Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Electrónica de Potencia Código 631G03035
Titulación
Grao en Máquinas Navais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Perez Castelo, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.javier.perez.castelo@udc.es
Profesorado
Perez Castelo, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.javier.perez.castelo@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A Electrónica de Potencia pode ser definida como a aplicación da electrónica á conversión da enerxía eléctrica, utilizando para iso dispositivos electrónicos de potencia. O obxectivo desta materia é a de proporcionar ao alumno as competencias que lle permitan analizar e deseñar os circuítos básicos de electrónica de potencia (Convertedores AC-DC, AC-AC, DC-DC e DC-AC), así como identificar as súas aplicacións.

Competencias do título
Código Competencias do título
A11 CE11 - Manter e reparar o equipo eléctrico e electrónico.
A18 CE18 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control.
A20 CE20 - Facer funcionar os xeradores e os sistemas de distribución.
A23 CE23 - Manter e reparar os sistemas de control automático da maquina propulsora principal e das maquinas auxiliares.
A24 CE24 - Manter e reparar o equipo náutico da ponte e os sistemas de comunicación do buque.
A25 CE25 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga.
A26 CE26 - Manter e reparar os sistemas de control e seguridade do equipo de fonda.
A100 CE100 - Ter a capacidade para exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
B2 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
B4 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
B9 CG04 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B15 CG10 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
B16 CG11 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B17 CG12 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C3 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseñar e implementar convertidores electrónicos de potencia A11
A18
A20
A23
A24
A25
A26
A100
B2
B4
B5
B9
B15
B16
B17
C3
C8
Coñecer os principios de funcionamento e as aplicacións dos convertidores electrónicos de potencia. A11
A18
A20
A23
A24
A25
A26
A100
B2
B4
B5
B9
B15
B16
B17
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptos básicos e metodoloxías para a análise de convertidores electrónicos de potencia. 1.1 Introdución.
1.2 Termos de potencia. Factor de potencia.
1.3 Análise de Fourier. Cálculo de harmónicos.
1.4 Métodos para a análise de circuítos de potencia.
1.5 Dispositivos Electrónicos de potencia.
Tema 2. Convertidores AC-DC, AC-AC, DC-DC e DC-AC 2.1 Convertedores AC-DC. Rectificadores.
2.1.1.Introdución.
2.1.2. Rectficadores non controlados.
2.1.3. Rectificadores controlados.
2.2. Convertedores AC-AC. Reguladores de alterna.
2.2.1. Introdución.
2.2.2. Convertedores básicos AC-AC.
2.2.3. Cicloconvertedores.
2.3. Convertedores DC-DC. Fontes de alimentación conmutadas.
2.3.1. Introdución.
2.3.2. Convertedor Redutor (Buck).
2.3.3. Convertedor Elevador (Boost).
2.3.4. Convertedor Redutor-Elevador (Buck-Boost).
2.3.5. Convertedor flyback.
2.3.6. Convertedor Forward.
2.3.7. Convertedor push-pull
2.3.8. Convertedor en ponte e semiponte.
2.4. Convertedores DC-AC. Inversores.
2.4.1. Introdución.
2.4.2. Inversor en media ponte.
2.4.3. Inversor en ponte completa.
2.4.4. Inversores PWM.
2.4.5. Inversores resoantes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 7 14 21
Traballos tutelados B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 1 29 30
Proba mixta A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 5 20 25
Solución de problemas A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 14 0 14
Sesión maxistral A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 21 35 56
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Consistirá na simulación e/ou montaxe dos convertedores básicos utilizando o programa de simulación electrónica Orcad Pspice e os equipos de laboratorio.
Traballos tutelados Os traballos tutelados consisten en:
- a resolución de forma teórica e práctica mediante simulación de problemas propostos.
- o desenvolvemento dun tema proposto utilizando de maneira preferente as TIC e que terá que ser defendido/exposto oralmente utilizando medios audiovisuais.
Proba mixta A proba mixta é unha proba escrita que ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas para esta materia.
Solución de problemas Durante sesións de docencia interactiva formularanse supostos prácticos para a súa resolución.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais desenvólvense os contidos da materia tanto a nivel teórico como práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Proba mixta
Solución de problemas
Descrición
Segundo o horario de titorías establecido, cada alumno dispón das correspondentes sesións de titorías personalizadas para resolver as posibles dúbidas e/ou problemas que poidan realizarse de forma presencial no horario establecido ou a distancia por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia 10
Traballos tutelados B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 Os traballos tutelados consisten en:
- a resolución de forma teórica e práctica mediante simulación de problemas propostos. (20 Puntos)
- o desenvolvemento dun tema proposto utilizando de maneira preferente as TIC e que terá que ser defendido/exposto oralmente utilizando medios audiovisuais. (10 Puntos)
30
Proba mixta A11 A18 A20 A23 A24 A25 A26 A100 B2 B4 B5 B9 B15 B16 B17 C3 C8 A proba mixta é unha proba escrita que ten o obxectivo comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas para esta materia.

A parte dos dous exames finais da 1ª Oportunidade e da 2ª Oportunidade, realizarase un primeiro exame parcial. Para aqueles alumnos que obtivesen no primeiro parcial unha puntuación maior ou igual a 10 puntos e queiran aprobar a materia por parciais realizarase un segundo exame parcial coincidirendo co exámen final da 1ª Oportunidade.

Cada parcial ten unha puntuación máxima de 25 puntos sobre 100.

Realizaranse dúas probas de resposta múltiple coincidindo cos exames parciaís, cunha puntuación máxima para cada unha delas de 5 puntos sobre 100.

Os exames finais da 1ª Oportunidade e da 2ª Oportunidade teñen unha puntuación máxima de 50 puntos sobre 100.
60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.

A
nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas de
laboratorio, Traballos tutelados e Proba mixta, sempre e cando se
cumpran as
seguintes condicións:

  • Que se realizasen as Prácticas de laboratorio cunha puntuación maior ou igual que 5.
  • e polo menos unha das seguintes:
    • Que no primeiro exame parcial se obtivese unha puntuación maior que 12.
    • Que nun exame final se obtivese unha puntuación maior ou igual que 25.
    • Que a puntuación obtida en cada un dos parciais sexa maior ou igual que 10 puntos.

No
caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será o
resultado da suma de Prácticas de laboratorio, Traballos tutelados e
Proba mixta, sempre que sexa menor que 40 puntos. En caso contrario  a
nota final será de 40 puntos sobre 100.

As
notas das actividades de avaliación continua (Prácticas de Laboratorio,
Traballos tutelados e Probas de resposta múltiple) só serán válidas ata
a convocatoria adiantada do curso académico seguinte.

Ao
alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC
(Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017)" non
esíxeselle unha asistencia mínima ás clases e/ou actividades con
excepción das Prácticas de laboratorio, sendo o
sistema de avaliación o anteriormente indicado. No caso de non
participar nas actividades avaliables realizadas durante o curso, a nota
final será a nota ponderada da proba mixta.

Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos que os da 1º oportunidade.

Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada (Decembro) son os mesmos que os da 1º oportunidade.

A comisión de fraude académica levará consigo a aplicación das sancións disciplinarias
establecidas no artigo 11 do Regulamento disciplinario do alumnado da UDC. https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335


Fontes de información
Bibliografía básica Daniel W. Hart (). Electronica de Potencia. Prentice Hall
Muhamad H. Rashid (). Electronica de Potencia. Circuitos, Dispositivos y Aplicaciones. Prentice Hall
  • Recursos dispoñibles no Campus Virtual da Universidade da Coruña (moodle)(tutoriales, problemas, software, FAQ, tutorias online etc.) https://moodle.udc.es/
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Electrónica Analóxica/631G03031
Máquinas Eléctricas do Buque/631G03033
Electrotecnia e Máquinas Eléctricas do Buque/631G03015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Automatismos e Sistemas de Control/631G03038

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías