Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Paisaxe Cultural Código 630G03023
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Caridad Graña, Juan Antonio
Correo electrónico
juan.caridad@udc.es
Profesorado
Caridad Graña, Juan Antonio
Correo electrónico
juan.caridad@udc.es
Web http://paisaje.udc.es
Descrición xeral Nesta materia preséntase a Paisaxe Cultural como unha realidade arquitectónica e xeográfica complexa, integrada por compoñentes naturais e culturais, tanxibles e intanxibles, cuxa combinación configura o seu carácter, e que debe abordarse desde diferentes perspectivas.
É importante analizar a problemática que se xera na protección e a conservación das paisaxes culturais, o abandono, a introdución de novos usos e as relacións entre turismo e patrimonio, xeografía e arquitectura. O alumnado debe coñecer os mecanismos de estudo e avaliación destes procesos e analizar as estratexias que permitan minimizar os impactos negativos e maximizar os efectos positivos, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da sociedade.
Ao mesmo tempo, o proxecto interdisciplinar constitúe a ferramenta de intervención sobre as paisaxes culturais a distintas escalas. É necesario coñecer as figuras de plan urbano e territorial e as súas implicacións respecto ao patrimonio, así como ter a capacidade de valorar críticamente as súas posibilidades de acción.
Por tanto, a materia posúe un dobre obxectivo principal: analizar reflexivamente os valores arquitectónicos e xeográficos da paisaxe e coñecer polo miudo as ferramentas que a ordenación territorial poida facilitar en relación a eses valores.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de realizar estudos de avaliación da paisaxe cultural e de planificación de usos do solo a escala de detalle, local e rexional, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental e de desenvolvemento. A20
A21
A22
A26
A29
A33
A35
A37
A45
A46
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Ser capaz de intervir nas paisaxes culturais de valor e redactar e/ou colaborar na execución dos proxectos de restauración, rehabilitación e desenvolvemento, de acordo coas atribucións profesionais da titulación do alumno A17
A20
A21
A22
A27
A28
A29
A33
A35
A37
A44
A45
A46
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Ser capaz de realizar tarefas de catalogación e definición das medidas de protección de paisaxes culturais de valor. A17
A20
A21
A22
A26
A29
A35
A37
A44
A45
A46
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Entender a paisaxe cultural como unha realidade complexa, integrada por compoñentes naturais e culturais, tanxibles e intanxibles, que afectan á arquitectura e á xeografía A17
A18
A21
A23
A26
A28
A33
A35
A37
A43
A44
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Analizar a problemática que se xera na protección das Paisaxes Culturais, na súa conservación e na integración nas políticas de ordenación territorial e urbanísticas. A17
A18
A19
A21
A22
A26
A27
A28
A29
A37
A43
A46
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B13
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Paisaxe e cultura: a paisaxe como arquitectura 1.1. Introdución ás paisaxes culturais
1.2. Análise e interpretación das paisaxes culturais
1.3. Paisaxes culturais e a súa tipoloxía
1.4. As paisaxes culturais na historia
1.5. Historia da paisaxe cultural en Galicia
2.- As paisaxes culturais: concepto normativa e casos. 2.1. Paisaxe cultural e protección do patrimonio.
2.2. Rexistro, inventario e catalogación.
2.3. Paisaxe cultural, e proxecto do territorio.
3.- Paisaxe cultural, patrimonio e ordenación do territorio desde a Arquitectura. 3.1. Cultura, territorio e percepción como bases da paisaxe cultural
3.2. Paisaxe cultural e transformación do territorio
3.3. Escala como representación, traballo e intervención
3.4. Conceptos de ordenación do territorio e plan inherentes á paisaxe cultural
3.5. Intervencións sobre a paisaxe cultural en Galicia
4.- As paisaxes culturais na Xeografía moderna. 4.1. A invención da paisaxe xeográfica por Humboldt
4.2. A reconfiguración post- humboldtiana da noción de paisaxe
4.3. O nacemento do concepto de paisaxe cultural saueriano e os seus vínculos coa escola xeográfica vidaliana
4.4. Os estudos clásicos de paisaxe cultural
5.- A nova Xeografía cultural e a pegada da paisaxe: a forza dos discursos e a representación. 5.1. A Xeografía Humanística
5.2. A interpretación simbólica da paisaxe en Xeografía
5.3. A paisaxe como discurso
5.4. Visións integradoras actuais da paisaxe en Xeografía
6.- Paisaxe cultural, patrimonio e ordenación do territorio desde a Xeografía. 6.1. O longo percorrido cara á incorporación da paisaxe cultural na lexislación e planificación
6.2. Procesos de patrimonialización e paisaxe cultural
6.3 Interpretacións críticas das paisaxes culturais da UNESCO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26 A27 A28 A29 A33 A35 A37 A43 A44 A45 A46 30 0 30
Aprendizaxe colaborativa A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26 A27 A28 A29 A33 A35 A37 A43 A44 A45 A46 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B13 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 35 35 70
Traballos tutelados A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26 A27 A28 A29 A33 A35 A37 A43 A44 A45 A46 15 30 45
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As diferentes exposicións teóricas do profesorado permitirán ao alumnado adquirir o coñecementos que dean soporte ao resto das actividades expostas na materia e desenvolver as competencias requiridas para a titulación.
Aprendizaxe colaborativa A través da constitución de grupos de traballo, o alumnado traballará sobre os diferentes temas propostos de modo que obteñan resultados propios, guiados polo profesorado asignado á materia
Traballos tutelados Os traballos tutelados de cada un dos bloques da materia, permitirá ao alumnado verificar os coñecementos adquiridos mediante as sesións maxistrais e o traballo colaborativo de modo que se adquiran as competencias expostas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Descrición
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe estará baseada en clases maxistrais dos aspectos teóricos, acompañadas por material TIC (computador, canón de vídeo, acceso web da materia) relacionado coas paisaxes culturais, e combinadas con exemplos e aplicacións prácticas concretas sobre os diversos campos da materia. Tamén se realizarán lecturas críticas de textos fundamentais para a comprensión das paisaxes culturais. Atenderanse as dúbidas e comentarios que poidan xurdir durante a clase ou despois dela.

Realizaranse visitas aos lugares de interese comentados nos contidos da materia, contando cos coñecementos dos docentes para explicar e ensinar ao alumnado as diversas especificidades do lugar, verificando in situ, o exposto nas aulas. Atenderanse de modo individual e colectivo as dúbidas xurdidas..

Como complemento das sesións e con obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal dos estudantes, desenvolveranse traballos prácticos por parte dos alumnos, (contando con metodos de aprendizaxe colaborativa), nos que se contará coa atención personalizada dos profesores, cos que se poderá contactar virtualmente a través do correo electrónico, as ferramentas Moodle ou Teams, postas ao dispor da Universidade, ou presencialmente nas horas de titorías fixadas.

O alumnado colócase espacial e conceptualmente, polo profesorado, no centro do ensino e a aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A26 A27 A28 A29 A33 A35 A37 A43 A44 A45 A46 Trabajo realizado por cada alumno con la tutela del profesor sobre un tema de los tratados en las sesiones magistrales. Estos trabajos serán entregados al profesor y/o expuestos por los alumnos en clase. 100
 
Observacións avaliación

A avaliación da aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido. O rendemento do alumno na materia cursada depende, entre outros, da combinación de dous factores: o esforzo realizado e a capacidade do propio alumno. A forma en que o avaliamos condiciona o método de aprendizaxe e inflúe na aprendizaxe mesmo. De calquera forma dada a tipoloxía do Grao exponse como ferramenta de avaliación a avaliación continua segundo o sinalado.

A aprendizaxe a través dos créditos ECTS axústase a unha avaliación continuada que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumno para seguir o proceso e a involucrarse máis na súa propia formación. Se aposta por un criterio xeral de avaliación no que é obrigado contar cun instrumento, a avaliación continua, materializada na elaboración de traballos.  

A avaliación debe servir para verificar que o alumno asimilou os coñecementos básicos que se lle trasmitiron e adquirido as competencias xerais. Pero a avaliación tamén debe ser o instrumento de comprobación de que o estudante adquiriu as competencias teóricas e prácticas do título. Por iso, utilízanse métodos de aprendizaxe e seguimento variados (exposicións orais preparadas de antemán, explicacións curtas realizadas polos alumnos en clase, manexo práctico de bibliografía, uso de computador,traballo en equipo, etc.) que permitan lograr que o alumnado adquira progresivamente as competencias transversais e prácticas. 

A avaliación da materia exponse de modo continuo e se aposta pola presencialidad na mesma.  

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:  

1º Entregar todos os traballos propostos, nos prazos e formas indicados na materia. 

2º Asistir regularmente a clases. Esixirase unha asistencia mínima do 80%. 

A materia, que constitúe unha unidade, consta de dous bloques: 

 Bloque I: Arquitectónico 

 Bloque II: Xeográfico  

En cada un dos bloques proporase un traballo que será desenvolvido polo alumnado ao longo do curso, mediante entregas-correccións parciais. Cada traballo terá unha entrega final que será defendida publicamente polo/a autor/a. 

A cualificación en cada bloque obterase da seguinte composición: 

75% para o Traballo realizado. 

25% Para a Exposición do Traballo en sesión final.  

A cualificación final da materia será a media aritmética da cualificación dos dous traballos, sendo necesario obter un nota mínima de 4 (sobre 10), en cada un dos traballos para poder obter o aprobado.

Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da dirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima, manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.



Fontes de información
Bibliografía básica VV.AA. (2010). Patrimonio Industrial y Paisaje. TICCIH España
Fernández Salinas, V. e Silva, R. (2016). Deconstruyendo los paisajes culturales de la Lista del Patrimonio Mundial de la Unesco. Cuadernos geográficos de la Universidad de Granada, 55
JELLICOE, G. y JELLICOE, S. (2004). El paisaje del hombre. Gustavo Gili, Barcelona
NOGUÉ. J. (2008). El paisaje en la cultura contemporánea. Biblioteca Nueva, Madrid
BOUHIER, A (2001 ). Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario. Xunta de Galicia
Múgica, M. et al. (2019). EUROPARC-España. 2019 Anuario 2018 del estado de las áreas protegidas en España.. Fundación Fernando González Bernáldez
Ortega Cantero, N. (1987). Geografía y cultura. Alianza
ALONSO PEREIRA, José Ramón (2005). Introducción a la Historia de la Arquitectura. Reverté
MADERUELO, J. (Ed.) (2008). La construcción del paisaje contemporáneo. Centro de Arte y Naturaleza Fundación Beulas, Huesca
Davallon, J (2006). Le don du patrimoine. Une approche communicationnelle de la patrimonialisation. Hermes Science-Lavoisier
CASTELLS, M. y BORJA, J (1997). Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información. Taurus
DÍAZ-FIERROS, F. (Ed.) (2009). Olladas críticas sobre a paisaxe. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela
OTERO, R. (1928). Paisajes y problemas geográficos de Galicia. Compañí­a Iberoamericana de publicaciones, Madrid
OTERO, R. (2009). Paisaxe e cultura. Galaxia, Vigo
Tuan, Y.-F. (1977). Space and Place. University of Minnesota Press
Robertson, I. e Richards, P. (eds.) (2003). Studying Cultural Landscapes. Arnold
Sauer, C. O. (1925). The Morphology of Landscape. University of California Publications in Geography
Silva, R. e Fernández Salinas, V. (2017). «El nuevo paradigma del patrimonio y su consideración con los paisajes: Conceptos, métodos y prospectivas». Documents d’Anàlisi Geogràfica, 63
Frolova, M. e Bertrand, G. (2006). «Geografía y paisaje», en Tratado de Geografía Humana.. Anthropos/Universidad Autónoma Metropolitana-Iztapalapa
Gómez Mendoza, J. (2008). «La mirada del geógrafo sobre el paisaje: del conocimiento a la gestión», en Paisaje y territorio. Beulas
Mata, R. (2006). «Métodos de estudio del paisaje e instrumentos para su gestión. Consideraciones a partir de experiencias de planificación territorial», en El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajístic. Diputación de Barcelona
Nogué, J. (2011). «Paisajes agrarios españoles: desde sus bases territoriales a sus representaciones, catalogaciones y arquetipos», en Los paisajes agrarios de España. Caracterización, evolución y tipificación.. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino
Martínez de Pisón, E. (2002). «Reflexiones sobre el paisaje», en Estudios sobre historia del paisaje español.. Universidad Autónoma de Madrid/Fundación Duques de Soria/Catarata

Bibliografía complementaria

Referencias web:

http://paisajeycultura.blogspot.com/p/recursos.html


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría da Paisaxe/630G03019
Arte e Paisaxe/630G03005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Como parte das tarefas da materia, poderase preparar material síntese do traballo realizado para a súa exposición conxunta a finais de curso, no evento organizado polo Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición: "Arquitecturas en Curso. DPAUC" (paneis, maquetas, debuxos, vídeos, textos, performances, etc.).

Ao longo do curso, o profesorado pode recomendar a asistencia a determinados eventos divulgativos (congresos, xornadas, simposios, conferencias, etc.), organizados pola ETSAC, o DPAUC, etc., que teñan relación co contido docente da materia, co obxectivo de proporcionar ao alumnado coñecementos e experiencias actuais referentes a un determinado ámbito de estudo.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías