Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Capacidade para aplicar sistemas de representación gráfica. Capacidade para manexar sistemas de proxección e corte. Capacidade para manexar os aspectos cuantitativos e selectivos da escala. Capacidade para establecer a relación entre plano e profundidade |
A1 A2
|
B2 B4
|
C3 C8
|
Coñecemento e comprensión dos sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e expresión visual das distintas fases do deseño da paisaxe. Comprensión da xeometría métrica e proxectiva como fundamentos de trazado, deseño e composición |
A3
|
B3 B7
|
|
Estudo dos distintos Sistemas de Representación Gráfica aplicados no ámbito da paisaxe, a partir dos seus fundamentos teóricos, cunha profundización diferenciada en función do seu funcionamento, a partir da selección do sistema máis axeitado en cada caso concreto. |
A1 A3
|
B3 B4
|
C4
|
Coñecemento e comprensión das leis da percepción visual e da proporción, das teorías da forma e da imaxe, das teorías estéticas da cor e dos procedementos para o estudo fenomenolóxico e analítico da paisaxe. |
A3 A4
|
B1 B3
|
C1
|
Dotar de rigor xeométrico á representación e análise do contorno, sen esquecer que o proceso creativo baséase fundamentalmente na capacidade racional de percibir o espazo. |
A1 A2
|
B5 B7
|
C2 C6
|
Capacidade de imaxinación e lectura espacial, tanto para que o alumno poida imaxinar un obxecto representado no plano no espazo, como para representar no plano o que se imaxinaba previamente no espazo, é dicir, estimular a aprehensión espacial ou “ver no espazo”. " |
A1 A3
|
B2 B4
|
C5
|
Desenvolvemento da expresividade mediante proxeccións intencionadas, perspectivas, trazado de sombras, teoría do claroscuro e luz solar, útiles nos campos da formación da paisaxe. |
A2
|
B2 B4 B5
|
|
Capacidade para concibir e representar a paisaxe, a cor, a textura, a luz e controlar a proporción dos obxectos.
Estudo detallado dos niveis de aprendizaxe gráfica, desde a etapa perceptiva inicial ata a etapa final da representación creativa |
A3 A4
|
B1 B2 B3
|
C1 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. HISTORIA DA REPRESENTACIÓN DA PAISAXE |
1.1. A representación da paisaxe antiga
1.2. A representación da paisaxe medieval
1.3. A representación da paisaxe moderna
1.4. A representación da paisaxe contemporánea |
TEMA 2. INTRODUCIÓN AOS PRINCIPAIS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN I: A PROXECCIÓN PARALELA |
2.1. O sistema diédrico
2.2. O sistema acoutado
2.3. O sistema axonométrico |
TEMA 3. INTRODUCIÓN AOS PRINCIPAIS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN II: A PROXECCIÓN CENTRAL |
3.1. Concepto e clasificación das perspectivas lineais
3.2. Métodos clásicos da perspectiva lineal: raios visuais
3.3. Medición directa en perspectiva: puntos de medición
3.4. As perspectivas curvilíneas |
TEMA 4. TÉCNICAS GRÁFICAS DA REPRESENTACIÓN DA PAISAXE |
4.1. Convencións gráficas
4.2. Técnicas gráficas analóxicas
4.3. Técnicas gráficas dixitais |
TEMA 5. O DEBUXO DA PAISAXE E OS SEUS ELEMENTOS ESPECÍFICOS |
5.1. A paisaxe natural
5.2. A paisaxe humanizada rural
5.3. A paisaxe humanizada urbana |
TEMA 6. TIPOS DE DEBUXO E AS SÚAS APLICACIÓNS |
6.1. O debuxo descritivo
6.2. O debuxo analítico
6.3. O debuxo proxectual |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A4 B7 C4 C7 |
15 |
5 |
20 |
Obradoiro |
A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C8 |
45 |
83 |
128 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Esta primeira metodoloxía desenvolve as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos deben ter unha aptitude receptiva seguindo as explicacións do docente na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). O alumno tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. O obxectivo é proporcionar tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a paisaxe se encontra sempre presente. |
Obradoiro |
É nesta segunda metodoloxía onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios, resoltos principalmente a man alzada, e que deben ser desenvolvidos individualmente polo alumno:
1.- Práctica semanal de debuxo sobre taboleiro cunha duración dunha a dúas horas e que se recollerá ao final da clase para a súa avaliación.
2.- Práctica de curso na que se desenvolverá un traballo de representación nun ámbito paisaxístico a concretar. Todas as semanas e nun espazo de tempo variable, dunha a dúas horas, o alumno traballará e corrixirá co profesor os avances dese traballo tutelado que desenvolverá tamén de maneira non presencial nas horas asignadas na planificación da materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Obradoiro |
|
Descrición |
Tanto os contidos das sesións maxistrais como as dúbidas relacionadas coas prácticas semanais e/ou traballo de curso poden ser obxecto de consultas individuais en réxime de titoría presencial ou por correo electrónico, dada a especificidade deste grao, impartido en Lugo e A Coruña simultaneamente.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 C8 |
É nesta segunda metodoloxía onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios que deben ser desenvolvidos individualmente polo alumno:
1.- Práctica semanal de debuxo (cualificación 30%) sobre taboleiro cunha duración dunha a dúas horas e que se recollerá ao final da clase, cada semana, para a súa avaliación
2.- Práctica de curso (cualificación 70%) na que se desenvolverá un traballo de representación nun ámbito paisaxístico a concretar. Todas as semanas e nun espazo de tempo variable, dunha a dúas horas, o alumno traballará e corrixirá co profesor os avances dese traballo tutelado que desenvolverá tamén de maneira non presencial nas horas asignadas na planificación da materia. Haberá unha data final de entrega desta práctica de curso, independentemente o profesor pode fixar entregas intermedias
As entregas en tempo de todas as prácticas semanais e da práctica de curso con todos os seus apartados resoltos suficientemente son imprescindibles para o aprobado da materia
Asistencia mínima: 80%
|
100 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar por curso o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas semanais como na práctica de curso. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas
De non acadar o aprobado por curso, haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na ETSAC. Nesa data os alumnos entregarán previamente as prácticas semanais e de curso, no caso de non telo feito previamente
Medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. Dispensa académica: non se contempla, por ser unha materia na que o taller é a metodoloxía fundamental. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
CHING, F. (1988). Arquitectura: forma, espacio y orden. Barcelona: Gustavo Gili
BAKER, G. (1998). Análisis de la forma urbanismo y arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
WILK, S. (2016). Construction and design manual. Drawing for landscape architects. Berlín: DOM Publishers
CHANES, R. (2000). Deodendron árboles y arbustos de jardín en clima templado. Barcelona: Blume
HUTCHINSON, E. (2011). Drawing for landscape architecture. Sketch to screen to site. New York: Thames and Hudson
BARTSCHI, W. (1980). El estudio de las sombras en perspectiva. Barcelona: Gustavo Gili
CULLEN, G. (1974). El paisaje urbano: tratado de estética urbanística. Blumen
FRANCO TABOADA, J. A ( 2011 ). Geometría Descriptiva para la Representación Arquitectónica. Vol. 1. Santiago de Compostela: Andavira
FRANCO TABOADA, J. A (2011). Geometría Descriptiva para la Representación Arquitectónica. Vol. 2. Geometría de la Forma Arquitectónica. Santiago de Compostela: Andavira
LYNCH, K. (2012). La imagen de la ciudad. Barcelona: Gustavo Gili
PRINZ, D. (1986). Planificación y configuración urbana. México: Gustavo Gili
SIMONE de, L. (1976). Spazio prospettico . Roma: Bonacci |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Considérase fundamental para a comprensión da materia que o alumno teña
unha boa formación nas materias de debuxo que se ofrecen na secundaria e no bacharelato. Representación da paisaxe, 630G3011 é a materia que continúa o temario. Utilizarase o moodle USC para evitar problemas de acceso |
|