Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as principais técnicas de recollida da información nos procesos de intervención socioeducativa. |
A5 A6 A7 A8 A11 A13 A14 A21
|
B1 B4
|
C1 C4 C6
|
Deseñar instrumentos de recollida de información de procesos de intervención socioeducativo aplicando diferentes técnicas. |
A5 A6 A13 A21
|
B1 B2
|
C1 C4 C6
|
Planificar recollidas e análises da información de procesos de intervención socioeducativos. |
A5 A6 A13 A19 A21
|
B1 B2
|
C6 C8
|
Realizar a recollida da información pertinente dun proceso de intervención socioeducativo |
|
B1 B2 B5 B6
|
C1 C6
|
Coñecer as principais técnicas de análise da información nos procesos de intervención socioeducativos |
A6 A13
|
B1
|
C3 C6 C8
|
Analizar a información recollida nos procesos de intervención socioeducativos, empregando as técnicas de análise adecuadas. |
A5 A6 A13 A19
|
B1 B2
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema I. INTRODUCCIÓN |
1. Determinación conceptual
2. Selección da mostra
2.1. Selección da mostra no enfoque cuantitativo
2.2. Selección da mostra no enfoque cualitativo
|
Tema II. TÉCNICAS DE RECOLLIDA DA INFORMACIÓN |
1. Instrumentos de recollida da información cuantitativos
1.1. Escalas
1.2. Cuestionario
2. Instrumentos de recollida da información cualitativos
2.1. Observación
2.2. Entrevistas (por exemplo: Historias de Vida)
2.3. Grupos de discusión |
Tema III. TÉCNICAS DE ANÁLISE DA INFORMACIÓN |
1. Análise cualitativo (mapas conceptuais, fiabilidade e validez)
2. Análise cuantitativo
2.1 Fiabilidade e Validez
2.2. Análise de datos categóricos ou nominales.
2.3 Análise de datos ordinais
2.4. Análise de datos métricos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 A7 A14 B1 C4 C6 C8 |
10 |
10 |
20 |
Prácticas a través de TIC |
A6 C3 |
9.5 |
9.5 |
19 |
Estudo de casos |
A6 A13 A21 C1 |
8.5 |
29.75 |
38.25 |
Solución de problemas |
A19 B2 C1 |
2.5 |
8.75 |
11.25 |
Análise de fontes documentais |
B1 |
0 |
9 |
9 |
Aprendizaxe colaborativa |
A6 A8 A11 A13 A19 A21 B1 B2 B4 C1 C3 |
9.5 |
19 |
28.5 |
Proba mixta |
A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
2 |
12 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clase impartidas polas profesoras, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados no apartado de “contidos” desta guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra e a vista como vía de transmisión da información a todo o grupo. Nalgúns casos, poderase complementar a información con exemplos prácticos e/ou recursos audiovisuais.
Neste materia, o alumnado terá as referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición das docentes.
|
Prácticas a través de TIC |
A metodoloxía empregada é a Análise da información informatizada. E dicir, emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o deseño do instrumento como recollida e análise da información. O desenvolvemento desta actividade de análise será complementario á metodoloxía de solución de problemas.
|
Estudo de casos |
Esta metodoloxía empregarase para a realización das prácticas correspondentes aos temas 1 e 2 dos contidos da materia.
Presentarase ao alumnado un caso práctico por grupo e deberán aplicar os coñecementos teóricos adquiridos nas sesións expositivas á resolución das diferentes partes dun caso. O alumnado disporá das clases interactivas para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único que denominará “Técnicas de Recollida da Información”, e que será entregado na data estipulada polas docentes.
|
Solución de problemas |
Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. O alumnado disporá das clases interactivas e o traballo autónomo para realizar as actividades encomendadas e terá que incorporalas todas xuntas nun documento único, que denominará “Análise da Información” que será entregado na data estipulada polas docentes.
|
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como análise de fontes documentais, estudio de casos, solución de problemas, prácticas a través das TIC etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (entre 5-6 persoas. NON SE ADMITEN OUTRAS POSIBILIDADES), e lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia.
|
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes:
a) Parte técnicas: refírese aos contidos teórico (sesións expositivas) abordados polas docentes ao longo dos temas 1 e 2 polas dos contidos da guía docente.
b) Parte análise: será unicamente o que o/a profesor/a expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia.
As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS.
Dado que existen dúas partes (Técnicas e Análise), será IMPRESCINDIBLE para superar a proba mixta acadar, como mínimo, acadar a metade da calificación en cada unha das partes (por exemplo, se cada parte ten un valor de 5 puntos, deberá acadar un mínimo en cada una das partes).
A materia supérase cando se supera todas as partes e NUNCA se gardará algunha das partes para outras convocatorias (é dicir, se o/a estudante presencial non supera a proba da 1ª convocatoria, deberá someterse á proba final cun peso do 100% e, polo tanto, non se lle terá en conta a cualificación do dossier de avaliación continua).
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas a través de TIC |
Proba mixta |
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Na atención personalizada, as docentes resolverá as dúbidas que teña o alumnado sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais no estudo de casos e nas prácticas a través de TIC. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do estudantado, supervisando e orientando mais directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.
Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A15 e P1A19) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho das profesoras, na páxina web do departamento e na Facultade de Ciencias da Educación.
A atención personalizada realizarase cara a cara entre o estudantado e as docentes. O estudantado debe solicitar a ATENCIÓN PERSONALIZADA (TUTORIA) vía Campus Virtual, a través da plataforma habilitada a tal efecto e onde debe especificar o seu nome completo. Lembrade que as profesoras son as que marcarán o horario de dita titoría. Se o estudantado non solicita por ese medio a titoría, as profesoras non o atenderán baixo ningunha circunstancia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A19 B2 C1 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías, como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3.
As docentes presentarán os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicarán con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas presentarán prácticas guiadas para que o alumno/a as realice. PARA TODO ISTO, O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ás docentes no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de análise da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).
Este documento soamente servirá para a avaliación continua (significa que: quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5) contarase a avaliación deste documento; quen teña unha parte da proba mixta aprobada cun 5 pero a outra chegue a un mínimo, a avaliación deste documento pode axudar a aprobar).
A avaliación deste documento non servirá senón aprobo cun 5 as partes da proba mixta ou non chegue a un mínimo nalgunha desas partes.
Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).
|
25 |
Proba mixta |
A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
O exame da 1ª e 2ª convocatorias (xuño e xullo) é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:
1-Parte TÉCNICAS constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
2-Parte ANÁLISIS. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
En ambas partes (parte Técnicas e parte Análise) as preguntas incorrectamente contestadas restarán. As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria
NOTAS ACLARATORIAS:
O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos os dous seguintes requisitos:
(a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e
(b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte técnicas e parte análise).
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A data dos exames das convocartorias están marcados por Xunta de Facultade, por lo tanto, non se moven.
|
50 |
Estudo de casos |
A6 A13 A21 C1 |
Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 1 e 2). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 1 e 2.
As docentes presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado presencial ou asistente a aula deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Técnicas de recollida da información”. Se se suspende este documento deberá presentarse como estudante non presencial ou non asistente a aula (ver a súa avaliación).
Este documento soamente servirá para a avaliación continua (significa que: quen aprobe a proba mixta (en cada unha das partes saque un 5) contarase a avaliación deste documento; quen teña unha parte da proba mixta aprobada cun 5 pero a outra chegue a un mínimo, a avaliación deste documento pode axudar a aprobar). E
A avaliación deste documento non servirá senón aprobo cun 5 as partes da proba mixta ou non chegue a un mínimo nalgunha desas partes.
Nota importante: os/as estudantes non presenciais non deben presentar dito documento, pero é recomendable realizalo e aproveitar as titorías para preguntar sobre o mesmo (na avaliación da materia caeran preguntas sobre o mesmo).
|
25 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación da materia (exposta no apartado da guía
docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en conta antes de
nada o seguinte: a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado
con dispensa académica) (estudantes presenciais) considéranse que asisten un
80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar. Xustifícase as
faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado)
e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo
onde se xustifique que en horas de clase se está a traballar) ou calquera outra
falta sempre co documentación homologado. A avaliación destes alumnos ten en conta o
seguinte: 1-A proba mixta;2-O estudo de casos e 3-Solución
de problemas. Todo o alumnado ASISTENTE OU PRESENCIAL debe superar a
avaliación continua (dossieres) para poder someterse a proba mixta nas
condicións que se explican para este grupo de estudantes. A avaliación continua
equivale o 50% da nota final da materia (sendo necesario chegar ao mínimo do
25% para considerar que esta parte se superou). Igualmente, é imprescindíbel
acadar un mínimo de 25% sobre 50% na proba mixta para considerar superada está
avaliación (atendendo a necesidade de chegar a un mínimo en cada parte,
técnicas e análises, tal como se especificou no apartado correspondente na guía
docente) b)ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE
(estudantes non presenciais) considéranse que non asisten cando faltan máis
dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar, ou ben ten máis de
dúas faltas nunha das partes da materia (técnicas de recollida e/ou análise da
información). Se xustifica as faltas médicas (con xustificante correctamente
cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante
correctamente cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se
está a traballar) Tamén pode ser aquel estudantado que así opte dende o inicio
da materia (o primeiro día de clase o profesorado presentará esta opción que o
estudantado pode elixir). Estes/as estudantes se presentarán ás probas da 1ª e
2ª convocatoria. Se recomenda que o estudantado realice os dous traballos da
materia (“Técnicas de recollida da información” e “Análise da información”) de
forma autónoma, posto que estes serán avaliados na proba final da materia
(50%), xunto cos contidos teóricos propios da proba mixta (50%). NOTA IMPORTANTE: Todo os/as estudantes matriculadas nesta materia,
antes da presentación da materia ou o mesmo día da presentación da materia (a
presentación SEMPRE É PRESENCIAL), deben realizar varias tarefas. Unha desas
tarefas é seleccionar a modalidade de aprendizaxe (se é estudante asistente a
clase ou non asistentes a clase). Se o/a estudante non realiza está tarefa
igual que outras (no campus virtual) NO PERÍODO MARCADO POLAS PROFESORAS serán
consideradas/os estudantes NON ASISTENTES A CLASE (as profesoras enviaran
correos electrónicos a través do campus virtual os/as estudantes deben estar
atentos/as.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Etxeberria, J., & Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. La Muralla.
Tejedor, F.J., & Etxeberría, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. La Muralla.
Azofra, M.J. (1999). Cuestionarios. CIS (Cuadernos Metodológicos, 26).
Rubio, M.J., & Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. CCS.
García, M. (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación.. Alianza.
Valles, M.S. (2002). Entrevistas cualitativas. CIS (Cuadernos Metodológicos, 32).
Grima, P. (2010). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. RBA Libros.
Alvira, F. (2011). La encuesta: una perspectiva general metodológica. CIS (Cuadernos Metodológicos, 35).
Visauta, B. (1989). Técnicas de investigación Social. PPU.
Martínez Mediano, C., & Galán González, A. (2014). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos (2ª ed). UNED. |
|
Bibliografía complementaria
|
Desler, G. (2001). Administración del personal. Pearson
Escudero Perez, J. (2004). Análisis de la realidad local. Narcea.
Ander-EGG, E. y Aguilar, M.J. (2017). Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales (18ª ed.).. Lumen Humanitas
Club de excelencia (2003). Guía práctica para desarrollar, implantar y revisar la Autoevaluación de mi organización. EFQM
Junta de Andalucía (2010). Manual de proyectos.. Consejería de Gobernación
Losada, S. (2016). Metodología de la intervención social. Síntesis.
De Ketele, J.M., & Roegiers, X. (1995). Metodología para la recogida de información. La Muralla.
Corbetta, P. (2003). Metodología y Técnicas de Investigación Social. McGraw-Hill.
Briones, G. (2003). Métodos y técnicas de investigación para las Ciencias Sociales (4ª ed.). Trillas.
Pérez, O. (Coord.). (2007). Plan Estratégico del Tercer Sector de Acción Social. Guía de evaluación de programas y proyectos sociales. Plataforma de ONG de Acción social |
Informes: Ad-ECOS
(2015). Como elaborar los indicadores de
un proyecto social paso a paso. http://www.ad-ecos.com/blog-de-formacioacuten/como-elaborar-los-indicadores-de-un-proyecto-social-paso-a-paso Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de autoevaluación
para la administración pública. MAP. http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/guia_iberoamericana.html Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de
evaluación. Modelo EVAM. MAP. http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/evam.html Ministerio de Administración Pública (2009). Guía para el
desarrollo de cartas de servicio. MAP. http://www.aeval.es/export/sites/aeval/comun/pdf/calidad/guias/Guia_CARTAS_2009.pdf Enlaces web: Diseño de
estrategias http://www.juntadeandalucia.es/agriculturaypesca/desarrollo/documentos/manual_61.pdf Elaboración
de proyectos sociales. http://nevada.ual.es/decahuma/REL_INTER/archivos/comoelaborarproyectos.pdf Gestión de
proyectos sociales https://www.diba.cat/c/document_library/get_file?uuid=f067d455-fe09-488b-a2a0-04656503eed0&groupId=527890 Métodos y
técnicas más útiles en la gestión de proyectos http://www.eoi.es/blogs/pedroismaelvegazo/2011/11/24/metodos/ Plataforma de
ONG de acción social: https://www.plataformaong.org/plan-estrategico-tercer-sector.php |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Métodos de investigación/652G03019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Métodos de avaliación de programas/652G03023 | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039 |
|
Observacións |
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.
TAMÉN SE RECOMENDA UTILIZAR LENGUAXE INCLUSIVO
|
|