Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión da Náutica Deportiva Código 631G01503
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Pérez López, Lidia
Correo electrónico
lidia.perezl@udc.es
Profesorado
Pérez López, Lidia
Correo electrónico
lidia.perezl@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de “Xestión da Náutica Deportiva” forma parte do plan de estudios do Grao en Náutica e Transporte Marítimo como unha optativa do terceiro curso que se imparte no 2ª Cuadrimestre. Ten 6 créditos o que supón para o estudante 150 horas de traballo.

Esta materia pretende que o alumnado coñeza o mundo da náutica deportiva. Para iso estudiaranse as embarcacións de recreo, as instalacións náutico-deportivas, as titulacións náuticas de recreo e os distintos contratos que existen.

Se o tempo o permite fárase algunha visita o velero da UDC “Breogán Cuatro” para coñecer o seu interior e o que contén.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Controlar as boas prácticas de seguridade e saúde no traballo.
A5 Interpretación, análise e aplicación práctica dos fundamentos e Institucións de Dereito e Economía para administrar, xestionar e explotar o buque, a empresa marítima, o negocio marítimo e transporte, e a empresa náutico-deportiva.
A13 Coñecer o funcionamento e alcance do seguro marítimo no ámbito nacional e internacional.
A17 Adoptar as medidas axeitadas en casos de emerxencias.
A27 Controlar o cumprimento das prescricións lexislativas.
A33 Protexer o medio mariño e aplicar criterios de sostibilidade ambiental ao transporte marítimo.
A34 Manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade.
B1 Aprender a aprender.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B10 Versatilidade.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B15 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B17 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B18 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
B19 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B21 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
B24 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e analizar a historia da náutica deportiva o longo do tempo no ámbito nacional e internacional A5
A34
B4
B6
B11
C4
Clasificar e distinguir a normativa nacional e autonómica que regula a actividade náutica deportiva, as titulacións de recreo e as instalacións náutico deportivas. A5
A13
A27
B4
B5
B6
B17
C4
Diferenciar e inspeccionar os elementos de seguridade, salvamento e loita contra a contaminación, así como coñecer e saber utilizar as axudas á navegación e equipos de radiocomunicacións dunha embarcación de recreo. A1
A17
A27
A33
A34
B10
B11
B15
C4
C5
Deseñar un plan de xestión e explotación dunha instalación náutico deportiva ou dunha embarcación de recreo A1
A5
A27
A33
A34
B1
B5
B10
B11
B12
B15
B17
B18
B19
B21
B24
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Historia da náutica deportiva 1.1 Antecedentes históricos da náutica de recreo.
1.2 Evolución das embarcacións de vela e de recreo.
1.3 Historia das competicións de vela desde o S. XIX ata a actualidade.
1.4 Xurdimento e evolución da náutica deportiva e de recreo en España.
Tema 2: Normativa nacional e autonómica 2.1 Definición de embarcación e buque de recreo.
2.2 Documentación e trámites a seguir dunha embarcación de recreo.
2.3 Regulación do chárter náutico.
2.4 Titulacións náutico deportivas: atribucións, competencias e procedemento de obtención.
Tema 3: Instalacións náutico deportivas. 3.1 Autorizacións e concesións administrativas.
3.2 Modalidades de xestión e explotación.
3.3 Servizos ofrecidos.
3.4 Plan de protección ambiental.
3.5 Estacións náuticas.
Tema 4: Seguridade, salvamento e loita contra a contaminación. 4.1 Normativa relativa a seguridade e contra a contaminación que deben cumprir as embaracións de recreo.
4.2 Inspección e homologación de dispositivos de seguridade, salvamento e loita contra a contaminación.
4.3 Equipos de radio e axudas a navegación: procedemento de comprobación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A34 B21 2 4 6
Resumo A5 B4 B6 B21 B24 C4 2 2 4
Presentación oral B4 B6 B21 B24 2 4 6
Esquemas A5 A13 B19 2 4 6
Presentación oral A5 A27 B19 2 6 8
Prácticas de laboratorio A1 A17 A27 A34 10 10 20
Portafolios do alumno A1 A17 A27 A33 A34 1 7 8
Traballos tutelados A1 A5 A27 A33 B1 B5 B10 B11 B12 B17 B18 B21 B24 C5 10 32 42
Sesión maxistral A5 A13 A27 A34 B4 B12 B15 B17 B21 B24 36 12 48
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Esta actividade consiste na visualización do documental " The Weekend Sailor" e analizar o seu contido a través de diferentes preguntas expostas polo profesor. A través delas preténdese profundar na organización, retos e desafíos das regatas transoceánicas, o traballo en equipo e a seguridade da navegación así como nos antecendentes históricos das mesmas e o espírito emprendedor que leva aos mariños para embarcarse nelas.
Resumo Nesta actividade o alumando elaborará un resumo no que se pretende recoller, destacar e relacionar as principais ideas e conceptos sobre a evolución da náutica deportiva e de recreo desde o S. XVII ata a actualidade.
Presentación oral O alumnado analizará o xurdimento e evolución da náutica deportiva e de recreo en España, así como o desenvolvemento da planificación das instalacións náutico deportivas e o contexto socioeconómico no que se produciría. Para iso facilitarase ao alumnado unha serie de textos para a súa análise. Cos resultados obtidos elaborarán unha presentación para expoñer na aula.
Esquemas Trátase dunha actividade mediante a que se persegue a determinación, comparación e organización da normativa que regula a práctica da náutica de recreo e as instalacións náutico deportivas en Galicia e en España a través da elaboración dun esquema. O alumnado irá confeccionado a medida que se expoñen as diferentes leis e normas nas sesións maxistrais.
Presentación oral Esta actividade consiste na análise detallada da normativa que regula as titulacións náutico-deportivas. Para iso o alumnado examinará a normativa que as regula e cos resultados obtidos confeccionará unha presentación para a súa exposición na aula.
Prácticas de laboratorio Trátase de prácticas que se farán a bordo do motovelero Breogán IV consistentes na inspección e comprobación dos elementos de seguridade, loita contra incendios e prevención da contaminación así como das axudas á navegación e equipos de radiocomunicacións; disposición da jarcia firme, da jarcia de labor e os elementos de amarre e fondeo e as comprobacións rutineiras que deben facerse antes de que a embarcación se fága á mar.
Portafolios do alumno A través desta actividade o alumnado reflectirán os resultados das prácticas realizadas a bordo do Breogán Cuatro.
Traballos tutelados Consistirá no deseño dun plan de xestión e explotación dunha instalación náutico deportiva e a preparación dunha presentación oral para a exposición do mesmo. Como parte deste o alumnado terá que avaliar as tendencias, retos e oportunidades actuais do sector da náutica deportiva e de recreo.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expoñeranse de forma activa e buscando a particapación do alumnado os contidos da evolución da náutica deportiva e de recreo así como da normativa nacional e autonómica que regula a actividade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado que esté a realizar o traballo tutelado presentará semanalmente dentro do horario de clase adicado a isto, un resumo indicando o progreso realizado así como as dúbidas que xurden. O profesor resolverá estas dúbidas no momento ou por correo electrónico dependendo da complexidade da dúbida plantexada. O seguemento farase preferentemente de forma individualizada.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial poderá presentar os seus avances mediante correo electrónico de forma semanal. O profesor resolverá as dúbidas que poidan aparecer polos mesmos medios ou organizando unha reunión.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A34 B21 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• Participación na aula cando se discutan as respostas das preguntas.
5
Presentación oral B4 B6 B21 B24 A presentación evaluarase atendendo a unha rúbrica. 10
Esquemas A5 A13 B19 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• Explicación na aula.
10
Presentación oral A5 A27 B19 A presentación evaluarase atendendo a unha rúbrica. 15
Portafolios do alumno A1 A17 A27 A33 A34 O portafolios avaliarase atendendo a unha rúbrica e calificarase sobre 10 puntos. Será preciso acadar polo menos un 5/10 para que a nota faga media cas demáis actividades e traballos da asignatura. 20
Traballos tutelados A1 A5 A27 A33 B1 B5 B10 B11 B12 B17 B18 B21 B24 C5 O traballo avaliarase atendendo a unha rúbrica e calificarase sobre 10 puntos. Será preciso acadar polo menos un 5/10 para que a nota faga media cas demáis actividades e traballos da asignatura. 30
Resumo A5 B4 B6 B21 B24 C4 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• Explicación na aula.
10
 
Observacións avaliación
SITUACIONES
1. O alumnado que vaia facendo e entregando as actividades plantexadas no aula e, ou, no campus virtual, nos prazos indicados polo profesor, será avaliado de forma continua atendendo as metodoloxías descritas na guía docente.

2. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as actividades descritas nas metodoloxías da guía docente salvo aquelas para as que a súa realización sexa preciso asistir as prácticas. No caso destas últimas, o profesor asignaralle a este alumnado diferentes actividades para ser expostas en horario de titorias. 

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA
1. Entregar e expoñer as actividades no prazo indicado. No caso de presentarse máis de unha actividade fora do prazo de entrega indicada polo profesor ou non entregarse, o alumnado será avaliado mediante unha proba obxectiva final en xuño que consistirá nunha proba escrita de preguntas de respostas curtas.

2. A convocatoria de Xullo será tamén unha proba escrita de preguntas de respostas curtas.

3. A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 

Fontes de información
Bibliografía básica Pablo López Varela, Santiago Iglesias Baniela, Felipe Antelo González (2007). Análisis jurídico de la náutica deportiva. Reprografía Noroeste S.L.
Domingo, Jesús, ed.lit. González, Paloma, coord. ed.lit. (2011). El curso de navegación de Glenáns. Tutor
María José Morillas Jarillo, Juan Luis Pulido Begines, María Victoria Petit Lavall (2020). Tratado de la navegación deportiva y de recreo. Marcial Pons

Bibliografía complementaria Gibson, Rob (2011). Manual de trimado de velas para navegantes de crucero. Tutor
Schult, Joachim (2006). Teoría y práctica de las velas: Nuevos diseños, materiales modernos, trimado y optimización. Tutor


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Seguridade Marítima/631G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías