Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Deseño Avanzado de Redes Código 632549007
Titulación
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Anta Álvarez, José
Correo electrónico
jose.anta@udc.es
Profesorado
Anta Álvarez, José
Regueiro Picallo, Manuel Alberto
Correo electrónico
jose.anta@udc.es
manuel.regueiro1@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é educar no uso de ferramentas de cálculo para o deseño de redes de abastecemento e saneamento. A materia combinará bases teóricas co desenvolvemento de casos prácticos. Os contidos da materia apóianse en modelos de cálculo de acceso aberto: EPANET para o deseño de redes de abastecemento e SWMM para o deseño de redes de saneamento. Os modelos de cálculo contan cun elevado recoñecemento nacional e internacional, e o seu uso esténdese entre empresas do sector público e privado relacionadas coa Enxeñería da Auga.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CON2 Identificar os diferentes sistemas urbanos cunha vencellanza directa ou indirecta coa auga. Esquematizar as súas interrelacións e aplicar unha visión ecosistémica e interdisciplinaria. Recoñecer as diversas fontes de abastecemento de auga, as implicacións do seu uso e as súas consecuencias na degradación do medio natural, así como as súas posibilidades de reciclaxe e reutilización. Identificar e explicar as claves da integración da economía circular no sistema de auga urbana. Explicar cales son as ferramentas habituais para a conceptualización dos sistemas vencellados á auga urbana. Revisar as tendencias actuais sobre solucións baseadas na natureza para a xestión das augas pluviais urbanas. Interpretar o territorio para defender solucións máis ou menos centralizadas ou descentralizadas na xestión da auga urbana en áreas con poboación e actividades económicas dispersas
B2 HAB2 Construír modelos conceptuais do sistema da auga urbana, mediante a interacción dos distintos subsistemas e aplicando as adecuadas singularidades derivadas do urbanismo e a ordenación territorial. Desenvolver estratexias para a implantación de solucións baseadas na natureza
C2 COM2 Integrar todos os sistemas de auga urbana nun marco de planificación global, nunha área completa. Avaliar o seu rendemento e optimizalo. Comparar distintos tipos de solucións, incluíndo aquelas adecuadas para núcleos dispersos e as baseadas na natureza.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer e manexar as principais ferramentas de deseño e xestión de redes de abastecemento (EPANET) e saneamento (SWMM). - Coñecer, interpretar e saber aplicar normativa, como as Instrucións Técnicas de Obras Hidráulicas en Galicia, para o deseño de redes de abastecemento e saneamento. - Aplicar de forma práctica o proceso de deseño de redes de abastecemento e saneamento en contornas urbanas a través de dous casos de estudo. AP2
BP2
CP2

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN 1. Introdución. Modelos de cálculo para o deseño de redes de abastecemento e saneamento
2. DESEÑO DE REDES DE SANEAMENTO 1. Deseño conceptual de redes de saneamento
2. Elementos de control de Desbordamentos de Sistemas Unitarios (DSU)
3. Aplicación práctica. Modelo SWMM
3. DESEÑO DE REDES DE ABASTECEMENTO 1. Deseño conceptual de redes de abastecemento
2. Elementos de distribución de auga potable.
3. Aplicación práctica. Modelo EPANET

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 B2 9 27 36
Prácticas de laboratorio A2 C2 2 4 6
Sesión maxistral A2 B2 C2 10 15 25
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realizaranse traballos tutelados dentro da materia. O primeiro traballo, correspondente ao segundo tema, consistirá nun caso de estudo no que se deseñará unha rede de drenaxe e saneamento. Neste traballo analizarase o funcionamento da rede fronte a diferentes escenarios hidrolóxicos. O segundo traballo, correspondente ao terceiro tema, consistirá nun caso de estudo no que se deseñará unha rede de abastecemento. Neste traballo analizarase o funcionamento da rede fronte a diferentes demandas de auga potable. Nos casos nos que non se siga a avaliación continua, realizarase un traballo extra que estará relacionado cos contidos do curso.
Prácticas de laboratorio Durante o desenvolvemento da materia programarase unha visita ás instalacións do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), concretamente ao laboratorio de hidráulica. A visita incluirá a exposición de proxectos de investigación e innovación no ámbito da Enxeñería da Auga.
Sesión maxistral Os profesores expoñerán en clase o temario acordado apoiándose en presentacións gráficas que serán postas ao dispor do alumnado. Poderá haber temas que o profesor expoñerá oralmente e non exista soporte gráfico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Fixaranse unhas horas de titoría individuais / por grupo para resolver dúbidas dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 B2 C2 Esixirase que cada estudante cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía.
A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante unha relación lineal.
25
Traballos tutelados A2 B2 Os estudantes realizarán traballos de aplicación práctica individuais ou en pequenos grupos. O traballo correspondente ao deseño de sistemas de abastecemento contempla o uso do modelo de cálculo SWMM (acceso libre), e a súa cualificación será de 45 respecto ao total da metodoloxía. O traballo correspondente ao deseño de sistemas de abastecemento contempla o uso do modelo de cálculo EPANET (acceso libre), e a súa cualificación será de 30 respecto ao total da metodoloxía.
Realizarase un traballo extra nos casos que non se siga a avaliación continua. O traballo extra contará cunha cualificación máxima de 25 puntos (equivalente á asistencia ás horas de clase na avaliación continua), e estará relacionado cos contidos do curso.
75
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN



Alumnado con dedicación a tempo completo (avaliación
continua):



- Traballos e solución de problemas (75%)



- Asistencia a clase (25%)



Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, segundo estable a "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao e Máster da
UDC (art 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):        



- Traballos e solución de problemas (100%). Inclúe a
realización dun traballo extra en comparación coa opción de avaliación
continua.


2.
OBSERVACIÓNS ADICIONAIS



Convocatoria
de primeira oportunidade



-
Para aprobar a materia é necesario alcanzar un total de 50 puntos.

Convocatoria
de segunda oportunidade 



-
Todos os estudantes deberán entregar os traballos 2 semanas antes da data
oficial de peche de actas.

-
Para aprobar a materia é necesario alcanzar un total de 50 puntos.

Consideracións de plaxio



A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de "0" suspendido
da materia na convocatoria correspondente, quedando invalidada calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria
extraordinaria.


Outras consideracións



- Segundo se recólle nas distintas normativas de
aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...).



- Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.



-Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para
corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica

Manual do Usuario EPANET 2.2. Rossman, L., Woo, H., Tryby, M., Shang, F., Janke, R., Haxton, T. (2002). US Environmental Protection Agency EPA. USA. 214p. https://www.epa.gov/system/files/documents/2021-07/epanet_users_manual_2.2.0-1.pdf

Storm water management model user's manual, version 5.1. Rossman, L. A. (2010). US Environmental Protection Agency EPA. USA. 276p. https://www.epa.gov/sites/default/files/2019-02/documents/epaswmm5_1_manual_master_8-2-15.pdf

Introdución ao cálculo de redes de saneamento con SWMM. Anta Álvarez, J., Naves, A., Naves, J. (2019). https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497336

Páxina web das ITOHG: http://augasdegalicia.xunta.es/es/ITOHG.htm

Bibliografía complementaria

Xestión das augas pluviais. Implicacións no deseño dos sistemas de saneamento e drenaxe urbana. Puertas, J., Suárez, J., Anta, J. (2008). Monografía M98, CEDEX, Madrid.

QGISRed: Ferramenta libre e profesional para construir e analizar Modelos Hidráulicos Avanzados de Redes de Distribución de Auga e Xemelos Digitais desde QGIS. https://qgisred.upv.es/files/manuals/QGISRed_0.16_usermanual_es.pdf


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Drenaxe Urbano Sostible/632549005

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías