Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os feitos, conceptos e principios esenciais de la Química con especial incidencia na relación da estructura química da materia co seu comportamento físico-químico e aplica-la estequiometría das reaccións, a termodinámica química, os equilibrios materiais, as disolucións, os equilibrios en disolución, a cinética química e a electroquímica a actividades relacionadas co transporte de produtos químicos en buques. |
A9 A13 A17 A49
|
B1 B5 B9 B12 B13 B14 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C4 C5 C8
|
Coñecer de forma xeral as propiedades fisicoquímicas das sustancias, así como avaliar a reactividade dos distintos produtos químicos tanto utilizados como transportados polos buques. |
A9 A13 A17 A49 A61 A67
|
B1 B5 B9 B12 B13 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C4 C5 C8
|
Identifica-las implicacións medioambientais relacionadas co transporte marítimo, ben por accidentes ben por aspectos operacionais. |
A8 A9 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B11 B15 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C4 C8 C9
|
Ser capaz de prantexar, resolver e interpretar problemas numéricos en Química, así como de transmitir oralmente ou por escrito os resultados dos mismos. |
A8 A9 A73 A74
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C8
|
Coñecer e aplicar os aspectos básicos e aplicados da Química que lle serán de utilidade no desenrolo da súa actividade profesional dentro e fora do ámbito do transporte marítimo. |
A8 A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A74
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Coñecer e manexar eficazmente o material, a instrumentación e as técnicas de laboratorio relevantes para a actividade profesional. |
A9 A10 A16 A17 A33 A74
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C6 C8 C9
|
Ser capaz de realizar ensaios para a determinación de parámetros físico-químicos necesarios a bordo, así como de avaliar críticamente os resultados de ditos ensaios, e transmitirlos oralmente ou por escrito. |
A8 A9 A10 A33 A73 A74
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C6 C7 C8 C9
|
Navegar con seguridade e respecto o medioambiente en buques tanque. Este resultado de aprendizaxe cumpre coa obtención das competencias establecidas na Columna 1 dos cadros STCW: A-V/1-1-1; A-V/1-1-2; A-V/1-1-3; A-V/1-2-1 e A-V/1-2-2. |
A8 A9 A10 A12 A13 A16 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A73 A74
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Conceptos básicos |
Química e a súa relación co transporte marítimo.
Átomos e moléculas. Símbolos químicos e táboa periódica.
Significado das fórmulas químicas. Leis ponderais e teoría atómica.
Formulación e nomenclatura de compostos inorgánicos e orgánicos simples.
Cantidade de sustancia, mol e número de Avogadro. Masas atómicas e moleculares.
Ecuacións químicas e cálculos estequiométricos.
Tipos de reaccións.
Enlace iónico: Concepto de ion. Enlace covalente: xeometría molecular.
Terminoloxía técnica en inglés. |
Estados de agregación da materia e cambios de estado |
- Propiedades xerais dos estados de agregación da materia. Densidade: relativa e aparente.
- Forzas intermoleculares. Viscosidade: relativa, cinemática e absoluta. Unidades de viscosidade e a súa medida.
- Gases: modelo de gas ideal. Densidade. Difusión e mestura de gases. Gases reais, desviación do comportamento ideal: parámetros críticos e factor de compresibilidade. Gases en buques.
- Estado líquido
Efecto da presión e a temperatura sobre a densidade. Disco Plimsoll. Medida da densidade. Tensión superficial: capilaridade. Variación da tensión superficial coa temperatura.
Variación da viscosidade coa presión e a temperatura.
- Sólidos: Tipos de sólidos. Sólidos metálicos: enlace metálico e condución da electricidade. Semiconductores: unión P-N. Outros tipos de materiais: cerámicos, polímeros e composites. Efectos das baixas temperaturas-fractura por fraxilidade.
- Cambios de estado: aplicación o transporte marítimo
Curvas de arrefriamento e quecemento. Equilibrio líquido-vapor: presión de vapor e ebulición. Humidade relativa e punto de burbulla. Equilibrio sólido-líquido e sólido-vapor. Enerxías asociadas aos cambios de estado. Diagramas de fases.
Aplicación dos cambios de fase no transporte marítimo: gases licuados e o seu transporte. A relicuación e refrixeración de gases.
Formación e dispersión de hidratos.
Terminoloxía técnica en inglés. |
Mesturas de substancias |
Disolucións e tipos. Proceso de disolución. Unidades de concentración. Solubilidade de sólidos e gases en líquidos. Cambios da solubilidade coa temperatura e a presión: lei de Henry. Propiedades coligativas. Diminución da presión de vapor: lei de Raoult. Aplicacións da diminución da presión de vapor e da lei de Henry o transporte marítimo. Aumento ebulloscópico e descenso crioscópico: aplicacións no transporte marítimo. Presión osmótica. Disolucións electrolíticas e disolucións coloidais. Mesturas de substancias. Características e propiedades de aceites lubricantes e graxas, ensaios máis importantes para controlar a súa calidade. Pinturas: tipos e características principais.
Terminoloxía técnica en inglés. |
Termoquímica e reaccións de combustión |
Enerxía interna e entalpía. Calores de reacción: reaccións endo e exotérmicas. Ecuacións termoquímicas. Lei de Hess. Calorimetría. Capacidades caloríficas. Ecuación de Kichhoff.
Reaccións de combustión. Tipos de combustión. Calores de combustión. Triángulo e tetraedro do lume: consecuencias. Punto de inflamación, ignición e autoinflamación: límites de inflamabilidade. Estequiometría das reaccións de combustión. Gases da combustión: problemas e análises.
Clasificación dos incendios: causas. Mecanismos de extinción: axentes extintores. Utilización do gas inerte.
Combustibles e as súas propiedades máis importantes: poderes caloríficos.
Terminoloxía técnica en inglés. |
Reactividade química: control dos procesos químicos e condicións de equilibrio |
Cinética química. Velocidade de reacción. Ecuación de velocidade. Influencia da temperatura na velocidade de reacción. Catálise e inhibición.
Constante de equilibrio. Factores que afectan o equilibrio. Principio de Le Chatelier. Cinética química e equilibrio químico.
Espontaneidade e entropía. Segundo principio da termodinámica. Enerxía libre de Gibbs. Relación entre a constante de equilibrio e a enerxía libre. Dependencia da constante de equilibrio coa temperatura.
Terminoloxía técnica en inglés. |
Reaccións químicas no ámbito do transporte marítimo |
Reaccións ácido-base. Concepto de ácido e base. Propiedades ácido-base da auga. Concepto e medida do pH. Forzas de ácido e base. Hidrólise. Disolucións reguladoras. Valoracións ácido-base. Aplicacións o transporte marítimo.
Reaccións de precipitación. Produto de solubilidade. Solubilidade e pH. Composición físico-química das augas naturais; medio mariño: clorinidade e salinidade.
Circuítos de auga nos buques. Parámetros indicadores da calidade do auga: dureza da auga. Principais problemas que orixina a composición química da auga nunha caldeira: incrustacións e corrosión. Calidade da auga requirida para caldeiras: tratamentos. Ensaios para controlar a auga de caldeiras: en auga de alimentación, en caldeira, e en condensado. Produción de auga potable. Tratamentos para circuítos de refrixeración. Utilización de anticonxelante. Prevención de incrustación de organismos mariños.
Procesos electroquímicos. Oxidantes e redutores. Enerxía química. Células electroquímicas. Potenciais de eléctrodo. Elementos activos. Termodinámica dos procesos redox: ecuación de Nernst e aplicacións. Baterías e pilas. Procesos electrolíticos. Lei de Faraday. Aplicacións da electrólise.
Corrosión. Tipos de corrosión. Corrosión do ferro e corrosión mariña. Procesos de oxidación nas chemineas dos buques. Factores que inflúen nos procesos de oxidación. Protección frente á corrosión.
Reaccións de polimerización. Formación de peróxidos e o seu control: uso de inhibidores.
Terminoloxía técnica en inglés. |
Transporte de produtos químicos a granel en buques tanque |
Tipos de buques.
Categorías das cargas químicas (corrosivas, tóxicas, inflamables, explosivas). Grupos de produtos químicos e os seus usos industriais. Principais produtos químicos transportados.
Transporte de cru en buques: características fisicoquímicas do cru.
Mercancías perigosas: normativas de transporte.
Riscos de transporte de produtos químicos: nuclear, biolóxico, inflamabilidade, reactividade física e química, electricidade estática, corrosividade, fugas e nubes de vapor, etc. Compatibilidade de sustancias.
Cargas de viscosidade e/o densidade elevada.
Toxicidade e indicadores: límites umbrais
Atmosferas en tanques: espazos confinados. Medidores de gases
Clasificación de mercancías perigosas: Convenio SOLAS e Código IMDG. Etiquetado e embalaxe
Frases de risco e seguridade. Fichas MSDS
Terminoloxía técnica en inglés |
Contaminación debida o transporte marítimo |
Convenio MARPOL: anexos
Anexo I del MARPOL: Contaminación por hidrocarburos. Características físico-químicas dos hidrocarburos. Procesos de envellecemento. Loita contra a contaminación e impacto ecolóxico
Anexo II: Contaminación de sustancias nocivas transportadas a granel. Clasificación segundo a súa toxicidade. Áreas especiais de transporte marítimo.
Anexo VI del MARPOL: contaminación atmosférica e os seus problemas. Áreas de control de emisións atmosféricas. Gases de efecto invernadoiro: plans de eficiencia enerxética da OMI
Contaminación por augas de lastre
Reciclaxe de buques
Terminoloxía técnica en inglés |
Prácticas de laboratorio. |
O traballo no laboratorio: normas, seguridade e cálculo de errores.
Coñecemento e manexo do material básico do laboratorio.
Operacións básicas.
Determinación de magnitudes fisicoquímicas de gases, líquidos puros , mesturas e disolucións:especialmente do cru e/ou dos seus derivados.
Reactividade de produtos químicos dende o punto de vista do transporte dos mismos nos buques.
Propiedades fisicoquímicas da auga e de disolucións acuosas.
Propiedades fisico-quimicas de combustibles e lubricantes.
Sistemas de comunicacións internas a bordo.
Terminoloxía técnica en inglés. |
Observacións |
O desenrolo destes subtemas(1) tense feito de xeito que serva como base para que noutras asignaturas específicas da actividade profesional marítima desta titulación cúmprase coa columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, dos seguintes cadros:
• Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueiros.
• Cadro A-V/1-1-2. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en petroleiros.
• Cadro A-V/1-1-3. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en quimiqueiros
• Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o transporte de gas licuado.
• Cadro A-V/1-2-2. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en buques tanque para o transporte de gas licuado.
(1): A obtención das competencias establecidas na Columna 1 dos respectivos cadros STCW, se completan coa superación dos contidos relacionados en materias complementarias a esta, como por exemplo Hixiene Naval e Riscos Laborais.
|
O desenvolvemento e superación destes contidos serve de base a outras materias, nas que se adquirirán competencias específicas da titulación, o que garantirá o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AIII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Oficial de Máquinas de Primeira da Mariña Mercante, sen limitación de potencia da planta propulsora e Xefe de Máquinas da Mariña Mercante ate o máximo de 3000 kW. |
Cadro A-III/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables os Xefes de Máquinas e Primeiros Oficiais de Máquinas de buques cuxa máquina propulsora principal teña unha potencia igual ou superior a 3000 kW |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A9 A13 A17 A32 A49 A61 A67 B5 B6 B9 B11 B13 B17 C5 C6 C8 |
30 |
37.5 |
67.5 |
Prácticas de laboratorio |
A8 A9 A10 A12 A16 A17 A33 A73 A74 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B18 C1 C2 C3 C4 C7 C9 |
8 |
8 |
16 |
Seminario |
A9 A10 A12 A13 A17 A32 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
16 |
24 |
40 |
Simulación |
A8 A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 |
2 |
2 |
4 |
Proba mixta |
A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C6 C9 |
4 |
9 |
13 |
Proba de resposta múltiple |
A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C8 C9 |
0 |
8 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
• Duración de aproximadamente unha hora e se impartirán no horario aprobado pola Xunta de Centro.
• As clases serán do tipo lección maxistral nas que o/a profesor/a presentará os temas de la asignatura co apoio, de selo caso, dos medios audiovisuales necesarios, indicando @s alumn@s o máis importante a ter en conta á hora do estudio e recomendándoles capítulos de libros, e/ou outros materiais, adecuados para a súa maior compresión.
• Incentivarase a participación d@ estudante nas clases, o que pode incluir a realización de tests; non obstante, nas clases de seminario e titorías, @ alumn@ ten máis oportunidade para resolver todas aquelas dúbidas que lle tiveran xurdido durante o seu estudio.
• O/a profesor/a facilitará o acceso d@s estudantes o material audiovisual utilizado nas clases, así como outro tipo de material complementario, para que lles sirva na súa aprendizase. O acceso os devanditos materiais será ben a través do Campus Virtual da Universidade ou de aplicacións similares. |
Prácticas de laboratorio |
• Asistencia obrigatoria.
• Realizaranse no laboratorio de Química nos días e horas que establece o correspondente calendario, en grupos preferentemente de non mais de 10 estudantes.
• O remate das mesmas, e nas datas establecidas, deberá entregarse a libreta de laboratorio coas actividades que se indiquen para a súa avaliación.
• A non asistencia ás prácticas de laboratorio supón o suspenso da asignatura. En casos xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas á que non se asistiu.
|
Seminario |
• Permiten o/a profesor/a coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo.
• Como regra xeral impartiranse o remate de cada bloque teórico do programa.
* Plantearanse casos prácticos ou ben resolveranse dúbidas. Existe a posibilidade de realizar probas tipo test. |
Simulación |
Realizaranse simulacións por ordenador dos temas que así o requiran. Para elo convocarase os/as estudantes con antelación para que acudan cos aparellos electrónicos correspondentes e/ou a un aula que dispoña dos mesmos. |
Proba mixta |
• Examen final de ata catro horas de duración que terá preguntas curtas e/ou tests e problemas. Entre as preguntas haberá unha relativa á prácticas de laboratorio.
• Existe a posibilidade de realizar doas probas parciais liberatorias de parte da asignatura, sempre e cando se faga a petición o/a profesor/a e ésta sexa respaldada alomenos polo 50% d@s estudantes. As condicións para participar nas probas parciais están indicadas na sección de avaliación. |
Proba de resposta múltiple |
O longo do curso realizaranse unha serie de probas para avaliar a aprendizaxe dos conceptos, destrezas, competencias e habilidades asociados á asignatura. Esta actividade pode implicar o emprego de plataformas como o Campus Virtual, ferramentas a dispor no paquete Office365 e/ou aplicacións dispoñibles en Internet. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Simulación |
|
Descrición |
Resolveranse as dúbidas que poida ter o/a estudante en canto á teoría impartida nas leccións maxistrales, en resolución de problemas e en temas do laboratorio.
Igualmente orientarase o estudante, de xeito persoalizado, na estratexia de estudo da asignatura.
As titorías, en grupo ou personais, realizaranse a través da aplicación TEAMS. Igualmente poderán realizarse empregando o Campus Virtual, TEAMS (ou aplicación similares) e/ou correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A8 A9 A10 A12 A16 A17 A33 A73 A74 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B18 C1 C2 C3 C4 C7 C9 |
• Esta valoración será un 20% da nota final: 10% realización das prácticas e 10 % confección da libreta de laboratorio.
• A non asistencia ás prácticas de laboratorio supón o suspenso na asignatura. En casos moi xustificados pódese suplir a asistencia mediante a realización dun exame práctico relacionado coas prácticas non realizadas. |
20 |
Seminario |
A9 A10 A12 A13 A17 A32 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
• A participación activa nos seminarios representa un 15% da cualificación final. Valórase a participación resolvendo problemas, prantexando dúbidas, e respostando cuestións que indique o/a profesor/a. así como a entrega dos exercicios propostos. |
15 |
Proba mixta |
A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C6 C9 |
• A cualificación do exame equivaldrá o 50% da nota do curso (repartido do seguinte xeito: o 40% corresponderá á teoría, o 50% problemas e o 10% restante ás preguntas laboratorio).
• Unha nota inferior a 4 en teoría ou en problemas suporá o suspenso da asignatura. Aquelas notas comprendidas entre un 4-5 poderán compensarse coas puntuacións das outras actividades avaliables. Senon é así, manterase a nota da parte compensable ata a segunda oportunidade dentro do mesmo curso académico
• No caso de realizarense exames parciais, para aproba-la asignatura debe obterse neles unha nota superior a 4. Pode compensarse a nota suspendida, entre 4 e 5, coas puntuaciónes das outras actividades avaliables, e de non ser así, terase en conta a nota compensable ata o exame final (primera e/ou segunda oportunidade) dentro do mesmo curso académico. |
50 |
Simulación |
A8 A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 |
• A valoración desta parte da asignatura contará un 5% da cualificación total. O/a alumno/a deberá obter resultados con programas de simulación e saber interpretarlos.
|
5 |
Proba de resposta múltiple |
A9 A10 A12 A13 A17 A32 A33 A49 A61 A67 A73 A74 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C1 C2 C3 C8 C9 |
Este conxunto de probas, exclusivamente ON-LINE, computará un máximo dun 10% sempre e cando se realicen nos prazos sinalados. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a asignatura será sempre preciso obter, tanto na proba obxetiva como na simulación e nas prácticas de laboratorio unha nota non inferior a 4.0 sobre 10, e acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á cualificación global é a indicada nesta guía docente).
Dacordo cos profesores, os/as estudantes que no aprobaren na primera oportunidade -según se indica no apartado anterior- poden conservar, para a segunda oportunidade, as cualificaciones obtidas nas outras actividades avaliables con cualificación igual ou superior a 4.0 sobre 10. O igual que antes, o aprobado implica acadar unha nota global mínima de 5.0 sobre 10 (a contribución de cada actividade avaliable á calificación global é a indicada nesta guía docente).
En ambas oportunidades de non acadar a nota mínima de 4
sobre 10, esixida nas actividades para as que previamente así se ten
establecido, e, nembargante, a media ponderada é igual ou superior a
5 sobre 10, a asignatura figurará suspensa coa cualificación de 4.5 sobre 10. Os/as estudantes que teñan
aprobada a proba mixta e que a súa media ponderada sexa inferior a 5.0 sobre 10,
excepcionalmente e segundo o criterio do profesorado da asignatura, poderán
someter a valoración unha nova versión do exercicio de simulación. seminarios e/ou da
libreta de laboratorio. Neste caso o/a estudante se lle solicitará a realización e entrega do devandito material fora do período de exames da correspondente
oportunidade, isto sempre que os prazos razoablemente o permitan. Para presentarse ás probas parciais, de existir, será preciso obter a cualificación establecida polo profesorado da asignatura nos correspondentes tests relativos á formulación e nomenclatura dos compostos químicos. Cualquer estudante que realice actividades avaliables considerase como presentado sempre e cando as mesmas representen máis do cuarenta por cento da nota global. Polo que atinxe o alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia [segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)] son de aplicación os criterios anteriores agás a asistencia ás sesións maxistrais e a asistencia e
participación nos seminarios, elo sempre e cando o profesorado sexa debidamente informado o principio do curso. Neste caso disporán das actividades a realizar
nos seminarios, que deberán entregar/enviar segundo se indique no Campus Virtual e/ou
polo medio telemático que oportunamente se estableza. Sen menoscabo do anterior, o profesorado poderá encargarlle a este alumnado diferentes traballos/actividades/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias. Por lo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e, polo tanto, tódaslas actividades deben de volver a realizarse coa novo curso. Durante a realización da proba obxectiva, en calquera de ambas oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de cualquera dispositivo con acceso a Internet. Pese a que non se aconsella traer ditos dispositivos á devandita actividade, poderá habilitarse un espazo para o seu almacenamento, sen que elo implique ningún tipo de responsabilidade de custodia por parte da UDC, da Escola ou dos profesores presentes durante a proba obxectiva. Se durante a realización da proba obxectiva, hai indicios do uso non autorizado deses dispositivos, automaticamente @ estudante será expulsado do aula, e procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC. A realización fraudulenta, non premeditada, das probas ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na oportunidade correspondente, invalidando tamén calquera cualificación obtida en todas as actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico. Considérase fraudulenta, con premeditación, a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente no aula, que se fagan dende fora do aula; neste caso procederase segundo a Ley 3/2022, de 24 de febrero, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinar do estudantado da UDC.
Aclaracións en relación o convenio STCW. Co gallo de facilita-la adquisición de competencias segundo o convenio STCW nas asignaturas específicas desta titulación, a avaliación tense adaptado de xeito que é consistente
cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes
cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010: - Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia
en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueiros. - Cadro A-V/1-1-2. Especificación das normas mínimas de competencia
en formación avanzada para operacións de carga en petroleiros. - Cadro A-V/1-1-3. Especificación das normas mínimas de competencia
en formación avanzada para operacións de carga en quimiqueiros - Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia
en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o
transporte de gas licuado. - Cadro A-V/1-2-2. Especificación das normas mínimas de
competencia en formación avanzada para operacións de carga en buques tanque
para o transporte de gas licuado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
M.D. Reboiras (2010). Cuestiones de opción multiple de química general. Abecedario
Boehnke D.N., Delumyea, R. (2000). Laboratory Experiments in Environmental Chemistry. Prentice Hall
Moreno, A. (1983). Lavado con crudo y empleo de gas inerte en los petroleros. Escuela Superior de la Marina Civil de Cádiz
Benlloch J, (1990). Los lubricantes características, propiedades y aplicaciones. CEAC
Rodríguez, E. (2004). Los refrigerantes en instalaciones frigoríficas. Internacional Thomson
Morán Fernández, J.A., Casanueva Muñoz, R. (1994). Manual para buques de productos químicos. Colegio Oficial de la Marina Mercante Española
Bishop, P. L. (1983). Marine Pollution And Its Control. McGraw-Hill
Thrower, P. A. (1992). Materials in Today’s World. McGraw-Hill
McGuire and White (1990). Principios de manejo de gas licuado en barcos y terminales. SIGTTO
N. González D., C. Orozco B., A. Pérez S. (2011). Problemas Resueltos de Química Aplicada. Paraninfo S.A.
Chang, R. (2010). Química (10ª Ed.). McGraw Hill
Bentley, J,, Turner, G.P.A. (1999). Química y tecnología de pinturas y revestimientos. Vicente Ediciones
Renfrew, M. M. (1981). Safety in the chemical laboratory. ACS |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Temas 1 a 6 · American Chemical Society, “Química. Un poyecto de la ACS”, Editorial Reveré, (2005) · Reboiras, M. D., “Química, la ciencia básica”, Editorial Thomson España, (2005) · Owens, P.; Costella, R. G.; Harris, W. F.; Harrison, S. G.; Eshelman, J. R. (eds), “Modern Applications of Chemistry”, Editorial Prentice-Hall (1994) - Petrucci, R.H; Harwood, W.S.; Herring, F.G. "Química General" (11ª Ed.), Prentice Hall (2011). · Vale Parapar, José y colaboradores, “Problemas resueltos de química para ingeniería”, Thomson, Madrid, (2004). Tema 3 · Portier, R.M., Orszulik, S.T.(editores) “Chemistry and Technology of Lubricants” Chapman and Hall, Salisbury, (1997)· Miller, R.W., “Lubricants and their applications” , Mc Graw Hill, EEUU, 1993.Temas 7 y 8
· Alloway, B. J.; Ayres, D. C., “Chemical Principles of Environmental Pollution”, Blackie Academic & Professional (1993). - Baird, C. "Química Ambiental", Reverté S. A. (2001). · Clark, R. B., “Marine Pollution” (2ª. Ed ), Editorial Oxford Science Publications 1989). - Cursos de especialización de la Organización Marítima Internacional (por ejemplo 1.01, 1.04, 1.06, 1.10) Laboratorio · Miguel, S.; Evole, N.; González, M. J.; Herrero, V. J.; Martínez, M., “Prácticas de Química”, Editorial Alhambra (1988). · Renfrew, M. M., “Safety in the chemical laboratory”, Editorial ACS (1981) · Szafran Z., Pike R. M., Foster J.C., “Microscale General Chemistry Laboratory”, Editorial John Wiley & Sons, New York (1993) Enlaces de Internet (interesantes): Organización Marítima Internacional (http://www.imo.org/es/Paginas/Default.aspx) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Inglés Técnico Marítimo/631G03012 | Matemáticas I/631G03001 | Física I/631G03003 | Informática/631G03004 |
|
Materias que continúan o temario |
Combustibles e Lubricantes/631G03048 | Seguridade Marítima e Contaminación/631G03019 | Mecánica e Resistencia de Materiais/631G03013 | Termodinámica e Termotecnia/631G03014 | Mecánica de Fluídos/631G03017 | Ciencia e Enxeñaría de Materiais/631G03009 |
|
Observacións |
Desaconséllase estudiar ÚNICAMENTE polos apuntes de clase que NUNCA deben substituir á consulta de cualquera dos libros recomendados. Pode resultar moi ÚTIL empregar as horas de titoría para clarexar as dúbidas e profundizar nos coñecementos asociados á asignatura. Programa Green Campus - Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable os traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. Perspectiva de xénero: tal e como se recolle na lexislación estatal e autonómica fomentarase o desenvolvemento dunha cidadanía crítica, aberta e respectuosa coa diversidade na nosa sociedade, salientando a igualdade de dereitos do alumnado sen discriminación por cuestión de xénero ou condición sexual. Empregarase unha linguaxe inclusiva no material e no desenvolvemento das sesións.Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. |
|