Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Uso Agrario e Industrial da Auga Código 632549020
Titulación
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Pena Mosquera, Luis
Correo electrónico
luis.pena@udc.es
Profesorado
Pena Mosquera, Luis
Vázquez González, Ana María
Correo electrónico
luis.pena@udc.es
ana.maria.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CON1 Descreber os principios, conceptos e dimensións que comprende a xestión integrada dos recursos hídricos e o seu papel como ferramenta clave para acadar a seguridade hídrica e avanzar na consecución dos ODS asociados. Identificar os problemas relacionados co desenvolvemento, uso e acceso á auga. Identificar e comparar a lexislación en materia de augas, no ámbito europeo, estatal, autonómico e local, así como interpretar os marcos conceptuais sobre desenvolvemento sostible e a súa aplicación ao ámbito da auga, cunha focalización específica nos ODS. Fornecer as ferramentas para explicar a economía da auga. Enumerar os aspectos de fiscalidade pública que poden ser relevantes na xestión da auga
A2 CON2 Identificar os diferentes sistemas urbanos cunha vencellanza directa ou indirecta coa auga. Esquematizar as súas interrelacións e aplicar unha visión ecosistémica e interdisciplinaria. Recoñecer as diversas fontes de abastecemento de auga, as implicacións do seu uso e as súas consecuencias na degradación do medio natural, así como as súas posibilidades de reciclaxe e reutilización. Identificar e explicar as claves da integración da economía circular no sistema de auga urbana. Explicar cales son as ferramentas habituais para a conceptualización dos sistemas vencellados á auga urbana. Revisar as tendencias actuais sobre solucións baseadas na natureza para a xestión das augas pluviais urbanas. Interpretar o territorio para defender solucións máis ou menos centralizadas ou descentralizadas na xestión da auga urbana en áreas con poboación e actividades económicas dispersas
A3 CON3 Explicar as bases da química, a bioloxía e a morfoloxía dos ecosistemas acuáticos continentais. Fornecer a metodoloxía común da UE para avaliar o estado das masas de auga, e a súa adaptación a diferentes ámbitos territoriais. Identificar os modelos para avaliar as presións e os impactos sobre as masas de auga, comprendendo as súas oportunidades e limitacións. Indicar solucións para a mantemento e mellora do estado das masas de auga nos seus diferentes elementos de calidade. Identificar bioindicadores
A4 CON4 Enumerar os sistemas de tratamento de auga, tanto para o abastecemento a poboacións ou industrias, como para a depuración e posterior restitución aos medios naturais e reutilización da auga regenerada. Identificar e describir os desafíos emergentes no tratamento da auga
A5 CON5 Describir os fundamentos sobre a avaliación dos recursos hídricos e as principais ferramentas para a planificación hidrolóxica, a partir da Directiva Marco da Auga, da lexislación e dos marcos globais sobre asignación do recurso hídrico, incluíndo a componente ambiental. Demostrar que os servizos ecosistémicos vencellados á auga teñen un alto valor engadido e que as solucións baseadas na natureza permiten un enfoque sostible á xestión do recurso
B1 HAB1 Empregar e comparar a lexislación en materia de augas e os marcos conceptuais en materia de desenvolvemento sostible. Operar con ferramentas que permitan estimar as variables económicas (macro e micro) vencelladas á auga, e empregar as ferramentas para aplicar unha adecuada fiscalidade e política de custos á auga.
B3 HAB3 Seleccionar e operar sistemas de tratamento innovadores adaptados a distintas realidades, entornos xeográficos e requisitos de calidade, incluíndo os desafíos emergentes e a aplicación
B4 HAB4 Analizar a Directiva Marco da Auga e a Directiva de Inundacións da UE, as súas implicacións técnicas e a súa aplicación, a través da planificación hidrolóxica. Utilizar ferramentas informáticas para a resolución de problemas vencellados á xestión da auga, no marco de ambas directivas. Desenvolver medicións e análises de datos de interese hidrolóxico e vencellados ao estado das masas de auga. Avaliar o efecto do uso urbano na súa conca hidrográfica e analizar as consecuencias do vertido de augas (tratadas ou non) cara ás masas de auga receptoras, así como desenvolver estratexias de protección das zonas de xeración de auga superficial e subterránea nas conca, baixo o principio de recoñecemento e potenciación dos servizos ecosistémicos.
C1 COM1 Validar, xulgar e adaptar para unha situación concreta a lexislación en materia de augas. Sintetizar as variables económicas que interveñen nun problema vencellado á xestión da auga. Adaptar os marcos conceptuais, en particular os ODS, a un problema concreto.
C2 COM2 Integrar todos os sistemas de auga urbana nun marco de planificación global, nunha área completa. Avaliar o seu rendemento e optimizalo. Comparar distintos tipos de solucións, incluíndo aquelas adecuadas para núcleos dispersos e as baseadas na natureza.
C3 COM3 Xulgar o rendemento e a idoneidade de diversas propostas de tratamento de auga. Comparar diferentes alternativas. Integrar o criterio experto na planificación de sistemas de tratamento de auga, tendo en conta os desafíos emerxentes e as solucións verdes.
C4 COM4 Integrar as distintas fontes que xeran a oferta hídrica, e os usos que xeran a demanda, en sistemas ou balances que permitan unha adecuada xestión. Planificar o recurso hídrico na macroescala e na microescala, asignando a auga aos distintos usos, integrando as demandas ambientais e
C6 COM6 Integrar diferentes fontes de datos en marcos de decisión que permitan unha mellor xestión do recurso hídrico.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios dominar con soltura os conceptos básicos relacionados cos usos agrícolas e industriais da auga AP1
AP3
AP5
CP2
CP3
CP4
CP6
ferramentas necesarias para o estudo e deseño de instalacións de rega AP4
BP1
BP4
CP3
CP4
comprender as características intrínsecas de cada un dos sistemas de rego AP2
AP4
BP3
CP3
CP4
coñecementos sobre outros usos industriais da auga AP2
AP4
BP1
BP3
BP4
CP1
CP2
CP3
CP4
CP6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Introdución: A auga na agricultura 1.1 Relacións Solo-Auga
1.2 Relacións Auga-Planta
TEMA 2. Demanda de auga nos sistemas de rego 2.1 Introducción
2.2 Evapotranspiración
2.3 Necesidades hídricas dos cultivos
2.4 Calidade da auga de rego
2.5 Programación do rego
TEMA 3. Sistemas de Rego 3.1 Introducción
3.2 Rego por superficie
3.3 Rego por aspersión
3.4 Rego localizado: Goteo. Micoraspersión
3.5 Rego subterráneo. Fertirrigación
TEMA 4. Deseño de Sistemas de Rego 4.1 Canles. Tuberías. Redes
4.2 Bombas.Automatismos. Accesorios
4.3 Proxecto de sistema de rego. Exemplo
4.4 Resolución de caso práctico
TEMA 5. A auga na industria 5.1 A auga na industria

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C6 12 36 48
Saídas de campo A1 A2 A4 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 6 0 6
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C6 1 10 11
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C6 1 5 6
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C6 1 3 4
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a particiación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento.
Saídas de campo Realizaranse entre 1e 3 visitas a complexos industriais que serán ilustrativas dos usos industrais da auga. As explicacións didácticas correran a cargo dos encargados do traballo diarios das empresas, con exemplos prácticos.
Traballos tutelados Se realizarán 2 trabajos relacionados con la docencia impartida. Los pasos a seguir son: selección del tema, documentación, guión general, sesiones periódicas con el profesorado para el seguimiento, preparación de la presentación y exposición en el aula
Presentación oral Realizaranse unha exposicións en grupo a toda a clase do traballo tutelado
Proba de resposta múltiple Realizaranse breves probas, a través do campus virtual, para fixar coñecementos e verificar o grado de adquisicións da aprendizase

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado será tutelado individualmente para resolver todas as dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C6 Presentación na aula do traballos tutelado 10
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A5 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C6 Probas de resposta múltiple (tipo test) a traves do Campus Virtual dos coñecementos adquiridos nas clases maxistrais e nas saídas de campo. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B1 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C6 Traballos tutelados sobre: 1) deseño dunha instalacións de rega 2) usos industrais da auga 70
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Tarjuelo-Martín Benito (2005). El Riego por aspersión y su tecnología.
Losada Villasante, Alberto (2000). El Riego: fundamentos hidráulicos.
Medina San Juan, José A (1997). Riego por goteo : teoría y práctica.

Davis, C., Rosenblum, E. (eds.). 2021. Sustainable Industrial Water Use: Perspectives, Incentives, and Tools. IWA Publishing https://www.iwapublishing.com/books/9781789060669/sustainable-industrial-water-use-perspectives-incentives-and-tools

• Zhang, Y., Geissen, S.U., Track, T. (eds.). 2023. Water in Industry. IWA Publishing https://www.iwapublishing.com/books/9781789064148/water-industry

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

 

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías