Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e valorar a súa inclusión nas políticas de emprego e nos plans para a igualdade e para a inclusión social. |
A1 A3
|
|
|
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional e valorar a importancia e a necesidade de formación ao longo da vida.
|
A1
|
|
C7
|
Identificar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional
|
A1
|
|
|
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional |
|
|
C7
|
Comprender as implicacións para a orientación ocupacional dos cambios producidos no mercado laboral e nos procesos de exclusión laboral. |
A5
|
|
C4
|
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da xutiza social e dos ODS |
A14
|
|
C4
|
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente |
|
B6
|
C1
|
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe |
A2
|
|
|
Describir os factores ou barreiras que obstaculizan a inclusión laboral de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social e valorar as súas implicacións para a acción socioeducativa no ámbito laboral. |
A8
|
B1
|
C4
|
Identificar e valora-los posibles usos das tecnoloxías dixitais para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral, así como comprender a necesidade de ser profesionais competentes dixitalmente e de promover a competencia dixital nas persoas destinatarias da orientación ocupacional. |
A2
|
|
C3
|
Analizar e deseñar accións de orientación ocupacional con enfoque de xénero. |
A3 A6 A9 A21
|
B1 B4
|
|
Buscar, seleccionar e almacenar recursos para a praxe da orientación ocupacional utilizando as tecnoloxías dixitais. |
|
|
C3
|
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente.
|
|
|
C3 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Mercado laboral e formación profesional
|
1. Mercado laboral
1.1.- Indicadores e fontes para o estudo do Mercado Laboral e da exclusión social
1.2. A situación de desigualdade das mulleres no mercado laboral. As mulleres obxeto de discriminación múltiple
1.3. Cambios no emprego e na súa relación coa inclusión social
2. Formación profesional
2.1. Subsistemas, ordenación e oferta
2.2. Acreditación de competencias: finalidade e procedemento. O papel da orientación profesional.
|
Tema 2. A inserción laboral: factores, estratexias e accións. |
2.1. Factores que interveñen nos procesos de inserción e exclusión laboral.
2.2. A empregabilidade como foco da intervención. Elementos e críticas.
2.3. O Itinerario personalizado de inserción (IPI) como estratexia de intervención: características, fases e accións
2.4. Integración da visión de xénero no IPI: finalidades, modalidades e accións.
2.5. A mentoría social na inclusión laboral
|
TEMA 3. Orientación ocupacional: delimitación conceptual, bases teóricas e recursos para a praxe. |
3.1. Orientación profesional (OP) e Orientación ocupacional (OO): delimitación conceptual e ideas forza. Claves da OP para a xustiza social. A contribución da OP aos ODS.
3.2. Modelos de intervención: tipoloxía e características.
3.3. Áreas de intervención
3.4.A integración do enfoque de xénero na OO
3.5. OO, tecnoloxías dixitais e competencia dixital
3.6.Metodoloxía e recursos
|
Tema 4. Desenvolvemento institucional e situación actual da orientación profesional. |
4.1.Funcións e competencias das/os profesionais da orientación ocupacional.
4.2. A orientación ocupacional como campo profesional da educación social.
4.3. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP. A orientación profesional nas políticas de emprego, igualdade e inclusión social. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A2 A3 A5 A8 C4 |
5 |
22 |
27 |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C3 |
3 |
2 |
5 |
Discusión dirixida |
C4 C1 |
2 |
0 |
2 |
Aprendizaxe colaborativa |
A3 A5 A6 A8 A9 A21 B1 B4 C1 C3 C7 |
11 |
29 |
40 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A5 A8 |
13 |
4 |
17 |
Traballos tutelados |
A2 A5 A8 A9 A14 A21 B4 C1 C3 C4 |
6 |
34 |
40 |
Proba mixta |
A2 A5 A8 B1 C1 |
2 |
11 |
13 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas, posta en común e traballo grupal no deseño dos distintos apartados do programa de acción socioeducativa (PAS).
|
Presentación oral |
Consiste na presentación e defensa no grupo clase do traballo tutelado. |
Discusión dirixida |
É unha actividade optativa que formaba parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. Ao final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa até 1 punto na cualificación como actividade optativa.
|
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa ten un carácter transversal na medida en que está presente na maioría das "metodoloxías" descritas, principalmente no traballo tutelado.
|
Sesión maxistral |
O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP |
Traballos tutelados |
Adopta as características da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dun programa de orientación ocupaciona para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Esta tarefa é grupal e nela converxen a aprendizaxe colaborativa e a análise documental. |
Proba mixta |
Constará de preguntas curtas de análise e reflexión sobre os contidos teóricis e de cuestións prácticas relacionadas cos distintos elementos do programa de orientación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento do deseño do programa de orientación ocupacional. É obrigatoria a asistencia a dúas titorías grupais.
A atención personalizada tamén está presente nas aulas interactivas, sendo o seu obxectivo achegar a retroalimtención necesaria para avanzar na realización do traballo tutelado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A2 A5 A8 A9 A14 A21 B4 C1 C3 C4 |
Consiste no deseño dun programa de orientación ocupacional para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Os criterios de avaliación son os seguintes:
a) Integración na fundamentación teórica das temáticas abordadas na análise documental: conceptualización da OO, integración do enfoque de xénero, metodoloxía e avaliación.
b) Deseño do programa: formulación de obxectivos; organización e secuenciación de contidos; coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación; descrición pormenorizada das actividades e selección de recursos.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, tamaño da letra...) e utilización das normas APA e a citación xusta.
Os criterios de avaliación e cualificación van ser presentados nunha rúbrica de entrada única que estará dispoñible no campus virtual desde o inicio do curso. |
65 |
Proba mixta |
A2 A5 A8 B1 C1 |
As preguntas de resposta breve puntúan o 70% do valor da probo. O 30% restante corresponde a cuestións de tipo práctico relacionadas co deseño do programa de orientacion ocupacional. |
30 |
Presentación oral |
B1 B6 C1 C3 |
Presentación grupal do programa de orientación ocupacional, que vai ser obxecto de co-avaliación polo resto dos grupos. Para facilitar a coavaliación vai ser elaborada, consensuadamente co alumnado, unha escala de valoración. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Requisito para superar a materia
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación en cada unha das dúas tarefas que computan na avaliación: 3,3 no programa de orientación e 1,25 na proba mixta. A non realización dunha das dúas tarefas implica a cualificación de NP. No caso de ter suspensa unha das partes, a cualificación será a da parte non superada. Segunda oportunidadeNa segunda oportunidade recupéranse as partes non superadas (programa orientación e proba mixta). As actividades optativas só se poden entregar na primeira oportunidade.
Coavaliación do traballo tutelado e da presentación oral A participación de cada persoa no traballo tutelado vai ser obxecto de coavaliación polo resto das persoas do grupo. Os resultados desta avaliación trasladaranse á cualificación individual do alumnado. A presentación oral do programa de orientación ocupacional vai ser avaliada polo resto dos grupos a partir dunha matriz de valoración, previamente consensuada co alumnado. Actividades optativas Coa realización das actividades optativas pode obterse até 1,5 puntos. As actividades optativas están relacionadas coa lingua galega, coas propias necesidades de orientación, coa análise de novas e coa almacenaxe de recursos dixitais.
Modalidade específica de avaliación para persoas non asistentes O alumnado con dispensa académica ou que non asista regularmente a clase pode acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que é imprescindible o seguimento e supervisión das tarefas. Para estes casos, mantense o deseño do programa de orientación e o exame substitúese por un informe de aprendizaxe, sobre o que se realizará un exame oral. O resto das actividades de avaliación son as mesmas. Para acollerse a esta modalidade é imprescindible contactar coa profesora antes do 20 de setembro. LINGUAXE INCLUSIVA E CITACIÓN XUSTA A linguaxe inclusiva é de uso obrigado. Co obxectivo de visibilizar as autoras nas referencias bibliográficas, recoméndase utilizar a citación xusta, para a que se poden consultar as seguintes fontes: - https://infoguias.biblioteca.udc.es/c.php?g=653851&p=4979900
- https://biblioteca.uoc.edu/ca/plana/Estil-APA/
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA Citación de fontes
Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo) nos traballos deben estar
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 7ª edición. Para visibilizar as autoras. seguíranse as indicacións para unha citación xusta. Plaxio O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso. Así o establece o artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
SENDOTU (2010). Cuaderno de trabajo 3. Diseño de proyectos sociales desde una perspectiva de género. http://www.sartu.org/wp-content/uploads/Cuaderno_trabajo_Sendotu_n3.pdf
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2018). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mcarthy, Jhon (2018). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Sultana, Robert (2018). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos.. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Mcarthy, Jhon. (2018). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Romero Soledad, Moreno Celia e Mateos Tania (eds) (2022). Orientación para la construcción de la carrera y la justicia social. Una experiencia de investigación-acción en las Escuelas de Segunda Oporguntidad . Octaedro
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Aguado Guillermo, Patarroyo Luz Elena, Larrañaga Mertxe, Palacín Iratxe, Quilaqueo Victor, Mujica (2018). Pedagogía de los cuidados. Aportes para su construcción.. Intered |
Para cada un dos temas e das tarefas da actividade de simulación facilitamos bibliografía e webgrafía específica, diferenciando a básica da complementaria. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022 | Orientación e políticas de emprego/652G03031 |
|
Materias que continúan o temario |
Orientación e políticas de emprego/652G03031 |
|
|