Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) A avaliación psicolóxica das alteracións do linguaxe e a comunicación Código 652498007
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Nesta materia preténdese que os estudantes coñezan cales son as técnicas de avaliación psicolóxica que se empregan nalgúns trastornos que implican dificultades na linguaxe e a comunicación, así como os procesos de avaliación que se segue en cada un deles.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Os estudiantes saberán aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados na avaliación da linguaxe oral..
A2 Os estudiantes poderán levar a cabo a avaliación de trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
A3 Os alumnos/as saberán realizar a avaliación das dificultades de lectura e de trastornos específicos da linguaxe escrita.
A6 Saberán realizar unha intervención nas dificultades de lectura e dos trastornos específicos da linguaxe escrita.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C7 Os alumnos/as entenderán a importancia da cultura emprendedora e coñecerán os medios ó alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
XERAIS DA MATERIA Poden explicar por escrito cales son os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico. Son capaces de aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación empregados nas alteracións específicas da linguaxe e a comunicación. Poden realizar unha avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, atrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención; os trastornos do espectro autista, os trastornos específicos da linguaxe escrita; as dificultades de lectura; os trastornos da fluidez do fala; as disartrias; as disfonías; as alteracións da linguaxe no envellecemento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo selectivo e as inhibicións da linguaxe. Son capaces de redactar un informe de avaliación. Foron capaces de realizar unha avaliación tras a intervención. Poden reflexionar por escrito acerca dos problemas e avances no ámbito da avaliación da linguaxe e a comunicación. Adquirir un coñecemento práctico da avaliación na área da linguaxe e a comunicación. Coñecer a actuación profesional e os ámbitos onde se desenvolve a práctica. Adquirir ou desenvolver os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. Realizar a selección, avaliación e aplicación de recursos das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na prevención e intervención sobre as dificultades de aprendizaxe relacionadas co desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. AP1
AP2
AP3
AP6
BP2
BP4
CP7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: O PROCESO DE AVALIACIÓN E INSTRUMENTOS EMPREGADOS NAS ALTERACIÓNS DA LINGUAXE E A COMUNICACIÓN Obxectivos xerais da avaliación da linguaxe. Aspectos básicos a ter en conta na avaliación da linguaxe.
Principais métodos de avaliación da linguaxe: entrevista, observación, cuestionarios, probas estandarizadas, análisis de mostras da linguaxe
O informe de avaliación.
TEMA 2: AVALIACIÓN DA TARTAMUDEZ Métodos de avaliación. Avaliación diagnóstica. Avaliación funcional.
TEMA 3. AVALIACIÓN DO MUTISMO SELECTIVO E INHIBICIÓNS DA LINGUAXE Selección das estratexias de avaliación. O proceso xeral de avaliación. Estratexias e instrumentos para a avaliación
TEMA 4: AVALIACIÓN DO TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDADE (TDAH) Evaluación xeral: intelixencia, linguaxe e aprendizaxe. Avaliación específica: hiperactividade/impulsividade e atención. Avaliación funcións executivas no TDAH
TEMA 5: AVALIACIÓN DO TRASTORNO ESPECÍFICO DA LINGUAXE (T.E.L) Obxectivos da avaliación do TEL. Importancia da detección temperá. Técnicas empregadas: mostras de fala, informes e inventarios, probas estandarizadas. O proceso de avaliación da linguaxe no TEL

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 C7 41 41 82
Portafolios do alumno A1 A3 A6 B2 B4 5 60 65
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes. Ao longo destas sesións presentaranse os contidos básicos da materia
Portafolios do alumno O alumnado rexistrará nun portafolios os exercicios, lecturas e prácticas derivados dos contenidos teóricos

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
Os estudantes que o soliciten poderán recibir tutorías ben individuais ou ben en pequeno grupo respecto a elaboración dos contidos tanto do portafolios como dos traballos tutelados. Os estudantes doutras universidades poderán recibir estas tutorías a través de videoconferencia ou correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A3 A6 B2 B4 Avaliarase o portafolios cos exercicios, lecturas, prácticas e informes derivados dos contidos teóricos 100
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada. Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios. Nel os estudantes recollerán todas as recensións, prácticas, cuestionarios contestados, informes, etc. 

En aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC", na avaliación dos alumnos aos que se recoñeceu a condición de estudantes a tempo parcial e a correspondente dispensa académica, terán que presentar o portafolios no plazo establecido. O alumnado debe consultar aos profesores os exercicios a realizar e o plazo establecido para a entrega do portafolios.

Segunda oportunidade: seguiranse os mesmos criterios que para a primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Barrio, V. (2016). Evaluación psicológica (2ª edición). Ediciones CEF.

Fernández-Ballesteros, R. (2011). Evaluación Psicológica. Conceptos, métodos y estudio de casos. Pirámide.

Goldfinger, K. e Pomerantz, A. M. (2013). Psychological assessment and report writing (2ª ed.). SAGE Publications.

Groth-Marnat, G., Wright, A. J. (2016). Handbook of psychological assessment. John Wiley and Sons.

Moreno, C. (2005). Evaluación psicológica. Concepto, proceso y aplicación en las áreas del desarrollo y de la inteligencia (2ª ed.). Sanz y Torres. 

Moreno, C. y Ramírez, I. M. (2019). Evaluación psicológica: proceso, técnicas y aplicaciones en contextos. Sanz y Torres. 

 Morrison, J. (2015). La entrevista psicológica. Manual Moderno.

Perpiñá, C. (2012). Manual de la entrevista psicológica. Saber escuchar, saber preguntar. Pirámide.

Tapia, J. A. (2011). Evaluación psicológica: coordenadas, contextos, procesos y garantías. Ediciones UAM.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase o envío dos traballos telemáticamente ou a impresión a doble cara na entrega de traballos.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías