Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
CE02 - Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes. |
A4 |
CE04 - Facer funcionar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control. |
A11 |
CE11 - Manter e reparar o equipo eléctrico e electrónico. |
A18 |
CE18 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control. |
A25 |
CE25 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga. |
A73 |
CE73 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas. |
A74 |
CE74 - Avaliar de forma cualitativa e cuantitativa os datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente. |
A90 |
CE90 - Operar, reparar, manter e optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñería mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor e de gas, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control; as instalacións auxiliares, tales como instalacións frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, grupos electrógenos, etc. |
A91 |
CE91 - Redactar e interpretar documentación técnica. |
A99 |
CE99 - Ter a capacidade para exercer como Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima. |
A100 |
CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima. |
B1 |
CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B5 |
CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía. |
B7 |
CG02 - Resolver problemas de forma efectiva. |
B9 |
CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B10 |
CG05 - Traballar de forma colaborativa. |
B13 |
CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións. |
B16 |
CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C3 |
CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C8 |
CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os dispositivos electrónicos básicos (diodos, transistores, dispositivos de potencia e amplificadores operacionais) e a súa aplicación en circuitos electrónicos.
|
A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100
|
B1 B5 B7 B9 B13 B16
|
C3 C8
|
Adquirir nocións básicas de electrónica dixital. |
A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100
|
B1 B5 B7 B9 B13 B16
|
C3 C8
|
Coñecer o funcionamiento básico da instrumentación electrónica analóxica e dixiital. |
A2 A4 A11 A18 A25 A74 A90 A91 A99 A100
|
B5 B7 B9 B10
|
|
Comprender os principios de funcionamento dos sistemas de regulación e control. |
A2 A4 A18 A73 A91 A99 A100
|
B1 B5 B7 B9 B13 B16
|
C3 C8
|
Identificar os elementos que forman parte do sistema e o papel que desempeña cada un. |
A2 A4 A25 A90 A91 A99 A100
|
B7 B9 B16
|
C3 C8
|
Recoñecer o posible comportamento anómalo dun sistema.
|
A2 A4 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100
|
B1 B7 B9 B10 B13 B16
|
C3 C8
|
Aplicar técnicas heurísticas á sintonía de controladores. |
A2 A4 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100
|
B1 B5 B7 B9 B10 B13 B16
|
C3 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Electrónica analóxica |
Díodos. Circuítos con díodos.
Transistores. Circuítos con transistores.
Amplificadores operacionais. Circuítos con amplificadores operacionais. |
Electrónica de potencia |
Dispositivos de potencia. Circuítos con dispositivos de potencia. |
Electrónica dixital |
Portas lóxicas. Circuítos lóxicos. |
Representación de sistemas |
Concepto de Sistema Dinámico
Modelado e estimación de Sistemas Lineáis.
Representacións gráficas. |
Análise da resposta temporal. |
Sinais de proba.
Respostas típicas para sistemas de primeiro e segundo orde
Réxime permanente e réxime transitorio. Parámetros característicos. |
Controladores, tipos, funcionamiento e sintonía. |
Controladores Todo o Nada
Controladores PID
Sintonía de Controladores PID
Outro tipo de Controladores |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B10 B13 B16 C3 C8 |
16 |
32 |
48 |
Prácticas de laboratorio |
A11 A25 A74 A90 A91 B9 B10 |
8 |
16 |
24 |
Proba mixta |
A2 A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B13 B16 C3 C8 |
8 |
8 |
16 |
Sesión maxistral |
A2 A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B13 B16 C8 |
30 |
30 |
60 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación proposta mediante un enunciado e, a partir dos coñecementos que se traballaron, debe atopárselle algunha solución. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. Neste caso, as prácticas poderán realizarse con elementos físicos ou virtuais mediante aplicacións informáticas. |
Proba mixta |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Pódense combinar cuestións de diferente natureza, desenvolver temas, responder cuestións razoadamente, resolver problemas, etc. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
A atención personalizada lévase a cabo na aula e no laboratorio, atendendo ás dúbidas particulares do alumnado cando eles requiren a atención do profesor.
Ademáis, fóra destes espazos, o alumnado pode acudir ás titorías no horario establecido para clarexar calquera cuestión referida á materia. Ou ben, se o desexa, pode ser atendido por TEAMS, correo-e ou mensaxería do Campus Virtual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A2 A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B13 B16 C3 C8 |
Consistirá nunha ou varias probas, que terán carácter global para valorar as distintas partes da materia.
Os contidos da proba poden ser variados: resolución de problemas, cuestións de razoamento sobre a materia vista, desenvolvemento dalgún tema, ou calquera outra forma de demostración do coñecemento. |
70 |
Prácticas de laboratorio |
A11 A25 A74 A90 A91 B9 B10 |
As prácticas levaranse a cabo nos laboratorios axeitados para a súa realización. O alumnado fará uso axeitado dos materiais e equipos pertinentes, e procederá a realizar as montaxes e comprobacións que lle sexan indicados.
Ademáis da utilización de elementos físicos, as prácticas tamén poderán ser realizadas a través de simulación con software |
10 |
Solución de problemas |
A4 A11 A18 A25 A73 A74 A90 A91 A99 A100 B1 B5 B7 B9 B10 B13 B16 C3 C8 |
A solución de problemas levarase a cabo como aplicación da teoría impartida nas sesións maxistrais.
Valorarase a asistencia, participación e demostración da comprensión da teoría mediante a súa aplicación aos enunciados propostos polo profesor.
Os exercicios poderán ser propostos tanto en formatos tradicionais como a través de ferramentas TIC. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A materia está estructurada en dúas partes independentes que se avaliarán de xeito separado, por unha parte a Electrónica e por outra os Sistemas de Control. Para superar a materia é necesario superar cada unha destas partes, xa que a cualificación dunha delas non será valida para compensar a outra.
Os criterios para superar a materia tanto na primeira como na segunda oportunidade serán os mesmos.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), poderán realizar a maior parte das actividades de forma asíncrona e/ou remota. Para as prácticas de laboratorio, de non poder asistir a elas, proporáselles unha actividade alternativa de contido similar. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Roca, Alfredo (2014). Control automático de procesos industriales : con prácticas de simulación y análisis por ordenador PC. Madrid : Díaz de Santos,
Boylestad, Robert L. e Nashelsky, Louis (2018). Electrónica : teoría de circuitos y dispositivos electrónicos. México : Pearson
Brégains, Julio C. e Castro, Paula M. (2013). Electrónica básica : problemas resueltos. Madrid : StarBook
Ogata, Katsuhiko. (). Ingeniería de Control Moderna. Madrid : Pearson Educación
Malvino, Albert P. e Bates, David J. (2007). Principios de electrónica. Madrid : McGraw-Hill
St. Clair, David W. (1991). Sintonizado de controladores y comportamiento del lazo de control Un libro de fundamentos. Barcelona : Tiempo Real |
Indícase a edición de 2007 do texto de Malvino por haber varias copias en toda a UDC e estar dispoñible electrónicamente, pero as edicións anteriores conteñen a práctica totalidade do contido introdutorio que se trata nesta materia. Isto mesmo é aplicable ó texto de Boylestad. O texto de Ogata ten múltiples edicións en diferentes anos, non se indica ningunha en especial porque todos poden valer para a preparación da materia. 681/OGA/ing-X indica que a X pode sustituirse por a, b, c,... xa que a signatura vai variando co exemplar. Tamén está dispoñible noutras bibliotecas da UDC. Do texto de Roca, ademáis do exemplar 681/ROC/con, existen outros dispoñibles na biblioteca da UDC, e tamén pode ser consultado como recurso electrónico |
Bibliografía complementaria
|
Analog Devices (). Learn How to Use LTspice: Instructional Videos. Analog Devices
Keysight Technologies (2012). Osciloscopios de la serie 1000B de Keysight. Guía del usuario. Keysight Technologies
Siglent Technologies (2017). SDG800 Series Function/Arbitrary Waveform Generator. User Manual. Siglent Technologies
Siglent Technologies (2014). SPD3000C Series Programmable DC Power Supply. Quick Start. Siglent Technologies |
Os manuais de uso da instrumentación do laboratorio e o simulador serán proporcionados ó alumnado electrónicamente a través do Campus Virtual, xunto con outro material adicional. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Electrotecnia e Máquinas Eléctricas do Buque/631G03015 | Matemáticas I/631G03001 | Matemáticas II/631G03006 | Física I/631G03003 | Física II/631G03008 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Automatización de Instalacións do Buque/631G03042 | Automatismos e Sistemas de Control/631G03038 | Electrónica Analóxica/631G03031 | Electrónica Dixital/631G03032 | Electrónica de Potencia/631G03035 |
|
Observacións |
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1.- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2.- Realizarase a través de plataformas telemáticas, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3.- De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6.- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7.- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|