Antes da realización da 1ª proba oral proporanse dous exercicios prácticos do tema 2 a resolver de forma individual e optativa. A cualificación destes exercicios engadirase á nota global da materia (máximo 2.5 sobre 100).
Ao longo do 2º cuadrimestre realizaranse de dúas a catro probas prácticas individuais e optativas para avaliar os contidos impartidos ata ese momento do 2º cuadrimestre, a realizar en horas de clase. A cualificación destas probas sumarase á nota global da materia (máximo 5 sobre 100).
Para superar a materia, os estudantes deberán obter unha nota igual ou superior a 50 sobre 100, suma dos resultados de todas as probas.
Dentro do mesmo curso académico, os estudantes con nota igual ou superior a 40 sobre 100 nalgunha parte (cuadrimestre) da proba obxectiva poderán presentarse unicamente á outra parte.
Os estudantes que se presenten a unha parte nos exames finais perden a nota que puidesen ter desa parte de exames anteriores.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.