OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN DA MATERIA
A asistencia regular ás clases prácticas e a entrega das mesmas nas datas e horarios indicados son condicións necesarias para superar a materia.
As prácticas individuais obrigatorias rexeranse polo Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, artigo 11, apartado 4b, aprobado por Consello de Goberno.
PRESENTADO
Considérase como PRESENTADO a calquera alumno que presentase un mínimo dunha actividade de avaliación.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
As prácticas de entrega obrigatoria cualificadas na primeira oportunidade como SUSPENSO, poderán ser entregadas de novo, tras corrección e mellora, para a avaliación en segunda oportunidade.
MATRÍCULA PARCIAL
O estudante debe comunicar tal situación ao profesorado. Elimínase a obrigatoriedade de asistencia ás clases prácticas pero non a entrega das prácticas obrigatorias para avaliación.