Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións. |
A2 |
Comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e as posibles disfuncións que afectan á aprendizaxe. |
A3 |
Elaborar propostas baseadas na adquisición de coñecementos, destrezas e aptitudes intelectuais e emocionais. |
A4 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxes. |
A5 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro; abordar e resolver posibles problemas. |
A6 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país. |
A7 |
Coñecer e aplicar recursos e estratexias de información, titoría e orientación académica e profesional. |
A8 |
Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá. |
A9 |
Participar na definición do proxecto educativo e nas actividades xerais do centro atendendo a criterios de mellora da calidade, atención á diversidade e prevención de problemas de aprendizaxe e convivencia. |
A10 |
Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
A11 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os seus diferentes tipos e a incidencia do contexto familiar na educación. |
A12 |
Adquirir habilidades sociais na relación e orientación familiar. |
A13 |
Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
A14 |
Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
A15 |
Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A18 |
Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Preparación profesional avanzada, dirixida á especialización académica e profesional dos estudantes; é por iso que o TFM deberá estar orientado á avaliación das competencias profesionais, xerais e específicas asociadas á titulación. |
AP1 AP2 AP3 AP4 AP5 AP6 AP7 AP8 AP9 AP10 AP11 AP12 AP13 AP14 AP15 AP16 AP17 AP18
|
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. |
AP15 AP17 AP18
|
|
CM3 CM6 CM7 CM8
|
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. |
|
|
CM1 CM3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prepararse académica e profesionalmente. Desenvolver as competencias ao longo dos diferentes módulos formativos, relacionados directamente coa práctica docente da especialidade correspondente. |
. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
136 |
137 |
Presentación oral |
C1 C2 C3 |
1 |
9 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do Mestrado e enmarcados no ámbito das súas competencias.
b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de Mestrado.
c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do Mestrado.
d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co Mestrado.
Evidentemente, cada alumno/a deberá escoller un tema que estea inscrito no marco da súa área de especialización, que vén dada no son polos seus estudos previos, senón tamén, e sobre todo, polo itinerario no que estea matriculado/a. |
Presentación oral |
SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM e obtido o informe favorable do director/a, o/a alumno/a terá que subir o traballo en formato dixital ás plataformas habilitadas para estes efectos no prazo establecido polo centro.
DEFENSA: Unha vez que se faga pública a convocatoria do tribunal, o/a alumno/a debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo/a docente que ocupe o cargo de secretario/a. O acto, que será público, iniciarase cunha exposición do/a alumno/a, que durará un máximo de 20 minutos e na que se poderá facer uso de material audiovisual complementario. A continuación, os/as integrantes do tribunal disporán de 20 minutos —en conxunto— para faceren as preguntas que estimen oportunas e debater co/a alumno/a. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Realizaranse titorías individuais co fin de orientar o traballo do alumnado e solucionar posibles dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
C1 C2 C3 |
Presentación e defensa
• Calidade dos medios e/ou materiais de apoio, no caso de que se empreguen.
• Coherencia e claridade de ideas na exposición.
• Boa competencia lingüística oral.
• Capacidade de síntese
• Habilidade para responder na discusión.
|
15 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A15 A17 A18 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Cuestións formais (5%)
• Claridade de ideas, de exposición e de organización da información.
• Relación e coherencia entre as partes do TFM.
• Boa calidade lingüística do discurso.
Fundamentación teórica (30%)
• Suficiencia e profundidade do marco teórico, de xeito que se demostre coñecemento suficiente da bibliografía relevante e do consenso científico vixente verbo do tema en cuestión.
• Creatividade e orixinalidade na presentación da temática, na súa abordaxe ou no seu tratamento.
• Referencia aos contidos traballados no Mestrado.
• Documentación de apoio actualizada e referencias bibliográficas citadas conforme ás normas propias dos traballos científicos e profesionais.
Desenvolvemento do TFM (35%)
• Nivel de concreción do TFM (obxectivos, metodoloxía, secuenciación, actividades, sistema de avaliación...).
• Viabilidade da proposta atendendo a súa contextualización.
• Adecuación ao marco lexislativo e curricular.
• Existencia e adecuación de criterios de avaliación da proposta.
Valoración persoal e conclusións do TFM (15%)
• Relación das conclusións cos obxectivos do TFM.
• Grao de integración dos coñecementos conseguidos nas distintas materias cursadas no Mestrado.
• Grao de desenvolvemento das competencias profesionais. |
85 |
|
Observacións avaliación |
- O alumnado disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación ou defensa pública do TFM.
- O/a coordinador/a do Mestrado designará os/as integrantes dos tribunais que avaliarán os TFM, fixará as súas datas e horas de actuación e determinará que alumnos/as deberán comparecer perante cada un deles.
- Os tribunais estarán constituídos por tres membros titulares; ademais, de ser posible, asignarase unha parella de suplentes. O/a director/a dun TFM non poderá formar parte da comisión que o vai avaliar.
- Finalizadas as defensas de todos os TFM da súa competencia, o tribunal deliberará e, logo de resolver, publicará as cualificacións provisionais. As cualificacións provisionais serán a media das outorgadas individualmente polos/as integrantes do tribunal, e poderán moverse nas seguintes marxes: - Non presentado.
- Suspenso, de 1 a 4,9.
- Aprobado, de 5 a 6,9
- Notable, de 7 a 8,9
- Sobresaliente, de 9 a 10. A Matrícula de Honra poderá outogarse a calquera traballo cualificado con Sobresaliente, sempre e cando haxa acordo unánime do tribunal.
Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia ou, se for o caso, permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Mestrado. |
Bibliografía complementaria
|
|
Tratarase a bibliografía do profesor, facendo fincapé n'A monxa e o grumete (Vigo: Galaxia, 2023) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A entrega dos traballos realizarase telematicamente, na plataforma correspondente. Debe facerse un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural e ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos personais e profesionais. Na materia incorporarase a perspectiva de xénero e traballarase para fomentar e, no seu caso, modificar prexuízos e actitudes sexistas. |
|