Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dominar as ferramentas básicas da investigación científica. |
AM5 AM6
|
BM1
|
CM3 CM9
|
Ser capaz de xestionar as bases de documentación técnico-científica, para seleccionar documentos de interese, revisalos e sintetizar os traballos doutros autores. |
AM6 AM11 AM15
|
BM1 BM2 BM11
|
CM1 CM10
|
Ser capaz de identificar as necesidades de investigación en relación con problemas reais e para propoñer obxectivos innovadores de investigación en forma de proxectos de investigación |
AM14 AM15 AM18
|
BM11 BM13
|
CM10
|
Ser capaz de sintetizar e expoñer correctamente en forma escrita e oral os resultados da propia investigación |
AM8
|
BM4 BM6
|
CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos do saber e as prácticas educativas |
- Paradigmas en educación: cuantitativo e cualitativo. |
2. Métodos de investigación. |
- En función da finalidade: básica e aplicada.
- En función do paradigma: cuantitativa e cualitativa.
- En función do nivel de investigación: exploratorio, descritivo, experimental.
- En función da dimensión espacial e temporal: históricos. comparativos, lonxitudinais e transversais.
- Metodoloxías cualitativas e mixtas. |
3. Procedementos e estratexias de recollida de información cuantitativa e cualitativa. |
- Enquisa, entrevista, escalas, observación. |
4. Análise e interpretación de datos cuantitativos e de información cualitativo. |
-Estatística descritiva.
- Codificación e categorización da información |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A18 |
1.5 |
0 |
1.5 |
Análise de fontes documentais |
B6 C1 C3 C8 C10 |
1 |
9 |
10 |
Obradoiro |
A6 A8 B11 C9 |
5 |
9.5 |
14.5 |
Sesión maxistral |
A5 A14 A15 B13 |
7 |
7 |
14 |
Solución de problemas |
A11 B1 B2 B4 |
6.5 |
24.5 |
31 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade que se desenvolve antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe coa fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos de aprendizaxe que se queren acadar, vinculados á investigación educativa. Con isto, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Análise de fontes documentais |
A partir da busca en diferentes bases de datos e fontes bibliográficas, seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estrutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilidada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas. |
Obradoiro |
Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios. |
Sesión maxistral |
Exposicións oral nas que se explicarán os contidos dos temas da materia, puidendo complementarse co uso de medios audiovisuais e coa introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, dun modo que permitan a participación activa do alumnado. Aclararanse as dúbidas que xurdan e comentarase a bibliografía que lles permitirá ampliar os coñecementos vistos en clase. |
Solución de problemas |
Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Obradoiro |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Debido ao carácter práctico destas tres metodoloxías, farase unha atención personalizada para guiar a aprendizaxe do alumnado durante as sesións de clase entendida como a atención, supervisión e seguimento do traballo do alumnado, resolvendo as dúbidas que poidan xurdir duante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos. Isto implica que o alumnado deberá participar nas sesións prácticas de xeito activo.
O alumnado poderá consultar dúbidas no horario de titorías. As titorías serán atendidas de forma presencial (despacho P1 A14), exclusivamente no horario de titorías que figura na web da Facultade.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A11 B1 B2 B4 |
A partir da formulación dun problema de investigación, terase que continuar con todas as fases que hai que seguir no proceso de investigación científica. Entregarase en forma de dossier. |
100 |
|
Observacións avaliación |
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Asistir a clase. A asistencia a clase é obligatoria cun 80% das sesiones.
- Participar na clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non so a asistencia, senón tamén a participación e o aproveitamento do tempo da clase.
- Realizar todas as actividades obligatorias que computan na avaliación final da materia; isto é: cada unha das actividades que se corresponden coa metodoloxía de solución de problemas.
- Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra del plazo ou a ausencia de entrega terá unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.
- Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.
- No relativo á realización
fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao
establecido no artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC: obterase a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
O alumnado que no cumpra co requisito de asistencia do 80% deberá someterse á avaliación final, que consistirá na entrega do dossier, elaborado de forma autónoma polo estudiante. Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado. 3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Martínez González, R.A. (2007). La investigación en la práctica educativa: guía metodológica de investigación para el diagnóstico y evaluación en los Centros. Madrid: Ministerio de educación, Centro de Investigación y Documentación Educativa
Rodriguez, G., Gil, J. y García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe
Bisquerra Alzina, R. (2005). Metodología de la investigación educativa. Madrid: La Muralla
Buendía, L.; Colás, M.P. y Hernández, F. (1998). Métodos de investigación en psicopedagogía. Madrid: McGraw-Hill
Walker, R. (2002). Métodos de investigación para el profesorado. Técnicas de evaluación (3ª. edic.). Madrid: Morata
Padilla Carmona, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A entrega de traballos da materia realizarase de forma telemática. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". |
|