Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Réxime Fiscal da Empresa III Código 650G01027
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Suarez Mallo, Maria de la Cruz
Correo electrónico
m.c.suarez.mallo@udc.es
Profesorado
Campo Villares, Manuel Octavio del
González González, Mateo
Suarez Mallo, Maria de la Cruz
Correo electrónico
m.campov@udc.es
mateo.gonzalez@udc.es
m.c.suarez.mallo@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é coñecer o dereito tributario formal, é dicir a forma de relacionarse coa administración tributaria

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A5 CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados.
A7 CE7 - Comprender os principios da lei e vinculalos co coñecemento de negocios e xestión.
A9 CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios.
A10 CE10 - Comprender e utilizar sistemas contables e financeiros.
A11 CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas.
A12 CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais.
A13 CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas.
A14 CE14 - Xestionar as operacións da empresa.
A15 CE15 - Xestionar os recursos financeiros.
A16 CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 CE18 - Identificar as características dunha organización.
A19 CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A21 CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística.
A23 CE23 - Uso de instrumentos para a análise de entornos empresariais.
A24 CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
B1 CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B6 CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas.
B7 CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias.
B8 CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable.
B9 CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida.
B10 CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas.
B11 CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados.
B12 CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros.
B13 CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse.
B14 CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a canle formal de manifestarse a Administración e os recursos en defensa dos seus dereitos en materia de aplicacion dos tributos A1
A3
A7
A9
A12
A14
A16
A17
A19
A24
B1
B2
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
C1
C2
C3
C4
C7
Coñecemento das obrigas e deritos do cidadán frente a Administración tributaria A2
A10
A11
A13
A15
A18
B3
B7
C5
Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados A21
A23
Coñecemento da Administración electrónica A5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Imposto sobre o valor engadido
1.1. Operacións interiores.
1.2. Operacións intracomunitarias.
1.3. Operacións exteriores.
Tema 2. Outros impostos indirectos. 2.1. ITPO y AJD: operacións societarias e actos xurídicos documentados.
2.2. Impuestos especiais
2.3. Sistema aduanero.
Tema 3: Procedementos en materia tributaria 3.1. Xestión tributaria.
3.2. Recadación tributaria.
3.3. Inspección tributaria. Potestade sancionadora.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A7 A9 A12 A13 A14 A15 A16 A18 A19 B1 B2 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 C1 C2 C4 C5 C7 C8 15 15 30
Proba de resposta múltiple A7 A10 A11 A12 A17 A21 A23 A24 C6 2 8 10
Actividades iniciais A7 1 0 1
Solución de problemas A3 A5 A7 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 6 24 30
Estudo de casos A2 A5 B3 B4 B5 B11 C3 18 36 54
 
Atención personalizada 25 0 25
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos básicos dos principais impostos indirectos e os procedementos tributarios.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Actividades iniciais Presentación da normativa e dos recursos da AEAT que se van a utilizar ao longo do curso.
Solución de problemas Trataríase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron
Estudo de casos Trátase de facer liquidacións dos impostos que se imparten este curso e os procedementos tributarios, para iso exponse posibles situacións nas que poden atoparse as persoas físicas ou as xurídicas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Durante a realización dos casos de estudo orientarase, supervisarase e resolveranse as dúbidas dos alumnos no seu proceso de adquisición das competencias e realización das actividades propostas.
Tamén establecerase un horario de titorías individuais no que alumno pode acudir para resolver calquera tipo de dúbida sobre a materia.
Para o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia establecerase unha programación específica ao inicio do cuadrimestre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 A10 A11 A12 A17 A21 A23 A24 C6 No exame final, que se realizará na data establecida no calendario académico oficial, incluírase na primeira parte un test. 14
Estudo de casos A2 A5 B3 B4 B5 B11 C3 Exporanse supostos de liquidación dos impostos estudados e de procedementos tributarios, que deberán realizar na clase de forma individual. Ademáis faranse probas de liquidacións realizadas con programas de la AEAT. 30
Solución de problemas A3 A5 A7 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 No exame final, que ser realizará na data establecida no calendario académico oficial, incluénse un suposto de liquidación de IVA, supuestos de procedementos tributarios. Ademais do test sobre o conxunto da materia. 56
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumno, cando só participe de actividade de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da cualificación acadada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada.  O exame na data oficial supoñerá o 100% da avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso u calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación.

4Sobre as condicións de avaliación final. Está prohibido acceder ao aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ ou almacenamento de información.

5. Identificación do/a estudante. O/a estudante debe acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación:

Para superar a materia é necesario aprobar o examen final, esixíndose a aprobar cada unha das partes: o test, a liquidación de IVA e supostos de procedementos tributarios.


Fontes de información
Bibliografía básica Díez -Ochoa Azagra, José María (). Derecho tributario y procedimientos de desarrollo: comentarios y casos prácticos . CEF
Alcalde Barrero,Óscar (). Impuesto sobre transmisiones patrimoniales. CEF
Gascón Orive, Alfaro (). IVA practico. CEF
AEAT (). Manual práctico del IVA.
Albi Ibáñez, Emilio; Paredes Gómez, Raquel; Rodríguez Ondarza, José Antonio aquel; Rodr (). Sistema fiscal español. Ariel

TEXTOS LEGALES Y BIBLIOGRAFIA(BIBLIOTECA UDC)

Ley General Tributaria 58/2003. Mementos Prácticos F. Lefebvre.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Dereito/650G01001
Réxime Fiscal da Empresa I/650G01011
Réxime Fiscal da Empresa II/650G01021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

2. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías