Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Sistemas Electrónicos de Adquisición de Datos Código 631G02562
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Lamas Seco, Jose Juan
Correo electrónico
jose.juan.lamas.seco@udc.es
Profesorado
Lamas Seco, Jose Juan
Correo electrónico
jose.juan.lamas.seco@udc.es
Web http://https://estudos.udc.es/gl/subject/631G02V02/631G02562/2020
Descrición xeral Microcontroladores. Adquisición de datos. Sensores e actuadores. Aplicacións. Buses de comunicacións.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os sistemas embebidos baseados en microcontroladores e ser capaz de programar algoritmos sinxelos en microcontroladores. A13
A15
A64
A67
A69
B1
B2
B11
C2
C9
C10
C11
C12
C13
Comprender como se integran os diferentes recursos nos sistemas de adquisición de datos. e coñecer as características e aplicacións prácticas dos distintos tipos de sensores e transdutores. A13
A15
A64
A67
A69
B1
B2
B11
C2
C9
C10
C12
C13
Coñecer os buses de comunicacións máis usuáis na instrumentación e as aplicacións dos sistemas electrónicos de medida. A13
A15
A64
A67
A69
B1
B2
B11
C2
C9
C10
C11
C12
C13

Contidos
Temas Subtemas
1. Microcontroladores 1.1 Hardware de microcontroladores
1.2 Programación de microcontroladores
1.3 Aplicacións dixitais con microcontroladores
1.4 Buses de comunicaciones de microcontroladores
2. Adquisición de datos 2.1 Conversión A/D e D/A
2.2 Sistemas de adquisición de datos SAD
2.3 Sensores e actuadores
2.4 Circuitos electrónicos de acondicionamento para sensores e actuadores
2.5 Aplicacións de sistemas electrónicos de medida e control
Prácticas de laboratorio Aplicacións de microcontroladores
Sensores e Transdutores
Actuadores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba práctica A13 A15 A64 A67 A69 B1 B2 B11 C2 C9 C10 C11 C12 C13 5 44 49
Prácticas de laboratorio A13 A15 A64 A67 A69 B1 B2 B11 C2 C9 C10 C11 C12 C13 10 88 98
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba práctica Os alumnos desenvolverán unha proba práctica de montaxe e posta en funcionamento dun AGV para a aprendizaxe do manexo do seu microcontrolador e a utilización dos sensores e transdutores que incorpora.
O alumnado desenvolverá esta práctica de modo presencial no laboratorio, para o que disporá do material é das ferramentas necesarias.
Prácticas de laboratorio Os alumnos desenvolverán prácticas de laboratorio para a aprendizaxe do manexo de microcontroladores e a utilización de sensores e transdutores.
O alumnado poderá desenvolver estas prácticas tanto de modo presencial no laboratorio como de forma autónoma desde o seu domicilio. Se lle proporcionará un kit cos compoñentes electrónicos necesarios para o desenvolvemento das mesmas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Proba práctica
Descrición
Proba práctica: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación á proba práctica proposta.

Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas dos alumnos en relación ás prácticas de laboratorio propostas ou realizadas.

En tódolos casos usaranse preferentemente horas de titoría de forma individualizada, correo electrónico, ou a través dos espacios de comunicación de Moodle ou Teams.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A13 A15 A64 A67 A69 B1 B2 B11 C2 C9 C10 C11 C12 C13 Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio mediante a entrega e defensa das mesmas 60
Proba práctica A13 A15 A64 A67 A69 B1 B2 B11 C2 C9 C10 C11 C12 C13 Avaliación do traballo realizado polo alumno na proba práctica atendendendo ao seu correcto funcionamento e á memoria entregada do devandito traballo. 40
 
Observacións avaliación

A materia apróbase obtendo polo menos o 50% da cualificación.

Na segunda oportunidade poderanse avaliar de novo as prácticas de laboratorio.

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega e defensa das prácticas.

Fraude académica na realización de probas ou actividades de avaliación : a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Margolis, Michael (2012). Arduino Cookbook. O'Really media
Mazo Quintás, Manuel (1991). Conversión de datos. Universidad de Alcalá (Madrid)
Fraile Mora, Jesús (2012). Instrumentación aplicada a la Ingeniería. Garceta
Alciatore, David G. (2007). Introducción a la Mecatrónica y los sitemas de medición. McGraw Hill
Pallás Areny, Ramón (2003). Sensores y acondicionadores de señal. Marcombo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque/631G02356
Electrónica Dixital/631G02364
Electrónica Analóxica e de Potencia/631G02363

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fundamentos de Programación/631G02561

Materias que continúan o temario
Prácticas Externas en Buque/631G02454

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías