G01031

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías