Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Didáctica das Ciencias Sociais Código 652111332
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A formación en Ciencias Sociais e no ámbito e disciplinas que a integran resulta de interese fundamental nos estudos dos/as mestres/as. Trátase do desenvolvemento do pensamento crítico, da adquisición dos fundamentos científicos e do coñecemento das Ciencias Sociais como recurso para o coñecemento do medio.
Trabállanse conceptos, métodos e prácticas na didáctica das Ciencias Sociais con especial atención ao Patrimonio Cultural de Galicia.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir os coñecementos básicos e necesarios para a comprensión dos conceptos e procedementos da metodoloxía propia das ciencias sociais. Acadar unha comprensión integradora das ciencias sociais e adquirir unha bagaxe cultural necesaria na formación dos/as mestres/as. A2
A6
A18
B1
B3
B4
B5
B9
B10
B11
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. B12
C3
Desenvolver a capacidade creativa, crítica e racional para as estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Planificación, ensaio e realización de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos e unidades didácticas e análises de experiencias. B3
B5
B7
B11
B12
B15
B17
C1
Coñecer e por en práctica estratexias de motivación para promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio. Promover o interese, o coñecemento e o respecto a sociedades e culturas diferentes. A33
A35
A38
A40
B1
B18
B24
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1. Introdución ás Ciencias Sociais. Concepto. Disciplinas. A investigación nas CCSS: epistemoloxía. A Xeografía, a Historia e a Antropoloxía. A dimensión didáctica das CCSS.
Unidade 2. Deseño curricular nas Ciencias Sociais. Características xerais dos obxectivos, da metodoloxía didáctica e dos contidos. Metodoloxía: o método histórico no proceso de ensino/aprendizaxe.
Unidade 3. Os contidos. Conceptos, tipos. Contidos teórico-conceptuais. Contidos procedementais. Contidos actitudinais. Organización e criterios de selección dos contidos.
Unidade 4. Eixos fundamentais nas Ciencias Sociais. As coordenadas básicas: Espazo e Tempo.
Unidade 5. A programación. As Unidades Didácticas. Concepto, secuencia da aprendizaxe, obxectivos, contidos. Casos e exemplos.
Unidade 6. A avaliación. Definición e finalidade. Características. Tipos e aplicación na secuencia ensino-aprendizaxe.
Unidade 7. Aplicación ao ensino de temas, modelos procedementais e recursos das Ciencias Sociais. Análise e desenvolvemento de estratexias de ensino. Elaboración de materiais didácticos. Análise de materiais didácticos preexistentes: fichas, unidades didácticas, xogos, maletas, etc.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 4 70.8 74.8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Realización dunha proba escrita final á que poderán acceder os alumnos que non superaran a materia en cursos previos. Esta proba estará centrada basicamente na materia impartida no seu día nas sesións maxistrais do programa e tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado coa materia impartida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada para a orientación na materia e consulta de dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba escrita sobre os contidos teórico prácticos incluídos no programa e tamén se poderá incluír algún caso práctico relacionado cos mesmos.
Valorarase principalmente a capacidade de estruturación e fundamentación: análise, argumentación, claridade e concreción.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Cooper, H (2002). Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria.. Madrid: Morata
Domínguez Garrido, Mª C., (coord.) (2004). Didáctica de las Ciencias Sociales para Primaria.. Madrid: Pearson Educación
Hernández Cardona, F.X. (2002). Didáctica de las ciencias sociales, geografía e historia. Barcelona: Editorial Graó
Tann, C.S. et al (1990). Diseño y desarrollo de unidades didácticas en la escuela primaria. Madrid: MEC – Ediciones Morata
Pluckrose, H. (1993). Enseñanza y aprendizaje de la Historia. Madrid: MEC – Ediciones Morata
Armas, X. (coord.) (1994). Ensinar e aprender Historia na Educación Secundaria.. Santiago de Compostela: ICE Universidade de Santiago de Compostela
Benejam, P. et al (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos.. Barcelona: Graó
Santacana Mestre, J. & N. Serrat Antolí (coords.) (2005). Museografía didáctica.. Barcelona: Editorial Ariel
Trepat, C-A. (1995). Procedimientos en Historia. Un punto de vista didáctico.. Barcelona: Graó

Bibliografía complementaria

Barciela Garrido, P., & E. Rey Seara, 2000. Xacementos arqueolóxicos de Galicia. Ed. Xerais.

Bas, B., 2009. Castro de Elviña. Guía de recursos didácticos. Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña-Concello da Coruña.

Carballo Arceo, L.X., 2000.Os castros galegos. A Nosa Terra.

Harris, M., 1994. Vacas, cerdos, guerras y brujas. Los enigmas de la cultura. Alianza Editorial, pp. 235

VVAA. 1991-2008. Galicia. Proxecto Hércules Editorial. Dirixido por Francisco Rodríguez Iglesias.  A Coruña: Hércules de edicións.

Páxinas web:

www.eduteka.org

www.unileon.es

www.aaviladonga.es

www.museodopobo.es

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías