Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Drenaxe Urbano Sostible Código 632549005
Titulación
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Anta Álvarez, José
Correo electrónico
jose.anta@udc.es
Profesorado
Anta Álvarez, José
Suarez Lopez, Joaquin
Correo electrónico
jose.anta@udc.es
joaquin.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é potenciar un cambio de paradigma na xestión das augas pluviais e de escorrentía nas zonas urbanas, sobre todo mediante os usos de solucións baseadas na natureza, coñecidas como técnicas SUDS (Sistemas Urbanos de Drenaxe Sostible). Este tipo de técnicas, moi multifuncionais, están a ser potenciadas na actualidade por todas as administracións e abriranse paso no futuro como unha parte sustantiva do sistema da auga urbana.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CON2 Identificar os diferentes sistemas urbanos cunha vencellanza directa ou indirecta coa auga. Esquematizar as súas interrelacións e aplicar unha visión ecosistémica e interdisciplinaria. Recoñecer as diversas fontes de abastecemento de auga, as implicacións do seu uso e as súas consecuencias na degradación do medio natural, así como as súas posibilidades de reciclaxe e reutilización. Identificar e explicar as claves da integración da economía circular no sistema de auga urbana. Explicar cales son as ferramentas habituais para a conceptualización dos sistemas vencellados á auga urbana. Revisar as tendencias actuais sobre solucións baseadas na natureza para a xestión das augas pluviais urbanas. Interpretar o territorio para defender solucións máis ou menos centralizadas ou descentralizadas na xestión da auga urbana en áreas con poboación e actividades económicas dispersas
A5 CON5 Describir os fundamentos sobre a avaliación dos recursos hídricos e as principais ferramentas para a planificación hidrolóxica, a partir da Directiva Marco da Auga, da lexislación e dos marcos globais sobre asignación do recurso hídrico, incluíndo a componente ambiental. Demostrar que os servizos ecosistémicos vencellados á auga teñen un alto valor engadido e que as solucións baseadas na natureza permiten un enfoque sostible á xestión do recurso
B2 HAB2 Construír modelos conceptuais do sistema da auga urbana, mediante a interacción dos distintos subsistemas e aplicando as adecuadas singularidades derivadas do urbanismo e a ordenación territorial. Desenvolver estratexias para a implantación de solucións baseadas na natureza
B3 HAB3 Seleccionar e operar sistemas de tratamento innovadores adaptados a distintas realidades, entornos xeográficos e requisitos de calidade, incluíndo os desafíos emergentes e a aplicación
C2 COM2 Integrar todos os sistemas de auga urbana nun marco de planificación global, nunha área completa. Avaliar o seu rendemento e optimizalo. Comparar distintos tipos de solucións, incluíndo aquelas adecuadas para núcleos dispersos e as baseadas na natureza.
C3 COM3 Xulgar o rendemento e a idoneidade de diversas propostas de tratamento de auga. Comparar diferentes alternativas. Integrar o criterio experto na planificación de sistemas de tratamento de auga, tendo en conta os desafíos emerxentes e as solucións verdes.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer os principais beneficios dos SUDS no Sistema de Auga Urbana: control da cantidade de auga, mellora da calidade de auga, aspectos sociais e servizos ecosistémicos. - Coñecer a problemática asociada á escorrentía urbana e como as solucións baseadas na natureza contribúen a mellorar a súa xestión. - Coñecer as tipoloxías de técnicas SUDS e os procesos de control e tratamento da escorrentía urbana - Aplicación práctica a través dun caso de estudo do proceso de planificación e implantación de SUDS nunha contorna urbana AP2
AP5
BP2
BP3
CP2
CP3

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN 1. Introdución. Problemática das augas de escoamento urbano
2. TIPOLOXÍA E FUNCIÓNS DAS TÉCNICAS SUDS 1. Tipoloxía de SUDS
2. Funcións dos SUDS: control da cantidade de auga
2. Funcións dos SUDS: control da calidade de auga
3. APLICACIÓN PRÁCTICA 1. Aplicación do modelo SWMM a un caso de estudo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 B2 B3 C3 6 24 30
Proba de resposta breve A2 A5 B2 B3 C2 C3 1 1 2
Saídas de campo A2 B2 B3 1 0 1
Sesión maxistral A2 A5 B2 B3 C2 C3 14 21 35
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Durante o desenvolvemento do terceiro bloque da materia realizarase un traballo tutelado sobre un caso de estudo no que se aplicarán técnicas de drenaxe urbana sostible sobre unha conca urbana unitaria con infraestrutura gris. O traballo consistirá en planificar a implantación de técnicas SUDS facendo unha valoración das vantaxes en termos de control de cantidade de auga e redución de verteduras do sistema unitario existente.
Proba de resposta breve Realizárase unha proba tipo test curta sobre os conceptos dos dous primeiros bloques da materia
Saídas de campo
Sesión maxistral Os profesores irán expondo en clase o temario fixado apoiándose en presentacións gráficas que serán postas a disposicon do alumno. Poderá haber temas que o profesor exporá oralmente que non teñan soporte gráfico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Fixaranse unhas horas de tutoría individuais / por grupo para resolver dúbidas dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A5 B2 B3 C2 C3 Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía.
A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal
20
Traballos tutelados A2 B2 B3 C3 Os estudiantes realizaran de maneira indivídual ou en pequenos grupos un traballo de aplicación que consistirá en analizar a nivel de planificación a implantación de SUDS nunha cunca existente. O traballo desenvolvaránse en varias etapas e contempla o uso do modelo numérico SWMM. 70
Proba de resposta breve A2 A5 B2 B3 C2 C3 Os contidos teórico-prácticos dos temas 1 e 2 valoraránse a través dunha proba de resposta múltiple e preguntas curtas. 10
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN

Alumnado con dedicación a tiempo completo (evaluación continua)

- Trabajos y solución de problemas (70%)

- Prueba mixta  (20%)

- Asistencia a clase (10%)

Alumnado con reconocimiento de dedicación a tiempo parcial y dispensa académica de exención de asistencia, según estable lana "Norma que regula él régimen de dedicación al estudio de los estudiantes de Grado y Master de lana UDC (art 2.3; 3.b y 4.5) (29/5/212):

- Trabajos y solución de problemas (70%)

- Examen escrito con contenidos teórico-prácticos (43%)

2. OBSERVACIONES ADICIONALES

Convocatoria de primera oportunidad 

- Para aprobar lana asignatura eres necesario alcanzar un total de 50 puntos.

Convocatoria de segunda oportunidad  

- Todos los estudiantes deberán entregar los trabajos 1 semana antes de lana cerrada oficial de él examen obligatoriamente. 

- Para aprobar lana asignatura eres necesario alcanzar un total de 50 puntos. 

Consideraciones de plagio 

Lana realización fraudulenta de lanas pruebas lo actividades de evaluación, una vez comprobada, implicará directamente lana calificación de "0" suspendido de lana materia en lana convocatoria correspondiente, quedando invalidada cualquier calificación obtenida en todas lanas actividades de evaluación hacia lana convocatoria extraordinaria. 

Outras consideraciones 

 -Según sé recoge en lanas distintas normativas de aplicación para lana docencia universitaria se deberá incorporar lana perspectiva de género en esta materia (se usará lenguaje en el sexista, si utilizará bibliografía de autores/lanas de ambos sexos, si propiciará lana intervención en clase de alumnos y alumnas...) 

- Si trabajará para identificar y modificar perjuicios y actitudes sexistas y se influirá en él entorno para modificarlos y fomentar valores de respeto y igualdad. 

-Si deberán detectar situaciones de discriminación por razón de género y sé propondrán acciones y medidas para corregirlas


Fontes de información
Bibliografía básica

CEDEX 2008. Gestión de las aguas pluviales. Implicaciones en el diseño de los sistems de saneaemiento y drenaje urbano. 102 PUE

Página web de las ITOHG: http://augasdegalicia.xunta.es/es/ITOHG.htm


Introducción al cálculo de redes de saneamiento con SWMM. Anta, Naves y Naves (2019). https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497336

Guía Básica para el Diseño de Sistemas Urbanos de Drenaje Sostenible en la Ciudad de València (Junio 2022)

CIRIA. The SuDS Manual. Link (ciria.org)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
O Sistema da Auga Urbana/632549004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño Avanzado de Redes/632549007

Materias que continúan o temario

Observacións

Aqueles estudantes que non manexen conceptos básicos sobre o deseño de sistemas de saneamento ou drenaxe poden cursar a materia, pero recoméndaselles cursar previamente a materia de Introdución á Hidráulica e Hidrología Urbana.

Os estudantes que manexen conceptos básicos sobre o deseño de sistemas de saneamento ou drenaxe poden cursar a materia aínda que se recomenda cursar a materia de Deseño Avanzado de Redes



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías