Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A4 |
CE4 - Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A6 |
CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial. |
A7 |
CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión. |
A8 |
CE8 - Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A11 |
CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas. |
A12 |
CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A16 |
CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial. |
A17 |
CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A19 |
CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante. |
A20 |
CE20 - Identificar e operar o software adecuado. Deseñar e implementar sistemas de información. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
A23 |
CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais. |
A24 |
CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Asimilar os conceptos básicos das bases de datos para mellorar a capacidade de dirección dos desenvolvementos informáticos da empresa. |
A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Coñecer os fundamentos dos Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD). |
A4 A5 A20 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B14
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Coñecer e entender as estruturas, restricións e operacións básicas do modelo relacional. |
A4 A5 A20 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B14
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Ser capaz de crear, alimentar e consultar unha base de datos previamente deseñada utilizando SQL en modo interactivo. |
A4 A5 A20 A21 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B11 B12 B14
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Entender a necesidade de deseñar modelos conceptuais; coñecer e ser capaz de utilizar o modelo ER. |
A4 A5 A20 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B11 B14
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Aprender a racionalizar e reflectir formalmente as necesidades de almacenamento de información da empresa para poder realizar unha organización dos datos que permita o seu uso eficiente. |
A4 A5 A6 A16 A19 A20 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B11 B12 B14
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Coñecer a existencia doutros modelos distintos do relacional. |
A4 A5 A20 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B11 B14
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Coñecer as bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial (Data mining, Data warehouse e OLAP) |
A4 A5 A16 A19 A20 A21 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10 B11 B12 B14
|
C1 C2 C3 C6 C8
|
Manterse motivado para profundizar na informática como ferramenta imprescindíbel para o desempeño da profesión. |
A1 A5 A11 A19 A20
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución ás bases de datos. |
As bases de datos relacionais.
Os Sistemas Xestores de Bases de Datos. |
O modelo relacional. |
Definición de relación.
Dominios e atributos.
Claves.
Restricións de integridade. |
Metodoloxía de deseño de bases de datos. |
Problemas de malos deseños.
Metodoloxía. |
Deseño conceptual de bases de datos. |
Introdución ao Modelo Entidade-Relación. |
Linguaxe de consulta de bases de datos: SQL. |
Sentencias de consulta.
Sentencias de definición e actualización. |
As bases de datos como soporte á toma de decisión xerencial. |
Bases de datos multidimensionais, Data mining, Data warehouse e OLAP. |
Creación e explotación de bases de datos nun SXBD. |
Microsoft Access |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
17 |
35 |
52 |
Solución de problemas |
A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
5 |
5 |
Prácticas a través de TIC |
A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
25 |
30 |
55 |
Traballos tutelados |
A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C3 C5 C6 C7 C8 |
4 |
30 |
34 |
Proba mixta |
A19 A20 A24 B1 B3 B4 C2 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Impartiranse clases nas que se presentarán contidos teóricos combinados coa realización de exercicios prácticos. |
Solución de problemas |
Proporanse exercicios prácticos para que o alumnado os realice de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados no espazo da materia no Campus Virtual. |
Prácticas a través de TIC |
Impartiranse clases prácticas. Realizaranse probas, entregas de exercicios, etc. que se deberán entregar nos prazos e segundo as normas que se establezan durante cuadrimestre. |
Traballos tutelados |
Proporase un traballo que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados no espazo da materia no Campus Virtual. |
Proba mixta |
Realizarase un exame escrito que conterá preguntas curtas, preguntas test e exercicios sobre os contidos da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
Solución de problemas |
|
Descrición |
- Titorías de grupo reducido: Definiranse durante o curso, serán de forma presencial ao longo de dous ou tres sesións cunha duración total de 4 horas. Nas últimas semanas do curso poderán utilizarse para resolver dúbidas do traballo tutelado e/ou da materia.
- Titorías individuais ou grupais a demanda do alumnado durante os horarios de titorías do profesorado, ou noutro horario acordado por ambas as partes. Serán presenciais ou a través de Teams.
- Titorías grupais programadas: realizaranse unha ou dúas titorías grupais de cara a preparar a proba mixta. As datas estableceranse e publicaranse en Moodle/Teams, unha vez coñecidas as datas oficiais de exames en cada oportunidade. Realizaranse de forma presencial ou a través de Teams.
Alumnado con dedicación a tiempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
A solicitude de cada alumna/o nesta situación, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Desenvolveranse no horario que a FEE programe para cada grupo.
Durante o cuadrimestre valorarase o traballo e resultados do alumnado de forma continuada a través de boletíns de exercicios entregables, probas, etc.
É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar coa avaliación continua a puntuación mínima esixida, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na segunda oportunidade. |
30 |
Traballos tutelados |
A1 A5 A11 A12 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B12 C1 C3 C5 C6 C7 C8 |
Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. As datas de entrega marcaranse durante o curso.
De a/o alumna/o non acadar o 50% da puntuación máxima na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade.
Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia. |
30 |
Proba mixta |
A19 A20 A24 B1 B3 B4 C2 |
En cada oportunidade, desenvolverase nas datas oficiais que a FEE sinale para cada materia.
Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal.
É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. De a/o alumna/o non acadar a puntuación mínima esixida na 1ª oportunidade, poderá optar a unha nova avaliación desta parte na 2ª oportunidade. |
35 |
Solución de problemas |
A3 A5 A6 A7 A8 A9 A11 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A24 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Os exercicios realizaranse e avaliaranse durante o cuadrimestre, e computarán para a cualificación final da materia.
Non é necesario acadar unha puntuación mínima nesta parte para superar a materia. |
5 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: Para superar a materia é preciso aprobar as Prácticas e a Proba mixta (isto é, sacar polo menos o 50% da puntuación máxima de cada unha desas dúas partes). De non chegar a esa puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0. - Condiciones de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
- Identificación do estudantado: O estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
- Plaxio: O plaxio parcial ou total supoñerá un 0 na avaliación de dita entrega ou proba. O profesorado poderá solicitar a defensa de calquera proba/traballo.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN: - Calificación de non presentado: Corresponde ao alumnado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación obtida.
- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo, solución de problemas e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Non obstante, de ser necesario, para este alumnado establecerase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: - Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados.
- Segunda oportunidade:
- De non superar o 50% do traballo tutelado na 1ª oportunidade, o alumnado poderá opcionalmente presentalo na 2ª oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia no Campus Virtual.
- O/a alumno/a que o solicite será avaliado da parte de solución de problemas, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
- O/a alumno/a que non alcanzou a nota mínima nas prácticas a través das TIC, poderá presentarse a unha proba escrita de recuperación nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
- O/a alumno/a poderá presentarse á proba mixta no caso de que non superase a nota mínima exixida.
- As avaliacións recibidas na primeira oportunidade gardaranse ata a segunda oportunidade.
3. Convocatoria adiantada: o alumnado será avaliado a través dunha única proba mixta que lle permitirá obter o 100% da puntuación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos . Madrid: Addison-Wesley
Rivero, E.; Martinez, L.; Reina, L.; Benavides, J. y Olaizola, J. (2002). Introducción al SQL para Usuarios . Madrid: Thomson |
Enlaces en e-libro das versións electrónicas dos
dous libros máis relevantes da bibliografía da materia (requiren autenticación
coas credenciais da UDC): · Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan
(2006). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill. https://elibro-net.accedys.udc.es/es/ereader/bibliotecaudc/50087 |
Bibliografía complementaria
|
Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma
Gómez Brandón, A.; Paramá, J.R. (2022). Structured Query Language: Manual Práctico. Coruña: Reprografía Noroeste S. L.
Piattini, M. G.; Marcos, E.; Calero, C.; Vela, B. (2006). Tecnología y diseño de Bases de Datos. Madrid: Ra-ma |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- Realizarase a través do Campus Vritual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|