Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A14 |
Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática. |
A29 |
Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sustentable. |
A34 |
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico. |
A43 |
Comprender os principios básicos das ciencias da linguaxe e a comunicación. |
A44 |
Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil. |
A45 |
Coñecer o currículo escolar das linguas e a literatura. |
A46 |
Falar, ler e escribir correcta e adecuadamente nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma. |
A47 |
Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino. |
A48 |
Fomentar a lectura e animar a escribir. |
A49 |
Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes de outras linguas. |
A50 |
Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües. |
A51 |
Expresarse, oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira. |
A52 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes. |
A53 |
Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde as artes. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
B10 |
Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (a lo menos nunha lingua estranxeira). |
B13 |
Lectura e interpretación de imaxes. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer o currículo de Lingua e Literatura Galega na E. Primaria. |
A45
|
|
|
Ser capaz de analizar criticamente as propostas curriculares procedentes da administración educativa. |
A45
|
B3
|
|
Coñecer o comportamento fónico, morfosintáctico, léxico e pragmático da lingua galega. |
A46
|
|
|
Utilizar en cada contexto comunicativo os trazos fónicos, morfosintácticos e léxicos adecuados da lingua galega. |
A46
|
|
|
Distinguir o dialectal do estándar e o correcto do incorrecto, e aplicar estas distincións á aprendizaxe da lingua galega na aula de E. Primaria. |
A46
|
|
|
Posuír un dominio alto da expresión oral, da lectura e da escritura en lingua galega. |
A46
|
|
|
Expor con corrección, falando e escribindo en lingua galega, ideas previamente elaboradas, e facelo de maneira coherente e organizada. |
A46
|
B9
|
|
Saber comunicarse no centro educativo de xeito apropiado e eficaz en lingua galega nas diferentes situacións docentes. |
A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53
|
B3 B7 B8 B9 B10 B13 B21 B22 B23 B24 B25
|
C8
|
Ser capaz de organizar e conducir o desenvolvemento das destrezas orais e escritas en lingua galega na E. Primaria. |
A50
|
|
|
Coller gusto e hábito pola lectura e pola escritura en lingua galega e fomentalos no alumnado. |
A48
|
|
|
Tomar conciencia do papel do profesorado como modelo lingüístico |
A46 A48 A52
|
|
C1
|
Acadar un dominio axeitado da expresión oral e escrita en lingua galega |
A46
|
|
C1 C2
|
Coñecer os principais recursos bibliográficos e dixitais para o ensino-aprendizaxe da lingua galega |
|
B15
|
C3
|
Coñecer o marco xurídico polo que se rexe a utilización das linguas no sistema educativo galego |
A45
|
|
|
Aprender a desenvolver a programación didáctica na área lingüística |
A45
|
|
|
Coñecer as metodoloxías para o ensino da lingua en contextos multilingües |
A50
|
|
|
Coñecer as particularidades da situación sociolingüística galega e ser capaz de introducir a perspectiva da educación para o desenvolvemento en propostas de sensibilización e/ou dinamización lingüística |
A14 A29 A34 A49 A50
|
B6
|
C4
|
Saber deseñar estratexias para a aprendizaxe da lingua galega do alumnado galegofalante e non galegofalante |
A49 A50 A52
|
|
|
Saber transmitir actitudes e valores positivos en relación coa lingua e cultura galega |
A50
|
|
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. A lingua galega e a súa didáctica na E. Primaria.
|
1.1. O marco lexislativo da lingua galega.
1.2. O contexto sociolingüístico galego
1.3. O currículo de Lingua e Literatura Galega.
|
2. A competencia en lingua galega na E. Primaria. |
2.1. A competencia comunicativa e as destrezas básicas en lingua galega.
2.1.1. A comprensión e a expresión oral
2.1.2. A comprensión escrita: o fomento da lectura crítica
2.1.3. A expresión escrita: a escritura
2.1.4. Dificultades da aprendizaxe do alumnado con lingua de instalación diferente das oficiais en Galicia
2.2. A competencia en lingua galega do alumnado e do profesorado e a súa avaliación
|
3. A didáctica da lingua galega: cuestións xerais e de método |
3. 1. Lingua e usos
3.2. O modelo normativo, as variedades diatópicas e a lusofonía e o seu tratamento na E. Primaria
3. 3. Os materiais de apoio para o profesorado de E. P |
4. A didáctica da lingua galega: a compoñente fonética e ortográfica |
4.1. A aprendizaxe dos trazos fónicos da lingua galega na E. Primaria.
4.1.1. A expresión oral e a pronuncia
4.1.2. A expresión escrita e a ortografía
4.1.3. Recursos didácticos |
5. A didáctica da lingua galega: a compoñente morfosintáctica |
5.1. A aprendizaxe da morfosintaxe da lingua galega na E. Primaria
5.1.1. Obxectivos e problemas metodolóxicos
5.1.2 A competencia gramatical e as unidades morfonsintácticas básicas da lingua galega
5.1.3. Estratexias pedagóxicas
|
6. A didáctica da lingua galega: a compoñente lexico-semántica e pragmática |
6.1. A aprendizaxe do léxico e da pragmática da lingua galega na E. Primaria
6.1.1. Enfoques para a aprendizaxe do léxico
6.1.2. Enfoques para a aprendizaxe da pragmática
6.2. Ferramentas didácticas |
7. Novas aproximacións na didáctica da lingua galega |
7.1. A lingua galega e as TIC
7.2. A lingua galega e o audiovisual
7.3. A lingua galega e a aprendizaxe lúdica |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Long answer / essay questions |
A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 |
2 |
26 |
28 |
Workbook |
A45 A48 A50 A52 B15 |
2 |
33 |
35 |
Workshop |
A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 |
16 |
19 |
35 |
Guest lecture / keynote speech |
A43 A45 A48 A49 B3 B7 B9 |
16 |
0 |
16 |
Supervised projects |
A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 |
7 |
28 |
35 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Long answer / essay questions |
Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua galega, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica. |
Workbook |
O alumnado utilizará documentación bibliográfica proporcionada polo profesorado para ampliar os seus coñecementos sobre a materia e os contidos traballados. Así mesmo, tamén se fará un aproveitamento didáctico delas, nomeadamente daquelas de natureza literaria. |
Workshop |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado e cunha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas e, por outra, a exploración da proxección que as ditas nocións poden ter no campo da práctica docente |
Guest lecture / keynote speech |
Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá. |
Supervised projects |
Realización dun ou varios traballos, orais e/ou escritos, grupais e/ou individuais, relacionados con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Estes serán fundamentais para que o alumnado supere con éxito a materia, na medida en que dan índice da súa madureza científica. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Supervised projects |
Workshop |
|
Description |
Realización, revisión e comentario de prácticas encamiñadas á mellora da competencia expresiva en lingua galega dos alumnos e das alumnas que o poidan precisar.
Consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas tanto ao longo das horas presenciais ou das non presenciais como no traballo autónomo do alumnado.
A docente estará dispoñible, tanto no horario de titorías previamente marcado como a través do correo electrónico, para calquera dúbida relacionada coa materia ou co desenvolvemento do curso.
Estas medidas serán aplicábeis tanto ao alumnado que asiste regularmente ás aulas como a aquel con dispensa académica. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Supervised projects |
A44 A47 A48 A51 A52 A53 B3 B8 B9 B10 B13 B15 B21 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C8 |
Realización en pequeno grupo de traballos titorizados guiados e que constarán dunha parte escrita e dunha presentación oral |
25 |
Long answer / essay questions |
A45 A46 A49 B3 B9 B15 C1 |
Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de relación e madurez crítica respecto deles, así como da competencia en expresión escrita en lingua galega mediante preguntas equiparábeis ás realizadas nas sesións teóricas e interactivas |
40 |
Workshop |
A14 A29 A34 A46 A50 A52 B6 B7 B9 B15 C4 |
Avaliación da participación do alumnado en actividades de diversa índole: debates, comentarios de texto, simulacións, etc. Sexan cales foren as tarefas que se leven a cabo, todas servirán a un dobre propósito: por unha banda, comprobar a familiaridade do alumnado cos principios expostos nas sesións maxistrais e recollidos na literatura recomendada; por outra banda, verificar ata que punto posúen a habilidade de convertelos en guieiros para a práctica docente. |
30 |
Workbook |
A45 A48 A50 A52 B15 |
Valoración da comprensión da(s) obra(s) lida(s) e das capacidades de análise, razoamento, relación, organización e explotación das súas posibilidades didácticas, a través do debate en foros ou tarefa de Moodle. |
5 |
|
Assessment comments |
- Na cualificación final da materia do alumnado que asiste ás aulas tamén influirán variantes como a participación nas aulas, o interese mostrado polas actividades propostas, a valoración da resposta do alumnado e das achegas académicas e das actitudes profesionais demostradas no marco da docencia presencial. -Os obradoiros inclúen ou poden incluír a asistencia a actividades que, aínda que se realicen fóra do horario específico da materia, poidan ser beneficiosas para o desenvolvemento dos contidos relativos a esta. - Para aprobar a materia será necesario ter superadas todas as partes (proba de ensaio, obradoiro e traballo tutelado), en calquera das dúas oportunidades, obtendo no mínimo o 50% da puntuación en cada unha delas. Excepcionalmente, o alumnado terá a posibilidade de ser avaliado na súa totalidade con base no exame.
- A avaliación do alumnado que non asiste regularmente ás aulas (ben por recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, ben por ausentarse en máis dun 20% no caso do alumnado que carece de exención) será feita con base na proba de ensaio escrita e un traballo titorizado, que computarán na avaliación nun 70% e un 30% respectivamente. Desde o inicio das aulas, este alumnado porase en contacto coa docente para establecer un plan de traballo e seguimento.
- Na segunda oportunidade, o alumnado só repetirá a parte suspensa e manterá a nota daquelas que foron superadas, se ben que isto non será aplicábel dun curso para outro.
- Para superar a materia o alumnado deberá ser capaz de expresarse con corrección e fluidez en todas as probas de avaliación e nas diferentes tarefas e traballos obrigatorios.
- No caso de detectarse a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "Suspenso" na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado como "Suspenso" (nota 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.
Recoméndase os envíos dos traballos telematicamente e de non ser posíbel, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
|
Sources of information |
Basic
|
Medrano, C. (1994). 50 xogos de lingua. Técnicas de comunicación oral e escrita. Vigo: Xerais
Mosquera Castro, E. (2015). A didáctica da lingua e da literatura no marco das TIC: novos códigos e novas aproximacións. Horizontes científicos y planificación académica en la didáctica de lenguas y literaturas, Ribeirao
Mosquera Castro, E. (2015). A formación do profesorado de lingua galega: perspectivas pedagóxicas e modelo lingüístico. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr., 6, A Coruña, 2015, pp. 12-16
Silva Valdivia, B. (2007). A lingua galega nas etapas de educación infantil e primaria. ingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 41-52.
Mosquera Castro, E. (2015). A lingüística de Internet: máis un desafío para a gramática galega e a súa didáctica. Revista Galega de Filoloxía, 16, A Coruña, Universidade da Coruña, 2015, pp. 123-145
García Teijeiro, A. (2009). A poesía necesaria. Vigo: Galaxia
García Piqueras, I. (1996). Adquisición y recepción de la lengua gallega: una perspectiva castellano-hablante. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 467-474
Fernández Rei, F. (1987). Aplicación da Dialectoloxía na aprendizaxe do galego común. Grial 96, 131-150.
Espiño, M. e H. Sánchez (1990). Aprender palabras e significados. A léxico-semántica.. A Coruña: Vía Láctea
Callón, C. (2012). Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2006). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
Martín Vegas, R. A. (2018). Desarrollo de la competencia lingüística y literaria en la educación primaria. Madrid: Síntesis
Feixó Cid, X. (2003). Dicionario galego dos nomes. Vigo: Xerais
Mosquera Castro, E. (2013). Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos: a linguaxe SMS. A Coruña: AS-PG
Silva Valdivia, B. (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago de Compostela. ICE Universidade de Santiago de Compostela.
Castro Soliño, D. e Gullón González, R (1996). Didactica da lingua nos medios de comunicación. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 433-442
Doural Rocha, A. (1995). Didáctica da redacción, narración e descrición. Vigo: Xerais
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Cassany, D. et alii (1994). Enseñar lengua. Barcelona: Graó
Regueira, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda nº2 – Revista de Sociolingüística da CGENDL.
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais
Peliquín Pérez, F. (1996). Estratexias didácticas para unha mellora das actitudes lingüísticas. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 481-488
Rodari, G (2013). Gramática da fantasía: introducción á arte de contar historias. Pontevedra: Kalandraka
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega. I. Fonética e Fonoloxía. II Morfosintaxe. III Semántica. IV Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
Ferreiro, M. (1999). Gramática histórica galega. I. Fonética e Morfosintaxe. Santiago de Compostela: Laiovento
Ferreiro, M. (2001). Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento
Carpente Allegue, B. (coord.) (2004). Gramática insubordinada. Obradoiro de Lingua Gianni Rodari. Vigo: Xerais
Hermida Gulías, C (2004). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
López Viñas, X., Lourenço Módia, C. e Moreda Leirado, M (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baia Edicións
Mariño Paz, R (1998). Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de Calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Noia: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Manual de gramática galega. Vigo: A Nosa Terra
Real Academia Galega (2007). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. A Coruña: RAG
Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega (2012). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Fernández Rei, E. (1996). O ensino da fonética galega a castelanfalantes: problemas e métodos. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 443-452
Ares, Mª do C. e X. Arias (1986). O galego estándar sen merma da variante dialectal. Revista Galega de Educación, número 3, 29-31
Peliquín Perez, F., C. Pérez Recarey e Rodeiro Barros, M. (1996). O lecer e a lingua oral: unha proposta creativa para a Educación Secundaria Obrigatoria. A Lingua galega: Historia e actualidade. Actas do I Congreso Interacional. Volume II. 489-501
Callón, C. (2022). O libro negro da lingua galega. Vigo: Xerais
Iglesias Álvarez, A (2007). Os preconceptos lingüísticos segundo a idade. Lingua e idade. III Xornadas sobre lingua e Usos. A coruña: Servizo de Publicacións da UDC. 165-182
Regueira, X. L (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo: Xerais
Medrano, C. (1998). Outros 50 xogos de lingua. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións
García Negro, M. P (ed.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Ames: Laiovento
Silva Valdivia, B. (1992). Sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia. Aproximación ó pensamento dos futuros profesores de lingua. Cadernos de Lingua 6, 125-135. |
Esta bibliografía poderá complementarse durante o transcurso da materia |
Complementary
|
Mendoza Fillola, A. (coord.) (1998). Conceptos clave en didáctica de la lengua y la literatura. Barcelona: S. E. D. L. L. / UB – I. C. E. / Horsori
Ninyoles, R. (1976). Cuatro idiomas para un estado. Madrid: Cambio 16
Cassany, D. (2007). Describir el escribir: cómo se aprende a escribir. Barcelona: Paidós
Graves, D. H. (1991). Didáctica de la escritura. Madrid: Morata
Mendoza Fillola, A. et alii (1996). Didáctica de la lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria. Madrid: Akal
Mendoza Fillola, A. (coord.) (). Didáctica de la lengua y la literatura para Educación Primaria. Madrid: Pearson Educación
López, A. e E. Encabo (2001). El desarrollo de habilidades lingüísticas: una perspectiva crítica. Granada: Grupo Editorial Universitario
Domínguez Cuesta, C. (2005). El lenguaje de los SMS y del chat en las aulas. Cuadernos de Pedagogía, 343. 65-69
Cassany, D. (2012). En línea: leer y escribir en la red. Barcelona: Anagrama
Cairney, Th (1992). Enseñanza de la comprensión lectora. Madrid, Morata
Fontich Vicens, X (2006). Hablar y escribir para aprender gramática. Barcelona: ICE-ORSORI
López, A. e E. Encabo (2002). Introducción a la didáctica de la lengua y la literatura: un enfoque sociocrítico. Barcelona: Octaedro
Cassany, D. (2007). La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama
Sánchez Miguel, E (2010). La lectura en el aula: qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona: Graó
Unamuno, V. (2003). Lengua, escuela y diversidad sociocultural: hacia una educación lingüística crítica. Barcelona: Graó
Costa Bravo, C., J. J. Jiménez Gómez e C. Vela Delfa (2003). Los textos electrónicos en la enseñanza de lenguas extranjeras. Interlingüística, 14
Martín Vegas, R. A (2009). Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Madrid: Síntesis
Camps, A y F. Zayas (coords.) (2006). Secuencias didácticas para aprender gramática. Madrid: Aguilar
Kohan, S. A. (2006). Taller de lectura: el método. Barcelona: Alba
Cassany, D. (2006). Taller de textos: leer, escribir y comentar en el aula. Barcelona: Paidós
Cassany, D. (2013). Tras las líneas: sobre la lectura contemporánea. Barcelona: Anagrama |
Esta bibliografía poderá complementarse durante o transcurso da materia |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Coñecementos necesarios para cursar axeitadamente esta materia:
- coñecementos amplos de gramática galega
- coñecementos do léxico común habitual da lingua galega
- coñecementos de sociolinguística galega
- dominio medio-alto da expresión oral e da escrita en lingua galega
|
|