Identifying Data 2023/24
Subject (*) Management of Nautical Clubs Code 631G01503
Study programme
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinador
Pérez López, Lidia
E-mail
lidia.perezl@udc.es
Lecturers
Pérez López, Lidia
E-mail
lidia.perezl@udc.es
Web
General description A materia de “Xestión da Náutica Deportiva” forma parte do plan de estudios do Grao en Náutica e Transporte Marítimo como unha optativa do terceiro curso que se imparte no 2ª Cuadrimestre. Ten 6 créditos o que supón para o estudante 150 horas de traballo.

Esta materia pretende que o alumnado coñeza o mundo da náutica deportiva. Para iso estudiaranse as embarcacións de recreo, as instalacións náutico-deportivas, as titulacións náuticas de recreo e os distintos contratos que existen.

Se o tempo o permite fárase algunha visita o velero da UDC “Breogán Cuatro” para coñecer o seu interior e o que contén.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Controlar as boas prácticas de seguridade e saúde no traballo.
A5 Interpretación, análise e aplicación práctica dos fundamentos e Institucións de Dereito e Economía para administrar, xestionar e explotar o buque, a empresa marítima, o negocio marítimo e transporte, e a empresa náutico-deportiva.
A13 Coñecer o funcionamento e alcance do seguro marítimo no ámbito nacional e internacional.
A17 Adoptar as medidas axeitadas en casos de emerxencias.
A27 Controlar o cumprimento das prescricións lexislativas.
A33 Protexer o medio mariño e aplicar criterios de sostibilidade ambiental ao transporte marítimo.
A34 Manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade.
B1 Aprender a aprender.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B10 Versatilidade.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B15 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B17 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
B18 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
B19 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B21 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
B24 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e analizar a historia da náutica deportiva o longo do tempo no ámbito nacional e internacional A5
A34
B4
B6
B11
C4
Clasificar e distinguir a normativa nacional e autonómica que regula a actividade náutica deportiva, as titulacións de recreo e as instalacións náutico deportivas. A5
A13
A27
B4
B5
B6
B17
C4
Diferenciar e inspeccionar os elementos de seguridade, salvamento e loita contra a contaminación, así como coñecer e saber utilizar as axudas á navegación e equipos de radiocomunicacións dunha embarcación de recreo. A1
A17
A27
A33
A34
B10
B11
B15
C4
C5
Deseñar un plan de xestión e explotación dunha instalación náutico deportiva ou dunha embarcación de recreo A1
A5
A27
A33
A34
B1
B5
B10
B11
B12
B15
B17
B18
B19
B21
B24
C4
C5

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1: Historia da náutica deportiva 1.1 Antecedentes históricos da náutica de recreo.
1.2 Evolución das embarcacións de vela e de recreo.
1.3 Historia das competicións de vela desde o S. XIX ata a actualidade.
1.4 Xurdimento e evolución da náutica deportiva e de recreo en España.
Tema 2: Normativa nacional e autonómica 2.1 Definición de embarcación e buque de recreo.
2.2 Documentación e trámites a seguir dunha embarcación de recreo.
2.3 Regulación do chárter náutico.
2.4 Titulacións náutico deportivas: atribucións, competencias e procedemento de obtención.
Tema 3: Instalacións náutico deportivas. 3.1 Autorizacións e concesións administrativas.
3.2 Modalidades de xestión e explotación.
3.3 Servizos ofrecidos.
3.4 Plan de protección ambiental.
3.5 Estacións náuticas.
Tema 4: Seguridade, salvamento e loita contra a contaminación. 4.1 Normativa relativa a seguridade e contra a contaminación que deben cumprir as embaracións de recreo.
4.2 Inspección e homologación de dispositivos de seguridade, salvamento e loita contra a contaminación.
4.3 Equipos de radio e axudas a navegación: procedemento de comprobación.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A34 B21 2 4 6
Summary A5 B4 B6 B21 B24 C4 2 2 4
Oral presentation B4 B6 B21 B24 2 4 6
Diagramming A5 A13 B19 2 4 6
Oral presentation A5 A27 B19 2 6 8
Laboratory practice A1 A17 A27 A34 10 10 20
Student portfolio A1 A17 A27 A33 A34 1 7 8
Supervised projects A1 A5 A27 A33 B1 B5 B10 B11 B12 B17 B18 B21 B24 C5 10 32 42
Guest lecture / keynote speech A5 A13 A27 A34 B4 B12 B15 B17 B21 B24 36 12 48
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Esta actividade consiste na visualización do documental " The Weekend Sailor" e analizar o seu contido a través de diferentes preguntas expostas polo profesor. A través delas preténdese profundar na organización, retos e desafíos das regatas transoceánicas, o traballo en equipo e a seguridade da navegación así como nos antecendentes históricos das mesmas e o espírito emprendedor que leva aos mariños para embarcarse nelas.
Summary Nesta actividade o alumando elaborará un resumo no que se pretende recoller, destacar e relacionar as principais ideas e conceptos sobre a evolución da náutica deportiva e de recreo desde o S. XVII ata a actualidade.
Oral presentation O alumnado analizará o xurdimento e evolución da náutica deportiva e de recreo en España, así como o desenvolvemento da planificación das instalacións náutico deportivas e o contexto socioeconómico no que se produciría. Para iso facilitarase ao alumnado unha serie de textos para a súa análise. Cos resultados obtidos elaborarán unha presentación para expoñer na aula.
Diagramming Trátase dunha actividade mediante a que se persegue a determinación, comparación e organización da normativa que regula a práctica da náutica de recreo e as instalacións náutico deportivas en Galicia e en España a través da elaboración dun esquema. O alumnado irá confeccionado a medida que se expoñen as diferentes leis e normas nas sesións maxistrais.
Oral presentation Esta actividade consiste na análise detallada da normativa que regula as titulacións náutico-deportivas. Para iso o alumnado examinará a normativa que as regula e cos resultados obtidos confeccionará unha presentación para a súa exposición na aula.
Laboratory practice Trátase de prácticas que se farán a bordo do motovelero Breogán IV consistentes na inspección e comprobación dos elementos de seguridade, loita contra incendios e prevención da contaminación así como das axudas á navegación e equipos de radiocomunicacións; disposición da jarcia firme, da jarcia de labor e os elementos de amarre e fondeo e as comprobacións rutineiras que deben facerse antes de que a embarcación se fága á mar.
Student portfolio A través desta actividade o alumnado reflectirán os resultados das prácticas realizadas a bordo do Breogán Cuatro.
Supervised projects Consistirá no deseño dun plan de xestión e explotación dunha instalación náutico deportiva e a preparación dunha presentación oral para a exposición do mesmo. Como parte deste o alumnado terá que avaliar as tendencias, retos e oportunidades actuais do sector da náutica deportiva e de recreo.
Guest lecture / keynote speech Nas sesións maxistrais expoñeranse de forma activa e buscando a particapación do alumnado os contidos da evolución da náutica deportiva e de recreo así como da normativa nacional e autonómica que regula a actividade.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
El alumnado que esté realizando el trabajo tutelado presentará semanalmente dentro del horario de clase establecido para ello, un resumen indicando el progreso realizado, así como las dudas que hayan surgido. El profesor resolverá estas dudas en el momento o mediante correo electrónico dependiendo de la complejidad de la duda planteada. El seguimiento se hará preferentemente de forma individualizada.

El alumnado con reconocimiento de dedicación a tiempo parcial podrá presentar sus avances mediante correo electrónico de forma semanal. El profesor resolverá las dudas que puedan surgir por los mismos medios u organizando una reunión.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A34 B21 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• Participación na aula cando se discutan as respostas das preguntas.
5
Oral presentation B4 B6 B21 B24 A presentación evaluarase atendendo a unha rúbrica. 10
Diagramming A5 A13 B19 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• Explicación na aula.
10
Oral presentation A5 A27 B19 A presentación evaluarase atendendo a unha rúbrica. 15
Student portfolio A1 A17 A27 A33 A34 O portafolios avaliarase atendendo a unha rúbrica e calificarase sobre 10 puntos. Será preciso acadar polo menos un 5/10 para que a nota faga media cas demáis actividades e traballos da asignatura. 20
Supervised projects A1 A5 A27 A33 B1 B5 B10 B11 B12 B17 B18 B21 B24 C5 O traballo avaliarase atendendo a unha rúbrica e calificarase sobre 10 puntos. Será preciso acadar polo menos un 5/10 para que a nota faga media cas demáis actividades e traballos da asignatura. 30
Summary A5 B4 B6 B21 B24 C4 Para a súa avaliación terase en conta:
• A entrega na data indicada polo profesor.
• Explicación na aula.
10
 
Assessment comments
SITUACIONES
1. O alumnado que vaia facendo e entregando as actividades plantexadas no aula e, ou, no campus virtual, nos prazos indicados polo profesor, será avaliado de forma continua atendendo as metodoloxías descritas na guía docente.

2. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as actividades descritas nas metodoloxías da guía docente salvo aquelas para as que a súa realización sexa preciso asistir as prácticas. No caso destas últimas, o profesor asignaralle a este alumnado diferentes actividades para ser expostas en horario de titorias. 

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA
1. Entregar e expoñer as actividades no prazo indicado. No caso de presentarse máis de unha actividade fora do prazo de entrega indicada polo profesor ou non entregarse, o alumnado será avaliado mediante unha proba obxectiva final en xuño que consistirá nunha proba escrita de preguntas de respostas curtas.

2. A convocatoria de Xullo será tamén unha proba escrita de preguntas de respostas curtas.

3. A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria. 

Sources of information
Basic Pablo López Varela, Santiago Iglesias Baniela, Felipe Antelo González (2007). Análisis jurídico de la náutica deportiva. Reprografía Noroeste S.L.
Domingo, Jesús, ed.lit. González, Paloma, coord. ed.lit. (2011). El curso de navegación de Glenáns. Tutor
María José Morillas Jarillo, Juan Luis Pulido Begines, María Victoria Petit Lavall (2020). Tratado de la navegación deportiva y de recreo. Marcial Pons

Complementary Gibson, Rob (2011). Manual de trimado de velas para navegantes de crucero. Tutor
Schult, Joachim (2006). Teoría y práctica de las velas: Nuevos diseños, materiales modernos, trimado y optimización. Tutor


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Maritime Safety /631G01211

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.