Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) GIS Aplicado á Xestión da Auga Código 632549025
Titulación
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Profesorado
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende desenvolver e avanzar nas capacidades de análise xeoespacial mediante o coñecemento e uso de técnicas de tratamento de datos xeográficos mediante os Sistemas de Información Xeográfica (SIG) aplicados á xestión dos recursos hídricos. Para iso profundarase no concepto dos datos xeoespaciais, e nos procesos para a súa adquisición, almacenamento, tratamento, análise, modelado e presentación da información xeográfica relacionada coa xestión da auga.

Os coñecementos teóricos serán transmitidos mediante o desenvolvemento de clases participativas complementadas con espazos virtuais de información. A maior parte das clases terán un carácter eminentemente práctico, polo que se fomentará o traballo diario mediante a realización de exercicios, que nalgúns casos deberanse entregar ao final da sesión docente.

Para consolidar os contidos tratados na materia, proponse a asistencia a clase e desenvolver prácticas puntuables, que no caso de ser adecuadas conlevarán o aprobado da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CON7 Demostrar mediante casos concretos que os sistemas de información xeográfica (SIG) son unha ferramenta básica na xestión da auga, aplicados á xestión dos recursos hídricos. Explicar as funcionalidades básicas e avanzadas dos SIG para a elaboración, análise e interpretación de información xeoespacial de interese hidrolóxico.
A8 CON8 Recoñecer as principais ferramentas para o manexo de datos hidrolóxicos e vencellados á xestión da auga, e como os datos poden ser usados para a toma de decisións, mediante métodos baseados en conceptos estatísticos ou en intelixencia artificial.
B5 HAB5 Utilizar sistemas de información xeográfica (SIG) para o tratamento e elaboración de datos xeoespaciais. Manexar ferramentas SIG, ferramentas estatísticas e ferramentas baseadas en intelixencia artificial para a análise de datos vencellados á xestión da auga
C4 COM4 Integrar as distintas fontes que xeran a oferta hídrica, e os usos que xeran a demanda, en sistemas ou balances que permitan unha adecuada xestión. Planificar o recurso hídrico na macroescala e na microescala, asignando a auga aos distintos usos, integrando as demandas ambientais e
C6 COM6 Integrar diferentes fontes de datos en marcos de decisión que permitan unha mellor xestión do recurso hídrico.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir e desenvolver as capacidades de análise xeoespacial e as técnicas de representación cartográfica para plasmar sobre un mapa realidades sobre a información hidrolóxica ou novos deseños de sistemas para a xestión da mesma. AP7
AP8
BP5
CP4
CP6

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción ás tecnoloxías de información xeográfica na xestión do auga Concepto de información xeográfica. Fundamentos cartográficos. Evolución das TIG na xestión da auga. Modelos de representación da información xeográfica.
2. Fontes de datos xeográficos en estudios hidrolóxicos. A organización nun SIG. Infraestruturas de Datos Espaciais (IDE). Web Mapping. Geoportales de interese en estudos hidrolóxicos. SIX Participativo.
3. Edición e tratamento de datos xeográficos. Bases de datos xeolocalizadas (geodatabase). Calidade dos datos. Tipos de datos espaciais: ráster e vectorial. Edición gráfica e alfanumérica de datos xeográficos. Creación de capas xeográficas.
4. Xeoprocesos vectoriales e xeomorfometría. Tipos de análises e relacións espaciais para datos hidrolóxicos. Consultas temáticas. Álxebra de mapas. Operacións xeométricas. Superficies de fricción. Custo acumulado. Análise de redes. Modelo Dixital do Terreo. Análise morfométrico. Análise hidrolóxica.
5. Deseño de mapas hidrolóxicos. O mapa para a representación de recursos hidrolóxicos. Composición e tipoloxía de mapas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A7 A8 B5 C4 C6 15 30 45
Sesión maxistral A7 A8 B5 C4 C6 6 24 30
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro A materia fundaméntase en sesións eminentemente prácticas que permiten aos alumnos poñer a proba os coñecementos adquiridos e desenvolver o pensamento e a visión xeoespacial que se require na titulación. Algúns destes exercicios recóllense durante as sesións de taller e outros se permite que se terminen en casa para ser entregados máis adiante. Estes exercicios serán puntuables para a avaliación da materia.
Sesión maxistral Establécense sesións teóricas nas que se transmiten os contidos teóricos principais da materia. Durante estas sesións foméntase a participación dos alumnos mediante a xeración de cuestións curtas así como a proposta de exemplos prácticos

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Durante o desenvolvemento das prácticas propostas faise unha avaliación individual dos problemas atopados durante as sesións de taller. Coméntanse cos alumnos os fallos detectados e exponse alternativas de mellora para os mesmos.
O traballo de curso conta cun seguimento continuo mediante revisións individuais dos avances realizados, corrixindo con cada alumno as deficiencias ou problemas atopados e establecendo novas tarefas para aumentar a calidade dos traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A7 A8 B5 C4 C6 Todas as prácticas e exercicios expostos para entregar, son tidos en conta para a avaliación da materia, ademais da asistencia a clase. 100
 
Observacións avaliación
O sistema de avaliación basearase nunha avaliación continua mediante o seguimento dos traballos, prácticas e intervencións dos alumnos nas clases. A asistencia a clase contará para a nota final da materia. Cada práctica proposta para entregar terá unha puntuación concreta e avaliarase individualmente, de forma que cada alumno irá sumando as notas de cada exercicio entregado en tempo e forma.

Se se asistiu a clase con normalidade, e a nota de todas as valoracións das prácticas é superior ou igual á nota mínima esixida, a materia considerarase aprobada. En caso contrario o alumno poderá volver presentar os exercicios puntuables na seguinte convocatoria.

En casos excepcionais, poderá exporse unha proba de avaliación de coñecementos final.

Fontes de información
Bibliografía básica Víctor Olaya (2012). Sistemas de Información Geográfica. OSGeo

Los conocimientos básicos teóricos que se trabajarán durante el curso están recogidos fundamentalmente en el libro de Victor Olaya recomentado, que se puede encontrar en formato digital en http://wiki.osgeo.org/wiki/Libro_SIG

Los contenidos prácticos se desarrollarán fundamentalmente con el programa QGIS https://qgis.org

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías