Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Construción Avanzada Código 630G02048
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Antelo Tudela, Enrique
Correo electrónico
enrique.antelo@udc.es
Profesorado
Antelo Tudela, Enrique
Seoane González, José Carlos
Correo electrónico
enrique.antelo@udc.es
carlos.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia do Grao en Estudos de Arquitectura pretende que o estudante sexa capaz de concibir e proxectar edificios e/ou conxuntos urbanos, propoñendo sistemas construtivos sostibles e eficientes dende o punto de vista enerxético. Non só en obra nova senón tamén en proxectos de rehabilitación.

O atractivo da materia radica en que a aproximación a estas cuestións realizarase mediante a participación do alumnado en concursos internacionais de arquitectura para estudantes.

Este feito permite que o alumno se familiarice cunha práctica profesional moi habitual: a participación en concursos de proxectos.

Ademais, o feito de que os proxectos poidan realizarse en grupos de ata tres persoas achega ao estudante a outra realidade da profesión na que, cada vez máis, o traballo en grupo se ve necesario ante as esixencias e demandas cada vez maiores dos proxectos arquitectónicos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A13 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar sistemas de división interior, carpintería, escaleiras e demais obra rematada. (T)
A14 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar sistemas de cerramento, cuberta e demais obra grosa. (T)
A15 Aptitude para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de cimentación. (T)
A17 Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas.
A19 Aptitude para conservar a obra rematada
A25 Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos convencionais e a súa patoloxía.
A26 Coñecemento axeitado das características físicas e químicas, os procedementos de produción, a patoloxía e o uso dos materiais de construción.
A27 Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos industrializados.
A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
A41 Aptitude para resolver o acondicionamento ambiental pasivo, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural. (T)
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado debe saber e ser capaz de: * Planificar a construción dende unha visión arquitectónica global, integrando deseño, estrutura, construción e instalacións. * Coñecer a normativa técnica relativa á edificación e reflectir o seu cumprimento no proxecto arquitectónico. * Elaborar a documentación dun proxecto arquitectónico. * Elaborar documentos de proxecto que expresen o feito arquitectónico xunto coa súa construción, dotándoos de rigor, especificidade, coherencia e claridade na súa expresión gráfica e escrita. * Coñecer a xestión avanzada do proxecto construtivo. * Coñecemento adecuado dos sistemas construtivos convencionales e a súa patoloxía aplicada ao proxecto de rehabilitación. * Conservar a obra grosa e a obra acabada. * Coñecer os sistemas construtivos orientados á sustentabilidade. * Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios para que estean dotados de condicións internas de confort e protección fronte aos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible, resolvendo acondicionamento ambiental pasivo/activo, incluído o illamento térmico e acústico. climatización, eficiencia enerxética e iluminación natural. * Coñecer as aplicacións de avaliación da construción sostible. * Valorar economicamente as obras. A13
A14
A15
A17
A19
A25
A26
A27
A38
A41
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B9
B10
B11
B12
C1
C3
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Coherencia no proxecto arquitectónico. - Introdución.
- Coherencia construción/arquitectura.
- A influencia das instalacións no deseño construtivo.
2. Construción sostible. Eficiencia enerxética en proxectos de nova construción e proxectos de rehabilitación. - Introdución.
- Arquitectura pasiva.
- Conceptos.
- Solucións construtivas.
- Avaliación enerxética do edificio.
3. O proxecto de edificación. Documentación. - Normativa.
- Contido do proxecto de edificación (memoria, planos, prego de condicións, medicións e orzamento).
- Guías de redacción.
- Tramitación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C6 C7 C8 9 0 9
Obradoiro A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C6 30 104 134
Eventos científicos e/ou divulgativos A25 A26 B3 B11 C6 C7 C8 6 0 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir o coñecemento da tecnoloxía dos sistemas expostos e dos diferentes materiais que poden intervir neles, facilitando a aprendizaxe empregando as tecnoloxías actuais de comunicación. Complementarase coa exposición e explicación de casos reais para unha mellor comprensión da problemática a tratar.
Obradoiro OBRADOIRO DE MATERIA. Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, probas obxectivas, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.

Dentro deste obradoiro, a aproximación práctica ás cuestións plantexadas nas sesións maxistrais plásmase a través da participación do alumnado en concursos internacionais de proxectos de arquitectura para estudantes, buscando aumentar a implicación do alumnado a través dun método que, a priori, parece atractivo. Este feito tamén permite que o alumno/a se familiarice cunha práctica profesional moi habitual: a participación en concursos de proxectos.

Ao comezo do cuadrimestre, o alumnado será informado do concurso ou concursos nos que poderá participar.

O alumnado poderá desenvolver estes concursos de forma individual ou en grupo (máximo 3 persoas), sempre baixo a tutela do profesorado da materia. O feito de que os proxectos poidan realizarse en grupos de ata tres persoas achega ao estudante a outra realidade da profesión na que, cada vez máis, o traballo en grupo se ve necesario ante as esixencias e demandas cada vez maiores dos proxectos arquitectónicos.

A documentación mínima esixida no regulamento do/s concurso/s poderá incrementarse segundo as directrices recollidas no documento que, ao comezo do curso, se entregará ao alumnado e no que se plasmarán todos os aspectos relacionados co traballo a realizar no cuadrimestre, os contidos mínimos a presentar, as datas de entregas parciais e/ou finais de prácticas, etc.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades que impliquen asistencia e/ou participación obrigatoria do alumnado en actos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de afondar nos coñecementos sobre temas de estudo relacionados co tema.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O alumno/a terá unha atención personalizada para aclarar conceptos e dúbidas, en horario de titoría e, en sesións abertas en horario de clase, e coa presenza dos seus compañeiros, para o desenvolvemento do traballo sobre a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A13 A14 A15 A17 A19 A25 A26 A27 A38 A41 B12 B11 B10 B9 B7 B6 B5 B4 B3 B2 C1 C3 C6 Utilizarase o método de AVALIACIÓN CONTINUA, o que significa que se controlará a asistencia a clase e que a cualificación se obterá da actitude e evolución do traballo do alumno/a ao longo do cuadrimestre que, por obxectividade, quedará reflectida na realización do/s traballo/s proposto no Obradoiro. Isto permitirá comprobar que o alumnado ten asimilado os contidos conceptuais, as competencias e os métodos de traballo da materia.

Para poder aprobar a materia en calquera das oportunidades é necesaria a asistencia, como mínimo, nun 80% ás clases maxistrais e ao obradoiro, así como a realización das entregas especificadas na programación do curso.

A aqueles estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de asistencia, segundo o establecido pola “NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DO ESTUDIANTE DE GRAO NA UDC” (Artigos 2.3; 3.b e 4.5) (5/ 29/212), se lles esixe un 40% de asistencia.

O incumplimiento da asistencia ou das entregas do Obradoiro dará lugar á cualificación de "NON PRESENTADO" na convocatoria (en calqueira das oportunidades).

A valoración dos traballos realizados non se restrinxe só aos contidos, senón que tamén se verificará a autoría dos mesmos. A detección de plaxio, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia, na convocatoria extraordinaria.

Ao comezo do curso entregaráselle ao alumnado un documento no que se recollerán todos os aspectos relacionados co traballo a realizar no cuadrimestre, os contidos mínimos a presentar, as datas de entregas parciais e/ou finais das prácticas, etc.

As entregas realizaranse na plataforma Moodle da UDC e en formato físico, seguindo as pautas recollidas no documento facilitado ao comezo do curso.

Os traballos valoraranse sobre 10, sendo un 5 a cualificación mínima para poder superar o obradoiro.

Para obter unha cualificación mínima de 5 puntos, o alumnado deberá ter presentado o traballo ou traballos coa documentación mínima esixida ao comezo do curso, así como ter sido supervisado por algún docente da materia.

En caso de non superar o obradoiro, poderá ser recuperado na seguinte oportunidade. A cualificación de NON PRESENTADO non será recuperable.

Aqueles alumnos que non superen a materia, nas dúas oportunidades de cada convocatoria, deberán presentar, en convocatorias consecutivas, de novo e coas oportunas correccións, os traballos ou traballos realizados, ata a súa superación.

CONDICIÓNS PARA TODAS AS OPORTUNIDADES. Na avaliación do alumnado aplicaranse as seguintes condicións simultáneas para poder superalas:
- Completar a asistencia requirida.
- Superar o obradoiro, cunha cualificación mínima de 5 sobre 10.

Nota. A docencia para estudantes de programas de mobilidade ou con validación parcial, poderá adaptarse a condicións pedagóxicas e de programación únicas, así como a traballos específicos tutelados.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

As indicadas en cada lección.

Bibliografía complementaria

As indicadas en cada lección.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Instalacións 1/630G02030
Instalacións 2/630G02039
Construción 6/630G02037
Estruturas 4/630G02034
Estruturas 5/630G02038
Proxectos 7/630G02031
Proxectos 6/630G02026
Construción 5/630G02033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos, actitudes sexistas e situacións de discriminación por razón de xénero. Proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentaranse valores de respecto e igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías