Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A4 |
CE4 - Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira. |
A6 |
CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial. |
A7 |
CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión. |
A8 |
CE8 - Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A10 |
CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros. |
A11 |
CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas. |
A12 |
CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A17 |
CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
A23 |
CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvimiento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnología e a información dispoñible para resolver problemas cos que deben afrontarse. |
A1
|
B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C8
|
Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía
|
A3 A4 A6 A7 A8 A9 A17 A21 A23
|
B1 B2
|
C5
|
Aplicar á análise dos problemas criterios profissionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. Comunicarse con fluidez no seu contorno el trabalhar en equipo. |
A10 A11 A12
|
B3 B4 B11 B12 B13 B14
|
C2 C3 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. MACROMAGNITUDES NA CONTABILIDADE NACIONAL |
TEMA 1.
1.1.- Macroeconomía e política macroeconómica
1.2.- Producto Nacional Bruto e Producto Nacional Neto
1.3.- Producto Interior Bruto
1.4.- Os problemas de medición da producción nacional
1.5.- Producción nominal e producción real
1.6.- Os índices de precios
1.7.- Renda Nacional, Renda Persoal, Renda dispoñible
1.8.- O Gasto. Os compoñentes da demanda agregada
1.9. Identidades Macroeconómicas importantes
|
TEMA 2. A RENDA DE EQUILIBRIO |
TEMA 2.
2.1. A producción de equilibrio
2.2. A función de consumo
2.2.1. Factores dos que depende o consumo
2.3. Outras formulacións da función de consumo
2.4. A función de aforro
2.5. A demanda de inversión
2.6. A determinación da renda de equilibrio nun modelo simple
2.7. A determinación da renda de equilibrio nun modelo con sector público
2.8. A estabilidade da renda de equilibrio
|
TEMA 3. O ESTUDO DO MULTIPLICADOR |
TEMA 3.
3.1. Efectos dun desprazamento da función de aforro
3.1.1. Variación da función de aforro
3.1.2. Variación da inversión
3.2. Introducción ó estudo dos multiplicadores
3.2.1. O multiplicador dinámico
3.2.2. O multiplicador con impostos fixos
3.3. O teorema do presuposto equilibrado
3.4. Deducción dos multiplicadores considerando os impostos en función da renda
3.4.1. Impostos crecentes coa renda
3.4.2. Multiplicador dunha variación da taxa impositiva
3.5. O multiplicador nunha economía aberta.
|
TEMA 4. A DEMANDA DE INVERSIÓN. A CURVA IS |
TEMA 4.
4.1. A introducción do tipo de xuro
4.2. A decisión de investir
4.3. A inversión coma un proceso de axuste de capital
4.4. Renda de equilibrio e tipo de xuro. A curva IS
4.4.1. A pendente da curva IS
4.4.2. Os desplazamentos da curva IS
|
TEMA 5. O MERCADO DO DIÑEIRO |
TEMA 5.
5.1. A oferta de diñeiro
5.2. A demanda de diñeiro
5.3. O equilibrio no mercado do diñeiro
5.4. O proceso de expansión do diñeiro bancario
5.5. Renda de equilibrio e tipo de xuro no mercado de activos. A curva LM
5.6. Os puntos á esquerda e á dereita das curvas IS e LM
5.7 A base monetaria
5.7.1. Relación entre a base monetaria e oferta monetaria. O multiplicador monetario
5.8. A demanda de diñeiro transaccional
5.9. Velocidade de circulación do diñeiro e demanda de diñeiro
5.10. A política monetaria e a trampa da liquidez
5.11. Os tipos de xuro do Eurosistema
|
TEMA 6. A CURVA DE DEMANDA AGREGADA |
TEMA 6.
6.1. A curva de demanda agregada
6.1.1. A representación gráfica da curva de demanda agregada
6.1.2. Os desplazamentos da curva de demanda agregada
6.2. Explicación analítica da curva de demanda agregada
|
TEMA 7. POLÍTICA FISCAL E POLÍTICA MONETARIA |
TEMA 7.
7.1. Introducción
7.2. A política fiscal
7.2.1. Un incremento do gasto público
7.2.2. O multiplicador do gasto público
7.2.3. Un cambio da taxa impositiva
7.2.4. O multiplicador dun cambio da taxa impositiva
7.2.5. O multiplicador do presuposto equilibrado
7.2.6. A efectividade da política fiscal
7.3. A política monetaria
7.3.1. Cambios na oferta monetaria
7.3.2. O multiplicador dos cambios da oferta monetaria
7.3.3. A efectividade da política monetaria
7.4. A eficacia e a certidume das políticas fiscal e monetaria
7.5. A interacción da política monetaria e fiscal
|
TEMA 8. O MERCADO DE TRABALLO E A OFERTA AGREGADA |
TEMA 8.
8.1. Os supostos fundamentais do modelo clásico
8.2. As diferencias entre o modelo clásico e o modelo keynesiano
8.3. A función de producción. Productividade total, media e marxinal.
8.4. A demanda de traballo neoclásica.
8.5. A oferta de traballo neoclásica
8.6. O modelo clásico completo
8.7. A oferta agregada na economía clásica. A curva de oferta agregada (SA)
8.8. Resultados da política fiscal no modelo clásico
8.9. Resultados da política monetaria no modelo neoclásico
8.10. Política monetaria con efecto riqueza no modelo clásico.
8.11. As políticas de oferta no modelo clásico
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A17 A21 A23 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
17 |
34 |
51 |
Proba obxectiva |
A4 A6 A7 A8 A10 A11 |
5 |
29 |
34 |
Solución de problemas |
A4 A6 A7 A8 A10 A11 |
25 |
25 |
50 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademais de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, a linguaxe matemática e a linguaxe gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. Todos os contidos someteranse ás probas obxectivas nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada. |
Proba obxectiva |
Os exames da asignatura se realizarán nas convocatorias oficiais, nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada. Esta proba se puntuará entre 0 e 4 puntos, debendo o alumno obter como mínimo 2 puntos para superar dita proba. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta soamente unha. Os erros restarán puntuación. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas, sendo o sistema de avaliación de estes test o mesmo que o dos restantes test. O exame tamén poderá conter temas de desenvolvemento do programa e/ou a proposta de problemas, pois consideramos que o desenvolvemento de contidos con linguaxe literario, gráfico e matemático é adecuado no estudo da Macroeconomía. |
Solución de problemas |
Na aula se podrán propoñer problemas que os alumnos deberán resolver, así como a realización de traballos. Os problemas e os casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxistrais. A medida que se van explicando os temas, poderanse propoñer avaliacións dos temas tratados. Estas avaliacións non serán liberatorias en ningún caso. As puntuacións acadadas polos alumnos formarán parte do 60% asignado á solución de problemas na clase e mais á actividade de clase. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Sesión maxistral |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
A atención personalizada ó alumno levarase a cabo de forma virtual. Se ben o tempo programado é de 15 horas, o profesor disporá dun maior número de horas para esta labor. Por tanto, a atención personalizada se debe entender como unha labor continua. Nesta actividade de atención personalizada ó alumno se inclue a acción de titoría en grupos reducidos, a razón de 4 horas por cada grupo de 15 alumnos. Esta actividade está incluida nas 15 horas de atención personalizada ó alumno que se recolle no apartado 4: Planificación.
Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: empregarase a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. Terán a mesma obriga de realizaren actividades que o alumnado a tempo completo.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A4 A6 A7 A8 A10 A11 |
O profesor propoñerá ós alumnos actividades que se deben desenvolver ó longo do curso. O profesor utilizará aquelas actividades, como solución de problemas e exposición de resultados, realización de exercicios sobre os contidos, e realización de traballos, que estime máis axeitada para o seguimento do curso. Se valorará a resolución e a exposición dos problemas ou traballos na clase, de forma individual ou en conxunto e mailas solucións dadas ós exercicios propostos. A calificación máxima destas actividades é de 6 puntos. Estas actividades poderanse avaliar tamén a través de cuestionarios que se presentarán periodicamente ós alumnos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. O número de cuestionarios ou test no cuadrimestre será de tres. As cualificacións que se obteñan nestos cuestionarios se incluen no 60% reservado a actividade da clase. Para os alumnos que teñan dispensa académica de exención de asistencia ás clases estos cuestionarios poderanse realizar en datas e horarios diferentes dos establecidos para o resto dos alumnos. As puntuacións que se houberan acadado (máximo 6 puntos) non terán en ningún caso carácter liberatorio dos contidos do programa. |
60 |
Proba obxectiva |
A4 A6 A7 A8 A10 A11 |
Esta proba se celebrará nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, correspondentes ós exámenes finais, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, coma na oportunidade adiantada de decembro. A nota máxima desta proba será de 4 puntos. Para superar a proba obxectiva o alumno debe acadar como mínimo 2 puntos no examen. O alumno se considerará aprobado na asignatura sempre que a súa nota total, suma da proba obxectiva (sempre que nela se obtiveran polo menos 2 puntos) e dos problemas ou actividades de clase propostas, sexa de 5 ou máis puntos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. A linguaxe literaria, gráfica e matemática resulta útil para valorar de maneira axeitada os coñecementos adquiridos. Por esta razón, tamén poderá consistir a proba obxectiva en preguntas de desenvolvemento do programa e/ou da realización de problemas. Neste caso, a calificación será tamén dun máximo de 4 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 2 puntos para poderse sumar á puntuación obtida no apartado de actividades. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 2. Identificación do estudantado: O estudantado acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. 3. Asistencia a clase obrigotoria. A asistencia a clase é obrigatoria. É necesaria unha asistencia a clase do 80% para poder ser avalidado B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da calificación acadada.
2. Estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia ás aulas, serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados no paso 7. Avaliación. 2. Segunda oportunidade: atendendo ao artigo 18, apartado 5, das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e Mestrado, a segunda oportunidade debeá garantir a posibilidade de superación da materia polo estudantado, polo que compre modificar as porcentaxes de cualificación respecto da primeira oportunidade. Polo tanto a solución de problemas, pasaría a supoñer un 30% da cualificación e a proba obxectiva un 70%. Na segunda oportunidade conservaranse polo alumnado as calificacións acadadas na avaliación continua (cunha ponderación de un 30%), pero non a acadada na proba obxectiva. Alternativamente, e dado que o exame final incorpora a recuperación de contidos avaliados durante o curso, podería acadarse o 100% da cualificación, no caso de que esta fose superior ao resultado de aplicar as porcentaxes do 30% e 70% citadas anteriormente.
3. Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiamantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grado e Mestrado Universitario) serán especificas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba que representará o 100% da calificación final.
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
1.-Sobre mínimos nos criterios de avaliación Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba obxectiva é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícarase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba obxectiva acade un mínimo do 50% da puntuación da proba. 2. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificacado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN (2009). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN (2008). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA EJERCICIOS. EDERSA
DORNBUSCH, R. Y S. FISCHER (VARIAS EDICIONES). MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
BLANCHARD, O (2017). MACROECONOMÍA. PEARSON
PATEIRO RODRÍGUEZ, C., L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA (2020). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA. . REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L.
PATEIRO RODRÍGUEZ, C., L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA (2020). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA. LIBRO DE PROBLEMAS, TEST Y EXÁMENES RESUELTOS. REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L. |
|
Bibliografía complementaria
|
MOCHÓN, F. Y VICTOR ALBERTO BEKER (2008). ECONOMÍA, PRINCIPIOS Y APLICACIONES. MC-GRAW HILL
RODRÍGUEZ, J., F. MOCHÓN, Y OTROS (1993). ELEMENTOS Y CUESTIONES DE T. ECONÓMICA. UNED
KRUGMAN, P. WELLS, R. y K. GRADDY (2015). FUNDAMENTOS DE ECONOMÍA . REVERTE
MOCHÓN, F. Y J. DÍAZ DE, REBECA (2010). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. EJERCICIOS. EDICIONES ACADÉMICAS
ESCRIBÁ, F.J. Y OTROS (1995). INTRODUCCIÓN PRÁCTICA A LA ECONOMÍA. MCGRAW HILL
JONES, CHARLES, I. (2009). MACROECONOMÍA. ANTONI BOSCH |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G02001 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Se recomenda ao alumnado un seguimento
continuo da asignatura. Se aconsella a asistencia ás sesións maxistrais e ás
actividades de solución de problemas. Se aconsella ao alumno que resolva cantas
dúbidas se lle presenten, ben sexa na aula ou ben sexa na titoría. 1. A entrega dos
traballos documentais que se realicen nesta materia, de ser o caso: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de
imprimilos 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado,
igualitario e proveitoso á vida universitaria. - Segundo se re PERSPECTIVA DE XÉNERO: - Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, incorporarase a perspectiva de xénero nesta materia |
|