Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión de Empresas Marítimas Código 631G01312
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Sánchez Girón, Javier Ramón
Correo electrónico
javier.sanchez5@udc.es
Profesorado
Sánchez Girón, Javier Ramón
Correo electrónico
javier.sanchez5@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico. A54
RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas A55
RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes A57
RA7H-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo B30
RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura. B32
RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo B33
RA16X-Elaborar unha memoria/informe de modo riguroso e sistemático C14
RA115X-Xestionar, dirixir e controlar empresas e actividades relacionadas co ámbito marítimo. C41
RA120X-Interpretar e redactar informes e documentos comerciais en inglés. C44

Contidos
Temas Subtemas
Constitución e organización dunha empresa marítima. Fórmulas xurídicas da empresa.
Proceso de constitución dunha empresa.
Organización dunha empresa marítima.
O plan de produción dunha empresa marítima. Propósito do plan de produción dunha empresa.
O aprovisionamento.
Análise de custos.
Análise contable e financieiro dunha empresa marítima. Propósito da contabilidade nunha empresa.
O balance de situación.
Análise de balance.
Inversión e financiación da empresa marítima. Inversión e gastos iniciais.
Fontes de financiación da empresa marítima.
Xestión da empresa marítima. Planificación futura da empresa.
Xestión eficiente e medioambientalmente responsable.
Investigación operativa e a súa aplicación na empresa marítima.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A55 A57 B30 B32 B33 C14 C41 C44 9 90 99
Presentación oral A54 B30 2 10 12
Proba obxectiva B32 4 30 34
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O traballo que se desenvolverá nesta asignatura consistirá no deseño e desenvolvemento do plan de empresa dunha empresa marítima.
Presentación oral Presentación oral dos resultados do traballo tutelado apoiado con recursos audiovisuais.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Para a súa realización é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso para asegurar a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indicarán. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada. O alumnado que esté a realizar o traballo tutelado enviará semanalmente mediante correo electrónico ou o aula virtual un informe indicando o progreso realizado así como as dúbedas que xurden. O profesor resolverá estas dúbedas polos mesmos medios ou mediante a aplicación de Teams atendendo a complexidade da dúbeda plantexada. O seguemento farase preferentemente de forma individualizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A55 A57 B30 B32 B33 C14 C41 C44 Consistirá no deseño e desenvolvemento dun plan de empresa dunha empresa marítima e a súa presentación oral. Calificarase mediante unha rúbrica e puntuarase sobre 10 puntos. Será preciso obter 5 puntos sobre 10 para que faga media co resto dos resultados. 55
Proba obxectiva B32 Consistirá nunha proba escrita sobre o traballo tutelado e a análise dun texto relacionado co entorno da empresa marítima empregando as ferramentas de diagnóstico de entorno da empresa empregadas nas actividades e prácticas feitas o longo da asignatura. 20
Presentación oral A54 B30 Calificarase mediante unha rúbrica e puntuarase sobre 10 puntos. Será preciso obter 5 puntos sobre 10 para que faga media co resto dos resultados. 25
 
Observacións avaliación

O alumnado que entregue polo menos o 80% dos informes de seguemento do traballo tutelado será avaliado de forma continua segundo as metodoloxías descritas anteriormente. No caso contrario, o alumnado será avaliado exclusivamente mediante unha proba obxectiva final na data da convocatoria ordinaria.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias, facendo uso do sistema TEAMS si fora procedente a xuizo do profesor.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Alan E. Branch (2014). Elements of shipping. Routledge (Taylor & Francis Group) London & New York
VVAA. (2020). Lecciones de derecho empresarial. (2020). Lecciones de derecho empresarial.. Tirant lo Blanch
Theotokas, I. (2018). Management of shipping companies. . Routledge (Taylor & Francis Group) London & New York
Martin Stopford (2004). Maritime Economics. Routledge (Taylor & Francis Group) London & New York
Panayides, P. M., & Visvikis, I. D. (2017). Shipping operations management.. Springer.
Panayides, P. M. (Ed.). (2019). The Routledge Handbook of Maritime Management..

Bibliografía complementaria John M. Downard (1984). Managing Ships. Faiplay Publications, London.
Alexandros M. Goulielmos (2019). Plan the Business of a Vessel of a Tramp Shipping Company. Modern Economy, 2019, 10, 1633-1653


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Empresa e Dereito/631G01109
Economía Marítima/631G01201

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
/

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías