Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A7 |
CE7 - Capacidade para a operación e posta en marcha de novas instalacións ou que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, instalación, montaxe ou explotación, realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, e outros traballos análogos de instalacións enerxéticas e industriais mariñas, nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que quede comprendido pola súa natureza e característica na técnica propia da titulación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación. |
A14 |
CE14 - Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente. |
A17 |
CE17 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas. |
A18 |
CE18 - Redacción e interpretación de documentación técnica. |
A30 |
CE42 - Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control do buque; as instalacións auxiliares do buque, tales como instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc. |
A31 |
CE43 - Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales como quimiqueiros, LPG, LNG, petroleiros, cementeiros, Ro-Ro, Pasaxe, botes rápidos, etc. |
A47 |
CE32 - Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida e proba eléctrico e electrónico para a detección de avarías e as operacións de mantemento e reparación. |
B2 |
CT2 - Resolver problemas de forma efectiva. |
B4 |
CT4 - Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
CT5 - Traballar de forma colaboradora. |
B8 |
CT8 - Versatilidade. |
B9 |
CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
C3 |
C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
C6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C9 |
CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo |
C13 |
CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os dispositivos electrónicos básicos (díodos, transistores, dispositivos de potencia e amplificadores operacionais) e a súa aplicación en circuítos. |
A7 A14 A17 A18 A30 A31
|
B2 B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Ser capaz de analizar sistemas combinacionais e secuenciais básicos. |
A7 A14 A17 A18 A30 A31
|
B2 B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Coñecer os distintos tipos de memorias. |
A7 A18 A30 A31
|
B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Coñecer o funcionamento básico da instrumentación electrónica analóxica e dixital. |
A7 A14 A18 A30 A31 A47
|
B2 B4 B5 B8 B9
|
C3 C6 C9 C13
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. SEMICONDUTORES. |
1.1. Semicondutores intrínsecos.
1.2. Semicondutores extrínsecos. |
TEMA 2. DÍODOS. |
2.1. A unión P-N.
2.2. Curva característica.
2.3. Tipos.
2.4. Modelos lineais.
2.5. Análise de circuítos. |
TEMA 3. CIRCUÍTOS RECTIFICADORES. |
3.1. Sinais sinusoidais.
3.2. Rectificadores de media onda.
3.3. Rectificadores de onda completa.
3.4. Análise de circuítos. |
TEMA 4. TRANSISTORES DE UNIÓN BIPOLAR. |
4.1. Estrutura básica e funcionamento.
4.2. Curvas características en emisor común.
4.3. Modelos equivalentes e análise de circuítos.
4.4. Aplicacións. |
TEMA 5. TRANSISTORES UNIPOLARES: MOSFETs. |
5.1. Estrutura básica e funcionamento.
5.2. Curvas características en fonte común.
5.3. Modelos equivalentes e análise de circuítos.
5.4. Aplicacións. |
TEMA 6. DISPOSITIVOS DE POTENCIA. |
6.1. SCRs.
6.2. TRIACs.
6.3. IGBTs.
6.4. Aplicacións.
6.5. Análise de circuítos. |
TEMA 7. AMPLIFICADORES: O AMPLIFICADOR OPERACIONAL. |
7.1. Conceptos básicos: ganancia, resposta en frecuencia e realimentación.
7.2. O amplificador operacional. Aplicacións lineais e non lineais.
7.3. Análise de circuítos. |
TEMA 8. PORTAS LÓXICAS. FAMILIAS LÓXICAS. |
8.1. Fundamentos de circuítos dixitais.
8.2. Portas lóxicas.
8.3. Familias lóxicas.
8.4. Circuítos integrados.
8.5. Análise de circuítos. |
TEMA 9. SISTEMAS DIXITAIS. |
9.1. Sistemas combinacionais.
9.2. Sistemas secuenciais.
9.3. O procesador.
9.4. Memorias.
9.5. Análise de circuítos. |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO |
Uso de equipos de medida en corrente continua e corrente alterna.
Análise e montaxe de circuítos. |
PRÁCTICAS A TRAVÉS DE TIC |
Interpretación e debuxo de esquemas.
Simulación de circuítos. |
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro A-III/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 kW. |
Cadro A-III/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Xefes de Máquinas e Primeiros Oficiais de Máquinas de buques con máquina propulsora principal con potencia igual ou superior a 3000 kW. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A7 A18 B9 C6 C9 C13 |
30 |
45 |
75 |
Solución de problemas |
A14 A17 A18 B2 B4 B8 C6 C9 |
8 |
24 |
32 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A14 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
8 |
10 |
18 |
Prácticas a través de TIC |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
8 |
10 |
18 |
Proba mixta |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 B4 B8 C6 C9 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate co alumnado. Servirán como punto de partida para o resto de actividades. |
Solución de problemas |
Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia. |
Prácticas de laboratorio |
O alumnado realizará unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica utilizando equipos de medida e compoñentes electrónicas. |
Prácticas a través de TIC |
O alumnado realizará unha serie de prácticas utilizando o software de simulación de circuítos LTspice. |
Proba mixta |
Proba escrita sobre contidos tratados ao longo do cuadrimestre, valorándose o seu coñecemento teórico e a súa aplicación á resolución de problemas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio e a través de TIC considérase imprescindible para guiar ao alumnado no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e apoiar o traballo que vai sendo realizado nas súas distintas fases de desenvolvemento ata chegar á súa finalización.
Doutra banda, recoméndase fortemente a asistencia a titorías como método de axuda para a total comprensión do contido das sesións maxistrais e para a resolución de problemas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
Valorarase o traballo realizado en cada unha das sesións.
O alumnado con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá a opción de realizar un exame de prácticas. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A14 A18 A30 A31 A47 B2 B5 B8 B9 C3 C6 C9 C13 |
Valorarase o traballo realizado en cada unha das sesións.
O alumnado con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia terá a opción de realizar un exame de prácticas. |
10 |
Solución de problemas |
A14 A17 A18 B2 B4 B8 C6 C9 |
Avaliación da resolución de problemas a través dunha serie de probas breves. |
30 |
Proba mixta |
A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 B4 B8 C6 C9 |
Consistirá en varios exames sobre os contidos tratados ao longo do cuadrimestre, valorándose o seu coñecemento teórico e a súa aplicación á resolución de problemas. |
50 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADEA) PROBA MIXTA:- Para aprobar a materia deberá obterse un mínimo de 2,5 puntos sobre 5.
B) SOLUCIÓN DE PROBLEMAS: - Consistirá nun conxunto de probas cunha valoración máxima conxunta de 3 puntos, cun mínimo de 1,5 para aprobar a materia.
- En caso de non aprobar as probas, o alumnado disporá dun exame de resolución de problemas na mesma data e horario que o do exame de prácticas (ver apartado C). Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia.
C) PRÁCTICAS DE LABORATORIO/TIC:- Consistirá nun conxunto de tarefas de laboratorio e simulación por computador (TIC) de valoración conxunta máxima de 2 puntos, cun mínimo de 1 para aprobar a materia.
- En caso de non aprobarse as tarefas, o alumnado disporá dun exame de prácticas na data e horario estipulados polo centro. Deberá aprobarse devandito exame para aprobar a materia.
Fraude académica na realización de probas ou actividades de avaliación:a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
SEGUNDA OPORTUNIDADE E OPORTUNIDADE ADIANTADAManterase a nota obtida en solución de problemas e nas prácticas de laboratorio/TIC. O alumnado terá á súa disposición os correspondentes exames para aquelas partes non superadas (similares e coas mesmas condicións que os da primeira oportunidade).
O alumnado matriculado a tempo parcial ou que teña concedida a dispénsa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), realizará as mesmas probas de avaliación que o alumnado matriculado a tempo completo. Terá a opción de realizar un exame de prácticas de laboratorio/TIC en cada oportunidade.
Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Boylestad, Robert L. e Nashelsky, Louis (2018). Electrónica : teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. México : Pearson
Brégains, Julio C. e Castro, Paula M. (2013). Electrónica básica : problemas resueltos. Paracuellos del Jarama : Starbook
Malvino, Albert Paul e Bates, David J. (2007). Principios de electrónica. Madrid : McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Millman, Jacob e Halkias, Christos C. (1991). Electrónica integrada circuitos y sistemas analógicos y digitales. Barcelona : Edit. Hispano Europea
Linear Technology (2009). LTspice User Manual. Linear Technology
Varios Autores (2020). LTspice Users Group. https://groups.io/g/LTspice
Millman, Jacob e Grabel, Arvin (1991). Microelectrónica. Barcelona : Edit. Hispano Europea
Keysight Technologies (2012). Osciloscopios de la serie 1000B de Keysight. Guía del usuario. Keysight Technologies
Siglent Technologies (2017). SDG800 Series Function/Arbitrary Waveform Generator. User Manual. Siglent Technologies |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/631G02151 | Informática/631G02154 | Matemáticas II/631G02156 | Química/631G02157 | Física II/631G02158 | Matemáticas III/631G02260 | Fundamentos de Regulación e Control/631G02257 | Electrotecnia. Máquinas Eléctricas e Sistemas Eléctricos do Buque/631G02253 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Automatización de Instalacións Marítimas/631G02357 |
|
Materias que continúan o temario |
Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos/631G02512 | Sistemas Electrónicos de Comunicacións e Axuda á Navegación/631G02457 | Electrónica Dixital/631G02364 | Electrónica Analóxica e de Potencia/631G02363 |
|
|