Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A2 |
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia. |
A3 |
Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde. |
A7 |
Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia. |
B1 |
CB1 - Que los estudiantes hayan demostrado poseer y comprender conocimientos en un área de estudio que parte de la base de la educación secundaria general, y se suele encontrar a un nivel que, si bien se apoya en libros de texto avanzados, incluye también algunos aspectos que implican conocimientos procedentes de la vanguardia de su campo de estudio |
B2 |
CB2 - Que los estudiantes sepan aplicar sus conocimientos a su trabajo o vocación de una forma profesional y posean las competencias que suelen demostrarse por medio de la elaboración y defensa de argumentos y la resolución de problemas dentro de su área de estudio |
B3 |
CB3 - Que los estudiantes tengan la capacidad de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir juicios que incluyan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética |
B4 |
CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado |
B5 |
CB5 - Que los estudiantes hayan desarrollado aquellas habilidades de aprendizaje necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grado de autonomía |
C1 |
Adequate oral and written expression in the official languages. |
C4 |
Acting as a respectful citizen according to democratic cultures and human rights and with a gender perspective. |
C6 |
Acquiring skills for healthy lifestyles, and healthy habits and routines. |
C9 |
Ability to manage times and resources: developing plans, prioritizing activities, identifying critical points, establishing goals and accomplishing them. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer e comprender as bases científicas, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a Cinesiterapia. |
A2
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C9
|
Coñecer as bases biomecánicas do movemento e os efectos da ausencia das demandas mecánicas sobre o corpo humano |
A2
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C6 C9
|
Coñecer o concepto de Cinesiterapia e a súa clasificación en función do tipo de movemento, obxectivos e modalidades de aplicación. |
A2 A3
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C9
|
Definir as modalidades de Cinesiterapia e identificar as bases anatómicas, biomecánicas e fisiolóxicas da cinesiterapia |
A2 A3
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C9
|
Coñecer as bases do razoamento clínico en fisioterapia e a súa aplicación para a toma de decisións e a selección das técnicas de cinesiterapia a aplicar en cada caso. |
A2 A3 A7
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C4
|
Coñecer e relacionar os efectos fisiolóxicos e os efectos terapéuticos da Cinesiterapia Pasiva e as súas modalidades sobre os diferentes tecidos orgánicos. |
A2 A3 A7
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C4 C9
|
Coñecer as indicacións e contraindicacións da Cinesiterapia Pasiva e as súas modalidades. |
A3 A7
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C9
|
Coñecer e relacionar os efectos fisiolóxicos e os efectos terapéuticos da Cinesiterapia Activa e as súas modalidades sobre os diferentes tecidos orgánicos. |
A2 A3
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C6 C9
|
Coñecer as indicacións e contraindicacións da Cinesiterapia Activa e as súas modalidades. |
A2
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C6 C9
|
Coñecer, describir e aplicar os dispositivos de Cinesiterapia Instrumental ou Mecanoterapia: as súas características e aplicacións máis relevantes. |
A2 A3 A7
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C9
|
Comprender os efectos que provocan as forzas externas e internas sobre as diferentes estruturas do corpo humano |
A2 A7
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C9
|
Comprender e integrar os principios éticos relacionados cos "Obxectivos de desenvolvemento sostible" 3 (Saúde e benestar) e 5 (Igualdade de xénero). |
A2
|
B2 B3
|
C4 C6
|
Visibilizar e comprender como os sesgos sexistas e os roles e normas de xénero asociados a estereotipos afectan á saúde de homes e mulleres na práctica profesional da fisioterapia. |
A2
|
B2 B3
|
C4
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
PROGRAMA TEÓRICO
TEMA 1: FUNDAMENTOS DA BIOMECANICA. Bases biomecánicas de cinesiterapia
|
1.1. Introdución á biomecánica
1.2. Fundamentos da dinámica
1.3. Fundamentos da estática
1.4. Pancas no corpo humano
1.5. Centro de gravedade
1.6. Equilibrio
|
TEMA 2: BIOMECANICA ESTRUTURAL . Bases biomecánicas dos diferentes tecidos biolóxicos |
2.1 Consideracións mecánicas xerais das diferentes estruturas
2.2 Biomecánica tendinosa
2.3 Biomecánica muscular
2.4 Biomecánica dos tecidos articulares |
TEMA 3.- ASPECTOS XERAIS DA CINESITERAPIA
|
3.1-Desenvolvemento histórico. Concepto e bases xerais.
3.2-Razoamento clínico
3.3-Principios xerais da Cinesiterapia
3.3-Clasificación da Cinesiterapia
3.4-Efectos da inmobilización prolongada
|
TEMA 4.- CINESITERAPIA PASIVA |
4.1- Concepto, obxectivos e clasificación da cinesiterapia pasiva
4.2- Bases fundamentais da cinesiterapia pasiva
4.3- Efectos fisiolóxicos. Efectos terapéuticos. Indicacións e contraindicacións.
4.4 Principios xerais da aplicación da Cinesiterapia Pasiva |
TEMA 5.- TÉCNICAS ESPECÍFICAS DA CINESITERAPIA PASIVA: TRACCIÓN ARTICULAR |
5.1- Concepto e tipos de tracción articular
5.2- Efectos fisiolóxicos. Efectos terapéuticos
5.3- Dosificación das traccións articulares
5.4- Indicacións e contraindicacións. |
TEMA 6.- TÉCNICAS ESPECÍFICAS DA CINESITERAPIA PASIVA: ESTIRAMIENTO MÚSCULOTENDINOSO |
6.1- Concepto e tipos dos estiramentos
6.2- Efectos fisiolóxicos. Efectos terapéuticos
6.3- Dosificación do estiramento
6.4- Indicacións e contraindicacións.
|
TEMA 7.- TÉCNICAS ESPECÍFICAS DA CINESITERAPIA PASIVA: POSTURA OSTEOARTICULAR |
7.1- Concepto e tipos das posturas osteoarticulares
7.2- Efectos fisiolóxicos. Efectos terapéuticos
7.3- Dosificación da postura osteoarticular
7.4- Indicacións e contraindicacións
|
TEMA 8.- CINESITERAPIA ACTIVA |
8.1- Concepto, obxectivos e clasificación da cinesiterapia activa
8.2- Bases fundamentais da cinesiterapia activa
8.3- Efectos fisiolóxicos. Efectos terapéuticos.
8.4- Indicacións e contraindicacións |
TEMA 9.- CINESITERAPIA ACTIVA ASISTIDA |
9.1- Concepto e principios xerais.
9.2- Clasificación da cinesiterapia activa asistida
9.3- Efectos fisiolóxicos. Efectos terapéuticos.
9.4- Indicacións e contraindicacións.
|
TEMA 10.- CINESITERAPIA ACTIVA LIBRE |
10.1-Clasificación da cinesiterapia activa libre
10.2- Efectos fisiológicos. Efectos terapéuticos.
10.3- Indicacións e contraindicacións. |
TEMA 11.- CINESITERAPIA ACTIVA RESISTIDA |
11.1- Concepto e principios xerais. Factores do desenvolvemento muscular.
11.2- Clasificación da kinesiterapia activa resistida
11.3- Efectos fisiolóxicos. Efectos terapéuticos.
11.4- Indicacións e contraindicacións.
|
TEMA 12.- ISOCINÉTICOS |
12.1- Concepto e principios xerais.
12.2- Protocolos de tratamento
12.3- Indicacións e contraindicacións.
|
TEMA 13.- CINESITERAPIA INSTRUMENTAL: MECANOTERAPIA |
13.1- Dispositivos instrumentais para a aplicación de Cinesiterapia Pasiva e Activa.
13.2 Descrición dos equipos: características, dosificación, indicacións e contraindicacións.
10.3- Dotación dunha sala de Cinesiterapia.
|
PROGRAMA PRÁCTICO
PRÁCTICA 1: CINESITERAPIA PASIVA MANUAL RELAJADA Y FORZADA
|
1.1 Técnica Xeral
1.2 Exemplos prácticos de aplicación por zonas topográficas
|
PRÁCTICA 2: CINESITERAPIA PASIVA: ESTIRAMENTOS MIOTENDINOSOS |
2.1 Técnica xeral
2.2 Exemplos prácticos de aplicación por zonas topográficas
|
PRÁCTICA 3: CINESITERAPIA PASIVA: TRACCIÓNS VERTEBRALES INSTRUMENTALES |
3.1 Descrición do equipo
3.2 Tracción cervical
3.3 Tracción Lumbar
|
PRÁCTICA 4: CINESITERAPIA ACTIVA ASISTIDA |
4.1Técnica Xeral:
4.2 Exemplos prácticos de aplicación por zonas topográficas:
|
PRÁCTICA 5: CINESITERAPIA ACTIVA LIBRE |
5.1.Técnica xeral
5.2. Exemplos prácticos de aplicación por zonas topográficas
|
PRACTICA 6: CINESITERAPIA ACTIVA RESISTIDA |
6.1 T.ecnica xeral
6.2 Exemplos prácticos da aplicación por zonas topográficas
|
PRÁCTICA 7: ISOCINÉTICOS |
7.1 Protocolos de Cinesiterapia Isocinética por zonas topográficas. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A2 A3 A7 B1 B2 B3 B4 B5 C4 |
28 |
58 |
86 |
Laboratory practice |
A2 A3 A7 B1 B2 B3 B4 B5 C6 |
28 |
30 |
58 |
Objective test |
A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C9 |
2 |
0 |
2 |
Practical test: |
A2 A3 C1 |
2 |
0 |
2 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Efectuarase a exposición oral do temario da materia de forma ordenada, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e coa introdución de preguntas dirixidas ao estudantado. Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión.
No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a atención, a revisión das notas de aula do alumnado. a puntualidade, a actitude, e a participación razoada. |
Laboratory practice |
Asistencia, execución e análise das prácticas programadas. Estas actividades mostrarán ao alumnado as distintas modalidades e métodos de cinesiterapia, levándose a cabo a posta en práctica de distintas técnicas manuais e instrumentais, que posteriormente empregará como ferramentas terapéuticas no ámbito clínico. As técnicas irán acompañadas de contidos específicos teórico/prácticos que permitirán ao alumnado o desenvolvemento do razoamento clínico necesario para a toma de decisión e selección da ferramenta terapéutica a utilizar en cada caso. |
Objective test |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de resposta longa, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Practical test: |
Proba na que se busca que o alumnado desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente teña feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema/caso que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Guest lecture / keynote speech |
Laboratory practice |
|
Description |
A atención personalizada abordarase durante o desenvolvemento das clases maxistrais, prácticas e actividades de aprendizaxe colaborativa, fomentando a formulación de preguntas por parte do alumnado. Así mesmo, reforzarase esta actividade mediante as titorías presenciais e/ou virtuais (a través da plataforma moodle e/ou do correo electrónico). Nas titorías presenciais levarase a cabo a revisión dos apuntamentos manuscritos xunto co alumnado.
O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con dispensa académica debe contactar coa responsable da materia ao inicio de curso para acordar as datas da titoría inicial e 2 titorías mínimas posteriores obrigatorias para poder optar a puntuación da valoración continuada.
Calquera persoa con algún tipo de problema de saúde física ou mental xustificado terá que contactar coa responsable da materia ao inicio do curso para poder valorar as adaptacións necesarias.
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Guest lecture / keynote speech |
A2 A3 A7 B1 B2 B3 B4 B5 C4 |
Os contidos abordados tanto nas prácticas como nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión. Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a atención, a puntualidade, a actitude, e a participación razoada, xunto coas notas de aula tomadas polo alumnado. O uso do teléfono móbil ou aparellos electrónicos cunha fin non educativa penalizarase especialmente neste punto.
Cada semana, ao finalizar a aula teórica, a profesora solicitará a entrega das notas manuscritas tomadas durante a aula (apuntamentos) a diferentes persoas de maneira aleatoria, coa fin de revisar o nivel de comprensión das explicacións realizadas, e os aportes propios do alumnado.
O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con dispensa académica debe contactar coa responsable da materia ao inicio de curso para acordar as datas da titoría inicial e 2 titorías mínimas posteriores obrigatorias para poder optar a puntuación da valoración continuada. Nestas titorías deberá presentar a evolución dos seus apuntamentos manuscritos (o material de estudo), xunto coas lecturas realizadas para completar os mesmos. Este material será analizado xunto coa profesora. |
10 |
Practical test: |
A2 A3 C1 |
Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. |
30 |
Objective test |
A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C9 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de resposta longa, de discriminación, de completar, de caso clínico e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. |
60 |
|
Assessment comments |
A ponderación da materia será dun 70% da parte teórica e dun 30% a parte práctica. É imprescindible acadar un aprobado en ambas partes para proceder á ponderación das notas. Se so se supera unha parte (proba obxectiva ou proba práctica), esta parte superada na primeira oportunidade gardarase ata a oportunidade de xullo sempre e cando a parte suspensa acade un 4. Se a nota da parte suspensa é inferior a 4, o alumnado terá que repetir as 2 partes (teoría e práctica) en xullo. 1. Para aprobar a parte teórica haberá que superar a nota de 5 en cada unha das partes nas que se divida a proba obxectiva: test, preguntas breves/casos breves e pregunta longa. A porcentaxe de cada parte na nota global da parte teórica será de: test 20%, resposta breve/caso breve 40%, longa 40%. Cada parte é eliminatoria, polo que se non se supera unha non se corrixirá o resto das partes do exame (a orde de eliminación será 1º test, 2º breves, 3º longa). 1.1 Se na parte de pregunta breve/caso breve houber 1/3 de preguntas respostadas en branco e/ou cunha nota inferior a 4, esa parte considerarase non apta e suspensa. 2. Para aprobar a parte práctica haberá que acadar un 5 en cada unha das preguntas da proba práctica. 3. A nota da avaliación continuada soamente se contabilizará e sumará a total cando tanto a proba obxectiva como a proba práctica estean aprobadas. 4. Farase un seguimento da asistencia e participación activa por parte do estudantado ás prácticas de laboratorio. 5. Os contidos abordados tanto nas prácticas como nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión e/ou breves estudos de caso para a avaliación continuada. A resolución destes casos deberá quedar documentada nas notas manuscritas do alumnado. Cada semana, ao finalizar a aula teórica, a profesora solicitará a entrega das notas manuscritas (non se aceptarán notas impresas) tomadas durante a aula (apuntamentos) a diferentes persoas de maneira aleatoria, coa fin de revisar o nivel de comprensión das explicacións realizadas e poder realizar os axustes convintes, valorar os aportes propios do alumnado e a resolución dos casos. O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con dispensa académica debe contactar coa responsable da materia ao inicio de curso para acordar as datas da titoría inicial e 2 titorías mínimas posteriores obrigatorias para poder optar a puntuación da valoración continuada. Nestas titorías deberá presentar a evolución dos seus apuntamentos manuscritos, xunto coas lecturas realizadas para completar os mesmos. Este material será analizado xunto coa profesora. Calquera persoa con algún tipo de problema de saúde física ou mental xustificado terá que contactar coa responsable da materia ao inicio do curso para poder valorar as adaptacións necesarias. CASOS NOS QUE NON SE APLICA A MEDIA PONDERADA: - Estudantado cunha parte (proba obxectiva ou proba práctica) aprobada e a outra parte suspensa. A nota da asignatura no expediente será a da parte suspensa. - Proba obxectiva (parte teórica): Cando se acade unha nota menor a 5 ou un non apto en calquera das partes da proba obxectiva. A nota que se asignará ao global da proba obxectiva será 4. - Proba práctica (parte práctica): Cando non se acade un 5 en calquera das preguntas da proba práctica. A nota que se asignará ao global da proba práctica será 4. Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a puntualidade, a actitude, e a participación razoada, documentada nos apuntamentos manuscritos da aula. O uso do teléfono móbil ou aparellos electrónicos cunha fin non educativa penalizarase especialmente neste punto. A porcentaxe da parte teórica e da parte práctica en conxunto nunca será inferior a un 70% e a porcentaxe da parte de avaliación continua nunca será superior a un 30%. No caso de detectarse intento de fraude, copia ou
plaxio en calquera das modalidades de avaliación, a persoa ou persoas involucradas terán a cualificación de suspenso na
convocatoria na que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometera: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Aplicarase o mesmo no caso de calquera falta de respecto á dignidade de calquera das persoas da aula. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do PlanGreen Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores.
|
Sources of information |
Basic
|
Tixa, Serge (2014). Atlas de anatomía palpatoria (2 tomos). Barcelona: Masson
Neumann, Donald. (2007). Cinesiología del sistema musculoesquelético: fundamentos de rehabilitación física. Barcelona: Paidotribo
Fernández de las Peñas, César; Melián Ortiz, Alberto (2019). Cinesiterapia: bases fisiológicas y aplicación práctica. Barcelona:Elsevier
Jones, Mark; Rivett, Darren A. (2004). Clinical reasoning for manual therapists. Edinburgh: Butterworth Heinemann
Jones, Mark; Rivett, Darren A. (2019). Clinical reasoning in musculoskeletal practice. Edinburgh: Elsevier
Sahrmann, Shirley (2006). Diagnóstico y tratamiento de las alteraciones del movimiento. Badalona: Paidotribo
Kisner, Carolyn (2010). Ejercicio terapéutico: fundamentos y técnicas. Buenos Aires: Médica Panamericana
Hall, Carrie M.; Brody, Lori Thein (2006). Ejercicio terapéutico: recuperación funcional. Badalona: Paidotribo
Butler, David (2016). Explicando el dolor. NOIGroup
Génot, C (2005). Kinesioterapia: I. Principios, II. Miembros inferiores : evaluaciones. Técnicas pasivas y activas del aparato locomotor. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana
Hengeveld, Elly; Banks, Kevin (2007). Maitland: Manipulación periférica (Capítulos 5, 6, 7 e 8). Amsterdam:Elsevier
Hing, Wayne; Hall Toby; Mulligan, Brian (2020). The Mulligan concept of manual therapy. Elsevier |
|
Complementary
|
|
Basmajian JV. Terapéutica por el ejercicio. 3ª edidicón. Buenos Aires: Panamericana; 1989 Leroy A et al. Kinesioterapia : III Miembros superiores. IV Cabeza y tronco : evaluaciones, técnicas pasivas y activa. Madrid: Editorial Médica Panamericana; 2000. Viel E, Esnault M. Lombalgies et cervicalgies de la position assise conseils et exercises.Paris:Masson;1999. Lapierre A. La reeducación física. 6ª edición.Madrid: Cie-Dossat 2000; [1996] Roche Reeducación psicomotriz por la poleoterapia ejercicios en suspensión y con resortes.Buenos Aires: Panamericana; cop.1978. Spring H et al. Teoría y práctica del ejercicio terapéutico movilidad, fuerza, resistencia, coordinación. Barcelona: Paidotribo, 2000. Xhardez I. Vademecum de kinesioterapia y de reeducación funcional técnicas, patología e indicaciones de tratamiento. 4ª edición.Buenos Aires: El Ateneo; 2000. Simonnet J dir. Kinésithérapie, rééducation fonctionnelle. En: Encyclopédie Médico-Chirurgicale. Paris : Editions Techniques; 1995. Walter B. Anatomía & estiramientos : guía de estiramientos, descripción anatómica. Badalona : Paidotribo; 2009. Ylinen J. Estiramientos terapeúticos en el deporte y en las terapias manuales. Barcelona : Elsevier Masson; 2009. McAtee R. Estiramientos facilitados: estiramientos y fortalecimiento con facilitación neuromuscular propioceptiva. 3ª edición. Madrid: Médica Panamerica; 2009. Nelson H, Jouko, K. Anatomía de los estiramientos. Madrid: Tutor; 2007. Mark A. Entrenamiento muscular excéntrico en deportes y ortopedia. Barcelona: Paidotribo; 1999. Contreras JA. Estiramientos miotendinosos en fisioterapia. Sevilla: Colegio Profesional de Fisioterapeutas de Andalucía; 2004. Esnault M. Stretching estiramientos de las cadenas musculares. 2ª edición. Barcelona: Masson; 2003. Grieve G. Movilización de la columna vertebral : manual básico de método clínico. 2ª edición. Barcelona: Paidotribo; 2001. Heimann D. Compendio de terapia manual. Madrid: Paidotribo; 2006. Eisingbach T. La recuperación muscular en la fisioterapia y en la rehabilitación. Barcelona: Paidotribo; 1994. Huesa Jiménez F. Isocinéticos metodología y utilización. Madrid: MAPFRE; 2000. Mark A. Entrenamiento muscular excéntrico en deportes y ortopedia. Barcelona: Paidotribo; 1999. Buchbauer J, Steininger K. Rehabilitación de las lesiones entrenamiento funcional de estructuración de la fuerza en la rehabilitación. Barcelona: Paidotribo; 2005. Jiménez Gutiérrez A(coordinador). Nuevas dimensiones en el entrenamiento de la fuerza : aplicación de nuevos métodos, recursos y tecnologías. Barcelona: INDE; 2008. Brown L[editor].Entrenamiento de la fuerza. Madrid: Médica Panamericana; 2008. |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
ANATOMY I AND HISTOLOGY/651G01001 | PHISIOLOGY/651G01003 | BIOPHYSICS AND BIOCHEMISTRY/651G01004 | THEORICAL FRAMEWORK OF PHYSIOTHERAPY AND PHYSICAL REHABILITATION/651G01006 | FUNCTIONAL AND PSYCHOSOCIAL ASSESSMENT/651G01007 |
|
Subjects that continue the syllabus |
KINESIOTHERAPY: BASES OF THERAPEUTIC EXERCISE BASES/651G01013 | MANUAL AND OSTHEOPATHIC PHYSIOTHERAPY I/651G01014 | PHYSIOTHERAPY FOR STATIC AND DYNAMIC CONDITIONS IN THE VERTEBRAL COLUMN/651G01015 | ABDOMINAL-PELVIC-PERINEAL PHYSIOTHERAPY/651G01022 | PHYSIOTHERAPY FOR MUSCULOSKELETAL DISORDERS/651G01024 | PHYSIOTHERAPY IN PHYSICAL ACTIVITY AND SPORT/651G01025 | CLINICAL TRAINING I/651G01035 | CLINICAL TRAINING II/651G01036 |
|
Other comments |
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos
obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os
traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto
en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel,
seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de
borradores. |
|