Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Construción Naval e Estabilidade do Buque Código 631G03018
Titulación
Grao en Máquinas Navais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Orosa Garcia, Jose Antonio
Correo electrónico
jose.antonio.orosa@udc.es
Profesorado
Orosa Garcia, Jose Antonio
Sánchez Girón, Javier Ramón
Correo electrónico
jose.antonio.orosa@udc.es
javier.sanchez5@udc.es
Web
Descrición xeral Introducción a la Construcción Naval y a la Teoría del Buque.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE02 - Facer funcionar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes.
A6 CE06 - Mantemento e reparación das máquinas e o equipo de a bordo.
A7 CE07 - Manter a navegabilidade do buque.
A9 CE09 - Emprego do inglés escrito e falado.
A10 CE10 - Utilizar os sistemas de comunicación interna.
A14 CE14 - Facer funcionar os dispositivos de salvamento.
A99 CE99 - Ter a capacidade para exercer como Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
A100 CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
B1 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
B3 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
B6 CG01 - Capacidade para xestionar os propios coñecementos e utilizar de forma eficiente técnicas de traballo intelectual.
B7 CG02 - Resolver problemas de forma efectiva.
B8 CG03 - Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B9 CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B10 CG05 - Traballar de forma colaborativa.
B11 CG06 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 CG07 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito mariño, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B13 CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B14 CG09 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B15 CG10 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
B16 CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B17 CG12 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B18 CG13 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT04 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C9 CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Será capaz de resolver problemas de forma efectiva. A2
A6
A7
A10
A14
A99
A100
B2
B3
B9
B10
B13
B15
B16
B17
B18
C9
Ser capaz de comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo. Trabajar de forma colaborativa. A9
B1
B4
B5
B6
B7
B8
B11
B12
B14
C1
Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional. C4

Contidos
Temas Subtemas
Introducción Tipos de buques mercantes
O buque: partes e nomenclatura
Compartimentos dun buque
Carga e descarga
Amaraxe e fondeo
Accesos dun buque
Elementos estruturais Descrición xeral do buque
Sistemas de construción
Fondo e Dobre Fondo
Proa
Popa
Mamparos
Cubertas
Superestruturas
Esforzos do buque Tipos de esforzos
En augas tranquilas.
Entre olas.
Construción naval Introdución á construción naval
Normativa de construción: Sociedades de clasificación
O estaleiro: descrición e equipos
O proceso de adquisición de buques
Contratos e especificacións
Sistemas de propulsión Hélices
Bocina
Eixo de Cola
Deseño de hélices
Fabricación de hélices
Waterjet
Azimutal
Voith
Sistema de goberno Estrutura
Tipos de lemes
Efectos do leme
Deseño do equipo de goberno servo-leme
Fabricación de lemes
Deseño da cámara de máquinas e sistemas do buque Equipamentos principais e auxiliares
Sistema de auga salgada
Sistema de combustible e aceites
Sistema de aire
Sistema de auga doce
Sistema eléctrico
Sistemas electrónicos de navegación
Deseño de estruturas na construción e reparación naval Documentación técnica
Planos de montaxe, despiece e detalle de elementos estruturais navais
Materiais e documentación de trazado e corte en construcións navais
Deseño de manobras na construción e reparación naval Cálculo de manobras de buques, elementos, bloques, maquinaria e equipos pesados
Manobras de traslado e volteo de bloques, botadura e flotadura
Manobras de fondeo, amaraxe, remolque e varada
Deseño de armamento na construción e reparación naval Deseño de redes de tubaxes e ventilación naval
Planos construtivos de redes de tubaxes e ventilación naval
Planos construtivos para elaboración e ensamblaxe de equipos e maquinaria de armamento
Inspección de buques Sociedades de clasificación
Inspección estrutural
Inspección de equipos
Estado de Bandeira (Flag State Control)
Control do Estado Rector (Port State Control)
Sire Vetting
Exemplos de inspeccións
Documentación técnica para construción e reparación naval Xestión documental do produto de fabricación mecánica
Representación gráfica na construción naval
Deseño 2D e 3D na construción naval
Estabilidade Introducción
Xeometría do Buque Plano de formas
Planos e liñas de referencia
Dimensións
Coeficientes de formas
Cálculo aproximado de áreas, volumes, centros de gravidade e momentos
O buque como flotador Curvas hidrostáticas. Volume de carena
Desprazamento
Centros de gravidade, carena e flotación
Estabilidade Tipos de equilibrio
Estabilidade estática transversal inicial
Efectos do traslado, carga e descarga de pesos
Radio metacéntrico transversal
Altura metacéntrica
Estabilidade transversal para grandes inclinacións Curva "C"
Metacentros
Curvas "GZ"
Curvas "KN"
Cálculo e trazado da curva de estabilidade estática transversal
Estabilidade dinámica Concepto
Cálculo da curva de estabilidade dinámica
Efecto do par escorante
Ángulo de equilibrio dinámico
Estabilidad estática lonxitudinal Altura metacéntrica lonxitudinal
Momento unitario
Fórmula do Asento
Fórmula da alteración
Cálculo dos calados ao trasladar, cargar ou descargar pesos
Variación dos calados por cambio de densidade
Permiso de auga doce
Puntos indiferentes
Experiencia de estabilidade Finalidade
Realización práctica
Criterios de estabilidade
Francobordo Concepto
Definición
Convenios internacionais de liñas de carga
Zonas e períodos estacionais

Inundación Xeneralidades
Compartimentado
Permeabilidade
Eslora inundable
Clases de inundación
Efectos da inundación
Cálculos de inundación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A2 A6 A7 A99 A100 B1 B2 B3 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B15 B16 C9 10 18 28
Proba obxectiva A9 A10 A14 A99 A100 B3 B4 B5 B8 B11 B14 B17 B18 C1 C4 4 4 8
Aprendizaxe colaborativa B10 6 5 11
Traballos tutelados A7 A9 A99 A100 B3 B8 B9 B10 C1 C9 2 15 17
Obradoiro B1 B5 B7 B12 B13 8 5 13
Presentación oral B3 B4 B6 B8 B11 B15 B18 C1 C4 2 6 8
Sesión maxistral B4 B12 C1 22 33 55
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Permite ao profesor coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo.
Conxuntamente aportará un peso porcentual do 10% da cualificación final.
Un 5% será pola implicación do alumno durante o curso.
Proba obxectiva Avaliaranse os coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, tendo en conta as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e enfoques na resolución de problemas.
Realizaranse dúas probas durante o curso correspondentes aos temas de Construción Naval e Teoría do Buque. Cada unha delas aportará un 35% da nota global.
Aquellos alumnos que non participen na avaliación continua da materia ao longo do curso realizarán unha proba obxectiva que permita avaliar e comprobar os resultados esperados no que respecta ao contido global da materia. Verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.
O exame final global, como única avaliación, consistirá nunha proba composta por dúas partes con valoración independente, e deberanse obter un mínimo de 5 puntos en cada unha: a) teórica (50%); b) práctica (50%).
Primeiro realizarase a parte práctica con varios problemas a resolver e, a segunda a teórica con diversas preguntas tipo test máis conceptos a definir.
Aprendizaxe colaborativa Resolución de traballos e problemas, coa elaboración e presentación do traballo en grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da cal o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Presentación oral apoiada con recursos audiovisuais dos resultados do traballo tutelado.
Sesión maxistral Exposición en clase de cada un dos temas da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Cada un dos alumnos recibirá atención personalizada para a resolución de cálculos e problemas, tanto en clase como en tutorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B4 B6 B8 B11 B15 B18 C1 C4 Presentación oral dos resultados do traballo tutelado apoiada con recursos audiovisuais. Avaliarase atendendo a unha rúbrica.
Para que a cualificación da presentación oral faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
10
Traballos tutelados A7 A9 A99 A100 B3 B8 B9 B10 C1 C9 Elaborarase unha memoria que se avaliará atendendo a unha rúbrica.
Para que a cualificación do traballo tutelado faga media co resto de probas de avaliación, será preciso obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
5
Solución de problemas A2 A6 A7 A99 A100 B1 B2 B3 B6 B7 B9 B10 B12 B13 B15 B16 C9 Conxuntamente, aportará un peso porcentual do 10% da cualificación final.
Un 5% será pola implicación do alumno durante o curso.
15
Proba obxectiva A9 A10 A14 A99 A100 B3 B4 B5 B8 B11 B14 B17 B18 C1 C4 Cada proba parcial (P1 e P2) aportará un 35% da cualificación e a proba obxectiva global (media das dúas) aportará un 70% do total da avaliación da materia. Será necesario obter unha nota mínima de 4/10 en cada proba parcial para que fagan media. 70
 
Observacións avaliación

O alumnado que asista e realice polo menos o 80% das actividades propostas no aula como parte do obradoiro será avaliado de forma continua atendendo ás metodoloxías descritas na guía docente. No caso contrario, o alumnado será avaliado unicamente mediante unha proba obxectiva final na data da convocatoria ordinaria.

A proba obxectiva á que ten dereito o alumnado que se avalía mediante o sistema de avaliación continua realizarase na data do exame da convocatoria ordinaria, pero se o resultado da presentación oral é de polo menos 5 puntos sobre 10, non será avaliado das competencias B3, B8, B15 nin B18, obtendo na parte da proba mixta correspondente a esa avaliación unha cualificación equivalente á obtida na presentación oral.

A proba obxectiva final da convocatoria ordinaria e extraordinaria consistirá en dúas partes diferenciadas. Cada unha delas terá o mesmo peso (50%) na cualificación final, pero será necesario obter polo menos unha puntuación de 4/10 en cada unha das partes para que fagan media.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas
parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases
presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados
ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán
encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do
curso para seren expostos en horario de titorías, facendo uso do sistema
TEAMS se fora procedente a xuízo do profesor.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación establecidos na Táboa A-III/2 do Código STCW,
e establecidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á
hora de deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Baxtewr, B. (1990). Architecture examples and theory. Griffin & Company
Bonilla, A. (1984). Construcción naval y servicios. Hijos de E. Vinuesa
Orosa García, J.A. (2022). Diseño y construcción de buques. Apuntes ETSNyM
Alvariño Castro, R; et al. (1997). El proyecto básico del buque mercante. Colegio Oficial de Ingenieros Navales
White, G.W. (1979). Elementary beam theory and the ship girder. Stanford Maritime
(1980). La obra viva del bque: su conservación y pintado. ANAVE
Pursey, Edward V. lewis (1983). Merchant ship construction: specially written for the merchant navy. Brown, Son and ferguson
Pursey, H.J. (1977). Merchant ship stability. Brown, Son and Ferguson
Gamboa Sánchez-Barcaiztegui, Marcial (1945). Nociones de arquitectura naval. Naval
(2002). Reglas de construcción de buques. Germanisher Lloyd
Eyres, D.J. (2002). Ship construction. Butterworths Heinemann
Kemp, J.F.; Young, P. (1990). Ship construction. Sketches and notes. Butterworths Heinemann
Lee Storch, R. et al. (1995). Ship production. Cornell Maritime Press
Derret, D.R. (1987). Ship stability for master and mates. Stanford Maritime
Bonilla de la Corte, A. (1972). Teoría del Buque. Librería San José

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Debuxo Mecánico/631G03047
Máquinas Térmicas Mariñas/631G03030
Tecnoloxía Mecánica e Mecanismos/631G03029
Mecánica e Resistencia de Materiais/631G03013
Mecánica de Fluídos/631G03017
Ciencia e Enxeñaría de Materiais/631G03009
Física I/631G03003
Física II/631G03008
Expresión Gráfica/631G03007

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Prácticas en Simulador/631G03053
Eficiencia Enerxética do Buque/631G03040
Xestión do Mantemento do Buque/631G03026
Seguridade Marítima e Contaminación/631G03019
Equipos Auxiliares do Buque/631G03023
Electrotecnia e Máquinas Eléctricas do Buque/631G03015

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías