Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Intervención nos problemas de comunicación e linguaxe en T.E.A e algunhas propostas informáticas par Código 652498031
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Esta materia estructurase en dous bloques: Bloque I: Programas de intervención, impartido por Ana Guillén Ubico e Sergio Cored Bandrés (Universidad de Zaragoza) e Bloque II: Aplicacións informáticas, impartido por Javier Pereira Loureiro, Laura Nieto Riveiro e Betania Groba González (Universidade da Coruña).
Nesta materia o alumnado poderá:
- Coñecer e comprender os principios xerais da intervención coa poboación con trastornos do espectro do autismo (TEA), con especial referencia ao ámbito da comunicación e a linguaxe.
- Coñecer e analizar criticamente os principais modelos teóricos que fundamentan as estratexias e/ou programas de intervención comunmente aplicados coas personas con TEA.
- Coñecer os obxectivos, estrutura e procedementos dos principais programas de intervención aplicados coas persoas con TEA.
- Seleccionar, adaptar e implementar algúns dos procedementos e/ou programas máis representativos para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación nas persoas con TEA.
- Deseñar, implementar e avaliar un programa de intervención adaptado ás necesidades de cada caso concreto.
- Coñecer as posibilidades da intervención con persoas con TEA con programas informáticos que capaciten para a comunicación e creación de contidos de interese.
- Desenvolver unha experiencia práctica co manexo de sistemas de comunicación dinámicos: acceso aos dispositivos ou programas, interruptores de control, emuladores de teclado, emuladores de rato, coleccións de sons e pictogramas con especial atención a ARASAAC.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Os estudiantes coñecerán as características diferenciales da intervención na linguaxe e na comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
A5 Os alumnos/as saberán realizar unha intervención nos trastornos específicos da linguaxe oral, tales como as disartrias, alteracións da linguaxe no envellecemento e trastornos dexenerativos, as alteracións da linguaxe en enfermedades mentais, trastornos do espectro autista, etc.
A8 Os estudiantes adquirirán un coñecemento práctico en intervención na área da linguaxe e comunicación.
B1 Os alumnos/as saberán acceder, seleccionar e xestionar as fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B2 Serán capaces de comportarse con ética e responsabilidade social como ciudadáns e como profesionais.
B3 Os estudiantes poderán comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Os estudiantes serán capaces de tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
C6 Os alumnos/as saberán utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ó longo da súa vida.
C7 Os alumnos/as entenderán a importancia da cultura emprendedora e coñecerán os medios ó alcance das persoas emprendedoras.
C8 Os estudiantes valorarán a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as tecnoloxías de apoio relacionadas coa comunicación aumentativa e alternativa. AP4
AP5
AP8
Utilizar e aplicar dispositivos e programas informáticos específicos para a intervención con persoas con patoloxías da linguaxe. AP4
AP5
AP8
Coñecer os requisitos de comunicación das persoas e adaptar as tecnoloxías de apoio axeitadas para resolver as súas necesidades. AP4
AP5
AP8
Identificar as fontes de información de aplicacións gratuitas e comerciais para resolver posibles problemas de comunicación. AP4
AP5
AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
CP6
CP7
CP8
Coñecer e aplicar os principais modelos e técnicas de intervención coas persoas con TEA, con especial referencia ao ámbito da linguaxe e a comunicación. AP4
AP5
AP8
BP1
BP2
BP3
BP4
CP6
CP7
CP8
Deseñar, implementar e avaliar intervencións na área da linguaxe e a comunicación con persoas con TEA nos ámbitos familiar, escolar e clínico, e en colaboración co resto do equipo profesional. BP2
BP3
BP4
CP6
CP7

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I. Programas de intervención
(Ana Guillén y Sergio Cored).
Universidad de Zaragoza
1. Principios xerais de intervención en TEA.
2. Principais modelos de intervención: enfoques conductuais, evolutivos e sociopragmáticos.
3. Programas globais de intervención (ABA, TEACCH, SCERTS). Fundamentos, procedementos e avaliación de resultados.
4. Procedementos específicos de intervención: intervención en habilidades pragmáticas e mentalistas e xogo simbólico.
5. Determinación do perfil lingüístico e comunicativo individualizado e selección de estratexias de intervención adecuadas.
Bloque II. Aplicacións Informáticas.
(Javier Pereira, Betania Groba y Laura Nieto).
Universidade da Coruña
1. Introdución aos produtos de apoio e aos SAAC.
2. Aproximación aos Trastornos do Espectro do Autismo e as TIC.
3. Solucións tecnolóxicas baseadas no uso de apoios visuais e pictogramas.
4. Aplicacións tecnolóxicas para apoiar a vida diaria de persoas con TEA.
5. Animacións, Historias e Xogos: Scratch e MakeyMakey.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A8 B2 B4 C6 C8 6 12 18
Lecturas A4 A5 A8 B1 B3 B2 C7 1 7 8
Portafolios do alumno A4 A8 B1 B3 B2 B4 C6 C7 C8 0 14 14
Prácticas a través de TIC C6 11 10 21
Discusión dirixida A8 B1 B3 B2 B4 C8 3 8 11
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esquema xeral dunha sesión de tres horas tipo:
Sección teórica (hora e media):
1.- Presentación de 30 mins. por parte do profesor/a,
2.- Lectura comentada dun texto seleccionado (30 mins),
3.- Contestación individual a un cuestionario.
Sección práctica (hora e media):
1.- Presentación de 30 mins. a cargo do profesor/a,
2.- Cuestionario en grupo sobre a presentación (30 minutos),
3.- Exposición e discusión sobre as respostas de cada grupo.

No caso da sesión maxistral o profesorado presentará os contidos do tema apoiándose nunha presentación power point. A sesión maxistral utilizarase tanto para a introdución teórica do tema como para a presentación dos casos ou as prácticas que estean planificadas. Cada materia desenvólvese en sesións de tres horas, polo que a sesión maxistral pode abarcar ao redor dunha hora por sesión: media hora para a introdución teórica e media hora para a presentación das prácticas. O profesorado poderá variar esta distribución compensándoa sempre co resto das metodoloxías para non aumentar a carga ECTS da materia
Lecturas Cada sesión de clase de tres horas contén un tempo dedicado á lectura comentada dun texto relacionado coa exposición do profesor. A duración prevista será duns 30 minutos por sesión de tres horas.
Portafolios do alumno En cada sesión de clase o estudante deberá contestar a un cuestionario individual sobre a lectura realizada, e un en grupo relacionado cos casos analizados ou as prácticas realizadas. Estes cuestionarios, ademais das presentacións power point correspondentes a cada clase deberá ser incluído no seu portafolios. Nel recollerán igualmente cantos comentarios, reflexións ou actividades realícense durante o curso.
Prácticas a través de TIC Desenvolvemento de contidos multimedia para intervencións con persoas con TEA empregando ferramentas vistas na clase.
Discusión dirixida A discusión dirixida forma parte da sección práctica de cada sesión de tres horas. Logo de que os estudantes contestasen por grupos ás preguntas do cuestionario que acompaña á presentación do profesor, cada grupo expoñerá as súas respostas ao conxunto da clase, comezando unha quenda de intervencións ao respecto. A discusión pecharase coas conclusións do profesor/a

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
A través do Campus Virtual cada estudante deberá acceder ás prácticas propostas e entregalas telemáticamente a través da plataforma nos prazos especificados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 A8 B1 B3 B2 B4 C6 C7 C8 Bloque I. Entrega do portafolio no que se recollen traballos breves que poden consistir en: elaboración e presentación de casos prácticos, recensións e comentarios de lecturas, procura e confección de fichas sobre programas de intervención ou presentación de artigos de investigación pertinentes. 50
Prácticas a través de TIC C6 Bloque II. A realización das prácticas e a súa superación supoñerá ata 5 puntos na nota final. 50
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

Para superar a materia é preciso obter un aprobado en cada un dos dous bloques en que se divide a materia. A nota final será a media das dúas partes.

En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, deberanse entregar os mesmos traballos na segunda oportunidade contactando previamente co profesorado para valorar a situación particular.

O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alcantud Martín, F. (Coord.) Trastornos del Espectro Autista: detección diagnóstico e intervención temprana. Madrid: Pirámide

Baron Cohen, S. (2010). Autismo y Síndrome de Asperger. Madrid: Alianza

Gortázar Díaz, P. (2007). Intervención comunicativa en casos con autismo: estado de la cuestión. Presentación de un caso clínico. En: F. Alcantud (coord.). Intervención psicoeducativa en niños con Trastornos Generalizados del Desarrollo. Madrid: Pirámide. 181-195.

Frith, U. (1999). Autismo: hacia una explicación del enigma. Madrid: Alianza Marti?nez, M.A. y Cuesta, J.L: (comps.) Todo sobre el autismo. Tarragona: Altaria.

Frontera Saracho, M. (2012). Intervención: principios y programas psicoeducativos. En: M.A. Martínez Martín & J. L. Cuesta Gómez (eds.) Todo sobre el autismo. Tarragona: Altaria. 223-260.

González Carbajal, A. (2002). Intervención comunicativa en autismo de alto funcionamiento y Síndrome de Asperger. En: J. Martos & M. Pérez Juliá (coords.). Autismo: un enfoque orientado a la formación en logopedia. Valencia: Nau Llibres.  85-106.

Martos, J. & Perez Julia, M. (2002). Autismo: un enfoque orientado a la intervención en logopedia. Valencia: Nau Llibres.

Monfort, M.; Juarez, A. & Monfort, I (2004). Niños con trastornos pragmáticos del lenguaje y de la comunicación. Descripción e intervención. Madrid: Entha. 95-133.

Monsalve, C. (2002). Comunicación y lenguaje en autismo: claves para el buen trabajo de un logopeda. En: J. Martos & M. Pérez Juliá (coords.). Autismo: un enfoque orientado a la formación en logopedia. Valencia: Nau Llibres. 65-83.

Montiel, C. (2016). El modelo SCERTS. Enfoque transaccional centrado en la familia para mejorar las habilidades comunicativas y socioemocionales de niños con trastornos del espectro autista. En: D. Valdez (Comp.) Autismos. Estrategias de intervención entre lo clínico y lo educativo. PP. 43-57.

Rivière, A. y Martos, J. (1997). El Tratamiento del Autismo. Nuevas Perspectivas. Madrid: APNA y Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

Rivière, A. (2001). Autismo: orientaciones para la intervención educativa. Madrid: Trotta.

Salvadó-Salvadó, B; Palau-Baduell, M.; Clofent Torrentó, M.; Montero Camacho, M Hernández Latorre, M. (2012). Modelos de intervención global en personas con trastornos del espectro autista. Rev. Neurol, 54(1), 63- 71.

Tamarit J. (2010). Buenas prácticas profesionales en la intervención en personas con TEA. XV Congreso Nacional Profesionales del Autismo. Zaragoza, España.

Valdez, D. (comp., 2005). Evaluar e intervenir en autismo. Madrid: Machado.

Valdez, D. (2016). El modelo Denver de intervención temprana. Abordaje desde el desarrollo y los contextos interpersonales. En: D. Valdez (Comp.) Autismos. Estrategias de intervención entre lo clínico y lo educativo. Pp. 33-42.

Bibliografía complementaria

Bishop, D. & Leonard L. B., Ed. (2001). Speech and language impairments in children. Causes characteristics, intervention and outcome. Hove, UK, Psychology Press.

Gerber, S. (2003). A developmental perspective on language assessment and intervention for children on the autism spectrum. Topics in language disorders, 23, 72-95.

Happe, F. (2006). Introducción al autismo. Madrid: Alianza.

Howlin, P., Barón Cohen, S. & Hadwin, J. (2006). Enseñar a los niños autistas a comprender a los demás. Guía práctica para educadores. Barcelona: CEAC.

Lovaas, O.I. (2002). Teaching individuals with developmental delays. Basic intervention techniques. Austin: TX: PRO-ED.

Monfort, M. Monfort, I. (2001). En la mente. Un soporte para el entrenamiento de habilidades pragmáticas en niños. Madrid: Entha.

Prizant, B., Wetherby, A; Rydell, P. (2000). Communication intervention issues for children with ASD. En: A. Wetherby; B. Prizant (eds.) Autism spectrum disorders: a transactional developmental perspective.  Baltimore: Paul Brookes.

Rice M & Warren, SF (eds. 2004). Developmental language disorders: from phenotypes to etiologies. Mahwah, NJ: Erlbaum; 2004.

Rivière, A. & Martos, J. (2000). El niño pequeño con autismo. Madrid: APNA 

Rondal, J.A., Seron, X. (1991). Trastornos del lenguaje 1, 2 y 3. Barcelona: Paidos 

Russel, J. (1999). El autismo como trastorno de la función ejecutiva. Madrid: panamericana 

Schwartz, R.G. (2009). Handbook of child language disorders. New York: Psychology press. 

Sussman, F. (2001). More than words. Helping parents and professionals promote communication and social skills in children with ASD. The Hanen Centre. National Library of Canada. 

Sussman, F. (2006). Talk ability: People skills for verbal children on the autism spectrum. The Hanen Centre. National Library of Canada


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Todos os traballos do Bloque II serán entregados a través do Campus Virtual, en formato dixital, sen necesidade de imprimilos, contribuindo deste modo a unha educación baseada nun modelo sostible.

Para o desenvolvemento do Bloque II é preciso asistir a clase cun ordenador portátil.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías