Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A6 |
CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A11 |
CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas. |
A12 |
CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A13 |
CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A15 |
CE15 - Xestionar os recursos financeiros. |
A16 |
CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial. |
A17 |
CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A19 |
CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante. |
A22 |
CE22 - Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado ou non especializado. |
|
B2 B4 B6 B14
|
C1 C4
|
Elaborar informes profesionais. |
A3 A11 A12 A16 A17 A18 A19
|
B5 B6 B9
|
C1 C5
|
Reflexionar de forma crítica sobre o desenvolvemento profesional e establecer necesidades propias de formación. |
A1
|
B5 B6 B9
|
C5 C7
|
Buscar e sintetizar información relevante sobre o contorno da empresa. |
A6 A16 A17
|
B3 B6 B7 B8 B12 B13
|
C2 C3 C6
|
Desenvolver estratexias competitivas e corporativas co fin de alcanzar os obxectivos da organización. |
A9 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A19
|
B1 B6 B8 B10 B11 B12
|
C4 C6 C8
|
Describir os principios e os modelos básicos do deseño organizativo. |
A3 A16 A18
|
B6
|
|
Describir os principais mecanismos de incentivos nas diferentes configuracións estruturais e valorar o seu funcionamento. |
A13 A16 A22
|
B6
|
|
Analizar e experimentar os procesos de toma de decisións individuais e en grupo. |
A9
|
B11 B14
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A análise estratéxica das organizacións. |
- Os obxectivos estratéxicos: supostos de conduta e problemas de axencia.
- A análise estratéxica interna e do entorno.
|
Tema 2. As estratexias corporativas. |
- O ámbito da empresa e os custos de transacción.
- As estratexias de crecemento, estabilidade e supervivencia. |
Tema 3. A vantaxe competitiva. |
- Adaptación ao cambio e vantaxes competitivas.
- As fontes de vantaxe competitiva. |
Tema 4. Configuracións estruturais básicas. |
- Características xerais das configuracións estruturais.
- Vantaxes e problemas das configuracións estruturais |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A11 A13 A15 A16 A18 A22 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C6 C8 |
17 |
0 |
17 |
Estudo de casos |
A1 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A17 A22 B3 B5 C4 C5 C6 C7 |
10 |
10 |
20 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B2 B4 C1 C6 |
2 |
55 |
57 |
Traballos tutelados |
A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
10 |
36 |
46 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Corresponderase coas 17 horas de docencia expositiva que figuran no POD.
Nelas desenvolveranse os conceptos fundamentais da asignatura e se establecerá o marco teórico da mesma.
|
Estudo de casos |
Docencia interactiva e traballo autónomo.
Nesta metodoloxia inclúense todo tipo de probas, exercicios, traballos grupais, casos prácticos,... que os profesores estimen necesarios para o desenrolo da docencia interactiva.
|
Proba de resposta múltiple |
Exame final da materia |
Traballos tutelados |
Docencia interactiva e traballo autónomo.
Traballos en grupo nos que se aplicarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais cun seguimento por parte dos profesores ao longo do cuadrimestre.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para a realización dos traballos tutelados grupais, é importante consultar cos profesores os avances que se van realizando, para que estes podan ofrecer, en cada caso, as orientacións necesarias que aseguren o aprendizaxe dos alumnos, así como a calidade do traballo dacordo cos criterios que se indicarán na clase e se colgarán na plataforma Moodle.
O seguimento dos traballos farase, grupo a grupo, nas Tutorías de Grupo Reducido (TGR). Estas son 4 horas e realizaranse de forma presencial. O principio de curso avisarase das datas concretas.
Ademais o estudante poderá consultar calqueira dúbida relacionada coa materia nas tutorías de despacho.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A1 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A17 A22 B3 B5 C4 C5 C6 C7 |
Na cualificación inclúense: exercicios, estudo de casos e calquera outro tipo de probas que o profesor plantexe ó longo do período lectivo. |
15 |
Traballos tutelados |
A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 |
A cualificación estará formada pola obtida nos traballos tutelados realizados en grupo (a mesma para tódolos integrantes do equipo) e pola obtida na presentación oral do traballo e preguntas sobre o mesmo (que será individual para cada alumno/a). |
25 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B2 B4 C1 C6 |
Exame final da materia |
60 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A avaliación consta de dúas partes: 1. Avaliación continua (solución de problemas e traballo tutelado): supón un 40% da cualificación. 2. Exame final: supón un 60% da cualificación. As actividades de avaliación continua fanse ao longo do curso. A realización do estudo de casos non é posible fora do período lectivo, dado que se realizan na súa totalidade ou en parte dentro da aula. En canto ó traballo tutelado, en todas as presentacións orais e revisións que se establezan ao longo do curso, participarán obrigatoriamente todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración. A nota correspondente ó traballo tutelado será a media aritmética da nota correspondente ó contido do traballo e a nota obtida na presentación oral (presentación e resposta ás preguntas da profesora) sempre que o contido alcance o 5. De non ser así, a nota do traballo tutelado será a nota correspondente ó contido. Para sumar a nota do exame final á nota da avaliación continua, é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final. Para superar a materia a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%. Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Os criterios de avaliación e cualificación son exactamente iguais na primeira e na segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade, pero en ningún caso para cursos posteriores. Na segunda oportunidade, o estudiante pode recuperar a avaliación continua resolvendo dous casos prácticos na data do exame oficial. A nota final neste caso sería 0,5*nota media casos prácticos+0,5*nota examen. O estudiante debe informar de que opta por esta opción á profesora con, por lo menos, quince días de antelación. OUTRAS OBSERVACIÓNS XENERAIS: - A asistencia á clase é obligatoria. Esixese unha asistencia mínima do 70% para poder ser avaliada a parte de avaliación continua na primeira oportunidade. - Na convocatoria adiantada, o 100% da nota corresponde a un exame de respuesta múltiple (70% da nota) e 3 preguntas de resposta amplia (30% da nota). - O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar esta circunstancia á profesora ao comezo do curso. Aplicarase o mesmo sistema de avaliación (coa particularidade de que o traballo tutelado poderaio facer a título individual). No caso deste alumnado, excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio de curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. - As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto pola profesora estarán colgadas na plataforma Moodle. - Calquera información, aviso. etc. notificarase aos alumnos por email ou Teams. - A cualificación de Non presentado esixe que o alumno non teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. - Se non se presenta ó exame un alumno que teña participado en actividades de avaliación que superen o 20% da nota final, a nota final nesa oportunidade será cero. - Os alumnos deberán acreditar a súa identidade dacordo coa normativa vixente. - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario". - É responsabilidade do alumnado consultar a dirección de email que a UDC lles asigne.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Grant, Robert M. (2004). Dirección estratégica. Madrid: Thomson Civitas
Navas López, J. E.; Guerras Martín, L. A. (2016). Fundamentos de dirección estratégica de la empresa. Navarra: Thomson Reuters Civitas
Mintzberg, H. (2012). La estructuración de las organizaciones. Barcelona: Ariel |
|
Bibliografía complementaria
|
Kates, A., Galbraith, J.R. (2007). Designing your organization. San Francisco, CA: Wiley
Brickley, J., Smith, C., Zimmerman, J. (2005). Economía Empresarial y Arquitectura de las Organizaciones. . Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España
Douma, S.; Schreuder, H. (2009). Enfoques económicos para el análisis de las organizaciones. Madrid: Pearson
Gibbons, R. (2005). Four Formal(izable) Theories of the Firm? . Journal of Economic Behavior and Organization 58: 202-247.
Cuervo García, A. (2008). Introducción a la administración de empresas. Madrid : Thomson Civitas
Claver Cortés, E. et al. (1998 (imp. 2007)). Manual de administración de empresas. Madrid : Civitas
Gibbons, R. (2010). Organizational Economics and Corporate Strategy, Lectures 1 & 2. . MBA Course 15.903 at the MIT Sloan School of Management. Available at: http://web.mit.edu/rg
Lazear, E. (2000). Performance Pay and Productivity.. American Economic Review 90: 1346-61.
Chermack, T.J. (2011). Scenario Planning in Organizations. San Francisco, CA: Berrett-Koehler Publishers
Gibbons, R. (2003). Team Theory, Garbage Cans, and Real Organizations: Some History and Prospects of Economic Research on Decision-Making in Organizations. . Industrial and Corporate Change 12: 753-87.
Coase, R. (1937). The Nature of the Firm.. Economica, 4: 386-405
Williamson, O. (1979). Transaction Cost Economics: The Governance of Contractual Relations.. Journal of Law and Economics 22: 233-61. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Economía da Empresa: Función Organizativa/650G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Economía e Xestión da Empresa Familiar/650G01040 |
|
Observacións |
Recomendacións:
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, email ou One Drive, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|