Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión da Contaminación Código 631G01411
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Cao Feijóo, Genaro
Correo electrónico
genaro.cao@udc.es
Profesorado
Cao Feijóo, Genaro
Correo electrónico
genaro.cao@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia fará fincapé no coñecemento da normativa para levar a cabo unha axeitada xestión da contaminación mariña sen esquecer a prevención e protección do seu medio. Para iso, estudarase en detalle as normativas que incumben á responsabilidade por verteduras, fondos de indemnización, danos por contaminación, plans de continxencia anticontaminación, portos de abrigadoriro, etc. Asemade, aplicaránse criterios e técnicas de limpeza na costa, dedicando especial atención á protección de zonas sensíbeis e avaliaránse as opcións para minimizar os danos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A52 Conocimiento y aplicación de la normativa y técnicas en materia de gestión de la seguridad del transporte marítimo y la protección del medio marino.
A53 Capacidad para elaborar planes de contingencia de abordo y de instalaciones portuarias.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
B20 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C9 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C13 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os diferentes equipos e sistemas da bordo para previr e reducir a contaminación mariña. A52
A53
B20
C6
C9
C13
Coñecer os diferentes medios de loita contra os derramos de hidrocarburos e sustancias nocivas líquidas. A52
A53
B20
C6
C9
C13
Detectar as descargas ilegais e outros actos delitivos contra o medio ambiente mariño. A52
A53
B2
B16
C6

Contidos
Temas Subtemas
PREVENCION DA CONTAMINACIÓN EMSA, PAPEL NA LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN.
PLANIFICACIÓN DE CONTINXENCIAS.
LUGARES DE ABRIGADOIRO
VIXILANCIA MARÍTIMA DA CONTAMINACIÓN.
MODELOS DE DERIVA NA PREDICCION DE VERTEDURAS, ANÁLISE DE TRAXECTORIAS.
MAPAS DE SENSIBILIDADE.
CENTROS DE NIVEL 3.
PLANIFICACIÓN DE EJERCICIOS DE DERRAMES.
LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN CONTAMINACIÓN DA COSTA: AVALIACIÓN, TÉCNICAS DE LIMPEZA, PROTECCIÓN DE ZONAS SENSÍBEIS.
DISPERSIVOS.
ELECCIÓN DE OPCIÓNS PARA MINIMIZAR OS DANOS.
XESTIÓN DE RESIDUOS.
CONVENIOS INTERNACIONAIS C.I. DE RESPONSABILIDADE CIVIL (CLC).
C.I. DO FONDO DE INDEMNIZACIÓN (IOPC FOUND).
C.I. DE DANOS POLO COMBUSTÍBEL DOS BUQUES.
CLUBS DE PROTECCIÓN E INDEMNIZACIÓN (P&I).
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3.000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 2 0 2
Traballos tutelados A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 5 30 35
Sesión maxistral A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 30 60 90
Presentación oral A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 3 18 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exame final.
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumnado (individuais e/ou en grupo) respecto dos contidos da materia.
Ao longo do cuadrimestre proporase un ou varios traballos en torno ao contido do temario que deberán fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado.
A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada do profesorado.
A través da exposición na aula, compartiranse os traballos realizados.
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Presentación oral Respecto aos traballos tutelados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Proba obxectiva
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo có profesor da materia.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación con cada actividade ao longo do curso, segundo o plan de traballo da materia.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO NA UDC" desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen no Paso 4 "Planificación" e neste paso que nos ocupa "Atención personalizada" descrita para os traballos tutelados, a través dos grupos de traballo que se conformen na materia. A actividade farase atendendo ás observacións da avaliación relativas á flexibilidade de asistencia-participación e aos requisitos para superar a materia.












Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 10
Traballos tutelados A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 Para avaliar os traballos teránse en conta na súa elaboración os seguintes aspectos:

- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.

- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre
eles.
20
Presentación oral A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 Para avaliar a exposición/presentación teránse en conta os seguintes aspectos:

- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de
partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
10
Proba obxectiva A52 A53 B2 B16 B20 C6 C9 C13 Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación. 60
 
Observacións avaliación

- Convenio STCW 2010: Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía
de Calidad, tenránse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación.

- Para superar a materia seguindo a avaliación continua
é necesario superar cada metodoloxía. Na sesión maxistral, asemade da
asistencia ás aulas (nesta metodoloxía un mínimo do 80%) valorárase a participación
do alumno.

O alumnado que non siga a avaliación continua sempre terá a opción
de presentarse a proba obxectiva. Conseguintemente, nesta circunstancia dita
metodoloxía terá un valor na avaliación do 100%.   

- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica correspondente que lle proporcione a exención de
asistencia
, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE
DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3; 6.b e
7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen
necesidade de asistir o 80% das aulas presenciais, sempre e cando o mestre sexa
debidamente informado ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, o
profesor poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos (individuais
e/ou en grupo) ao longo do curso para ser expostos no horario de titorías co
gallo de puntuar na avaliación continua a parte proporcional do valor da sesión
maxistral.

- Sobre as sancións aplicables pola comisión de
faltas moi graves
, artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da
universidade da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023, en
xuño de 2023 modificouse o punto b), quedando:

b) Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na
acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica IMO (2011). Directrices para la elaboración de planes de emergencia de a bordo contra la contaminación del mar . LONDRES
IMO (2007). Directrices relativas al Convenio sobre la prevención de la contaminación del mar por vertimiento de desechos y otras materias, 1972. . LONDRES
IMO (2007). Equipo de prevención de la contaminación conforme al MARPOL . LONDRES
(1996). La contaminación del mar fuentes, toxicidad, degradación y eliminación de contaminantes . Oviedo : Universidad, Servicio de Publicaciones
Silos Rodríguez, José María (2008). Manual de lucha contra la contaminación por hidrocarburos . Cádiz : Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz
IMO (2010). Manual on oil spill risk evaluation and assessment of response preparedness . London
IMO (1997). Manual sobre contaminación química . LONDRES
IMO (2009). Manual sobre contaminación química. . LONDRES
IMO (2011). Manual sobre la contaminación ocasionada por hidrocarburos. . LONDRES
IMO (). MARPOL 73/78. LONDON
Acinas García, Juan R (2003). Puertos de refugio y contaminación accidental en el mar . UDC
Boat Books Australia (2010). Response to marine oil spills . Livingston : Witherby Seamanship International Ltd. Australia

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

"-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas."



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías