Recomendacións para o
estudo da materia: · Asistencia
regular ás clases. · Realización
das prácticas de laboratorio. · Estudo diario
dos materiais impartidos e da bibliografía básica. · Consulta da
bibliografía complementaria recomendada. · Participación
e discusión activa nas actividades que se organicen. · Realización
das probas obxectivas que se vaian realizando.
Para contribuír á
consecución dunha contorna sostible inmediata e cumprir o obxectivo estratéxico
2 do "IV Plan de Actuación do Programa Campus Verde FCS (2020-2022)", o traballo documental
realizado neste ámbito:
a) A maioría solicitarase
en formato virtual e soporte informático.
b) Se está realizado en papel:
- Non se utilizarán
plásticos.
- Realizaranse impresións
a dobre cara.
- Utilizarase papel
reciclado.
- Evitaranse borradores. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta
materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as
de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase para identificar e modificar
prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e
fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. |