Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A23 |
Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A25 |
Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A26 |
Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a noción de proxecto e o seu desenvolvemento histórico. |
AP25 AP26
|
|
CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer, analizar e avaliar algúns exemplos significativos do traballo por proxectos na ESO e no Bacharelato. |
AP25 AP26
|
|
CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer e aplicar a metodoloxía de proxectos. |
AP23 AP25
|
|
CM1 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Concepto de proxecto educativo.
|
. |
2. Contextualización histórica. |
. |
3. Algúns exemplos significativos de traballo por proxectos na ESO e no Bacharelato: análise e avaliación. |
. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba de ensaio |
A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
3 |
4 |
Análise de fontes documentais |
A26 C1 C7 C8 |
2 |
8 |
10 |
Aprendizaxe colaborativa |
A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
3 |
6 |
9 |
Estudo de casos |
A25 A26 C1 C6 C8 |
2 |
2 |
4 |
Obradoiro |
A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
2 |
4 |
6 |
Presentación oral |
C1 C3 |
2 |
2 |
4 |
Traballos tutelados |
A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
11 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba de ensaio |
Proba consistente en dúas preguntas de certa amplitude, na que se valorarán os coñecementos adquiridos na materia, a capacidade de razoamento, a creatividade e o espírito crítico. Terá carácter individual. |
Análise de fontes documentais |
Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Presentación oral |
Exposición do traballo tutelado. |
Traballos tutelados |
Realización de traballos titorizados |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba de ensaio |
Análise de fontes documentais |
Aprendizaxe colaborativa |
Estudo de casos |
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Resolución de dúbidas e discusión dos métodos e materiais de traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de ensaio |
A25 A26 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
Proba de reflexión individual |
30 |
Presentación oral |
C1 C3 |
Exposición do traballo tutelado e debate co grupo-aula. |
10 |
Traballos tutelados |
A23 A25 A26 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Realización dun proxecto educativo en grupo |
60 |
|
Observacións avaliación |
Modalidades de avaliación Estabelécense tres modalidades de avaliación: 1. Para as persoas que asistan regularmente ás aulas: - Un traballo tutelado en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
10 para poder realizar a media co resto das cualificacións. - A presentación oral do traballo (10% da cualificación).
- Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre
10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
As probas non superadas deben repetirse na oportunidade de xullo,
baixo as mesmas condicións que rexen na oportunidade de xaneiro.
Para esta modalidade de avaliación é requisito
imprescindíbel a asistencia regular ás aulas, para a que se fixa un mínimo do
80% sobre o conxunto das sesións. Ademais, será necesario
realizar todas as actividades propostas ao longo do curso.
2. Para o alumnado con dispensa académica: - Un traballo individual en grupo (60% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar a media co resto das cualificacións.
- A presentación oral do traballo (10% da cualificación).
- Unha tarefa de reflexión individual (30% da cualificación). Estabelécese unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 para poder realizar a media co resto das cualificacións
Segundo o establecido na Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e de máster universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1. Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fose posíbel, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fose concedido o
recoñecemento. 2. Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas estabelecidas polas docentes. Se non se cumpre a entrega na data sinalada avaliarase segundo a terceira modalidade (100% proba de ensaio). 3. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(traballo tutelado e/ou proba de ensaio).
3. Para as persoas que non
cumpran as condicións anteriores: - Unha proba de ensaio (100% da cualificación), que poderá ser diferente á que se propoña para as modalidades anteriores.
Entrega dos traballos Os traballos entregaranse en formato dixital a través do Campus
Virtual. Realización fraudulenta das probas
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: a persoa será cualificada con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
(). . |
Algás, P. et. alii (2010). Los proyectos de trabajo en el
aula. Graó. Apple, M. W. e Beane, J. A. (2000). Escuelas democráticas. Morata. Arias Correa, A. et. alii (2009). O traballo por proxectos en Infantil, Primaria e Secundaria. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Batlle, R. (2020). Aprendizaje-servicio: compromiso social en acción. Santillana. Beane, J.A. (2005).
La integración del currcículum. Morata. Díaz Aguado, M. J. (2018). El aprendizaje cooperativo: de la teoría a la práctica. Santillana. Fisher, R. (2013). Diálogo
creativo: hablar para pensar en el aula. Morata. Kilpatrick, W. (2006). O
método de projecto. Livraria
Pretexto e Edições Pedago. Martín Murga, M. (2018). El trabajo por proyectos: una vía para el aprendizaje activo. Santillana. Nemirovsky, M. (coord.) (2009). Experiencias escolares con la lectura y la escritura. Graó. Rudduck, J. (2007). Cómo
mejorar tu centro escolar dando la voz al alumnado. Morata. Stenhouse, L. (2004). La
investigación como base de la enseñanza. Morata. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar o respecto e a igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|