Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A16 |
Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Recoñecer os diferentes campos de profesionalización da educación social e identificar novos ámbitos emerxentes sinalando as razóns da súa evolución |
A1 A5 A16
|
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
A20
|
|
C1
|
Escoller e optar criticamente por fontes de coñecemento, procedementos e recursos tecnolóxicos que redunden nunha escolla contrastada da información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Determinar razoadamente os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa nos seus ámbitos de actuación, poñendo en relación as súas implicacións e considerando as achegas bibliográficas máis relevantes |
A2 A3 A5 A14
|
|
|
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa á luz dos diferentes modelos teóricos contextualizando a súa evolución en Galicia e no conxunto do estado |
A3 A5 A16
|
|
|
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos de profesionalización da educación social. |
A5 A14
|
|
|
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo |
A2 A3 A14
|
|
|
Emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional, partindo de diagnoses fundamentadas e contextualizadas |
A14 A16
|
|
|
Mostrar unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos poñendo en valor estratexias comunicativas basadas na escoita activa, a empatía e o emprego normalizado de linguas minorizadas |
A20
|
B5
|
C1
|
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
A14
|
B2
|
|
Mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión ao expresar opinións e posicionamentos e nas propias actuacións
|
|
B3 B5
|
|
Caracterizar a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional desde os seus inicios ate a actualidade, recoñecendo as razóns que explican a súa evolución. |
A1 A16
|
|
|
Asumir activamente os principios dunha cultura profesional colaborativa, valorando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade para resolver retos académicos asociados á asignatura |
A20
|
B3
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A EDUCACIÓN SOCIAL COMO OBXETO DE ANALISE E INTERVENCIÓN
|
1.1. Análise conceptual da Educación.
1.2. A socialización dos individuos: aproximación a súa caracterización e problemática actual.
1.3. A evolución dos discursos e prácticas socioeducativas: perspectiva asistencial versus perspectiva pedagóxico-social. |
2. A PEDAGOXÍA SOCIAL COMO MARCO CIENTÍFICO, DISCIPLINAR E PROFESIONAL
|
2.1. Análise conceptual e evolución histórica da Pedagoxía Social.
2.2. Enfoques e modelos paradigmáticos da Pedagoxía Social.
2.3. A proxección profesional da Pedagoxía Social. |
3. ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL
|
3.1. Politica social, traballo social e servizos sociales.
3.2. Animación Sociocultural e desenvolvemento comunitario.
3.3. Educación social e institución escolar.
|
4. OS PROCESOS METODOLÓXICOS NA INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL
|
4.1. A metodoloxía na intervención social: aspectos conceptuais e procedimentais.
4.2. Relación socioeducativa e acompañamento.
4.3. Traballo en grupo en equipas interdisciplinares |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B5 C6 |
5 |
0 |
5 |
Aprendizaxe colaborativa |
A20 B2 B3 C6 |
10 |
21 |
31 |
Discusión dirixida |
A2 A3 A5 A14 A16 |
10 |
0 |
10 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 C1 C6 |
0 |
15 |
15 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A5 A16 C6 |
12 |
10 |
22 |
Solución de problemas |
A14 B2 C6 |
0 |
10 |
10 |
Proba de ensaio |
A1 A3 A5 A14 A16 |
0 |
10 |
10 |
Simulación |
A2 A5 A14 B3 |
5 |
0 |
5 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A16 |
0 |
5 |
5 |
Portafolios do alumno |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 |
0 |
22 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Desenvolvemento dunha actividade de indagación sobre coñecementos previos do alumnado, en relación ás temáticas obxecto de estudo. Pode realizarse en gran grupo como elemento previo que permita tender pontes entre os coñecementos/vivencias/actitudes do alumnado e as temáticas obxecto de estudo presentadas a través da lección maxistral, discusión dirixida, etc. Tamén en pequeno grupo como forma de abordar os puntos de partida desde os que cada alumno/alumna se achega ás cuestións que son obxecto de debate ou motivo da resolución de problemas. |
Aprendizaxe colaborativa |
Actividades propostas para que o alumnado en pequeno grupo resolva supostos desenvolvendo estratexias de cooperación na aprendizaxe. É tamén o baseamento para a adquisición de estratexias procedimentais e actitudinais desde as que abordar o traballo en equipo e a solución de problemas de diversa índole de maneira dialóxica, complementando xeitos diferentes de pensar á realidade e competencias diversas. |
Discusión dirixida |
Formulación de problemas ou antinomias nas que deben desenvolverse argumentos de diverso carácter sobre os temas propostos, de maneira ordeada e respectuosa cos posicionamentos non compartidos. Preténdese asentar procedementos e actitudes favorecedoras da escoita activa, a empatía e a facilitación de relacións na abordaxe de problemas complexos. |
Lecturas |
Lecturas complementarias e de profundización nas temáticas abordadas pola materia que permitan achegar marcos de referencia para a análise crítica da intervención pedagóxico social.
|
Sesión maxistral |
Presentación dos aspectos máis significativos dos elementos temáticos da asignatura que estruturan as sesións expositivas e dan sentido as sesións interactivas. Acompáñase habitualmente de actividades iniciais e de distintos recursos que pretenden "activar" ao alumnado na procura de aprendizaxes significativas e contextuais. |
Solución de problemas |
A abordaxe de problemas socioeducativos reclama a consideración de puntos de vista diferentes. Unha posibilidade para achegarnos ás distintas visións dunha realidade son os xogos de roles orientados a superación dun reto ou problema. Esta metodoloxía articúlase desde a construción e defensa dun determinado rol ou punto de vista, no marco dunha dinámica grupal orientada ao desenvolvemento da racionalidade argumentativa, e da discusión respectuosa de posicionamentos encontrados, co obxectivo de achegar solucións a unha problemática concreta |
Proba de ensaio |
A través dun comentario de texto, no que se pode utilizar a documentación empregada para o estudo dos distintos temas da materia. A través desta proba se pretende comprobar o desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia: capacidade de análise, síntese e desenvolvemento de reflexións argumentadas e coherentes. |
Simulación |
Posta en escea dunha problemática simulada relacionada coa profesión do/a educador/a social, sobre a que se deben asumir posicións argumentadas, valorando distintas posibilidades e sendo autocríticos respecto das posicións iniciais. |
Proba mixta |
Tendo como referencia os contidos das sesións expositivas e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase actividades que irán acompañando o desenvolvemento dos contidos. Buscan afianzar as aprendizaxes, a través de actividades de diversa índole: probas obxectivas, de resposta breve, participación en foros, etc. |
Portafolios do alumno |
Traballo reflexivo do estudante de elaboración individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. Valórase a capacidade crítica e reflexiva, así como a capacidade para identificar marcos de referencia que acheguen sentido e profundidade de análise as prácticas realizadas nas sesións interactivas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba de ensaio |
|
Descrición |
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais, relaciónase coa necesidade de reforzar a aprendizaxe na elaboración de informes e memorias reflexivas, así como de comentarios de texto.
No caso da proba de ensaio, dedicarase unha sesión interactiva a traballar a elaboración de comentarios de texto, e ofreceranse en cada tema exemplos de textos sobre os que facer o ensaio, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de entregar algún para a súa revisión e ter titorías individualizadas para reforzar esta aprendizaxe.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Agradécese que calquera necesidade e proposta de mellora sexa comunicada.
Programarase titoría individual co alumnado que non acuda ao 80% das sesións interactivas e/ou teña recoñecida a dedicación a tempo parcial/dispensa académica que lles exime da asistencia a clase, co obxecto de realizar unha axeitada orientación da aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A2 A3 A5 A14 A16 B2 |
Traballo reflexivo da materia, en pequeno grupo, e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
O portafolio pretende ser a memoria documentada dun proceso creativo e educativo, no que se recolle a súa evolución, de tal maneira que sexa posible apreciar un “relato coherente” que permita recompoñer unha determinada traxectoria temática.
As competencias que se pretende valorar a través da realización e presentación do portafolio teñen que ver coa capacidade de análise, síntese, reflexión e interpretación de situacións, información relevante, etc.
Os criterios de avaliación son:
-Profundidade da reflexión a partir da propia participación nas dinámicas desenvoltas nas sesións interactivas.
- Grao de relación co marco teórico de referencia aportado nas sesións expositivas e nas lecturas recomendadas para cada temática. |
60 |
Proba de ensaio |
A1 A3 A5 A14 A16 |
Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas. É posible levar a documentación para a súa consulta no momento de realización da proba.
Os criterios de avaliación relacionados con esta proba son:
- Identificación da/s idea/s principai/s e secundaria/s do texto a través dun resumo breve. Se se empregase a modo de resumo un mapa conceptual ou un esquema deberán ser suficientemente completos e explicativos respecto dos conceptos/ideas e da súa relación (estrutura do texto). Valórase, por tanto, a capacidade descritiva e de síntese.
- Ampliación dos conceptos ou ideas contidas no texto de referencia, e a súa asociación con outros conceptos e/ou ideas, ou o seu contraste –matizacións ou puntos de vista encontrados- que outros autores/as defenden, estimando a capacidade argumentativa.
- Cando empreguemos os argumentos dun autor ou autora (ou os datos e/ou propostas dun estudo/informe concreto) coas nosas propias palabras citaremos a fonte. |
40 |
|
Observacións avaliación |
1.- Para poder sercalificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballosesixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NONPRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas deaprendizaxe. 2.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas as probas. En caso contrario, a cualificaciónserá a da proba suspensa. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual. 3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicasde aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación. 4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimentoda materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do cursopara a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas ,non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súascircunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios deavaliación: - Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografíabásica, que deberá ser acordado co profesor/a a inicios de curso para aconvocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para aconvocatoria de xullo (30%).
- Proba mixta (70%).
5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre terunha asistencia mínima do 80%. 6.- Segundo o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC: “A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario”.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
ALONSO, Israel e FUNES, Jaume (2009). El acompañamiento social en
los recursos socioeducativos. Revista de Educación Social, 42, 28-46. BORGES, Carolina e CID, Xose Manuel (2019). Educación Social y
profesorado: la escuela como espacio común de intervención, Revista de Educación Social, 29, 174-193. CABALLO, Belén e GRADAILLE, Rita (2008). La Educación Social como
práctica mediadora en las relaciones escuela-comunidad local, Revista Interuniversitaria de Pedagoxía
Social, 15, 45-55. CALVO, Aina (2002). La
animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación.
Alianza editorial, Madrid. CANDEDO, María Dolores (2020). Educación social e escola. Crónica
dunha historia recente, Galeduso, 13,
66-70. CARIDE, Jose Antonio (2004). ¿Que añade lo “Social” al sustantivo
“Pedagogía”?, Pedagogía Social Revista
Interuniversitaria, 11, 55-57 CARIDE, Jose Antonio
(2017). Cruzando límites: sobre los desafíos de la educación social en tiempos
de incertidumbre. Revista de Educación Social, 25, 8-29. CASTRO, Oscar (2017).
Colonialismo y prácticas discrecionales. Los efectos comunes y particulares de
una desregularización del trabajo educativo social. Revista de Educación
Social, 25, 66-66. CEESG. Documentos profesionalizadores. Definición de la educación
social. Código deontológico. Catálogo de funciones y competencias. http://www.ceesg.gal/gl/ceesg/documentos-profesionalizadoresseccion CENTENO, Cristina (2020). Pedagogía
Social: marco metodológico y personal del educador. Alcala Grupo Editorial COLL-PLANAS, Gerard e SOLÀ-MORALES, Roser (2019). Guía para incorporar la interseccionalidad
en las políticas locales. Ajuntament de Terrassa FREIRE, Paulo (1990). La
naturaleza política de la educación. Cultura, poder y liberación. Paidós FREIRE, Paulo (1993). Pedagogía
de la esperanza, Siglo XXI, Madrid. GIL, Rodrigo e CANDEDO, Dolores (2019). Renta básica y educación
social: hacia un nuevo paradigma en los Servicios Sociales. Revista de educación social, 29, 28-42. HERNANDEZ, Pedro Javier (2007). Educación y desarrollo
comunitario: Dialogando con Marco Marchioni. Cuestiones pedagógicas, 18, 285-300. LLENA, Asun e PARCERISA,
Artur (2008). La acción socioeducativa en medio abierto. Barcelona:
Graó. LÓPEZ, María Ángeles; MARÍN
Ana Isabel y DE LA PARTE, Jose María (2004). La planificación centrada en la
persona. Una metodología coherente con el respeto al derecho de
autodeterminación, Revista Española sobre Discapacidad Intelectual, 35
(2), nº 210, 45-55. LÓPEZ, Rafael (2012). La educadora y el educador social en los
servicios sociales de atención primaria, Revista
de Educación Social, 15, 86-94. LÓPEZ, Rafael (2020). A Educación Social no ámbito escolar: unha
proposta, Galeduso, 13, 91-96. MORÁN, Carmen; BARBA, María y VARELA, Laura (2013). Servicios
sociales de crisis ¿educación social en crisis?. Torío et. al. (coords.). La crisis social y el estado de bienestar:
respuestas desde la pedagogía social, pp. 145-15 NUÑEZ, Violeta (Coord) (2010). Trampas teóricas y conceptuales de
la Pedagogía social en construcción. Ponencia en Congreso Internacional de Pedagoxía Social. PALACÍN, Iratxe (Coord.) (2018). Pedagogía de los cuidados. Aportes para su construcción. InteRed.
Madrid PÉREZ BURGOS, Ángela (2021). La psicoterapia integrativa en el
ámbito de la intervención social: conceptos y métodos de intervención. Revista de Psicoterapia, 32(118),
149-162 RUIZ, Cristóbal (2017). La educación social
ante el revés de la globalización. Revista
de Educación Social, 25, 67-78. SAEZ, Juan e MOLINA, José G. (2006). Pedagogía Social: Pensar la educación social como profesión.
Dykinson, Madrid. SAGREDO, Maider (Coord.) (2017). El poder del trabajo en red. Grupo Emaús Fundación Social.
Accesible en SILVA, Diego e CASTRO, Oscar (2009). ¿Qué tenemos que saber sobre
los sujetos de la educación?, y algunas cosas más importantes. En ADESU-MEC
(Eds), Educación social: acto político y
ejercicio profesional. Montevideo: Tradinco. SUBIRATS, Joan (2012).
Los grandes procesos de cambio y transformación social, en De Castro e Casares
(eds.). Cambio social y cooperación
en el sigo XXI, pp.7-20. Barcelona: Icaria.(lectura 10-14; 15-19) ÚCAR, Xavier (2016). Relaciones
socieeducativas. La acción de los profesionales. Barcelona: Editorial UOC. VARELA, Laura e MORÁN,
Carmen (2017). A educación como instrumento de benestar dos servizos sociais. Revista
Galega de Educación, 67, 12- 15. VEGA, Amando (2013). La educación social en la escuela:
complemento imprescindible, Revista de
Educación Social, 13 RECURSOS DE TRABALLO: Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)
www.ceesg.gal Web do Consejo General de Colegios de Educadoras e Educadores
Sociales (CGCEES) www.eduso.net Web da Revista de Educación Social: https://eduso.net/res/ Caja de herramientas comunitarias. Universidad de Kansas. https://ctb.ku.edu/es/conjuntos-de-herramientas |
Bibliografía complementaria
|
|
CANDEDO, María Dolores (Coord) (2013). A educación: dereito ou mercadoría? Laiovento
CARIDE, Jose Antonio (2000). Educación
social y políticas culturales. Tórculo
CARIDE, Jose Antonio (2005). Las
fronteras de la Pedagogía Social. Perspectivas científica e histórica.
Gedisa, Barcelona.
CARIDE, Jose Antonio (2009). Elogio de la
Pedagogía Social: acerca de los nuevos y viejos desafíos de la educación
social. Revista de Educaçao Pública,
38 (set-dez.), pp. 449-468
CASCÓN, Paco (2010). Educar en y para el conflicto. En Caruana, A.
Propuestas y experiencias educativas para
mejorar la convivencia. Generalitat Valenciana, Conselleria de Cultura i
Educació
CID, Xose Manuel (Coord) (2018). Educación Social e escola: análise da última década (2006-2026).
NEG-CEESG.
COLOM, Antonio J.; NÚÑEZ-CUBERO, Luis (2005).
Teoría de la educación. Madrid. Editorial Síntesis. (pp. 15-43)
EMAÚS (2015). Manual Inclúe.
Unha ferramenta para a aplicación dun novo enfoque na atención a persoas en
situación de exclusión social. Grupo Emaús Fundación Social. Accesible
en http://www.emaus.com/pdf/manual_gallego_web.pdf
GIMENO SACRISTAN, José (2001). Educar
y convivir en la cultura global. Morata.
GIROUX, Henry (2001). Cultura,
política y práctica educativa. Graó.
HERNANDO, Almudena (2012). Teoría
arqueológica y crisis social, Complutum,
23 (2): 127-145.
HERRERO, Yayo; CEMBRANOS, Fernando e PASCUAL,
Marta (coords.) (2010). Cambiar las gafas
para mirar el mundo. Una nueva cultura de la sostenibilidad. Madrid: Libros
en acción.
LÓPEZ-SOTO, Eva (2017). Situación e
transformación dos servizos sociais en Galicia: unha lectura en clave
educativa. Revista Galega de Educación, 67, 16 – 19.
LUQUE, Pedro Antonio (2001). Educación
y valores democráticos: claves para una educación ciudadana. PPU
MARTIN, María Teresa (Coord.) (2000). Planificación y diseño de proyectos en Animación Sociocultural.
Sanz y Torres
OLTRA, Mónica e HERRERO, Yayo (2013). Las personas primero. Barcelona: Icaria Editorial.
ROMANS, Mercé; PETRUS, Antoni e TRILLA, Jaume (2000). De profesión educador(a) social. Paidós,
Barcelona.
SAEZ, Juan e BAS, Encarna (Coord.) (2007). Pedagogía social y Educación social. Pearson Educación, Madrid
SALAMANCA, Lorenzo (2017). Es tarde, pero es
nuestra hora. Propuesta motivada para el compromiso en un contexto global. Revista de Educación Social, 25, 30-48.
SANTIAGO-MUÍÑO, Emilio (2016). Rutas
sin mapa. Horizontes de transición ecosocial. Madrid: Catarata
ÚCAR, Xabier; LLENA, Asun (coords.) (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó,
Barcelona.
VEGA-FUENTE, Amando (2013). La
educación social en la escuela, complemento imprescindible. Revista
Educación Social, 16.
VVAA (2016). La pedagogía
social en el mundo. Revista Interuniversitaria de Pedagogía Social, nº27.
VVAA (2017). Educación e servizos sociais. Revista Galega de Educación, 67.
VVAA (2017). Infancias, desprotección social e educación. Revista Galega de Educación, 66.
VVAA (2018). Libro de Actas
Educación Social e Escola 2006-2016. CEESG/NEG
VVAA (2020). Educación social e escola, Galeduso, 13. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
- É recomendable subir unha
fotografía ao perfil de Moodle/Teams, para facilitar a identificación do
alumnado no traballo virtual.
- Para a realización dos
traballos e actividades de avaliación seguiranse en cada caso as
indicacións dadas na aula, que tamén se publicarán en Moodle.
- Os traballos presentaranse en
formato dixital e sempre debidamente identificados (nome do alumno, curso,
grupo, equipo, materia e nome do profesor). Hai que facer un uso sostible
dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Así mesmo, debe terse en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e
profesional.
- En consonancia coa
integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase na
identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e
incidirase no entorno para modificalos e promover valores de respecto e
igualdade. Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de
xénero ou doutra índole e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimente dificultades para ter un acceso adecuado,
igualitario e beneficioso á vida universitaria. Agradécese que se
comunique calquera necesidade e proposta de adaptación.
- O horario de titorías está
exposto na páxina web da Facultade e no taboleiro da porta da oficina.
|
|