Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Servizos Auxiliares do Buque Código 631G03034
Titulación
Grao en Máquinas Navais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Romero Gomez, Javier
Correo electrónico
j.romero.gomez@udc.es
Profesorado
Garcia-Bustelo Garcia, Enrique Juan
Romero Gomez, Javier
Correo electrónico
enrique.garcia-bustelo@udc.es
j.romero.gomez@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer e comprender os principios de funcionamento dos sistemas de propulsión e os sistemas auxiliares dos buques
Coñecemento xeral da terminoloxía referente á maquinaria e equipos de a bordo.
Adquirir coñecementos para contribuír a supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control
Adquirir coñecementos para contribuír a supervisar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e a maquinaria auxiliar.
Interpretación dos debuxos e manuais de maquinaria
Interpretación de diagramas dos sistemas de tubaxes, hidráulicos e pneumáticos
Expresarse correctamente utilizando os termos relativos á maquinaria principal e auxiliar.
Interpretar a información contida nos catálogos, manuais e demais literatura técnica fornecida polas casas comerciais sobre os seus produtos.
Adquirir coñecementos para contribuír a Manter e reparar os sistemas de control automático da maquina propulsora principal e das maquinas auxiliares

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 CE05 - Utilizar debidamente as ferramentas de man, máquinas ferramenta e instrumentos de medición para as operacións de fabricación, detección de avarías e reparación a bordo do buque.
A6 CE06 - Mantemento e reparación das máquinas e o equipo de a bordo.
A9 CE09 - Emprego do inglés escrito e falado.
A18 CE18 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control.
A19 CE19 - Supervisar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e a maquinaria auxiliar.
A23 CE23 - Manter e reparar os sistemas de control automático da maquina propulsora principal e das maquinas auxiliares.
A25 CE25 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga.
A91 CE91 - Redactar e interpretar documentación técnica.
A94 CE94 - Realizar inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade.
A98 CE98 - Ter a capacidade para a xestión, dirección, control, organización e planificación de industrias ou explotacións relacionadas coas actividades da enxeñería mariña tanto en competencias referidas á calidade, medio ambiente, seguridade mariña e prevención de riscos laborais como todas as actividades relacionadas coa posta no mercado da súa produción.
A100 CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
B1 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
B3 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
B6 CG01 - Capacidade para xestionar os propios coñecementos e utilizar de forma eficiente técnicas de traballo intelectual.
B7 CG02 - Resolver problemas de forma efectiva.
B8 CG03 - Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B9 CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B10 CG05 - Traballar de forma colaborativa.
B11 CG06 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B12 CG07 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito mariño, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B13 CG08 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B14 CG09 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B15 CG10 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
B16 CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B17 CG12 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B18 CG13 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C1 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT02 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT04 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT05 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT06 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os principios de funcionamento dos sistemas de propulsión e os sistemas auxiliares dos buques Coñecemento xeral da terminoloxía referente á maquinaria e equipos da bordo. Coñecer e saber utilizar os telemandos da maquinaria principal e auxiliar dos buques Interpretación dos debuxos e manuais de maquinaria Interpretación de diagramas dos sistemas de canalizacións, hidráulicos e pneumáticos Interpretar correctamente os esquemas e canalizacións dunha instalación, sendo capaz de facer modificacións nestes, e trazar planos de pequenas instalacións ou partes destas. Expresarse correctamente utilizando os termos relativos á maquinaria principal e auxiliar. Interpretar a información contida nos catálogos, manuais e demais literatura técnica subministrada polas casas comerciais sobre os seus produtos. En xeral preténdese que o alumno adquira os coñecementos teóricos e prácticos abondo, conducentes á obtención do título académico que pretende, para que, no exercicio da súa profesión, poida resolver cantas cuestións se lle presenten na enxeñaría da operación e o mantemento dos diversos elementos e sistemas auxiliares que compoñen os distintos tipos de buques, así como en calquera ámbito da industria. A5
A6
A9
A18
A19
A23
A25
A91
A94
A98
A100
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B18
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN E XENERALIDADES Disposición xeral nun buque e da maquinaria
Tripulación e a súa responsabilidade respecto á maquinaria
Simboloxía e normalización.
Símbolos básicos de instrumentación
SISTEMAS Función da maquinaria auxiliar
Disposición de plántas propulsoras
Disposición xeral dunha cámara de máquinas segundo propulsión
Disposición de equipos en cuberta.
Sistemas para a propulsión e xeración de enerxía
Sistemas de goberno e manobra.
Sistema de prevención, detección e extinción de incendios.
Sistemas de ventilación e climatización.
Sistemas de refrixeración por compresión
Servizos sanitarios (Auga doce fría e auga doce quente)
Sistema de achique, lastre e contra-incendios.
EQUIPOS Válvulas e accesorios
Bombas e dispositivos de bombeo
Compresores
Intercambiadores de calor
Grúas e plumas
Separadores de sentinas
Depuradoras centrífugas
Xeradores de auga doce
Plantas sépticas
Incinerador
Frío e climatización
Equipo de gas inerte

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A6 A9 A18 A19 A23 A25 A91 A94 A98 A100 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 40 40 80
Traballos tutelados A6 B2 B7 B9 C1 C3 4 34 38
Obradoiro A5 A6 A18 A91 14 0 14
Proba obxectiva A5 A6 A9 A18 A19 A23 A25 A91 A94 A98 A100 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 3 15 18
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Comunicación utilizada para presentar de xeito sintético, secuencial, motivador e preciso os aspectos claves dos contidos fundamentais dun curso mediante a exposición oral, con ou sen apoio audiovisual
Traballos tutelados Este traballo supoñerá a reflexión do estudante sobre aspectos introdutorios nas sesións maxistrais
Obradoiro Cos medios dispoñibles en talleres realízanse prácticas do contido da materia.
Proba obxectiva Avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes de forma escrita.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os alumnos deberán presentarse no despacho do profesor, co fin de concretar os aspectos esenciais das materias para axudar ao seu estudo nas datas que se indiquen.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A6 A9 A18 A19 A23 A25 A91 A94 A98 A100 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Según criterio do profesor esta proba podrá ser un traballo a presentar por o alumno (en tempo e forma) a proposta do profesor ou unha proba escrita que recollerá os contidos da materia e aprendizaxe. Esta proba está orientada a avaliar tanto a comprensión dos conceptos teóricos fundamentais, coma a súa aplicación á práctica.
Valorarase o desenvolvemento e claridade na explicación e aplicación dos conceptos teóricos e a formulación
100
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será continua ao longo do curso. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do proceso de avaliación continua. 

Os criterios de avaliación considerados nos cadros A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e os seus emendas relacionadas con esta materia, tómanse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación do alumno. 

En base a iso e seguindo o formato da guía docente da UDC se estable as distintas actividades de avaliación continua e a súa ponderación sobre 100. 

A proba global de avaliación constará de tres partes, de contido e con características similares ás descritas no caso de avaliación continua. O alumno que non supere algunha das 3 probas da avaliación continua poderá presentarse só coa parte non superada ou con todas as partes. Cada parte avalíase en base 10. 

 Nota final da materia:

A nota final da materia ( NF) establécese como segue en función do establecido no cadro de avaliación:

NF= 0,5( SM) + 0,25( EdC) + 0,25( PdL), sempre que SM, PdL e EdC sexan iguais ou superiores a 5 e as memorias dos traballos de prácticas alcancen a cualificación de apto.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC ( Arts. 2.3; 3. b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017): Tera dereito a presentarse a unha proba obxetiva con posibilidade de obtención do 100% nota”.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica

“Bombas. Teoría, diseño y aplicaciones”. Manuel Viejo Zubicaray. Editorial Limusa. Méjico.1975.

“Bombas y ventiladores”. ASINEL. 1985.

Medios audiovisuales con representación de sistemas reales.

“Principios de Máquinas Marinas para la propulsión de buques”. Enrique Cánovas Rivas.TÓRCULO Artes Gráficas, S.A.L. Santiago de Compostela. 1999.

“Fundamentos y técnicas de la lubricación”. Aniceto Valverde Martínez. Editorial Alción.1985.

“Lubricantes y engrases”. ASINEL. 1985.

“La lubricación y los aceites para motores de combustión interna”. Damián A. Torres

Domínguez. Universidad Politécnica de Madrid. Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. 1978.

“Heat Exchanger Desing”. Arthur P. Fraas. A Wiley-Interscience Publication. 1989.

“Compresores volumétricos”. Tomás S. Lencero. UPM. ETSII. Sección de publicaciones. Madrid. 1990.

“Aire comprimido. Teoría y cálculo de las instalaciones”. Enrique Carnicer. Paraninfo.

Madrid. 1991.

“Aire comprimido. Compresores”. ASINEL. 1985.

“Regulación del circuito de condensado y agua de alimentación”. ASINEL. 1985.

“Regulación y control”. Creus. “Sistemas de regulación”. ASINEL. 1985.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías