Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión de Recursos Humanos, Económicos e Administrativos Código 652536014
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
,
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Como consecuencia do reforzo da autonomía dos centros, faise preciso potenciar a capacidade de xestión da dirección, para permitirlle liderar os cambios propostos. A Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, outórgalle aos directores e directoras dos centros docentes públicos, como representantes que son da Administración educativa no centro e como responsables do proxecto educativo, a oportunidade de exercer un maior liderado pedagóxico e de xestión.

Por outro lado, poténciase a función directiva a través dun sistema de certificación previo de competencias para acceder ao posto. O obxectivo da formación previa requirida é dotar ao futuro director ou directora das capacidades necesarias para desempeñar o seu posto con eficiencia e eficacia.

Non obstante, o director ou directora non traballa de forma illada, senón que forma parte dun equipo directivo, que segundo establece o artigo 131 da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, traballará de forma coordinada no desempeño das súas funcións, conforme coas instrucións do director ou directora e as funcións específicas legalmente establecidas.

Para acadar un liderado educativo eficaz é preciso centrar os esforzos en mellorar a calidade do ensino e a aprendizaje, profesionalizar, fortalecer e apoiar o papel dos/das líderes educativos/as, definir claramente os roles, adoptar un enfoque colaborativo, recoñecer as fortalezas e competencias dos equipos, dispoñer de autonomía suficiente para asignar recursos e explorar métodos de ensino innovadores así como asumir as responsabilidades e compromisos que comporta o liderado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 E18: Organizar os recursos humáns, espaciais e temporais dos centros docentes.
A19 E19: Identificar os servizos complementarios e de apoio aos centros docentes.
A20 E20: Desenvolver a xestión económica e administrativa dun centro docente.
A21 E21: Valorar as habilidades sociais e emocionais na xestión dos centros docentes.
B2 CB7: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9: Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B6 G1: Analizar, organizar, xestionar e interpretar a información e a toma de decisións.
B8 G3: Liderar e fomentar o traballo en equipo.
B10 G5: Organizar, xestionar e coordinar un centro docente.
B11 G6: Controlar e supervisar centros educativos.
B12 G7: Motivar a equipos de profesionais da educación.
B13 G8: Comunicar obxectivos e estratexias educativas.
B14 G9: Dirixir estratexicamente: planificar, implementar e avaliar plans e proxectos dos centros educativos.
C1 T1: Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas línguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 T6: Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 T7: Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 T8: Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao terminar con éxito esta materia, o estudantado será capaz de: · Propoñer a estrutura dos recursos humanos dun centro docente. AM18
BM2
BM6
BM8
BM10
BM13
CM1
CM7
· Contrastar diferentes opcións de organización temporal e dos espazos dos centros docentes. AM18
BM2
BM6
BM10
BM13
CM7
· Argumentar a importancia dos servizos complementarios e de apoio aos centros docentes. AM19
BM2
BM6
CM7
· Identificar os principais principios e métodos de administración dos centros docentes. AM20
BM2
BM6
BM8
BM10
BM11
BM13
BM14
CM7
CM8
· Valorar a autonomía da xestión económica dos centros docentes. AM20
BM2
BM6
BM8
BM11
BM13
CM7
CM8
· Desenvolver habilidades relacionadas coa intelixencia emocional, así como as ferramentas para potencialas. AM21
BM2
BM6
BM8
BM10
CM6
CM7
· Desenvolver habilidades relacionadas coa motivación. AM21
BM2
BM6
BM8
BM10
BM12
CM6
CM7
· Desenvolver habilidades relacionadas coas habilidades sociais como as ferramentas de comunicación eficaz, o traballo en equipo ou a toma de decisións. AM21
BM2
BM4
BM6
BM8
BM10
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
· Xestión administrativa e económica - De recursos humanos.
- De tempo.
- De espazos.
- De servizos complementarios.
· Desenvolvemento de habilidades sociais na xestión do centro docente - Motivación.
- Espíritu emprendedor.
- Coaching e orientación.
- Estratexias para a mellora das competencias interpersoais.
- Habilidades emocionais.
· O proceso de toma de decisións

- Comunicación interpersoal.
- Funcionamento de grupos.
- Toma de decisións.
- Técnicas de negociación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A18 A19 A20 A21 B10 B11 B12 B14 8 1 9
Presentación oral B4 B13 C1 C6 1 2 3
Traballos tutelados B2 B4 B6 B8 B13 B14 C1 C7 C8 5 35 40
Proba mixta A18 A19 A20 A21 B2 B4 B10 B11 B13 C1 1 15 16
Discusión dirixida B2 B4 B13 C1 C6 5 1 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse contidos que conforman o marco teórico mediante exposición oral, guiada coa presentación de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral de cada un dos temas de que consta o programa, indicando aqueles aspectos que poden ser ampliados polo estudante para o seu traballo persoal.
Presentación oral Finalmente realizarase unha exposición oral, na que cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Traballos tutelados Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de pequenos traballos de grupo. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo e traballo colaborativo, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada individual e/ou en pequeno grupo.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos da materia así como aqueles que se consideren complementarios (outras fontes documentais). Basearanse nos distintos recursos que existan nas bibliotecas, centros de recursos, e/ na rede (Internet). Os contidos desenvolvidos serán avaliados tamén na proba mixta.

Proba mixta A proba consistirá nunha actividade final da materia con carácter evaluativo a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas facendo un tratamento global e integrando os coñecementos adquiridos de acordo aos contidos abordados ao redor de diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Discusión dirixida Mediante esta dinámica abordaranse os diversos temas orientados a que o alumnado reflexiones sobre a importancia da xestión da calidade na mellora dos centros educativos, atendendo aos principios da calidade co fin de favorecer a mellora continua e a toma de decisións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Sesión maxistral
Descrición

O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse, por tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:
* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).
* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou a través de Teams).
* Individuais (realizaranse no despacho do profesorado ou a través de Teams e versarán sobre o progreso do alumnado).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B4 B6 B8 B13 B14 C1 C7 C8 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a súa realización é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. As prácticas se entregarán a través de moodle. O profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula. Se fará un proceso de autoevaluación e heteroavaliación.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado saiba realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
60
Proba mixta A18 A19 A20 A21 B2 B4 B10 B11 B13 C1 O exame final fixado pola Comisión académica do título e aprobada por Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba obxectiva na que entrará toda a materia (clases expositivas + traballos tutelados).

O sistema de corrección da devandita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas
40
 
Observacións avaliación

Criterios para superar a materia:

1. Os traballos tutelados subiranse á plataforma moodle (Será valorada a parte individual e a grupal).

2. Asistir e participar regularmente nas actividades da aula (80%). 

3. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva). 

4. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. 

SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%).

B) Tanto os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA Ou RÉXIME DE DEDICACIÓN AOESTUDO DÚAS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os traballos tutelados, aínda que estes últimos poderán presentalos de maneira individual. En todo caso, é preciso que nestes casos articulen os mecanismos necesarios para que as actividades grupais dos traballos tutelados poidan ser desenvolvidas de maneira grupal; no caso de non realizar estas actividades grupais dentro dos traballos tutelados, a cualificación máxima para este tipo de estudantes das prácticas será do 40%.   

A proba obxectiva será a mesma para todas e todos as/os estudantes.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

Aspectos a ter en conta:

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

- No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".


Fontes de información
Bibliografía básica Mondy, R. Wayne (2005). Administración de recursos humanos. México: Prentice Hall
Petrick, Joseph A. (2003). Calidad total en la dirección de recursos humanos. Barcelona: Gestión 2000
Roca Villanueva, Elia (2005). Cómo mejorar tus habilidades sociales: programa de asertividad, autoestima e inteligencia emocional. Valencia: ACDE Ediciones
Caramés Balo, Rosa Elena (2001). Formación para la dirección de centros educativos: comunicación y eficacia negociadora. A Coruña: Servicio de Publicaciones de la Universidade da Coruña
Delgado Piña, M.ª Isabel (2006). Gestión de recursos humanos: del análisis teórico a la solución práctica. Madrid: Pearson
Osca Segovia, Amparo (2010). Gestión estratégica de recursos humanos y políticas de formación. Madrid: Sanz y Torres
Moreno Ramos, Jesús (2005). Hacer, sentir, pensar reflexiones y actividades para mejorar la comunicación en los centros educativos. Ciudad Real: Ñaque
Bastons i Prat, M. (2000). La toma de decisiones en la organización. Barcelona: Ariel

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Liderado e Dirección de Centros Escolares/652536003
Xestión da Calidade nos Centros Docentes, Autonomía, Transparencia e Rendición de Contas: Plans de M/652536009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Tratamento da Información Cualitativa e Cuantitativa na Investigación dentro da Xestión, Avaliación /652536007

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías