Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Estiba Código 631G01301
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Pérez Canosa, José Manuel
Correo electrónico
jose.pcanosa@udc.es
Profesorado
Pérez Canosa, José Manuel
Correo electrónico
jose.pcanosa@udc.es
Web http://https://nauticaemaquinas.udc.es/es/etsnm-2/
Descrición xeral Capacitar aos estudantes en todos os aspectos relacionados coas operacións de carga, descarga, estiba e transporte seguro dos diferentes tipos de mercadorías de carga xeral e cargas sólidas a granel nos buques.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
RA5C-Identificar compoñentes do buque. A58
RA20C-Interpretar planos e/ou documentación técnica A61
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA30X-Vixiar o embarque, estiba e suxeción da carga, e o seu coidado durante o viaxe e o desembarque C23
RA31H-Inspeccionar os defectos e avarías nos espacios de carga, as escotillas e os tanques de lastre, e presentar informes ao respecto B42
RA32X-Asegurar o cumprimento das prescripcións sobre prevención da contaminación C24
RA33X-Manter a navegabilidade do buque C25
RA37X-Vixiar o cumprimento das prescripcións lexislativas C27
RA51X-Planificar e garantizar o embarque, estiba e suxeción da carga, e o seu coidado durante o viaxe e o desembarque C32
RA52X-Avaliar as averías e defectos notificados, nos espacios de carga, as tapas de escotilla e os tanques de lastre, e adoptar as medidas oportunas C33
RA53H-Transportar mercadorías perigosas B54
RA54H-Controlar o asento, a estabilidade e os esforzos B55
RA55X-Vixiar e controlar o cumprimento das prescripcións lexislativas e das medidas para garantizar a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio mariño C34
RA79H-Tomar precaucións para previr a contaminación do medio mariño. B78

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: APARELLOS E MEDIOS DE CARGA E DESCARGA Motones. Pastecas. Aparellos. Puntales de carga. Plumas. Grúas. Maniobras con puntales. Esfuerzos sobre os puntales, roldanas. Cables de acero, Características dos cables de cordones. Coidados e mantenimiento dos cables. Selección dun cable. Confección de gazas. Mantenemento de plumas e puntales. Portas laterales. Conocemiento dos efectos da carga, incluidas as cargas pesadas, na navegabilidade e estabilidade do buque.
TEMA 2. TAPAS DE ESCOTILLAS Tapas de escotillas: funcións e características. Tipos de escotillas metálicas. Estanqueidad das escotillas. Probas de estanqueidade das escotillas. Inspeccións e mantenemento das tapas de escotillas, Problemas e defectos comúns das escotillas. Listas de comprobación.
TEMA 3: PRÁCTICA DA ESTIBA DA CARGA XERAL
Estiba, Obxetivos dunha boa estiba. Bodegas. factor de estiba. Soleras. Utillaxe de estiba. Envases y embalajes. Carga general. O buque de carga xeral. O carguero polivalente. Averías e riscos das bodegas. Preparación das bodegas. Lavado de bodegas. Preparación dos pozos de sentinas. Planos de estiba.
TEMA 4: METEOROLOXÍA DAS BODEGAS
A temperatura da carga durante a viaxe. Mercancías higroscópicas/non higroscópicas. A condensación: sudor do casco/sudor de la carga. Reglas para evitar os danos por condensación. Ventiladores de bodegas. Deshumidificadores de bodegas. Ventilación considerando os tipos de mercancías. Sistemas de ventilación de bodegas. Tablas de humidade absoluta y punto de rocío.
TEMA 5: CARGAMENTOS TÍPICOS

Cargamentos de balas. estiba de carga ensacada. Transporte de arroz, caco en grano, azúcar, fariña de pescado. Estiba de recipientes intermedios flexibles para graneles. Carga paletizada. Estiba de bloques de granito. Estiba de cristal en follas. Estiba de caxerío. Carga de productos de aceiro: bobinas, tochos, palanquilla, planchas, aceiro para estructuras, barras de acero e varilla en atados, tuberías e rollos de alambre. Obligaciones do oficial de guardia durante a carga e descarga. Carga de chatarra a granel. Precaucións que deben tomarse para evitar a contaminación do medio mariño.
TEMA 6: BUQUES GRANELEIROS
Buques graneleiros. Clasificación. Tipos de buques graneleiros. Configuración da estructura dun bulk carrier. A seguridade dos bulk carriers: Capítulo XII del SOLAS. Reglas unificadas da IACS para graneleiros. Distribución da carga. Medidas adicionais para bulk carriers. Problemas potenciales durante as operaciones de carga e descarga. Planificación e control das operacións de carga e descarga.
TEMA 7: ESTIBA E PLANIFICACIÓN DO TRANSPORTE DE CARGAS SÓLIDAS A GRANEL Regulación de transporte de cargas a granel. Código IMSBC. Cargas que poden licuarse. Materias que entrañan riscos de naturaleza química. Enrasado de cargas a granel. Limpeza de bodegas. Operacións no porto de carga/descarga. Listas de comprobación de seguridad buque-terra. Precaucións a observar antes do embarque. Problemas potenciais durante as operacións de carga/descarga. Distribución da carga. Limitaciones estructurais ao preparar un plan de carga en un B/C. Cálculo da carga embarcada. Prueba de nitrato de plata.
TEMA 8. CÁLCULOS DE ESTIBA Uso de táboas hidrostáticas de diferentes tipos de buques de carga e graneleiros. Determinación da carga a embarcar. Cálculo de calados. Estiba e trimming da carga para deixar o buque en calados. Restrición de calados por época e zona. Determinación de la carga embarcada mediante survey de calados. Puntos indiferentes. Toneladas en cabeza. Diagramas de asientos. Cálculos de aparellos e puntales
O desenrolo e superación de estos contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que incluyan a adquisición de competencias específicas da titulación, garantizan o conocimiento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, de Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primer Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata un máximo de 3000 GT. Cuadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual o superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A58 A61 B31 B42 B54 B55 B78 C23 C24 C25 C27 C32 C33 C34 30 30 60
Proba obxectiva A61 B31 B54 B55 C23 C24 C25 C27 C32 C34 4 0 4
Prácticas de laboratorio A61 B31 B55 C24 C25 C32 C34 30 50 80
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de cada un dos temas con apoio de Tics, cando se considere necesario. Como complemento ás clases teóricas expoñense diferentes problemas de cálculos de carga e estiba en distintos modelos de buques.
Proba obxectiva A proba obxectiva teórica consistirá nunha serie de preguntas, entre 10 e 20, de desenvolvemento conceptual sobre as materias impartidas en clase e sobre as que se achegará ao alumnado material suficiente para a súa superación. Tamén se incluirá na proba a resolución dun a tres problemas (exercicios prácticos) de estiba do mesmo tipo que os resoltos na clase.
Prácticas de laboratorio Resolución de diferentes cálculos de estiba con distintos tipos de mercadorías e buques. O alumnado deberá resolver os problemas propostos polo profesor coa finalidade de aplicar os coñecementos teóricos de forma práctica e/ou mediante software.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
No horario de titorías fixadas polo Centro, e tamén en calquer outra data acordada previamente entre o estudantado e o profesor. As tutorías poden ser presenciais ou telemáticas (Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A61 B31 B55 C24 C25 C32 C34 A proba obxectiva final consistirá na resolución de dous cálculos de carga e estiba (con diferentes tipos de buques) e puntais, similares aos resoltos na clase. Será obrigatoria para o alumnado que non supere a avaliación da resolución de problemas por curso, si se fixeren.
50
Proba obxectiva A61 B31 B54 B55 C23 C24 C25 C27 C32 C34 Será o resultado das medias conseguidas nas probas parciais (se as houbera) e/ou a proba final.

Proba escrita obxectiva para avaliar os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas. Pode combinar diferentes tipos de preguntas e problemas.
Cada proba parcial (P1 e P2) achegará un 50%. A cualificación final será o resultado das medias conseguidas nas probas parciais e/ou a proba final, sendo necesario para superar a materia obter unha nota mínimo de 5,0 en cada unha das probas que se fixeren.

Proba escrita obxectiva. Terá carácter obrigatorio para aquel alumnado que non participe ou non supere a avaliación durante o curso. Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia e verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.

O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 5,0 puntos en cada unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%).

50
 
Observacións avaliación

Exame final: A proba escrita obxectiva terá carácter obrigatorio para aqueles alumnos que non participen ou superen a avaliación continua da materia ao longo do curso. O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta dunha parte teórica e outra de resolución de problemas con valoración independente, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos en cada unha e unha media de 5: a) teórica 50%; b) práctica 50%.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 del Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA DE LA ASIGNATURA:

  1. ESTIBA DE CARGAS SÓLIDAS, Felipe Louzán. Cartamar, A Coruña, 2016.
  2. Código internacional para la construcción y el equipo de buques que transportes gases licuados a granel. OMI.
  3. Código IMDG, IMO 2012.
  4. Código IMSBC, IMO 2012.
  5. Código de prácticas de seguridad para la estiba y sujeción de la carga. IMO 2011.
  6. Código BLU: Código de prácticas de seguridad de las operaciones de carga y descarga de graneleros. IMO 2011.
  7. Manual de estiba de mercancías sólidas. Ricardo González Blanco, Ediciones UPC 2006
  8. Tratado de estiba. Capt. J.B.Costa, Tercera edición, 2008.
  9. Cargo work. David J. House, Seventh edition, 2007.
  10. Thomas Stowage: The properties and stowage of cargoes, 5th edition. Brown, Son & Ferguson, Ltd. 2008.
  11. Hatch Cover Inspections: A Practical Guide. Walter Vervloesem AMNI. The Nautical Institute, 2003.
  12. Hatch Covers: Operation, Testing and Maintenance. Mike Wall. Witherby Seamanship International, 2008.
  13. Steel: Carriage by Sea, fifth edition. Arthur Sparks & Frans Coppers. Lloyd’s Practical Shipping Guides, London 2009.
  14. Manejo de cargas: Riesgos y medidas preventivas, 2ª edición. Luis Mª Azcuénaga Linaza. FC Editorial, Madrid 2010.
  15. Bulk Carrier Practice, 2nd edition. Captain Jack Isbester. The Nautical Institute, London 2010.
  16. Bulk Carrier Notes. Abdul Khalique. Witherby Seamanship International, 2010.
  17. Cargo Notes. Dhananjay Swadi. Witherby Seamanship International, 2005.
  18. Cargo Ventilation: A Guide to Good Practice. David Anderson and Daniel Sheard. North of England P&I Association. Newcastle upon Tyne, 2006.
  19. Hatch Cover Maintenance and Operation: A Guide to Good Practice, Second Edition. David Byrne. . North of England P&I Association. Newcastle upon Tyne, 2005.
  20. Draught Surveys: A Guide to Good Práctice. Jim Dibble and Peter Mitchell.. North of England P&I Association 1998

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría do Buque I/631G01208

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Transportes Especiais/631G01401

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías