Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
CON2 Identificar os diferentes sistemas urbanos cunha vencellanza directa ou indirecta coa auga. Esquematizar as súas interrelacións e aplicar unha visión ecosistémica e interdisciplinaria. Recoñecer as diversas fontes de abastecemento de auga, as implicacións do seu uso e as súas consecuencias na degradación do medio natural, así como as súas posibilidades de reciclaxe e reutilización. Identificar e explicar as claves da integración da economía circular no sistema de auga urbana. Explicar cales son as ferramentas habituais para a conceptualización dos sistemas vencellados á auga urbana. Revisar as tendencias actuais sobre solucións baseadas na natureza para a xestión das augas pluviais urbanas. Interpretar o territorio para defender solucións máis ou menos centralizadas ou descentralizadas na xestión da auga urbana en áreas con poboación e actividades económicas dispersas |
B2 |
HAB2 Construír modelos conceptuais do sistema da auga urbana, mediante a interacción dos distintos subsistemas e aplicando as adecuadas singularidades derivadas do urbanismo e a ordenación territorial. Desenvolver estratexias para a implantación de solucións baseadas na natureza |
C2 |
COM2 Integrar todos os sistemas de auga urbana nun marco de planificación global, nunha área completa. Avaliar o seu rendemento e optimizalo. Comparar distintos tipos de solucións, incluíndo aquelas adecuadas para núcleos dispersos e as baseadas na natureza. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Coñecer e manexar as principais ferramentas de deseño e xestión de redes de abastecemento (EPANET) e saneamento (SWMM). - Coñecer, interpretar e saber aplicar normativa, como as Instrucións Técnicas de Obras Hidráulicas en Galicia, para o deseño de redes de abastecemento e saneamento. - Aplicar de forma práctica o proceso de deseño de redes de abastecemento e saneamento en contornas urbanas a través de dous casos de estudo.
|
AP2
|
BP2
|
CP2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. INTRODUCIÓN |
1. Introdución. Modelos de cálculo para o deseño de redes de abastecemento e saneamento |
2. DESEÑO DE REDES DE SANEAMENTO |
1. Deseño conceptual de redes de saneamento
2. Elementos de control de Desbordamentos de Sistemas Unitarios (DSU)
3. Aplicación práctica. Modelo SWMM
|
3. DESEÑO DE REDES DE ABASTECEMENTO |
1. Deseño conceptual de redes de abastecemento
2. Elementos de distribución de auga potable.
3. Aplicación práctica. Modelo EPANET |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A2 B2 |
9 |
27 |
36 |
Prácticas de laboratorio |
A2 C2 |
2 |
4 |
6 |
Sesión maxistral |
A2 B2 C2 |
10 |
15 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Realizaranse traballos tutelados dentro da materia. O primeiro traballo, correspondente ao segundo tema, consistirá nun caso de estudo no que se deseñará unha rede de drenaxe e saneamento. Neste traballo analizarase o funcionamento da rede fronte a diferentes escenarios hidrolóxicos. O segundo traballo, correspondente ao terceiro tema, consistirá nun caso de estudo no que se deseñará unha rede de abastecemento. Neste traballo analizarase o funcionamento da rede fronte a diferentes demandas de auga potable. Nos casos nos que non se siga a avaliación continua, realizarase un traballo extra que estará relacionado cos contidos do curso. |
Prácticas de laboratorio |
Durante o desenvolvemento da materia programarase unha visita ás instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), concretamente ao laboratorio de hidráulica. A visita incluirá a exposición de proxectos de investigación e innovación no ámbito da Enxeñería da Auga. |
Sesión maxistral |
Os profesores expoñerán en clase o temario acordado apoiándose en presentacións gráficas que serán postas ao dispor do alumnado. Poderá haber temas que o profesor expoñerá oralmente e non exista soporte gráfico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Fixaranse unhas horas de titoría individuais / por grupo para resolver dúbidas dos traballos tutelados. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A2 B2 C2 |
Esixirase que cada estudante cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía.
A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante unha relación lineal. |
25 |
Traballos tutelados |
A2 B2 |
Os estudantes realizarán traballos de aplicación práctica individuais ou en pequenos grupos. O traballo correspondente ao deseño de sistemas de abastecemento contempla o uso do modelo de cálculo SWMM (acceso libre), e a súa cualificación será de 45 respecto ao total da metodoloxía. O traballo correspondente ao deseño de sistemas de abastecemento contempla o uso do modelo de cálculo EPANET (acceso libre), e a súa cualificación será de 30 respecto ao total da metodoloxía.
Realizarase un traballo extra nos casos que non se siga a avaliación continua. O traballo extra contará cunha cualificación máxima de 25 puntos (equivalente á asistencia ás horas de clase na avaliación continua), e estará relacionado cos contidos do curso. |
75 |
|
Observacións avaliación |
1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN
Alumnado con dedicación a tempo completo (avaliación
continua):
- Traballos e solución de problemas (75%)
- Asistencia a clase (25%)
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, segundo estable a "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao e Máster da
UDC (art 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
- Traballos e solución de problemas (100%). Inclúe a
realización dun traballo extra en comparación coa opción de avaliación
continua.
2.
OBSERVACIÓNS ADICIONAIS
Convocatoria
de primeira oportunidade
-
Para aprobar a materia é necesario alcanzar un total de 50 puntos.
Convocatoria
de segunda oportunidade
-
Todos os estudantes deberán entregar os traballos 2 semanas antes da data
oficial de peche de actas.
-
Para aprobar a materia é necesario alcanzar un total de 50 puntos. Consideracións de plaxio
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de "0" suspendido
da materia na convocatoria correspondente, quedando invalidada calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria
extraordinaria. Outras consideracións
- Segundo se recólle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...).
- Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para
corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Manual do Usuario
EPANET 2.2. Rossman, L., Woo, H., Tryby, M., Shang, F., Janke, R., Haxton, T.
(2002). US Environmental Protection Agency EPA. USA. 214p. https://www.epa.gov/system/files/documents/2021-07/epanet_users_manual_2.2.0-1.pdf Storm water management
model user's manual, version 5.1. Rossman, L. A. (2010). US Environmental
Protection Agency EPA. USA. 276p. https://www.epa.gov/sites/default/files/2019-02/documents/epaswmm5_1_manual_master_8-2-15.pdf Introdución ao cálculo de
redes de saneamento con SWMM. Anta Álvarez, J., Naves, A., Naves, J. (2019). https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497336
Páxina web das ITOHG: http://augasdegalicia.xunta.es/es/ITOHG.htm |
Bibliografía complementaria
|
|
Xestión das augas pluviais. Implicacións no deseño dos sistemas de saneamento e drenaxe urbana. Puertas, J.,
Suárez, J., Anta, J. (2008). Monografía M98, CEDEX, Madrid. QGISRed: Ferramenta libre e profesional para construir e analizar Modelos Hidráulicos
Avanzados de Redes de Distribución de Auga e Xemelos Digitais desde QGIS. https://qgisred.upv.es/files/manuals/QGISRed_0.16_usermanual_es.pdf |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Drenaxe Urbano Sostible/632549005 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|