Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar. |
A3 |
Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións. |
A6 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe. |
A8 |
Coñecer os fundamentos da educación primaria. |
A16 |
Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula. |
A17 |
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria. |
A19 |
Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación. |
A37 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes. |
A57 |
Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física. |
A58 |
Coñecer o currículo escolar da educación física. |
A59 |
Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola. |
A60 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes. |
A64 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. |
A65 |
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B11 |
Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas. |
B12 |
Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender o papel da Educación Física (en diante, EF) no contexto da Educación Primaria. |
A1 A3 A57
|
B1 B3 B6 B18 B23
|
|
Analizar o currículo da EF e relacionalo cos dominios de acción motriz, adoptando unha actitude crítica e reflexiva. |
A1 A8 A57 A58
|
B3 B5 B15
|
|
Capacidade para deseñar e xustificar propostas que concreten o currículo da EF. |
A1 A6 A16 A17 A19 A37 A58 A59 A60 A64 A65
|
B1 B2 B5 B11 B12 B14 B15 B19 B21 B22 B24 B25
|
C3 C4 C6 C7 C8
|
Ser capaz de aplicar e avaliar propostas didácticas a través de prácticas de actividade física. |
A16 A17 A19 A37 A59 A60 A64 A65
|
B1 B2 B3 B5 B6 B12 B18 B19
|
C1 C3 C4
|
Ser capaz de desenvolver estratexias para a promoción de estilos de vida activos desde a escola. Os proxectos de centros activos. |
A57 A59
|
B1 B2 B3 B12 B14
|
C1 C3 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tarefa 1. Introdución á materia. |
Trátase de coñecer a concepción de partida do alumnado sobre a materia de EF escolar e de situar a devandita materia no contexto da Educación Primaria. Analízanse as características xerais do alumnado de Educación Primaria respecto a a práctica de actividade física (desenvolvemento motor e condición física entre os 6 a 12 anos). |
Tarefa 2. Análise do currículo de EF na Educación Primaria. |
O alumnado terá que analizar o currículo da materia de EF en función dos criterios achegados polo profesorado da materia, sendo capaz de identificar a formación exposta desde o currículo para o alumnado da etapa primaria. |
Tarefa 3. Impartir (como docente) e vivencias (como alumnado) sesións de Educación Física. |
O alumnado terá que vivenciar o rol de profesorado e de alumnado na posta en práctica de sesións de EF. |
Tarefa 4. Diseñar unha proposta didáctica. |
O alumnado terá que deseñar unha proposta didáctica, concretando os elementos didácticos a desenvolver segundo os criterios achegados polo profesorado e en base a un contexto determinado. |
Tarefa 5. Elaborar un esquema de programación anual. |
O alumnado terá que facer unha proposta de distribución dos distintos contidos curriculares para un curso académico, agrupándoos en unidades de programación máis concretas (unidades didácticas, proxectos, situacións de aprendizaxe, etc.). |
Tarefa 6. Proxecto "Facultade activa" |
Realizar achegas para a construción dun proxecto de facultade máis activa, centrado na promoción de estilos de vida máis saudables entre a comunidade universitaria, a partir das recomendacións da administración educativa para o desenvolvemento de plans de actividades físicas e hábitos saudables de centro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A57 |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
A58 B5 B15 |
5 |
15 |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
A58 A59 A60 B2 B3 B5 B14 B22 |
5 |
20 |
25 |
Práctica de actividade física |
A16 A17 A19 A37 A59 A60 A64 A65 B1 B2 B3 B5 B6 B12 B18 B19 C1 C3 C4 |
7 |
12 |
19 |
Presentación oral |
B2 B11 B24 B25 C1 C3 |
1 |
4 |
5 |
Proba de resposta breve |
A1 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B11 B14 |
4 |
12 |
16 |
Sesión maxistral |
A57 A58 A59 A60 C7 C8 |
10 |
10 |
20 |
Saídas de campo |
A57 A58 A59 A60 B1 B2 B3 B5 |
5 |
10 |
15 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A6 A8 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 B24 B25 C6 C8 |
2 |
25 |
27 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Práctica de actividade física |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades físicas e/ou deportivas de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, etc., a execución dos fundamentos psicomotores e/ou sociomotores das distintas habilidades deportivas. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Proba de resposta breve |
Ao longo do curso iranse presentando aos alumnos diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
|
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas en espazos distintos ao contorno académico universitario habitual (espazos de espacial interese natural e/ou patrimonial para a realización de actividade física de forma interdisciplinar) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de propostas didácticas, a valoración de riscos e impacto ambiental de actividades realizadas con grupo de alumnos, etc. |
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Físcia, segundo os principios vistos en clase.
O profesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Práctica de actividade física |
|
Descrición |
Práctica de actividade física
Na posta en práctica das sesións de actividade física, no caso de que o alumnado imparta a totalidade ou parte da sesión, o profesorado observará e realizará observacións a cada un dos alumnos/as sobre a forma de poñer en práctica as distintas actividades. Ao final de clase, poñeranse en común co resto do grupo aqueles aspectos destacables relacionados coa docencia que xurdisen no desenvolvemento da sesión.
Traballos tutelados.
Os traballos tutelados requiren atención personalizada, polo que as titorías e as sesións de asesoramento sobre o este traballo serán referencias importantes para a súa realización. O profesorado poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo tutelado que deberán ser aplicadas antes da súa entrega definitiva.
Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.
A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, en función das posibilidades e necesidades de cada momento: titorías en persoa no despacho do profesorado, titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Teams e Moodle.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de resposta breve |
A1 A57 A58 B2 B3 B5 B6 B11 B14 |
Ao longo do curso iranse presentando ao alumnado diversas probas ou traballos breves para comprobar o seguimento dos contidos da materia, xa sexa na aula, a través de moodle ou doutras aplicacións online. Algunhas das probas realizaranse individualmente e outras en pequenos grupos. |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A6 A8 A58 A59 A60 B1 B5 B6 B14 B21 B22 B23 B24 B25 C6 C8 |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Físcia, segundo os principios vistos en clase.
O profesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das sesións da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: ao alumnado que participe en máis dun 80% das sesións da materia na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. O alumnado que non participe nun 80% das sesións da materia (xa sexa alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades. Realizarase unha proba (100%) na data marcada oficialmente pola
Universidade de A Coruña na que se deberá demostrar o dominio dos
contidos teórico-prácticos da asignatura. A proba mixta terá dúas partes e será preciso aprobar ambas para facer media e superar a materia. A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario. A
metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas
de seguridade dos participantes. Se non sedan as condicións de seguridade
adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo
virtuais (o desenvolvemento das competenciasligadas a estas metodoloxías
incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”,
“Presentación oral”, “Traballos tutelados”). Os
traballos desta materia se entregan preferentemente de forma electrónica,
procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de
campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente. Na
asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Asemade
deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta
materia. É
primordial e necesaria a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación),
gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para
superar a materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia. Arias, A., Arias, D., Navaza, M. V. y Rial, M. D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Retrieved from http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/9002463-Proxectos_Web.pdf Blázquez, D. (2013). Iniciación a los deportes de equipo. Del juego al deporte: de los 6 a los 10 años. Barcelona: INDE. Blázquez Sánchez, D. (2016). Métodos de enseñanza en Educación física. Enfoques innovadores para la enseñanza de competencias. Barcelona: INDE. Blázquez Sánchez, D. (2017). Cómo evaluar bien Educación Física. El enfoque de la evaluación formativa. Barcelona: INDE. Blázquez Sánchez, D. y Sabastiani, E. M. (2009). Enseñar por competencias en Educación Física. Barcelona: INDE. Campillo Álvarez, J. E. (2013). El mono obeso. La evolución humana y las enfermedades de la opulencia: obesidad, diabetes, hipertensión, dislipemia y aterosclerosis. Barcelona: Crítica. Contreras Jordán, O. y Gutiérrez Díaz del Campo, D. (2017). El Aprendizaje basado en Proyectos en Educación Física. Barcelona: INDE. Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que establecen a
ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de
Galicia, DOG núm. 183, do 26 de setembro de 2022. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220926/AnuncioG0655-190922-0001_es.html Doherty, J. y Brennan, P. (2014). Physical Education 5-11: A guide for teachers. New York: Routledge. Fernández García, E. (2009). Materiales para la didáctica de la educación física. Barcelona: INDE. Hanscom, A. (2016). Balanced and barefoot: how unrestricted outdoor play makes for strong, confident, and capable children. New Harbinger Publications.
Jiménez García, M. L. (2018). Programación integrada para Primaria. Unidades didácticas para Educación Física. Barcelona: INDE. Kirk, D. (2006). The ‘obesity crisis’ and school physical education. Sport, Education and Society, 11(2), 121-133. Kirk, D. (2010). Physical Education futures. London: Routledge. Kirk, D. y Kinchin, G. (2003). Situated learning as a theoretical framework for sport education. European Physical Education Review, 9(3), 221–235. Kirk, D., Macdonald, D. y O'Sullivan, M. (2006). Handbook of physical education. Londres: Sage. Laker, A. (2003). The future of physical education. Building a new pedagogy. Nueva York: Routledge. Larraz, A. (2009). ¿Qué aprendizajes de educación física debería tener el alumnado al finalizar sexto curso de primaria? Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(29), 45-63. Lavin, J. (2008). Creative approaches to Physical Education. Helping children to achieve their true potential. New York: Routledge. Lawrence, J. (2018). Teaching Primary Physical Education. London: SAGE Publishing Inc. Learreta, B., Sierra, M. A. y Ruano, K. (2006). Didáctica de la expresión corporal: talleres monográficos. Barcelona: INDE. López, P. A. (2000). Ejercicios desaconsejados en la actividad física. Barcelona: INDE. López, P. A. (2002). Mitos y falsas creencias en la práctica deportiva. Barcelona: INDE. López, S. (2018). Esencia: diseño de espacios educativos:
aprendizaje y creatividad. Ediciones Khaf. López Pastor, V. M. (Coord.)
(2006). La evaluación en Educación Física: revisión de los modelos
tradicionales y planteamiento de una alternativa: la evaluación formativa y
compartida. Miño y Dávila. López Pastor, V. M. (Coord.)
(2016). Programar por dominios de acción motriz en Educación Física.
Miño y Dávila. López Pastor, V. M., Pedraza González, M.A, Ruano Herranz, C. y
Sáez Laguna, J. (Coords.) (2017). Educación Física y Dominios de Acción Motriz:
unidades didácticas. Miño y Dávila. Lleixà Arribas, T. y Sebastiani Obrador, E. M. (2016). Competencias clave y Educación Física. ¿Cómo y para qué tenerlas en cuenta en la programación? Barcelona: INDE. Marés, R. (2009). Estiramientos. Barcelona: Hispano-Europea. McLennan, N. y Thompson, J. (2015). Educación física de calidad (EFC). Guía para los responsables políticos. París: UNESCO. ORDE do 26
de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro,
polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na
Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa
educativa. DOG núm. 111, de 13 de xuño de 2023. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230613/AnuncioG0655-290523-0002_es.html O'Sullivan, M. y MacPhail, A. (2010). Young people's voices in physical education and youth sport. Nueva York: Routledge. Otero Saborido, F. M. (2010). Proyecto globalizador en un centro educativo: educación física interdisciplinar, juegos olímpicos en la antigua Grecia. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(33), 36-45. Pangrazi, R. P. y Beighle, A. (2011). Dynamic Physical Education for Elementary School Children (16th edition). San Francisco: Pearson. Pedraza González, M. A. y Torres García, D. (Coords.)
(2005). Sendas educativas con un carácter globalizador: experiencias para
educación infantil y primaria. Miño y Dávila. Pérez Pueyo, A. y López Pastor, V. M. (2010). La evaluación en las unidades didácticas de educación física: base legal, análisis de tópicos y ejemplificación. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(33), 109-120. Pickard, A. y Maude, P. (2014). Teaching physical education creatively. Learning to teach in the primary school series. Abingdon, Oxon: Routledge. Rey-López, J. P., Ruiz, J. R., Vicente-Rodríguez, G., Gracia-Marco, L., Manios, Y., Sjöström, M., . . . Group, H. S. (2012). Physical activity does not attenuate the obesity risk of TV viewing in youth. Pediatric Obesity, 7(3), 240-250. doi: 10.1111/j.2047-6310.2011.00021.x Ruíz Pérez, L. M. y Graupera, J. L. (2011). Práctica, aprendizaje y educación física: un viejo tema con nuevas variaciones. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 7-16. Sánchez Bañuelos, F. (2002a). Didáctica de la Educación Física. Madrid: Pearson Educación. Sánchez Bañuelos, F. (2002b). Didáctica de la educación física para primaria. Madrid: Pearson Educación. Seners, P. (2001). La lección de educación física. Barcelona: INDE. Vázquez, P., Balagué, N. y Hristovski, R. (2011). Creatividad o aprendizaje en la educación física escolar: ¿por dónde empezamos? Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 36-43. Velázquez Buendía, R. (2011). El modelo comprensivo de la enseñanza deportiva. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(37), 7-19. VVAA. (2011a). El diseño de contextos de enseñanza-aprendizaje para el desarrollo de la motricidad. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 27-35. VVAA. (2011b). Lo que los deportes enseñan cuando se aprenden los deportes. Tándem. Didáctica de la Educación Física, -(36), 17-26. Wheaton, B. (2004). Understanding lifestyle sport. Consumption, identity and difference. Nueva York: Routledge. Whitehead, M. (2010). Physical literacy. Throughout the lifecourse. Nueva York: Routledge. Willingham, D. T. (2011). ¿Por qué a los niños no les gusta ir a la escuela? Barcelona: Graó. Wright, J. y Macdonald, D. (2010). Young people, physical activity and the everyday. Nueva York: Routledge. Xunta de Galicia
(10 de julio de 2023). Manual de axuda para a elaboración das Programacións
Didácticas. Educación infantil, educación primaria, educación secundaria
obrigatoria e bacharelato. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40229 Zimmerman, F. J. y Bell, J. F. (2010). Associations of television content type and obesity in children. American Journal of Public Health, 100(2), 334-340. |
Bibliografía complementaria
|
|
Educación Física: selección de revistas nacionales Apunts. Educación Física y Deportes. Apunts. Medicina del Deporte. Archivos de Medicina del Deporte. Cuadernos de Psicología del Deporte. Cultura, Ciencia y Deporte. Kronos. La revista científica de actividad física y deporte. Motricidad. European Journal of Human Movement. Revista de Educación Física. Renovar la teoría y la práctica. Revista de Entrenamiento Deportivo. Revista de Psicología del Deporte. Revista Española de Educación Física y Deportes. Revista Iberoamericana de Psicomotricidad y Técnicas Corporales. Revista Internacional de Medicina y Ciencias de la Actividad Física y el Deporte. RICYDE. Revista Internacional de Ciencias del Deporte. Selección. Revista Española e Iberoamericana de Medicina de la Educación Física y el Deporte. Tándem. Didáctica de la Educación Física. Educación Física: selección de revistas internacionales Physical Education and Sport Pedagogy. Association for Physical Education. Journal of Teaching in Physical Education. Estados Unidos: International Association for Physical Education in Higher Education. Sport, Education and Society. Reino Unido: Routledge. European Physical Education Review. Europa: North West Counties Physical Education Association y SAGE. Journal of PE, Recreation & Dance. Estados Unidos: American Alliance for Health, Physical Education, Recreation and Dance (AAHPERD). Educación Física: bases de datos Sportdiscus (disponible online biblioteca UDC). Base de datos específica del deporte (internacional y multidisciplinar). Heracles Base de datos de Educación Física y deportes (en francés). Bases de datos generales ERIC (Education Resources Information Center) (disponible online biblioteca UDC). Biblioteca digital específica de educación. EBSCOhost. Online Research Databases. Base de datos multidisciplinar que incluye diferentes bases de datos. Informaworld Base de datos multidisciplinar que incluye diferentes bases de datos, especialmente en ciencias sociales y de la educación. Dianet (disponible online) Portal de difusión de producción científica multidisciplinar hispana. CSIC-ISOC (disponible online biblioteca UDC) Base de datos en ciencias sociales y humanidades del CSIC. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Fundamentos da educación física na sociedade actual/652G02031 | Xogos motores/652G02025 | Expresión corporal e adaptacións curriculares/652G02026 | Iniciación deportiva/652G02036 | Educación física para o lecer/652G02035 |
|
Observacións |
Nesta
materia incorpórase a perspectiva de xénero (por exemplo, úsase linguaxe non
sexista, bibliografía de autores/as de ambos sexos e propíciase a intervención
en clase de alumnos e alumnas). Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade. En caso de detectar calquera
situación de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas
para corrixilas. No
caso de que se solicite entregar algún traballo impreso, teranse en conta as
seguintes recomendacións: non utilizar plásticos, elixir impresión a dobre cara
e empregar papel reciclado. Na medida do posible, evitar a impresión de
borradores. A
metodoloxía “Saídas de campo” está suxeita á posibilidade de garantir as medidas
de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade
adecuadas, esta metodoloxía poderase substituír por sesións de aula ou mesmo
virtuais (o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías
incorporaríanse ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”,
“Presentación oral”, “Traballos tutelados”). |
|