Identifying Data 2023/24
Subject (*) Projects of innovation and educational investigation(research) in technology Code 652602E1I2
Study programme
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree Yearly
First Obligatory 2
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Pardo Carabias, Cristina
E-mail
cristina.pardo.carabias@udc.es
Lecturers
Fuentes Silveira, María Jesús
Pardo Carabias, Cristina
E-mail
m.j.fuentes@udc.es
cristina.pardo.carabias@udc.es
Web http://https://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/
General description Esta materia pretende achegar os actuais recursos de innovación educativa aos futuros docentes, así como introducir novas tecnoloxías e aplicacións coas que elaborar e desenvolver proxectos e materiais didácticos na aula.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A23 (CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
A25 (CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
A26 (CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
A28 (CE-E14)Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e empregar ferramentas técnicas para a elaboración de materiais didácticos para o ensino-aprendizaxe da Tecnoloxía. AJ23
AJ25
CC3
CC6
Deseñar, elaborar e avaliar proxectos educativos innovadores. AJ26
AJ28
CC3
Coñecer os organismos que aglutinan os traballos e proxectos recentes sobre innovación e investigación educativa e como funcionan. AJ25
CC8
Valorar as distintas posibilidades de difusión dos materiais didácticos creados a través da rede. AJ23
CC3
CC6
Aproveitar os recursos que ofrecen os diversos organismos educativos que aglutinan traballos e proxectos recentes sobre innovación e investigación educativa para elaborar proxectos e materiais didácticos. AJ26
CC3
CC6

Contents
Topic Sub-topic
A investigación nas áreas e materias propias da especialidade de Tecnoloxía. A situación actual dos proxectos educativos en Tecnoloxía.
As aportacións dos organismos oficiais.
Recursos para o deseño de Proxectos de innovación en Tecnoloxía. Posibilidades cara ao deseño de actividades de aula.
Estratexias de avaliación de propostas innovadoras no ensino da Tecnoloxía.
Proxectos de innovación. Características.
A integración das TIC na aula.
Avaliación dos proxectos de innovación.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities C3 C6 C8 1 0 1
Summary A26 C3 C6 C8 2 1 3
Supervised projects A23 A25 A26 A28 C3 C6 C8 8 32 40
Long answer / essay questions A25 A26 A28 C6 C8 1 1 2
Workbook C8 2 2 4
 
Personalized attention 0 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se levan a cabo na aula antes de iniciar o proceso de E-A para coñecer as ideas previas, intereses e motivación do alumnado de cara á materia. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Summary Consiste nunha síntese. É unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do persoal docente da materia.
Long answer / essay questions Proba escrita que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Workbook Lectura de bibliografía e materiais didácticos sobre contidos da materia.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Summary
Description
Todo o alumnado (con e sen dispensa) poderá resolver dúbidas sobre as actividades e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia a través de titorías previamente solicitadas por correo electrónico. As titorías poden ser presenciais (no despacho) ou por TEAMS, no horario de titorías do persoal docente da materia.

Por outra banda, o alumnado con dispensa académica realizará de forma individual todas as actividades de avaliación continua da materia (resumo, traballo tutelado), con entregas nas datas marcadas polo persoal docente da materia. Ademais, terá que realizar unha serie de actividades extra deseñadas polo persoal docente da materia, que debe entregar nas datas establecidas por este.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Long answer / essay questions A25 A26 A28 C6 C8 Proba escrita individual e presencial na que se avaliará os coñecementos adquiridos ao longo da materia. Valorarase especialmente a capacidade de argumentar desde o punto de vista pedagóxico, didáctico e curricular.

Tal e como se recolle nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”:
1. “Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.”.
2. “Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.”
3. “A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.”

30
Supervised projects A23 A25 A26 A28 C3 C6 C8 O alumnado de Máster elaborará, en pequeno grupo, un traballo tutelado (proxecto de innovación educativa). Este traballo será presentado a través dunha exposición oral.

Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son:
- Contemplar significativamente os apartados especificados polo persoal docente da materia.
- Integrar significativamente as TIC.
- Integrar significativamente a Educación Ambiental (sustentabilidade).
- Estar titorizado polo persoal docente da materia, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa exposición oral. Non se valorará ningún traballo que non fose titorizado previamente. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías do persoal docente da materia.
- Empregar o currículo vixente.
- Cumprir coa extensión e formato especificados polo persoal docente da materia.
- Ser entregado no prazo establecido a través do Campus Virtual.
- Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/
- As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto deben declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. das “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario”: “Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.”

A exposición oral do traballo tutelado por parte de cada pequeno grupo realizarase en soporte audiovisual, mediante a creación dun vídeo. Todos os membros do grupo participarán na exposición oral dun xeito equilibrado. Os vídeos exporanse na aula e o resto de compañeiros/as de aula coavaliarán o traballo, xunto co persoal docente da materia. Despois da visualización de cada vídeo, o persoal docente da materia interactuará co alumnado autor do vídeo, a través de cuestións. A duración mínima da presentación oral en soporte audiovisual é de 10 minutos e a duración máxima é de 20 minutos. A duración máxima da interacción persoal docente-alumnado é de 10 minutos.

A entrega do traballo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).
60
Summary A26 C3 C6 C8 Síntese do traballo tutelado, que subirase ao apartado habilitado para tal fin no Campus Virtual da materia, seguindo as especificacións proporcionadas e no prazo establecido polo persoal docente da materia.

A entrega do resumo fora de prazo suporá a avaliación do mesmo na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria).
10
 
Assessment comments

A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Se o estudante
non acada o 80% de asistencia, será avaliado coma se fose alumnado con
recoñecemento de dispensa académica.



ALUMNADO QUE ASISTE A MÁIS DO 80% DAS AULAS. Na primeira oportunidade
(convocatoria ordinaria) a cualificación final será a media ponderada das notas
das distintas actividades da materia (resumo: 10%, traballo tutelado: 60%, e
proba de ensaio/desenvolvemento: 30%), debendo obter en cada unha das partes
un aprobado (5 ou superior sobre 10). Se non se cumpre coa entrega das
actividades na data sinalada, considerarase como “non presentado” na primeira oportunidade (convocatoria
ordinaria). Cando algunha das actividades da materia (resumo, traballo tutelado,
proba de ensario/desenvolvemento) acaden a cualificación de suspenso, a
cualificación da materia será de suspenso, sendo a cualificación final a nota
da actividade suspensa máis alta. Nótese que a proba de ensaio/desenvolvemento
é individual, escrita e presencial, tendo lugar na data oficial do calendario
académico.

O alumnado que na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria)
non obtivese unha cualificación final positiva (5 ou superior sobre 10) ou non
se tivera presentado, na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria)
realizará de novo a proba de ensaio/desenvolvemento na data oficial do
calendario académico. Ademais, o alumnado realizará de novo as actividades de
avaliación continua que na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación
de suspenso ou non se presentaran. Deste xeito, a
cualificación final da segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria) será
a media ponderada das notas das distintas actividades da materia (resumo: 10%,
traballo tutelado: 60%, e proba de ensario/desenvolvemento: 30%), debendo obter
en cada unha das partes un aprobado (5 ou superior sobre 10).

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DISPENSA ACADÉMICA. Segundo
o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de Grao e Máster Universitario na
Universidade da Coruña”:

 -      Deberá poñelo en coñecemento do
persoal docente na primeira semana de aulas, ou, se isto non fora posible, nun
prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. 

 -      Terá que realizar de
forma individual todas as actividades de avaliación continua propostas ao longo
do curso, e entregalas nas datas establecidas polo
persoal docente, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 ou
superior sobre 10). Ademais, tal e como se especificou no apartado de “atención
personalizada”, terá que realizar unha serie de actividades extra deseñadas
polo persoal docente da materia, que debe entregar nas datas establecidas por
este, debendo obter en cada unha das mesmas a cualificación de “apto”. Se non
se cumpre coa entrega das actividades (xa sexa as actividades de avaliación
continua coma as actividades extra) na data sinalada, considerarase como “non
presentado” na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria).

 -       Para a
cualificación da materia na primeira oportunidade (convocatoria ordinaria), a
cualificación final será a media ponderada das notas das distintas actividades
da materia (resumo: 10%, traballo tutelado: 60%, proba de ensaio/desenvolvemento:
30%, actividades extra), debendo obter en cada unha das partes un aprobado/”apto”
(5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da materia acaden a
cualificación de suspenso/”non apto”, a cualificación da materia será de
suspenso, sendo a cualificación final a nota da actividade suspensa máis alta.
Nótese que a proba de ensaio/desenvolvemento é individual, escrita e presencial,
tendo lugar na data oficial do calendario académico.









 -      Na segunda
oportunidade (convocatoria extraordinaria), o alumnado realizará de novo as
actividades que na primeira oportunidade obtiveran unha cualificación de
suspenso/“non apto” ou non se presentaran (resumo, traballo tutelado, proba de ensaio/desenvolvemento,
actividades extra). Deste xeito, a cualificación final da segunda oportunidade
(convocatoria extraordinaria) será a media ponderada das notas das actividades
da materia (resumo: 10%, traballo tutelado: 60%, proba de ensaio/desenvolvemento:
30%, actividades extra), debendo obter en cada unha das partes un aprobado/”apto”
(5 ou superior sobre 10). Cando algunha das partes da materia acade a cualificación de suspenso/
“non apto”, a cualificación da materia será de suspenso, sendo a cualificación
final a nota da actividade suspensa máis alta. Nótese que a proba de
ensaio/desenvolvemento é individual, escrita e presencial, tendo lugar na data
oficial do calendario académico.


Sources of information
Basic

Cervera, D. (Coord.) (2010). Tecnología. Investigación, innovación y buenas prácticas. Graó.

De Pablos, J. (Coord). (2010). Tecnología Educativa. La formación del profesorado en la era de Internet. Aljibe.

Fundación Zerbikas (2012). Guías prácticas. Bilbao Zerbikas Fundazioa: https://www.zerbikas.es/guias-practicas/

Monereo, C. (Coord.) (2005). Internet y competencias básicas: aprender a colaborar, a comunicarse, a participar, a aprender. Graó

Roig-Vila, R. (Ed.) (2016). Educación y Tecnología. Propuestas desde la investigación y la innovación educativa. Octaedro.

Tejero Cabello (2005). Tecnología: problemas y proyectos. MAD.

Temporelli, W. (2022). Mitos y verdades de las TIC en Educación. Bonum.

Turull, M. (Coord.). (2020). Manual de docencia universitaria. Octaedro.

Zabala, A. y Arnau, L. (2007). 11 ideas clave: Cómo aprender y enseñar competencias. Graó.

Complementary

Arufe-Giráldez, V.; Sanmiguel-Rodríguez, A.; Ramos-Álvarez, O.; Navarro-Patón, R. (2022). Gamification in Physical Education: A Systematic Review. Education Sciences, 12(8): 540.

Batlle, R. (2011). ¿De qué hablamos cuando hablamos de Aprendizaje-Servicio? Crítica,61(972): 49-54.

Bolaños, O. (2018). Aprendizaje basado en retos. Universidad ICESI: https://eduteka.icesi.edu.co/pdfdir/crea-ruta-tic-aprendizaje-basado-en-retos.pdf

Kapp, K. (2012). The Gamification of Learning and Instruction. Game-Based Methods and Strategies for Training and Education. Pfeiffer.

Lee, J. & Hammer, J. (2011). Gamification in Education: What, How, Why Bother? Academic Exchange Quarterly, 15(2): 1-5.

Mejía Pérez, D. S. (2018). Aprendizaje basado en problemas. Universidad ICESI: https://eduteka.icesi.edu.co/pdfdir/crea-ruta-tic-aprendizaje-basado-en-problemas.pdf

Santillán-Aguirre, J.P., Jaramillo-Moyano, E.M., Santos-Poveda, R.D. y Cadena-Vaca, V.C. (2020). STEAM como metodología activa de aprendizaje en la educación superior. Polo del Conocimiento, 5 (8): 467-492

West, M. & Vosloo, S. (2013). Directrices de la UNESCO para las políticas de aprendizaje móvil. UNESCO. ISBN 978-92-3-001145-1: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000219641

Zeybek, N., & Sayg?, E. (2023). Gamification in Education: Why, Where, When, and How?—A Systematic Review. Games and Culture, 0(0). https://doi.org/10.1177/15554120231158625


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Didactics of the Technology in the secondary education/652602221
Design. planning and evaluation of didactic offers of Technology in the secondary education/652602222
Didactics of the mathematics for professorship of secondary education/652602223
Educational innovation/652602E11
Initiation to the educational investigation(research)/652602E12

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Didactics of the Technology in the secondary education/652602221
Design. planning and evaluation of didactic offers of Technology in the secondary education/652602222

Subjects that continue the syllabus
Practicum/652602206
Final Dissertation/652602207

Other comments

Nesta materia, os envíos dos traballos faranse de xeito telemático a través do Campus Virtual. De non ser posible, elixirase a impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e non se utilizarán plásticos. Ademais, evitarase imprimir borradores. Recórdase que débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Ademais, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Por outra banda, segundo se recolle nas distintas bases normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia incorpórase a igualdade de xénero, polo que o alumnado debe telo en conta á hora de realizar as distintas actividades da materia.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.