Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Técnicas de Salvamento e Control de Avarías Código 631510214
Titulación
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Cao Feijóo, Genaro
Correo electrónico
genaro.cao@udc.es
Profesorado
Cao Feijóo, Genaro
Correo electrónico
genaro.cao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia divídese en dous bloques xerais, un deles pretende trasladar aos futuros mestres en Náutica e Transporte Marítimo diversos aspectos relacionados co salvamento marítimo e algunhas das técnicas empregadas para levalo a cabo. Esta primeira parte abranguerá dende un resumo da normativa aplicable e as súas peculiaridades, sinalando a actuación do Capitán ante sinistros e a seguridade na acción; pasando polo remolque e emprego de aeronaves ata un achegamento a esta industria e diferentes buques, etc.

O outro bloque centrarase no control das avarías a bordo, para isto estudiarase en primero lugar as súas causas e efectos. A continuación, repasaremos os compartimentos do buque, así como, a súa resistencia e achique. Describiránse certas técnicas para taponar o caso, parcheo de tubarías e apuntalar mamparos. Por último ollaremos o xeito de levar a cabo inspeccións e probas de estanqueidade así como os materiais de control de avarías.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Capacidade para coordinar as operacións de procura e salvamento.
A7 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando o SIVCE e os sistemas de navegación conexos para facilitar a toma de decisións.
A9 Capacidade para analizar as medidas que procede adoptar en caso de emerxencia da navegación.
A13 Capacidade para a avaliación das avarías e defectos notificados, nos espazos de carga, as tapas de escotilla e os tanques de lastre, e adoptar as medidas oportunas.
A16 Capacidade para vixiar e controlar o cumprimento das prescricións lexislativas e das medidas para garantir a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio mariño.
A17 Capacidade para manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade.
A18 Capacidade para elaborar plans para continxencias de control de avarías, e actuar eficazmente en tales situacións.
A19 Capacidade para a utilización das cualidades de liderado e xestión.
A21 Capacidade para identificar danos e defectos, elaborar informes e implantar medidas correctivas.
B2 Capacidade para resolver problemas de forma efectiva.
B5 Capacidade para traballar de forma efectiva nunha contorna de traballo.
B6 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B9 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade para organizar, planificar e resolver problemas relativos ao departamento de navegación
B12 CB6 -Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B13 CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C2 Capacidade para dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita nun idioma estranxeiro
C6 Capacidade para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Capacidade para asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C10 C10-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C11 C11-Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir os coñecementos necesarios para resolver situacións de emerxencia a bordo dos buques. AP4
AP7
AP9
AP13
AP16
AP17
AP18
AP19
AP21
BM2
BM5
BM6
BM9
BM11
BM12
BM13
BM14
CM2
CM6
CM7
CM10
CM11

Contidos
Temas Subtemas
1. TÉCNICAS DE SALVAMENTO NORMATIVA APLICÁBEL.
ACTUACIÓN DO CAPITÁN, ARMADOR Y CAPITÁN DE PORTO ANTE SINISTROS.
AUXILIO E SALVAMENTO.
COMUNICACIÓNS.
NOTIFICACIÓNS DE PERDAS.
AVALIACIÓN DA SITUACIÓN.
ACCIÓNS CANDO O BUQUE ESTÁ AVARIADO PERO NON SOBORDADO.
REMOLQUE E REMOLQUE DE EMERXENCIA.
TRANSBORDO DA CARGA.
ACCIÓNS CANDO O BUQUE ESTÁ SOBORDADO.
A INDUSTRIA DO SALVAMENTO.
O PAPEL DO ITOPF NOS SINISTROS.
O PAPEL DAS SOCIEDADES DE CLASIFICACIÓN.
INSPECCIÓN E INVESTIGACIÓN DO SINIESTRO.
A SEGURIDADE NO SALVAMENTO.
MAREAS, CORRENTES Y CORRENTES DE MAREA.
EQUIPO PORTÁTIL DE SALVAMENTO.
MATERIAIS DE SALVAMENTO.
ESTABILIDADE E HIDROSTÁTICA.
TRABALLO CON BUZOS.
PROCEDEMENTO DE CONTROL DE DANOS.
BOIAS, APARELLOS, ÁNCORAS, CADEIAS, AMARRES.
VARADAS, CÁLCULOS.
O SALVADOR E A CARGA.
EMPREGO DE AERONAVES.
SALVAMENTO DE BUQUES TANQUE.
CONTROL DA CONTAMINACIÓN.
EMPREGO DE EXPLOSIVOS.
OPERACIÓNES CON BARCOS FUNDIDOS, MÉTODOS DE REFLOTE.
OPERACIÓNS DE LOCALIZACIÓN E RECUPERACIÓN.
O BUQUE DE SALVAMENTO.
2. CONTROL DE AVARÍAS 2.1. CAUSAS E EFECTOS DAS AVARÍAS A BORDO.
2.2. COMPARTIMENTACIÓN ESTANCA E RESISTENCIA.
2.3. ACHIQUE DE COMPARTIMENTOS.
2.4. TAPONALO CASCO.
2.5. PARCHEO DE TUBARÍAS.
2.6. APUNTALAR A BORDO.
2.7. INSPECCIÓNS E PROBAS DE ESTANQUEIDADE.
2.8. MATERIAIS DE CONTROL DE AVARÍAS.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3.000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A4 A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 B2 B5 B6 B9 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C7 C10 C11 4 16 20
Presentación oral A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 B2 B5 B6 B9 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C7 C10 C11 2 7 9
Proba obxectiva A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 2 0 2
Sesión maxistral A4 A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 B2 B5 B6 B9 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C7 C10 C11 14 28 42
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumnado (individuais e/ou en grupo) respecto dos contidos da materia.
Ao longo do cuadrimestre proporase un ou varios traballos ao redor dos contidos do temario que deberán fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado.
A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada do profesorado.
A través da exposición na aula, compartiranse os traballos realizados.
Presentación oral Sobre os traballos tutelados.
Proba obxectiva Exame final.
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os
aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo có profesor da materia.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación con cada actividade ao longo do curso, segundo o plan de traballo da materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO NA UDC" desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen no Paso 4 "Planificación" e neste paso que nos ocupa "Atención personalizada" descrita para os Traballos tutelados, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación relativas á flexibilidade de asistencia-participación e aos requisitos para superar a materia









Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A4 A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 B2 B5 B6 B9 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C7 C10 C11 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 10
Traballos tutelados A4 A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 B2 B5 B6 B9 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C7 C10 C11 Para avaliar os traballos teránse en conta na súa elaboración os seguintes aspectos:

- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.

- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre
eles.
50
Presentación oral A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 B2 B5 B6 B9 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C7 C10 C11 Para avaliar a exposición/presentación teránse en conta os seguintes aspectos:

- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de
partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
20
Proba obxectiva A7 A9 A13 A16 A17 A18 A19 A21 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 20
 
Observacións avaliación

- Convenio STCW 2010: Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía
de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación.

- Para superar a materia seguindo a avaliación continua
é necesario superar cada metodoloxía. Na sesión maxistral, asemade da
asistencia ás aulas (nesta metodoloxía un mínimo do 80%) valorárase a participación
do alumno.

O alumnado que non siga a avaliación continua sempre terá a opción
de presentarse a proba obxectiva. Conseguintemente, nesta circunstancia dita
metodoloxía terá un valor na avaliación do 100%.   

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica correspondente que lle proporcione a exención de
asistencia
, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3; 6.b e
7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen
necesidade de asistir o 80% das aulas presenciais, sempre e cando o mestre sexa
debidamente informado ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, o
profesor poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos (individuais
e/ou en grupo) ao longo do curso para ser expostos no horario de titorías co
gallo de puntuar na avaliación continua a parte proporcional do valor da sesión
maxistral.

- Sobre as sancións aplicables pola comisión de
faltas moi graves
, artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da
universidade da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023, en
xuño de 2023 modificouse o punto b), quedando:

b) Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Cartagena : Centro de Instrucción de Seguridad Interior (C.I.S.I.) (1979). Manual de Seguridad Interior. Imprenta Zona Marítima del Mediterráneo
Baptist, C.N.T. (1979). Salvage operations. Glasgow : Brown, Son & Ferguson

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

"-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías