Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Construcción Naval Código 631G01105
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Prieto Cabo, Verónica
Correo electrónico
v.prietoc@udc.es
Profesorado
Prieto Cabo, Verónica
Troya Calatayud, Jose Joaquin de
Correo electrónico
v.prietoc@udc.es
joaquin.troya@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo principal da materia é que os alumnos coñezcan a nomenclatura dos elementos estructurais do casco e a sua importancia e misión dentro do conxunto.

Competencias do título
Código Competencias do título
A55 RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas
A57 RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes
A58 RA5C-Identificar compoñentes do buque.
B31 RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos.
B32 RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura.
B33 RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo
B34 RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos
B55 RA54H–Controlar o asento, a estabilidade e os esforzos
B81 RA82H–Contribuir a que las relaciones humanas a bordo del buque sean buenas.
B93 RA96H–Contribuir ao incremento da protección marítima mediante una maior toma de conciencia.
C15 RA17X-Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
C25 RA33X–Manter a navegabilidade do buque
C26 RA34X–Previr, controlar e loita contra incendios a bordo
C27 RA37X–Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas
C28 RA39X–Contribuir á seguridade do personal e do buque
C34 RA55X–Vixiar e controlar o cumprimento das prescripcións lexislativas e das medidas para garantizar a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio marino

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas A55
RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes A57
RA5C-Identificar compoñentes do buque A58
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura. B32
RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo B33
RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos B34
RA54H-Controlar o asento, a estabilidade e os esforzos B55
RA82H-Contribuir a que las relaciones humanas a bordo del buque sean buenas. B81
RA96H-Contribuir ao incremento da protección marítima mediante una maior toma de conciencia. B93
RA17X-Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. C15
RA33X-Manter a navegabilidade do buque C25
RA34X-Previr, controlar e loita contra incendios a bordo C26
RA37X-Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas C27
RA39X-Contribuir á seguridade do personal e do buque C28
RA55X-Vixiar e controlar o cumprimento das prescripcións lexislativas e das medidas para garantizar a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio marino C34

Contidos
Temas Subtemas
1. Clasificación dos buques Definición de construción naval. Concepto de buque. Tipos de frotas. Clasificación dos buques.
2. Nomenclatura e definición das características dun buque. Partes e dimensións principais dun buque. Desprazamento. Peso morto. Coeficientes. Arqueo. Francobordo. Liñas de carga. Potencia das máquinas mariñas. Movementos do buque.
3. Estrutura do casco.
Lonxitudinal. Transversal. Vertical. Proa. Popa. Unións entre reforzos. Mamparos. Forro
4. Esforzos no buque. Materiais empregados en construción naval Aceiro. Aluminio. Materiais compostos. Características dos materiais. Tipos de unión. Soldadura. Esforzos aos que están sometidos os buques. Quebranto. Arrufo. Torsión. Vibracións
5. Compartimentos e espazos dun buque Definición e descrición dos diferentes espazos do buque. Piques. Adegas. Tanques. Superestrutura. Casetas. Troncos. Cubertas.
6. Nomenclatura e definición dos accesos aos compartimentos do buque Escotillas. Rexistros. Portillos. Puertas. Escalas. Lumbreras
7. Equipo de amarre, fondeo e remolque Numeral de equipo. Equipo de fondeo e amarre. Áncoras. Cadeas. Molinete.
8. Equipo de goberno Telemotor. Servomotor. Temón. Estabilizadores
9. Regulamentos OMI. MARPOL. SOLAS. Sociedades de clasificación. Convenios.
10. Equipos de carga y descarga Medios propios y ajenos relacionados con las carga y descarga. Gruas.
11. Equipo de salvamento.
Ideas xerais. Botes salvavidas. Pescantes. Chigres de pescantes. Aros. Chalecos.
12. Equipo e servizos. Sistemas de combustible. Propulsión. Sistemas de auga doce e auga salgada. Aire e ventilación. Sistemas Eléctricos. Lastre, sentinas y achique. Contraincendios e baldeo. Tipos de mantenimiento e inspeccións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A55 A58 B32 B55 C25 C26 C27 C34 30 60 90
Obradoiro A57 A58 B31 B32 B81 B93 C28 24 12 36
Traballos tutelados A55 A57 B33 B34 B93 C15 1 16 17
Proba mixta A58 B32 B55 B93 C25 C26 C27 C28 C34 4 0 4
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases en pizarra apoiadas con presentacións PP.Exposición oral complementada co uso de medios
audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Clases de consolidación dos contidos en grupos reducidos.Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas(exposicións, solución de problemas,prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Traballos autónomos ou colectivos desenrolando contidos da materia.Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais).
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Presencial.
En horario de titorías e cumprindo a normativa sanitaria en vigor.

Teams.
Dependerá da dispoñibilidade dos profesores

Email.
Os profesores comprométese a responder canto antes todas as dúbidas enviadas.

En canto ao "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" os profesores poderá ofrecer a posibilidade de titorías en liña. Profesor e alumno/a coordinarán esta asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A55 A57 B33 B34 B93 C15 En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
20
Proba mixta A58 B32 B55 B93 C25 C26 C27 C28 C34 Cada Proba Mixta poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas abertas de desenvolvemento, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
80
 
Observacións avaliación

Para
ter o dereito a avaliación continua, será necesario como mínimo un 80% da
asistencia ás clases presenciais. A nota final da Avaliación Continua será dun
80% de Probas Mixtas e un 20% de Traballo Tutelado. A nota da Proba Mixta será
a media das Probas Mixtas ó longo do curso. Para poder facer a media destas
Probas Mixtas é necesario obter nota mínima de 4 sobre 10 en cada una.

O
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia (segundo establece a "Norma que Regula o Réxime
de Dedicación ao Estudo dos Estudantes de Grao na UDC”), poderá acollerse á
Avaliación Continua sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais.
Para iso, estes/as alumnos/as informarán debidamente os profesores, ao
principio do curso, da devandita situación de dispensa académica e así como da
súa dispoñibilidade horaria de asistencia. Á marxe do Traballo Autónomo que
consta nesta Guía Docente, os profesores poderán encargarlle a este alumnado
diferentes traballos/problemas ao longo do curso para ser expostos ou resoltos en horario
de titorías.

O alumnado que non siga o curso presencial (asistencia menor do 80%), ou que non superase a Avaliación Continua, poderase presentar ás convocatorias finais de xaneiro e xullo. A avaliación destas convocatorias consistirá nunha Proba Mixta que poderá integrar preguntas tipo de probas de ensaio, preguntas abertas de desenvolvemento, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Os contidos destas Probas Mixtas poderán abarcar calquera contido da materia.

Na proba mixta correspondente á convocatoria de xaneiro manteranse as notas obtidas nas probas parciais, podendo o alumno presentarse só ás non superadas. A Proba Mixta da convocatoria de xuño suporá o 100% da cualificación, polo que se avaliará toda a materia.

Espérase
un comportamiento ético o longo do curso. O uso de equipos ou materiais non
permitidos nos exames, copiar as respostas por algún medio non autorizado ou o
plaxio conlevarán una nota de 0 na avaliación final da materia.

O
descoñecemento dalgúns conceptos básicos pode ser eliminatorio. Durante o curso
iranse citando cales son.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 


Fontes de información
Bibliografía básica Basterretxea Iribar, Imanol (2017). Aplicaciones de teoría del buque y construcción naval. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco
Bonilla de la Corte, Antonio. (1984). Construcción naval y servicios. Madrid
Delgado Lallemand, Luis (2005). de Proa a Popa. Conceptos básicos. Tomo 1. Thomson
Delgado Lallemand, Luis (2007). de Proa a Popa. Equipos en el barco. Tomo 2. Thomson
House, David J. (2010). Elements of modern ship construction. Glasgow. Brown, Son & Ferguson
Taylor, D.A. (1998). Merchant ship construction. London. Marine Management (Holdings),
Pursey, H.J. (1994). Merchant ship construction Especially written for the Merchant Navy. 7th ed. Glasgow. Brown, Son & Ferguson
Eyres, D.J. (2007). Ship construction. 6th ed. Amsterdam. Elsevier
Dokkum, Klaas van. (2016). Ship knowledge : ship design, construction and operation. 9th ed. Enkhuizen. Dokmar

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Física/631G01103
Química/631G01107

Materias que continúan o temario
Teoría do Buque I/631G01208

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías