Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A10 |
CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros. |
A13 |
CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A15 |
CE15 - Xestionar os recursos financeiros. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A20 |
CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprende-la problemática financeira da empresa
|
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Comprende-la lóxica financeira
|
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13
|
C1 C4 C8
|
Coñece-los fundamentos teóricos das finanzas |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Obter e interpreta-la información económico-financeira |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Manexa-los modelos financeiros básicos |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñece-la terminoloxía financeira |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
A función financeira da empresa |
Conceptos básicos sobre a empresa e o empresario
Contido da función financeira
O obxectivo financeiro: valor vs. beneficio, dividendos, etc.
A contorna financeira da empresa |
O patrimonio e as rendas da empresa |
O patrimonio da empresa: o activo e o pasivo. O equilibrio financeiro.
As rendas da empresa: a rendibilidade e o custo do financiamento
Fundamentos de análise financeira
Capital circulante e fondo de rotación |
A estrutura financeira da empresa |
A estrutura financeira e o custo de capital
Fontes de financiamento: características básicas e custo |
Decisións de investimento |
Concepto e clases de investimentos
Métodos para a análise de investimentos |
Xestión financeira e curto prazo |
Xestión de tesourería
Xestión de stocks
O risco de creto |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
16 |
32 |
48 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
16 |
32 |
48 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
4 |
28 |
32 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
6 |
12 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación dos aspectos básicos dos capítulos. O peso real da lección maxistral na docencia diaria dependerá do grao en que o alumnado desenvolva o traballo persoal preparatorio necesario para que poidamos desenvolver actividades participativas. |
Solución de problemas |
Actividades prácticas baseadas en exercicios, casos e/ou problemas, individuais ou en grupo. O grao de interactividade dependerá do desenvolvemento do traballo persoal preparatorio por parte do alumnado. |
Proba mixta |
Probas puntuables con contido teórico e práctico, e cuestións en calquera formato: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc. |
Prácticas a través de TIC |
Tarefas, análise de casos e/ou resolución de problemas empregando recursos TIC. A programación destas actividades dependerá da realización do traballo persoal deslocalizado necesario para a súa preparación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Solución de problemas |
Proba mixta |
|
Descrición |
As titorías desenvolveranse previa petición de cita, de xeito persoal ou en formato electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018. Estes criterios son de aplicación tamén ós alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
As TGR programaranse coa debida antelación, en dúas sesións en formato electrónico, nas datas que conveñan considerando as necesidades do grupo, ata sumar un total de 4 horas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, cada unha delas valorada sobre 5 puntos, e que poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas en calquera combinación de formatos: test, desenvolvemento, casos, exercicios numéricos, etc.
Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda, na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba.
Segunda oportunidade: salvo indicación en contrario, ambas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final. A cualificación calcúlase co mellor resultado de cada proba, entre os obtidos na primeira e a segunda oportunidade.
Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero.
Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación.
A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior.
|
100 |
|
Observacións avaliación |
Formato das probas: realizaranse de xeito
presencial e nas datas establecidas, sen perxuízo das excepcións previstas na
normativa académica. No caso de se empregar un formato telemático, aplicaranse as seguintes
regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nos termos e condicións
sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se os rexistros da plataforma
indican que se accedeu a elas, independentemente de que se rexistren ou non as
respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omiti-la confirmación, a
actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O
incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, a cualificación
cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente por fraude segundo a
normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao acceso tardío ás probas
telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos medios necesarios para
acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unha avaliación
neste formato. Fraude: é de aplicación o previsto no artigo 14 da normativa de avaliación
da UDC, e no punto b do apartado 4 do artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. De acordo co
previsto nestas normas, as persoas implicadas serán expulsadas da proba e
recibirán una cualificación de cero en ámbalas oportunidades do curso
académico, sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias adicionais que poidan
ser esixibles. Instrumentos electrónicos: salvo autorización expresa, non se permite o
acceso á aula con dispositivos electrónicos susceptibles de almacenar e/ou
transmitir datos, tales como smartwatches, móbiles ou calculadoras
intelixentes. A presenza en lugares inxustificados entenderase motivo
suficiente para a expulsión da proba, coas consecuencias previstas no parágrafo
anterior. Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización das probas de
avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semana lectiva do
cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida en que as
posibilidades técnicas e organizativas o permitan. Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidade
de acordo coa normativa vixente.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Dirección Financeira I/650G01019 | Dirección Financeira II/650G01025 |
|
Observacións |
Sobre a metodoloxía A materia está deseñada en atención á distribución do tempo de traballo
establecido no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito
transferible europeo (ECTS) e nas liñas xerais da Declaración de Bolonia. Neste
contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de simplemente asistir
ás aulas. O traballo non termina cando sae da aula e/ou finaliza a sesión
telemática, e non todo o traballo se realiza na Facultade. O plano de estudos
está deseñado para ter unha combinación de traballo presencial de 50 horas e
100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas son o tempo que
un estudante promedio debe adicar ás súas tarefas persoais (lecturas,
preparación de notas e, naturalmente, tempo de estudo) e para prepara-las
actividades que se programan ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos,
prácticas baseadas en TIC, etc.). As sesións presenciais adicaranse
principalmente a discuti-los aspectos teóricos
básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas xerais e
desenvolver actividades prácticas e interactivas. Partindo deste traballo
común, prográmase o traballo individual que cada estudante debe desenvolver
para as seguintes sesións, coa orientación e o apoio dos seus profesores cando
sexa necesario. Cumprimento da normativa sanitaria
A participación nas actividades presenciais require
inescusablemente o estrito cumprimento das indicacións das autoridades sanitarias.
Atenderanse as instrucións e/ou adaptacións que poidan recibirse, na medida en
que afecten á organización da materia. |
|