Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Atención á diversidade na educación física Código 652603312
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Educación Física e Deportiva
Coordinación
Dulsat Ortiz, Carles
Correo electrónico
carles.dulsat.ortiz@udc.es
Profesorado
Dulsat Ortiz, Carles
Correo electrónico
carles.dulsat.ortiz@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=educacion-fisica
Descrición xeral A materia “Atención á diversidade na educación física” forma parte dos estudos do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria no itinerario de Educación Física. Trátase dunha materia obrigatoria de 4 créditos, o que representa 100 horas de traballo do estudantado. Esta materia facilitará ao alumnado o coñecemento de diferentes conceptos relacionados coa diversidade nas aulas así como as claves para desenvolver proxectos inclusivos na educación física. Así mesmo analizaranse os diferentes retos que se presentan para alcanzar a plena inclusión na materia de educación física en educación secundaria.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Mostrar unha actitude reflexiva ante a diversidade nas aulas e en concreto na educación física. AP1
AP2
AP8
AP10
AP11
AP14
AP18
AP22
AP26
AP27
AP30
CM1
CM7
Comprender a evolución do marco educativo legal que apoia a inclusión do alumnado na aula de educación física. AP2
AP4
AP10
AP17
CM6
Coñecer as principais situacións de diversidade na educación física en educación secundaria e ser capaz de identificar as necesidades especiais que requiren. AP1
AP4
CM1
CM3
CM4
CM6
CM7
Coñecer os recursos dispoñibles e ser capaz de elaborar pautas de intervención para atender á diversidade en educación física e facilitar a plena inclusión do alumnado. AP1
AP4
AP10
AP14
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP24
AP25
AP27
AP28
AP30
AP34
AP37
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Ser capaz de elaborar propostas de intervención dende unha perspectiva inclusiva na materia de educación física (perspectiva de xénero, multiculturalidade, diversidade funcional, etc.). AP4
AP10
AP14
AP18
AP20
AP21
AP24
AP25
AP27
AP28
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM7
CM8
Coñecer, aplicar e promover os principios éticos e deontolóxicos que deben rexer a actividade docente, especialmente na atención á diversidade. AP8
AP10
AP14
AP15
CM1
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Conceptos xeráis sobre atención á diversidade. .
Tema 2. Proxectos inclusivos de atención á diversidade dende a área de educación física. .
Tema 3. Retos e perspectivas da atención á diversidade na área de educación física. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A2 A4 A8 A10 A11 A14 A15 A18 A22 A26 A27 C1 C3 C4 C7 6 13 19
Traballos tutelados A2 A4 A10 A14 A17 A18 A19 A20 A21 A24 A25 A27 A28 A30 A34 A37 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 9 19 28
Proba de resposta breve A1 A2 A8 A10 A11 A14 A18 A22 A26 A27 C1 C3 C4 C7 15 16 31
Sesión maxistral A1 A4 A8 A10 A11 A14 A15 A18 A21 A22 A25 A26 A27 C1 C3 C4 C6 C7 4 8 12
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Os estudantes farán unha procura de documentos bibliográficos actualizados (libros, artigos, textos lexislativos, referencias web, etc) que dalgún modo estean vinculados cos contidos específicos da materia. Posteriormente, procederase á súa análise e discusión.
Traballos tutelados Presentarase caso simulado dunha persoa ou colectivo con necesidades de diversificación e, a partir de aí, o estudante terá que ser capaz de planificar un deseño completo de actuación en educación física, considerando todos aqueles factores que inflúen na devandita programación.
Proba de resposta breve Con este tipo de metodoloxía, os estudantes reuniranse en grupos discutindo de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, proposto polo profesorado ou por eles mesmos, que poida resultar relevante para a materia. Aproveitarase a ocasión para constrastar diferentes puntos de vista. O profesorado actuará como moderador.
Sesión maxistral As sesións maxistrais reservaranse para facer intervencións puntuais por parte do docente, de forma oral e con apoio audiovisual, co fin de ampliar coñecementos específicos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba de resposta breve
Descrición
A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, tendo o alumnado a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle.

O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A4 A10 A14 A17 A18 A19 A20 A21 A24 A25 A27 A28 A30 A34 A37 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente inclusiva na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase preferentemente de forma grupal.

O preofesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
60
Proba de resposta breve A1 A2 A8 A10 A11 A14 A18 A22 A26 A27 C1 C3 C4 C7 Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

 

Segunda oportunidade: Ao alumnado que participou nun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo.

 

O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: traballo tutelado (100%) ou exame (100%), entregado na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña  e no que se deberá demostrar o dominio dos contidos da materia. 

En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

 

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:

Alumnado con recoñecemento de dispensa
académica

 

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1.Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.

2. Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, considerarase coma non
presentado e deberá realizar unha actividade sustitutoria na data establecida
para a avaliación final.
3.   A cualificación será a media ponderada das notas das
actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada
na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes
un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar
algunha das partes na segunda oportunidade, deberán repetir todas as partes non
aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia.

Asociación Española de Deporte y Actividad Física Adaptada. Disponible en http://www.dafaweb.es

Bobo-Arce, M. y  Morales Caneiro, R (2013) Estrategias coeducativas en el aula formal de educación física. Una experiencia práctica . A Coruña: Universidade 2114

Botelho-Gomes, P. (2012) Igualdade de género na educaçâo física. I e II ciclo de conferencias: xénero, actividade física e deporte. A Coruña: Universidade, 2012, p. 61-77. URI: http://hdl.handle.net/2183/9084

Código deontológico, disponible en la web http://www.consejo-colef.es-codigo-deontologico.html, recuperado el 19 de Enero de 2010.

Fernández García, E. et al. (2010) Guía PAFIC, para la Promoción de la Actividad Física en Chicas. Anel Gráfica y Editorial S.L. Granada.

Guede García, F. J. (2012) Estratexias de coeducación na aula de Educación Física. Unha experiencia práctica. I e II ciclo de conferencias: xénero, actividade física e deporte. A Coruña: Universidade, 2012, p. 149-154.URI: http://hdl.handle.net/2183/9085

Heinemann, K. (2006) Ética de la responsabilidad en las organizaciones deportivsas.Revista Internacional de Sociología. Vol. LXIV, nº 44, 153-176.

Hernández, F.J. (2012). Inclusión en educación física. Barcelona. Inde.

Iglesias Galdo, A. (2012) Un reto de extraordinaria actualidade: educar para a igualdade.. I e II ciclo de conferencias: xénero, actividade física e deporte. A Coruña: Universidade, 2012, p. 105-116. Disponible en http://hdl.handle.net/2183/9082

LLeixa, TFlecha, R.; Puigvert, L;Contreras,O ;Torralba;M.A y Bantulá, J. (2002) Multiculturalismo y Educación  Física. Barcelona: Paidotribo

Marchi Júnior, W. y Padeski Ferreira, A.L. (2009) Formação acadêmica e intervenção profissional nos Esportes: repensando a Educação Física. Revista Motriz, Rio Claro, v.15, nº 1,162-172.

Mendoza Laiz, N. (2009). Propuestas prácticas de educación física inclusiva para la etapa de secundaria. Barcelona. Inde.

Moreno, J. A.; Sicilia, A.; Martínez, C.; Alonso, N. (2008). Coeducación y climas de aprendizaje en educación física. Aportaciones desde la teoría de Metas de Logro. Revista Internacional de Ciencias del Deporte, 11(4), 42-64. Disponible en http://www.cafyd.com/REVISTA/01104.pdf

Pérez Brunicardi, D; López Pastor, V.M. y Iglesias Sanz, P. (2004). La atención a la diversidad en educación física.  Sevilla. Wanceulen.

Pérez Brunicardi, D; López Pastor, V.M. y Iglesias Sanz, P. (2004). La atención a la diversidad en educación física.  Sevilla. Wanceulen.

Ríos, M; Ruiz, P. y Carol, N. (Coords.)(2014). La inclusión en la actividad física y deportiva. Madrid. Comité Paralímpico Español.

Roca, M; Alvariñas, M.; Fernández Villarino, M.A.; Toja, B.; Pillado, N. Mirás, A. y Rodríguez, P. (2008) ¡Todos para uno y uno para todos! Cuadernos de Pedagogía, 376, 32-35.

The National Center on Physical Activity and Disability.  Disponible en http://www.ncpad.org/index.php

Vázquez, B y Álvarez, G. (coord.) (1990) Guía para una Educación Física no sexista. MEC. Madrid

World Health Organization. International Classification of Functioning, Disability and Health (ICF). Disponible en  http://www.who.int/classifications/icf/en/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
O deporte na idade escolar/652603322
Educación física e educación en valores/652603323

Materias que continúan o temario
Traballo fin de Mestrado/652603307

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías