A asignatura de Socioloxía da Educación é o estudio dende a perspectiva sociolóxica do feito social da educación. Polo tanto, resulta ser unha introducción ó estudio sistemático e científico das relacións entre as sociedades e os seus diversos individuos, coletivos e os feitos educativos diferenciais (ou non) conforme ás diferentes culturas e as súas transformacións. A educación non pode estudiarse como un feito social illado, por iso é preciso abordar a súa comprensión dun xeito holístico sen esquencer os vencellamentos entre os niveis macro e micro sociolóxicos. A Socioloxía é a ciencia que analiza os feitos sociais aplicando métodos empíricos. Posto que a educación é un fenómeno social que está imbricado na estructura da sociedade, resulta fundamental aproximarse ó seu estudio dende una comprensividade sociolóxica. De tal xeito que a educación forma parte dun macrosistema social e cultural maior que fai que se atope condicionada por diferentes factores sociais, tales como a estratificación social, a desigualdade social, os ideais pedagóxicos, as políticas educativas, etc. Para coñecer e analizar en profundidade estes feitos sociais, durante o desenvolvemento da asignatura, formarase ó alumnado nos paradigmas teóricos da socioloxía clásica e a seu vencellamento coa Educación formal e tamén en contextos/articulacións non formais ou non explícitas; analizarase o papel da escola como axente socializador; o nexo relacional entre a economía, a estratificación social e a educación, a construcción social das diferencias sexuais; a diversidade étnica e a escola; etc. Ademáis, proporcionaranse ferramentas metodológicas para o estudio de fenómenos sociais e algunas das principais técnicas de investigación social (enquisa, entrevista en profundidade, observación participante, grupo de discusión, etc.) e tamén sinxelas análises cuantitativas.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A1
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A5
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
A6
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A8
Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e do mestre na atención ás necesidades educativas especiais que se propoñan.
A10
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A11
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.
A12
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A14
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar.
A19
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A21
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A23
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A24
Dominar as técnicas de observación e rexistro.
A25
Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
A26
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A27
Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
A29
Valorar a importancia do traballo en equipo.
A36
Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A37
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A44
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45
Coñecer a tradición oral e o folclore.
A55
Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A57
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
A60
Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
A62
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
A63
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
B1
Aprender a aprender.
B2
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B3
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5
Traballar de forma colaborativa.
B6
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10
Capacidade de análise e síntese.
B11
Capacidade de busca e manexo de información.
B12
Capacidade de organización e planificación.
B13
Capacidade para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente.
B15
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B16
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B19
Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20
Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B22
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Así mesmo servirán para axudar a comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar, coñecer a dimensión pedagóxica da integración cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades coletivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual, situar a escola infantil no sitema educativo español, no contexto europeo e no internacional en distintos contextos sociohistóricos, coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar, adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia e acadar coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Todas estas actividades e traballos no seu conxunto axudaranlles a saber, saber facer e saber ser/estar no mantemento de lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo, a promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá, a analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxe audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. As actividades realizadas axudaranlles a comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuir á innovación e á mellora en educación infantil, a abordar análises de campo mediante metoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais, a saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións así como, a valorar a importancia do taballo en equipo, coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia, coñecer a importancia da tradición oral e o folclore e das linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. Facilitarán o coñecemento e a aplicación dos procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia, a participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica, e dicir, aprender a aprender, a aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo, a traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor, a traballar de forma colaborativa, con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Tamén para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente e ter capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través de reflexión sobre a propia práctica. Asimismo, servirán para fomentar a creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas, o recoñecemento e respeto á diversidade e á multiculturalidade, practicar na utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional e desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asimesmo, estarán nunha mellor disposición para valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse, asumindo como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida e a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
A socioloxía como ciencia social. Marcos conceptuais, epistemolóxicos e comenzos metodolóxicos. As diferenzas e as desigualdades.
Tema 3. Metodoloxías e ferramentas para o estudio e coñecemento sociolóxico.
Metodoloxía cuantitativa. Metodoloxía cualitativa. Fontes e ferramentas para a obtención de datos. As etapas da investigación.
Tema 2. ¿Qué estudia a socioloxía da educación?
A educación como feito social e obxecto de estudio sociolóxico. A educación contra a desigualdade. A familia, os tempos lúdicos e de lecer, os iguais, os m.c.m. e as NNTTIICC, cultura, coñecemento, etc. A educación como mecanismo de igualdade e liberdade.
Tema 4. Macrosocioloxía da educación.
Políticas educativas, economía da educación e idearios pedagóxicos. Os xeitos de vida, o consumo e a sostebilidade. O xénero. A inmigración. As infancias.
Tema 5. Microsocioloxía da educación.
O proceso de socialización e os seus tipos. Os axentes de socialización. As organizacións educativas formais e non formais.
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Actividades iniciais
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Proba obxectiva
Probas escritas utilizadas para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúen un instrumento de medida que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
As probas obxectivas poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se poden construir cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Sesión maxistral
Exposición oral complementada con diverso material impreso (artigos, apuntes, capítulos, noticias, etc.) deixado pola profesora no servizo de reprografía da Facultade de Ciencias da Educación e que terá que recoller o alumnado da materia de Socioloxía da Educación do Grao de Educación Infantil, para que a través do seu estudo e traballo, resumen e resolución e/ou entrega das actividades formuladas ao alumnado poida éste acadar os coñecementos da materia, apoiando deste xeito as explicacións das sesións maxistrais e facilitando as aprendizaxes.
Obradoiro
Aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través do que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente teorico-prácticas sobre temas específicos, co apoio e supervisión do profesorado.
Saídas de campo
Obtención de datos a través da aplicación dalgunha ferramenta de investigación.
Glosario
Explicación e constextualización dun conxunto de termos ou conceptos propios dun material especializado para facilitar a súa comprensión
Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Obradoiro
Descrición
Poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación, de todos aqueles aspectos teórico-prácticos e de lecturas da materia.
Nos obradoiros dentro da aula traballaranse calqueira tipo de aspectos relacionados có desenvolvemento das distintas aplicacións teórico-prácticas e lecturas da materia.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Proba obxectiva
A62 A63 B1 B10 C1
Probas escritas utilizadas para a avaliación das aprendizaxes, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
As probas obxectivas poden combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construir cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre temas específicos, co apoio e supervisión do profesorado.
50
Observacións avaliación
No segundo dia de clase é obligatoria a entrega na aula por parte do alumnado da materia dunha ficha individual en formato papel á profesora cunha foto actualizada e datos personais do alumno ou da alumna.
O longo do cuatrimestre terán lugar sesións de exposición oral (clases maxistrais) nas que a profesora/profesor explicará o contido teórico da asignatura, combinadas coas correspondentes clases de docencia e explicacións para os grupos pequenos/"interactivos" nas que ó alumnado levará a cabo os correspondentes obradoiros e presentacións orais presenciais na aula de prácticas, recensions, lecturas desenvolvidas,etc. A avaliación da asignatura terá en conta un seguimento activo por parte do alumnado dos contidos desenvolvidos (asistencia, participación na aula, colaboración e implicación no traballo das prácticas, etc.), así como una proba de examen para a superación da parte teórica e prácticas da asignatura donde se valorarán os coñecementos adquiridos. No seu conxunto a asistencia as clases, realización e exámenes das prácticas e da teoría contribuirán ao 100% da calificación obtida na materia.
A preparación da proba obxectiva ou examen da parte teórica farase a partir dos apuntes que o alumnado teña tomado e elaborado a partir da súa asistencia as clases e dos materiais indicados pola profesora e traballados polo alumnado perante o curso.
O alumnado que suspenda a materia na primeira convocatoria e o alumnado que (por motivo debidamente acreditado) non concurra á aula coa responsabilidade, asiduidade e constancia que requiere o seguimento da teoría e debida realización das prácticas da asignatura, é dicir, que non leven un seguimiento asiduo e activo da materia, poderán examinarse a través dunha proba de preguntas-tema a través de respostas debidamente elaboradas e conforme ó temario da asignatura (que se traballará a partir das fontes bibliográficas, sobre todo o manual indicado para a materia) -nas convocatorias correspondientes de xaneiro e/ou xullo- dos contidos desenvolvidos no programa da asignatura, poidendo obter a través de esta proba sólo un 5 como calificación máxima. Previamente terá que ter traballada unha recensión bibliográfica coas indicacións das lecturas dadas pola profesora en titorías previamente concertada e entregada coa dimensión e nas datas fixadas pola profesora (esta recensión será avaliada sobre 2,5 puntos como máximo).
*Os criterios e a planificación desta guía docente son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado e segundo o criterio da profesora poderán ser obxecto dalgunha adaptación para superar a casuística específica e debidamente xustificada do alumnado, incluindo a dispensa académica de exención de asistencia. Todo isto deberá ser debidamente informado e xustificado á profesora nunha titoria previamente concertada e fixada mediande solicitude por correo electrónico, cunha semana de antelación como mínimo, para ser tratadas as excepcións á norma correctamente e explorar e poder entón decidir as posibibles adaptacións ou non das casuísticas irregulais.
**A realización fraudulenta de calquera das probas ou actividades académicas ou de avaliación suporán directamente a cualificación de suspenso, conforme a Normativa Académica.
Fontes de información
Bibliografía básica
MANUAL BÁSICO DE
LA MATERIA:
- GUERRERO SERÓN, ANTONIO (2011). Enseñanza y
sociedad. El conocimiento sociológico de la educación. Madrid, S.XXI
LECTURAS PARA REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS:
- HUXLEY, ALDOUS. Nueva visita a un mundo feliz,
Madrid, Casa del libro.
- BERGER, P. L. y LUCKMANN, T. (1966,2015): La
construcción social de la realidad, Buenos Aires, Amorrortu.(pdf gratis)
- LEXISLACIÓN VIXENTE (BOE e DOGA)
CAMBRE
MARIÑO, XESÚS. Educación e desenrrolo. Revista de economía de Galicia, nº 61-63, 1968, pp. 43-45 (ISSN 0484-6990
ALMARCHA BARBADO, A. (1979): “Cien años de la sociología de la educación en España: 1877-1977” en Revista Española de Investigaciones Sociológicas, núm. 2, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas, p.p. 115-148.
ALONSO HINOJAL, I. (1991): Educación y Sociedad. Las Sociologías de la Educación, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas.
AMORÓS, CELIA (1991). Hacia una crítica de la razón patriarcal. Barcelona, Anthropos.
BERGER, P. L. y LUCKMANN, T. (1995): La construcción social de la realidad, Buenos Aires, Amorrortu.
CARBONELL, J. (Comp.) (1996): La escuela, entre la utopía y la realidad: diez temas de sociología de la educación, Barcelona, Ediciones Octaedro.
CARDÚS, S. (2001): El desconcierto de la educación, Barcelona, Ediciones B.
DURKHEIM, E. (1996): Educación y sociología, Barcelona, Península.
DURKHEIM, E. (1992): Historia de la educación y de las doctrinas pedagógicas. La evolución pedagógica en Francia. Madrid, La Piqueta.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (Ed.) (1999): Sociología de la Educación, Barcelona, Ariel.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (1995): La escuela a examen, Madrid, Pirámide.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y TERRÉN, E. (2008): Repensando la organización escolar, Madrid, Akal.
FERNÁNDEZ ENGUITA, M. y GUTIÉRREZ SASTRE, M. (2005): Organización escolar, profesión docente y entorno comunitario, Madrid, Akal.
FERNÁNDEZ PALOMARES, F. (Coord.) (2003): Sociología de la Educación, Madrid, Pearson Prentice-Hall.
GIDDENS. A. (1993): Sociología, Madrid, Alianza.
GIL VILLA, F. (1997): Teoría sociológica de la educación, Salamanca, Amarú.
GINER. S. (1993): Sociología, Barcelona, Península.
GÓMEZ JALDÓN, C. DOMÍNGUEZ, J. A. (2005): Manual de sociología de la Educación, Madrid, Pirámide.
JEREZ MIR, R. (1990): Sociología de la Educación. Guía didáctica y textos fundamentales, Madrid, CU.
LÓPEZ RUPÉREZ, F. (2001): Preparar el futuro. La educación ante los desafíos de la globalización. Málaga, La Muralla.
MACIONIS, J. y PLUMMER, K. (1999): Sociología, Madrid, Pearson Prentice Hall.
MCMILLAN, J. H. y SCHUMACHER, S. (2005): Investigación educativa, Madrid, Pearson Prentice Hall.
SÁNCHEZ DE MADARIAGA, Elena (2012). Las Maestras de la República. Madrid, Los Libros de la Catarata.
TABERNER GUASP, J. (1999): Sociología y educación. Funciones del sistema educativo en sociedades modernas, Madrid, Tecnos.
VARELA, J. (2007): Las reformas educativas a debate (1982-2006), Barcelona, Morata.
Fernández, F. (2003): Sociología de la
Educación, Madrid, Pearson Educación
Fernández, M et al (2008): “¿Fronteras en
las aulas?: contacto transcultural y endogamia en las interacciones del
alumnado”, en Revista de Educación, no.
345, Dedicado a: De inmigrantes a minorías: temas y problemas de la
multiculturalidad Año: 2008, Número: 345
Gil, F. (1994): Teoría sociológica de la educación.
Amarú Editores.
Lomas, C. (2007): “¿La escuela es un
infierno?: violencia escolar y construcción cultural de la masculinidad”, en
Revista de Educación, nº. 342.
Maciones, J. y K. Plummer (1999) Sociología, Madrid, Prentice Hall.
Ritzer, G. (1993): Teoría sociológica clásica. McGraw-Hill
Interamericana de España
Subirats, M. (2002): “Rosa y azul: la
transmisión de los géneros en la escuela mixta”, en González, A. et al
(coord.): Educar para la igualdad, educar
desde la diferencia, Barcelona, Graó.
Taberner, J.
(1998): Teoría sociológica y educación.
Universidad de Córdoba.
Terrén, E., Fernández, M. (2008): “De
inmigrantes a minorías: temas y problemas de multiculturalidad (presentación)”,
en Revista de Educación, no. 345, Dedicado
a: De inmigrantes a minorías: temas y problemas de la multiculturalidad Año:
2008, Número: 345
Valles, M. (1997): Técnicas
cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica
profesional, Madrid: Síntesis.
Bibliografía complementaria
Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Materias que continúan o temario
Observacións
Para resolver calqueira dúbida ou consulta sobre da execución, avaliación, etc. da asignatura o alumnado que o precise deberá solicitar unha titoría á profesora ou cita previa, cunha semana de antelación como mínimo e indicación cos contidos a traballar, para orientar calqueira dúbida de carácter académica individual ou grupal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías